Lituania

Lituania ( pronunciación ) (en lituanoLietuva[ˈliɛtʊvaː] (AFI)), oficialmente República de Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuvos Respublika), é un país da Europa do norte localizado na rexión dos chamados países bálticos.[2] Lituania atópase na beira sueste do mar Báltico, comparte fronteira con Letonia (453 km) polo norte, Belarús (502 km) polo sueste, Polonia (91 km), e o enclave ruso de Kaliningrado (227 km) polo suroeste. Lituania é membro da OTAN e da Unión Europea dende o 2004, ten unha poboación aproximada de 3,4 millóns de habitantes, a súa capital e cidade maior é Vilnius.

Durante o século XIII, Gran Ducado de Lituania constituía o maior país do continente europeo, estando formado polas actuais Belarús, Ucraína e partes de Polonia e Rusia. Coa Unión de Lublin de 1569 Polonia e Lituania formaron un novo país, a República das Dúas Nacións. A República existíu durante máis de dous séculos, ata que os seus países veciños se repartisen os seus territorios entre 1772 e 1795, quedando o Imperio Ruso coa maior parte das terras que hoxe forman Lituania. Co estourido da I Guerra Mundial Lituania asinou a súa acta de independencia o 16 de febreiro de 1918 volvendo a ser unha nación independente. A comezos da década de 1940, Lituania foi ocupada primeiro pola Unión Soviética e logo pola Alemaña Nazi. A finais da II Guerra Mundial , coa retirada dos alemáns en 1944 os soviéticos volveron ocupar o país. O 11 de marzo de 1990, Lituania converteuse na primeira das repúblicas bálticas en declarar de novo a súa independencia.

Actualmente Lituania presenta un dos maiores crecementos da Unión Europea, sendo alcumada o Tigre báltico, emulando ao Tigre céltico irlandés. Lituania converteuse nun membro do acordo Schengen o 21 de decembro de 2007.[3] No ano 2009, Lituania vai celebrar os mil anos da existencia do seu nome.

Coordenadas: 55°N 24°L / 55, -24

República de Lituania
Lietuvos Respublika
Bandeira de Lituania
Escudo de Lituania
BandeiraEscudo
EU-Lithuania
Lema: Vienybė težydi
(Deixa que a unidade floreza)
Capital
 • Poboación
Vilnius
542 809 (2007)
Cidade máis poboadaVilnius
Lingua oficialLituano
Forma de gobernoRepública presidencialista
Presidente
Primeiro Ministro
Gitanas Nausėda[1]
Saulius Skvernelis
Da Rusia Imperial
 • Declarada
 • Recoñecida
 • Perdida
Da Unión Soviética
 • Re-declarada

16 de febreiro de 1918
12 de xullo de 1920
15 de xuño de 1940

11 de marzo de 1991
SuperficiePosto 123º
 • Total65 200 km²
 • % auga1,35
Fronteiras1 273 km
Costas99 km
 • Total (2007 est.)3 369 600 hab.
 • Densidade52 hab./km²
PIB (nominal)Posto 77º
 • Total (2008)44 000 mill. US$
 • per cápita12 240 US$
PIB (PPA)Posto 76º
 • Total (2008)66 000 mill. US$
 • per cápita19 730 US$
MoedaEuro (€, EUR)
IDH (2007)0,862 (43º) – Alto
XentilicioLituano, lituana
Fuso horarioEET (UTC+2)
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.lt
Prefixo telefónico+370
Prefixo radiofónicoLYA-LYZ
Código ISO440 / LTU / LT
Membro de: UE, ONU, OTAN, OSCE

Historia

Mencionada por primeira vez o 14 de febreiro de 1009, Lituania creceu ata tornarse nunha nación relevante na Idade Media. Considérase que a data de constitución do estado é a da coroación oficial do rei Mindaugas, a 6 de xullo de 1253 en Voruta/Vilnius, que uniu os duques lituanos rivais nunha nación e estado. Lituania transformouse nun reino independente e multiétnico que na súa máxima extensión, no século XV, ocupou a maior parte da Europa do leste dende o mar Báltico ata o mar Negro. En 1385 uniuse á Polonia en unión persoal cando o rei lituano Xogaila foi coroado rei da Polonia. En 1569, Polonia e a Lituania formaran a Comunidade Polaco-Lituana. Esta unión mantense ata as particións da Polonia no 1795, cando a propia Lituania foi anexada pola Rusia Imperial.

LithuaniaHistory
Mapa dos diferentes territorios que abranguiu Lituania dende o s. XIII ata os nosos días

Lituania restableceu a súa independencia o 16 de febreiro de 1918. De seguido, envolveuse e disputas territoriais coa Polonia (acerca da capital, Vilnius, e da Lituania Oriental entón ocupadas polos polacos) e coa Alemaña (acerca de Klaipėda). Foi anexada pola Unión Soviética en 1940 durante a Segunda Guerra Mundial grazas a un pacto segredo xermano-soviético asinado polos ministros de asuntos exteriores dos dous países, Ribbentropf e Molotov, formándose a República Socialista Soviética de Lituania.

O período comunista rematou despois da chegada da glasnost e a Lituania, liderada polo movemento pola independencia Sajūdis, anticomunista e antisoviético, proclamou a independencia a 11 de marzo de 1990. Foi a primeira república soviética en facelo, malia as forzas soviéticas intentaren sen éxito suprimir a revolta independentista ata agosto de 1991, o que iría levar ao desmembramento da propia Unión Soviética. As derradeiras tropas rusas saíran do país o 31 de agosto de 1993 - antes mesmo que da Alemaña Oriental.

O 4 de febreiro de 1991, Islandia tornouse o primeiro país en recoñecer a independencia da Lituania e Suecia foi o primeiro país en abrir unha embaixada no país. Os Estados Unidos e varios outros países occidentais nunca recoñeceran as reivindicacións da URSS sobre a Lituania.

Lituania foi admitida nas Nacións Unidas o 17 de setembro de 1991. O 31 de maio de 2001, o país tornouse o 141º membro da Organización Mundial do Comercio. Dende 1988, Lituania ten procurado estreitar os lazos co occidente e o 4 de xaneiro de 1994 tornouse o primeiro estado báltico a pedir a entrada na OTAN, sendo convidada a iniciar as negociacións o 21 de novembro de 2002 e tornándose membro de pleno dereito o 29 de marzo de 2004. O 1 de febreiro de 1998, o país tornouse Membro Asociado da Unión Europea, a 16 de abril de 2003 asinou o Tratado de Adhesión á UE, o 11 de maio de 2003 o 91% dos electores aprobaran en referendo a adhesión á Unión e o 1 de maio de 2004 tornouse membro da UE, regresando ao vello obxectivo proclamado en 1254 polo rei Mindaugas de se tornar parte do occidente e da Europa.

Política

Lithuanian President Valdas Adamkus and Vice President Dick Cheney in Vilnius, Lithuania
Actual presidente de Lituania Valdas Adamkus (dereita) co vicepresidente dos EEUU Dick Cheney en Vilnius en maio de 2006
Artigo principal: Política de Lituania.

Dende a declaración de independencia de Lituania o 11 de marzo de 1990, o país mantén un estable democracia. Nas primeiras eleccións democráticas acontecidas o 25 de outubro de 1992, o 56,75% apoiou a nova constitución do país.[4] Houbo intensos debates vecellados á constitución, especialmente no referente ao papel do presidente. Tomando como exemplo a primeira esperiencia independente do país, fixéronse diferentes propostas que ían dende un goberno parlamentario ata un sistema presidencialista semellante ao dos Estados Unidos. O 23 de maio de 1992 tivo lugar un referendo co fin de estimar a opinión pública, no referendo un 41% dos votos deu o seu apoio á restauración do Presidente de Lituania.[4] Eventualmente pensouse nun sistema semipresidencialista.[5]

O xefe de estado lituano é o Presidente, elixido directamente por un período de 5 anos e servindo como máximo durante dúas lexislaturas. O posto de presidente é principalmente cerimonial; as súas principais funcións políticas inclúen as políticas de asuntos exteriores e seguridade nacional. Tamén actúa como comandante en Xefe militar. O presidente, coa aprobación do corpo parlamentario, o Seimas, elixe ao primeiro ministro e designa ao resto do gabinete, xunto algúns altos funcionarios e xuíces das diferentes cortes. Os xuíces da Corte constitucional (Konstitucinis Teismas), serven por un período de nove anos, estes son designados polo Presidente (tres xuíces), o presidente do Seimas (tres xuíces) e o presidente da Corte suprema (tres xuíces). O parlamento unicameral lituano, o Seimas, ten 141 membros que son elixidos por períodos de catro anos.

Xeografía

Mapa de Lituania
Pilkosios kopos1
Parque nacional de Kursiu Nerija
Nemunas-en
Mapa do percorrido do río Nemunas

Lituania é a maior das repúblicas Bálticas, tanto en poboación como en superficie. O país comparte 1.273 km de fronteira cos seus veciños: 502 km con Belarús, 453 con Letonia, 91 km con Polonia, e 227 con Rusia (Oblast de Kaliningrado).[6]

Lituania posúe cunha pequena costa areosa de aproximadamente 99 quilómetros;[6] destes tan só 40 quilómetros están abertos ao Mar Báltico.

O maior porto de augas quentes do país é o de Klaipeda, localizado na desembocadura do golfo de Kursiu (unha lagoa rasa que se estende ao sur de Kaliningrado e que se atopa separada do Mar Báltico por un enorme banco de area de 100 km). A reserva natural do golfo de Kursiu – o Parque nacional Kursiu Nerija – está catalogada como Patrimonio Común da Humanidade pola UNESCO.[7]

O río Nemunas e algúns dos seus afluentes empréganse para a navegación fluvial.

Situada entre as latitudes 53,53 e 56,27 N e lonxitudes 20,56 e 26,50 L, Lituania é glacialmente chá – agás polas outeiros de morainas en planaltos do oeste e nas montañas do leste, non superiores, entre tanto, a 300 metros. O terreo está marcado por numerosos lagos pequenos e pantanos, e tamén por zonas de foresta que cobren preto do 32% do país.[8]

A estación de cultivo dura preto de 169 días no leste e 202 días no oeste; a maioría das facendas atópanse sobre solos areosos e arxilosos. Pedra calcaria, arxila, area e cascallo son algúns dos recursos primarios naturais da Lituania.

A plataforma continental posúe reservas estimadas en 1,6 millóns de metros cúbicos de petróleo (o equivalente a 10 millóns de barrís), e no sur existen reservas de minas de ferro e granito que poden ofrecer bastantes dividendos.

Segundo algúns xeógrafos, a capital da Lituania, Vilnius, atópase no centro xeográfico da Europa.[9]

Economía

Artigo principal: Economía de Lituania.

Lituania é un país cun reducido risco político e económico, e cunha taxa de crecemento que se sitúa entre as máis altas de Europa. Na actualidade o país báltico ten un alto nivel de vida con respecto aos seus veciños do leste, conta con moitos servizos sociais para os seus cidadáns e todas as comodidades de calquera nación moderna, achegándose cada día máis ao nivel de vida dos países nórdicos. Os factores determinantes deste excepcional crecemento son atribuíbles non só á estabilidade no plano macroeconómico, senón á flexibilidade do traballo, a forza do seu comercio internacional, a política de incentivos para as innovacións e a súa estratéxica posición xeopolítica, que converte a Lituania nun punto imprescindible nas relacións entre Rusia e os membros da Unión Europea.

Lituania é un dos países que ingresou no ano 2004 á Unión Europea avalado por unha excelente conxuntura económica, sendo dende entón un dos países cun maior crecemento da Unión Europea, crecemento que lle valeu o alcume do Tigre báltico.[10] En 2003 rexistrou o crecemento máis alto de toda a súa historia cun incremento no PIB do 10,3 %.[11] En 2007 debido á recesión económica mundial, a economía de Lituania baixou o seu crecemento a un 8,7 %, o cal segue estando moi por riba da media europea e manteno como o país con maior crecemento da UE.[12] Lituania á parte de ser membro da UE, é membro da Organización Mundial do Comercio e da OTAN. Segundo a clasificación da ONU, Lituania é un país con ingresos altos e cun Índice de Desenvolvemento Humano alto. A economía Lituana baséase fundamentalmente nas actividades agropecuarias e a explotación forestal (explotación forestal sostible como en Canadá), aínda que o turismo internacional está medrando rapidamente e estase convertendo en parte importante do desenvolvemento económico.

Tralo seu ingreso na Unión Europea o país báltico tamén aumentou a súa industrialización. Un dos fortes de Lituania en materia de alta tecnoloxía, son a biotecnoloxía e o desenvolvemento das tecnoloxías láser. Cabe citar que Lituania é xunto a Francia, o país da UE que máis depende da enerxía nuclear (69% e 79% respectivamente),[13] polo que Lituania ten previsto pechar a súa actual planta nuclear (modelo soviético semellante ao de Chernobyl) e construír unha planta nuclear de alta tecnoloxía que abasteza a todo o país báltico, e co seu superávit permita exportar enerxía aos seus países veciños, Estonia, Letonia, Polonia, Suecia e Finlandia.

Exportacións a Importacións de
País Porcentaxe País Porcentaxe
Reino Unido Reino Unido 14,7 % Rusia Rusia 27,9 %
Letonia Letonia 12,6 % Alemaña Alemaña 15,1 %
Alemaña Alemaña 12,6 % Polonia Polonia 8,3 %
Rusia Rusia 10.4 % Italia Italia 4,2 %
Polonia Polonia 5,5 % Flag of France.svg Francia 3,8 %
Outros 44,2 % Outros 40,7 %
Campos de Lituania
Lituania é un país tradicionalmente agrícola. Esta industria ocupa ao 19% da poboación

A agricultura é o sector tradicional e máis variado da economía de Lituania. Ocupa a un 19 % da poboación activa.[14] A agricultura constitúe un 7 % do Produto Interior Bruto e produce un 12 % dos ingresos por exportación.

A cría de gando e a produción láctea son as actividades agrarias dominantes. Os cultivos principais son os cereais, as patacas, a remolacha azucreira, a soia e o liño[15]. Os recursos minerais son limitados; destacan o xeso e a arxila. Unha mención especial merecen os servizos, o transporte e o turismo, que achegan unha alta porcentaxe do PIB. O turismo constitúe unha das alternativas de negocio que máis se está desenvolvendo

O Banco Central Europeo prevé que en menos de 20 anos Lituania será un país altamente desenvolvido como Suecia, e estará á par cos seus veciños da Europa do norte, superando incluso algúns países da antiga Unión Europea 15 como España e Portugal. Debido ao crecemento acelerado da economía lituana, moi por riba da media europea, a mediados de 2004, adheriuse ao Sistema Monetario Europeo II, o que lle asegura estabilidade cambiaria e ao Euro o 1 xaneiro de 2015.[16]

Cabe mencionar que á parte do seu alto incremento no PIB, Lituania ten outros factores que favorecen o seu crecemento. Algúns destes son: o turismo, o crecemento acelerado da industria, o alto investimento estranxeiro, a privatización de empresas estatais, a súa baixa débeda pública (case nula), un déficit baixo e unha sociedade moderna que deixou atrás a época comunista; o que en conxunto fai que o país teña un crecemento económico alto, sostible e cun índice de desenvolvemento humano elevado.

Co seu acceso á OTAN, OMC, Banco Mundial e Unión Europea Lituania rematou de consolidarse como un país libre e democrático, e no que os servizos e institucións públicas son eficientes, aínda que aínda ten un camiño por percorrer a mediano prazo para porse á vez cos países máis desenvolvidos da Unión Europea. En 2007 o seu PIB (nominal) per capita foi de US$ 16.472 o que o converte xa nun país desenvolvido, aínda que aínda se atopa á cola da Unión Europea dos 27 ocupando o posto 16º en maior renda per cápita.

Divisións administrativas

Municipalities in Lithuania
Mapa dos condados de Lituania.

O territorio Lituano fórmase de 10 condados (apskritys), cada un chamado co nome da principal cidade. Os condados están subdivididos en 56 municipios. Esta división administrativa foi creada en 1994.

  • Alytaus apskritis
  • Kauno apskritis
  • Klaipėdos apskritis
  • Marijampolės apskritis
  • Panevėžio apskritis
  • Šiaulių apskritis
  • Tauragės apskritis
  • Telšių apskritis
  • Utenos apskritis
  • Vilniaus apskritis

Demografía

Segundo os datos do derradeiro censo de (1996), a división étnica da República de Lituania divídense do seguinte xeito:

Composición étnica de Lituania
lituanos
  
81.6%
rusos
  
8.2%
polacos
  
7%
belarusos
  
1.5%
outros
  
1.7%
Poles in lithuania
Distribución dos polacos na Lituania
  • 3 016 000 (81,6 %) lituanos, etnia de fala indoeuropea (linguas bálticas e relixión maioritariamente católica romana con minorías protestantes e ateas.
  • 304.000 (8,2 %) rusos, etnia de fala eslava e relixión ortodoxa, moitos deles emigraron durante o réxime soviético. Viven principalmente nas grandes cidades, como Kaunas e Vilnius, moitos volveron a Rusia (9,3 % en 1990).
  • 259.500 (7,0 %) polacos, etnia de fala eslava (dialecto tutejszy) e relixión católica romana. Viven principalmente na área metropolitana de Vilnius (73,6 % na área metropolitana e 20 % na cidade), Solcininkai (o 80 %), Trakai (o 33,8 %) e Švenčionys (o 28,8 %).
  • 55.600 (1,5 %) belarusos, etnia de fala eslava e relixión ortodoxa, viven maioritariamente na área de Vilnius.
  • 37.000 (1,0 %) ucraínos, etnia de fala eslava e relixión ortodoxa.
  • 11.000 (0.3 %) xudeus, etnia de relixión xudía e fala yiddish, rusa ou lituana, viven maioritariamente en Vilnius e Kaunas.
  • 5.135 (0,13 %) tártaros de Lipka, dos cales o 32 % falan o seu dialecto turco, e relixión musulmá. Viven en Vilnius e en Trakai, a maioría falan lituano.
  • 4.200 (0,12 %) letóns, etnia de fala báltica indoeuropea e relixión maioritariamente protestante.
  • 3.500 (0,1 % ) alemáns, etnia indoeuropea de relixión protestante e católica, viven principalmente en Klaipeda, antiga Memel.
  • 300 (0,01 %) caraítes, etnia de relixión xudía sectaria , algúns falan un dialecto do turco, o karaim. Viven en Trakai, ó leste de Vilnius.

Segundo o censo de 2001, sobre o 84% da poboación fala lituano como lingua materna, un 8.2% fala ruso, un 5.8% fala polaco. Máis do 60% da poboación sabe falar ruso, e só un 16% di saber inglés. De acordo co eurobarómetro de 2005, o 80% dos lituanos pode falar ruso e un 32% sabe falar inglés. A maioría da escolas lituanas ensinan o inglés como primeira lingua internacional, pero os estudantes tamén poden estudar alemán, francés e/ou ruso. Nas zonas habitadas por rusos e polacos hai escolas en ruso e polaco respectivamente. Tamén hai algunhas escolas en belaruso.

Notas

  1. "Nauseda sworn-in as Lithuania's new president" (en inglés). 12 de xullo de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2019.
  2. United Nations Geographical region and composition
  3. "Lietuva įsiliejo į Šengeno erdvę" (Nota de prensa) (en lituano). Vidaus reikalų ministerija. Consultado o 2007-12-22.
  4. 4,0 4,1 Nuo 1991 m. iki šiol paskelbtų referendumų rezultatai (Resultados dos Referendos 1991-Presente) Arquivado 09 de setembro de 2008 en Wayback Machine., Microsoft Word Document, Seimas. Accedido 4 de xuño, 2006.
  5. Lina Kulikauskienė, Lietuvos Respublikos Konstitucija (Constitution of Lithuania), Native History, CD, 2002. ISBN 9986-9216-7-8
  6. 6,0 6,1 Lithuanian´s Geography
  7. The Kursiu Nerija National Park was included into UNESCO World Heritage List as valuable cultural landscape.
  8. Physical geography of Lithuania
  9. "LITHUANIA – the geographical centre of Europe!". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2006. Consultado o 09 de setembro de 2008.
  10. Lithuania, the Baltic´s Tiger
  11. Economy, mortgage market of Lithuania
  12. "BusinesswithSpain". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. Consultado o 14 de agosto de 2014.
  13. "Enerxía nuclear e carbón: ¿opciones viables?". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2008. Consultado o 08 de setembro de 2008.
  14. "A agricultura en Lituania". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2008. Consultado o 08 de setembro de 2008.
  15. "Boletín sobre novos mercados". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2008. Consultado o 08 de setembro de 2008.
  16. "¿Euro para todos?". Deutsche Welle 23.11.2006 (en español). 2006. Consultado o 23/11/2007.

Véxase tamén

Outros artigos

.lt

.lt é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Lituania.

Aaron Klug

Aaron Klug, OM, FRS, nado o 11 de agosto de 1926 en Zelvas (Lituania), e finado o 20 de novembro de 2018, foi un químico e biofísico británico de orixe lituana galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1982.

Bandeira de Lituania

A bandeira de Lituania (en lituano: Lietuvos vėliava) está formada por tres franxas horizontais do mesmo tamaño: A superior, de cor amarela, simboliza os campos de trigo; a central, verde, simboliza os bosques, e a inferior, vermella, a cor do sangue dos que morreron loitando pola patria. A relación entre a anchura e a lonxitude da bandeira é de 3:5 (as proporcións foron 1:2 ata o 1 de setembro de 2004). Está documentado o uso por parte do Gran Ducado de Lituania dun estandarte de cor vermella coa figura do "cabaleiro branco" que aparece no escudo durante a Batalla de Grunwald (1410).

Nos traxes tradicionais lituanos prevaleceron combinacións das cores amarelo, verde e branco, nalgunhas ocasións de dúas e noutras de todos eles. O debate sobre a composición da bandeira de Lituania xerouse a finais do século XIX e comezaron a presentarse diversas versións. O deseño actual foi elaborado por unha comisión formada por Jonas Basanavičius, Tadas Daugirdas, Antanas Žmuidzinavičius, que fora designada polo Consello de Lituania (goberno provisional). O 19 de abril de 1918, o Consello de Lituania aprobou o deseño proposto pola comisión. A bandeira empregouse ata 1940, cando Lituania foi anexionada pola Unión Soviética. O 20 de marzo de 1989 volveu ser declarada oficialmente como a bandeira da República de Lituania.

Belarús

Belarús (en belaruso: Беларусь, "Bielaruś", [bʲɛlaˈrusʲ] (AFI); en ruso: Белоруссия, "Belorussiia"), oficialmente a República de Belarús, é un país sen saída ao mar de Europa Oriental. Limita ao norte con Letonia, ao norte e ao leste con Rusia, ao sur con Ucraína, ao leste con Polonia e ao leste e ao norte con Lituania. A súa capital é Minsk, e outras cidades de importancia son Brest, Hrodna, Homieĺ, Mahilioŭ e Viciebsk. Máis do 40% dos seus 207.600 km2 son bosques, e os sectores económicos de maior peso son as empresas de servizos e as empresas industriais.Até o século XX, os belarusos careceron da oportunidade de crear unha identidade nacional distintiva porque durante a historia os territorios da actual Belarús pertenceron a varios países diferentes, incluíndo o Principado de Polotsk, o Gran Ducado de Lituania, a República das Dúas Nacións, o Imperio Ruso. Logo da revolución rusa de 1917, Belarús declarou a súa independencia como a República Nacional Belarusa (1918-19), e posteriormente pasou a ser unha república constituínte da Unión Soviética, a República Socialista Soviética de Belarús.

As fronteiras actuais do país teñen a súa orixe en 1939, coa incorporación á república de territorios até antón pertencentes á Segunda República Polaca logo da invasión soviética de Polonia, en virtude dos termos do Pacto Ribbentrop-Mólotov entre a URSS e o Terceiro Reich Alemán. A nación e o territorio quedaron devastados logo da Segunda Guerra Mundial, onde Belarús perdeu a terceira parte da súa poboación e máis da metade dos seus recursos económicos. A república foi rehabilitada nos anos posteriores á guerra.

O Parlamento da República declarou a soberanía de Belarús o 27 de xullo de 1990, e trala caída da Unión Soviética, Belarús declarouse independente o 25 de agosto de 1991. Aliaksandr Lukašenka ten sido presidente do país desde 1994. Durante a súa presidencia, Lukašenka continuou con políticas da era soviética, como a propiedade estatal da economía, a pesar das obxeccións dos gobernos occidentais. Segundo algunhas organizacións, as eleccións non teñen sido limpas, e os opositores políticos teñen sufrido forte represión. Desde 2000, Belarús e Rusia asinaron un tratado para unha maior cooperación.

A maioría dos 9,5 millóns de habitantes de Belarús moran nas áreas urbanas próximas a Minsk ou nas capitais das outras rexións. Máis do 80% da poboación son nativos belarusos, o resto compóñena minorías de rusos, polacos e ucraínos. Desde un referendo en 1995, o país ten dúas linguas oficiais, o belaruso e o ruso. A Constitución de Belarús non declara unha relixión oficial, aínda que a principal relixión no país é o cristianismo ortodoxo, mentres que a segunda máis popular, o catolicismo, ten un seguimento moito menor en comparación.

É un estado completamente chan (non supera os 300 m sobre o nivel do mar), dividido en tres zonas xeográficas ben diferenciadas: a do norte, poboada de lagos; a meseta boscosa central; e a parte sur, moi pantanosa e deshabitada, chamada pantanos de Prypett.

Czesław Miłosz

Czesław Miłosz, nado en Steiniai (Lituania) o 30 de xuño de 1911 e falecido en Cracovia o 14 de agosto de 2004, foi un escritor polaco. Premio Nobel de Literatura en 1980. A súa familia era orixinaría de Lituania, aínda que de lingua, tradición e cultura polaca. Durante toda a súa vida mantívose moi unido ao que consideraba o seu territorio histórico: o Gran Ducado de Lituania.

Escudo de Lituania

O escudo de Lituania é un campo de goles no que figura un cabaleiro de prata con esporas de ouro, montado sobre un cabalo do mesmo metal, con cadeira e rendas de azur decoradas de ouro, e armado cunha espada (tamén de prata) con empuñadura de ouro que sostén co seu brazo dereito sobre a súa cabeza. O cabaleiro porta, na súa sinistra, un escudo de azur cargado cunha cruz dobre de ouro.

O escudo é denominado en lituano Vytis que significa cabaleiro branco. Está documentado o uso deste brasón polo menos desde o ano 1366, ano no que está datado un documento no que figura o selo do duque Algirdas de Lituania. O escudo do "cabaleiro branco" figurou desde entón, con algunhas variacións, nos selos e elementos heráldicos dos grandes duques de Lituania.

Foi usado como símbolo nacional pola República de Lituania desde 1918 ata 1940. En 1988 recuperouse como símbolo nacional e o 11 de marzo de 1990 foi declarado emblema estatal. O Consello Supremo da República de Lituania aprobou unha regulación sobre o seu uso oficial e descrición e o 4 de setembro de 1991 restablecéronse as antigas cores do selo do Vytis.

Euro

O euro (EUR ou €) ( pronunciación ) é a moeda empregada na eurozona e algúns outros países fóra da Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.

O euro é administrado polo Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), composto polo Banco Central Europeo (BCE) e os bancos nacionais dos países membros da euro-zona. O Banco Central, situado en Frankfurt, Alemaña, é o único con autoridade para desenvolver a política monetaria.

Kaliningrado

Kaliningrado (en ruso: Калининград, tr. "Kaliningrad", [kəlʲɪnʲɪnˈgrat] (AFI)), Królewiec en polaco, Karaliaučius en lituano, antigamente chamada Königsberg (pronuncia en alemán [ˈkøːnɪçsˌbɛʁk] (AFI)), é a capital da provincia rusa de Kaliningrad, enclave ruso entre Polonia e Lituania, na beira do Mar Báltico. A cidade tamén é célebre polo problema topolóxico das Sete pontes de Königsberg, resolvido por Euler no 1736.

Kaunas

Kaunas (en lituano [ˈkɐʊˑn̪ɐs̪] (AFI), escoitar) é unha antiga capital e segunda máis grande cidade da Lituania. Sitúase no punto onde se encontran os ríos Neman e Neris, os ríos máis grandes do país.

Lingua belarusa

O belaruso (беларуская мова, biełaruskaja mova) é unha lingua eslava oriental e lingua oficial de Belarús xunto co ruso. Durante breves períodos da historia contemporánea de Belarús foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de 1990 a 1995 foi a única lingua oficial. Era coñecido antigamente como rutenio branco ou ruso branco.

Etnicamente, os belarusos son descendentes das antigas tribos eslavas -os dregovici, os radimici e os krivici- que habitaban o territorio entre os ríos Pripet e Dwina Occidental na marxe setentrional do Dnieper e ao largo do Soz.

Lingua lituana

O lituano (lietuvių kalba) é unha lingua báltica con 4 millóns de falantes e a lingua oficial de Lituania.

Lingua polaca

O polaco ou polonés é unha lingua eslava do nordés de Europa, oficial na República de Polonia e no Condado de Vilnius. Forma parte da póla lequítica das linguas eslavas setentrionais e existe un algo grao de intercomprensibilidade co checo e o eslovaco.

Lingua rusa

O ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraíno e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.

Lituania no Festival de Eurovisión

Lituania participou no Festival de Eurovisión (en lituano: Eurovizija) 15 veces, debutando no Festival de Eurovisión 1994.

Após de que Ovidijus Vyšniauskas rematara último con 0 puntos, Lituania abandonou o concurso ata o seu regreso no Festival de Eurovisión 1999 con Aistė Smilgevičiūtė e a súa canción Strazdas, unha canción en samoxiciano.

Polonia

Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes, o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa. Polonia é un Estado unitario dividido en 16 subdivisións administrativas.

O territorio polaco comprende na súa porción máis grande ao norte parte da gran chaira europea e abarca ao sur territorio montañoso dos Sudetes, os Cárpatos e a Serra da Santa Cruz. A súa capital e cidade máis poboada é Varsovia, a capital histórica de Mazovia, aínda que para moitos polacos, é máis importante a antiga capital, Cracovia, e Poznań, a capital antiga dos polacos, devanceiros de Polonia.

O establecemento dun estado polaco é a miúdo identificado coa adopción do cristianismo polo gobernante Miecislao I, no ano 966, cando o país abranguía unha superficie semellante á actual. En 1025, Polonia converteuse nun reino e en 1569, cimentou unha asociación co Gran ducado de Lituania, trala sinatura da Unión de Lublin, formando a República das Dúas Nacións. A mancomunidade colapsou en 1795 producíndose a partición de Polonia entre Prusia, Rusia e Austria. Polonia recuperou novamente a súa independencia como a Segunda República Polaca en 1918, despois da I Guerra Mundial, mais volveuna perder trala II Guerra Mundial; entón foi ocupada pola Alemaña nazi e maila Unión Soviética. Durante a II Guerra Mundial Polonia perdeu máis de seis millóns dos seus cidadáns. Emerxeu anos máis tarde como a República Popular de Polonia dentro do Bloque do leste, baixo unha forte influencia soviética.

Durante as Revolucións de 1989, o goberno comunista foi derrocado e Polonia converteuse constitucionalmente na "Terceira República Polaca". Polonia é un estado unitario, constituído por 16 voivodinas (en polaco: województwo). Polonia é membro da Unión Europea, OTAN e da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

Prusia (rexión)

Prusia (en antigo prusiano: Prūsa, en alemán: Preußen, en latín: Borussia) é unha rexión histórica do leste de Europa situada nos confíns das actuais Polonia e Rusia, centrada na baía de Gdańsk na costa sueste do mar Báltico e que se estendía terra adentro até a Masuria.

O seu nome vén dunha deformación do dun dos seus pobos autóctonos, os borusios ou prusianos, de orixe báltica.

A rexión foi colonizada e xermanizada polos cabaleiros teutónicos nos séculos XI e XII que a disputaron durante moito tempo aos polacos.

Distínguese unha Prusia Oriental e unha Prusia Occidental, que foron reunidas temporalmente nunha Provincia de Prusia do Imperio alemán.

O seu territorio divídese hoxe entre o nordés de Polonia (Varmia e Masuria), o enclave ruso da óblast de Kaliningrado e o oeste de Lituania (Territorio de Memel).

O antigo estado alemán de Prusia (1525–1947) deriva o seu nome desta rexión.

Ucraína

Ucraína (en ucraíno: Україна, tr. "Ukraina", [ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais de Ucraína. A cidade de Kiev é a vella capital e o centro da vida cultural ucraína.

Ucraína confina ao sur cos mares Negro e Azov; ao suroeste con Moldavia, Romanía, Hungría e Eslovaquia; ao oeste con Polonia e Belarús; ao norte con Rusia; ao leste o límite de Ucraína atinxe case as estepas do río Volga e a rexión caucásica.

Esténdese por un territorio xeográfico de 603 700 km² e comprende un territorio etnográfico mixto de 945 000 km². Ucraína é o segundo maior país de Europa (detrás de Rusia).

A poboación actual de Ucraína sitúase en case 48 millóns de habitantes.

Vilnius

Vilnius (en polonés Wilno, en belaruso Vilnia) é a capital e cidade maior de Lituania cunha poboación de 553.904 habitantes, situada na provincia de Vilnius. O seu centro histórico foi considerado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994. No 2009 foi Capital Europea da Cultura, título compartido coa cidade austríaca de Linz.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.