Litoria caerulea

A Litoria caerulea é unha especie de ra arborícola orixinaria de Australia e Nova Guinea,[2] con poboacións introducidas en Nova Zelandia e nos Estados Unidos de América. Pertence ó xénero Litoria. Fisicamente, aseméllase a outras especies do mesmo xénero, especialmente á Litoria splendida e á Litoria infrafrenata.

A Litoria caerulea é meirande que a maioría de ras australianas, e ten unha lonxitude de dez centímetros. A lonxevidade media da ra en catividade, duns dezasete anos, é longa en comparanza coa maioría de ras. As ras xigantes son dóciles e están ben adaptadas á vida a carón de fogares humanos. A miúdo poden atoparse nas fiestras ou dentro das casas, alimentándose dos insectos atraídos pola luz.

Por mor das súas características físicas e de comportamento, esta ra converteuse nunha das ras da súa rexión que máis doadamente se poden recoñecer, e noutras partes do mundo é un animal de compaña exótica.

Litoria caerulea
Australia green tree frog (Litoria caerulea) crop

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Hylidae
Xénero: Litoria
Especie: L. caerulea
Nome binomial
'Litoria caerulea'
(White, 1790)
Distribución

Distribución

Notas

  1. Hero Modelo:Etal (2004). {{{title}}}. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o {{{downloaded}}}.
  2. José Santos. "Rã Arborícola de White". Aquamania. Consultado o 17 de xullo de 2008.[Ligazón morta]

Véxase tamén

Bibliografía

  • Australian Biological Resources Study (1993). Australian Govt. Pub. Service, ed. Fauna of Australia: Amphibia & Reptilia. Camberra. ISBN 978-0-644-32429-8.
  • Cogger, Harold G. (1979). A. H. & A. W. REED PTY LTS, ed. Reptiles & Amphibians of Australia. ISBN 0-589-50108-9.
Anfibios

Os anfibios (Amphibia) son unha clase de animais que inclúe tódolos tetrápodos vivos (vertebrados de catro patas) que non teñen embrións con amnio, son poiquilotermos que normalmente pasan parte do tempo na terra. A maioría dos anfibios non teñen as adaptacións a unha vida exclusivamente terrestre que si posúen a maioría dos demais tetrápodos modernos (amniotas). Coñécense unhas 6.000 especies. O seu estudo (xunto cos réptiles) coñécese como herpetoloxía.

Anuro

Os anuros (Anura do grego antigo ἀ(ν-) a(n-) (negación) e οὐρά ourá 'cola') son unha orde de anfibios, coñecidos vulgarmente como ras e sapos. Caracterízanse por carecer de cola, por presentar un corpo curto e moi ensanchado, e unhas patas posteriores moi desenvolvidas e adaptadas para o salto. Os anuros son o grupo máis numeroso de anfibios; estímase que existen más de 5.000 especies, repartidas en 48 familias. A maioría pasa a súa vida dentro ou preto da auga. O seu tamaño pode variar dende uns escasos 8,5 milímetros, como é o caso das especies do xénero Eleutherodactylus, ata tallas que superan os 30 centímetros, destacando a Conraua goliath, o anuro máis grande do mundo.

Ra

Ra é o nome galego para designar os anfibios anuros de varias familias, especialmente dos ránidos (Ranidae) e, máis especificamente, os membros do xénero Rana.

Para a xente non moi versada en herpetoloxía, todos os anuros de pel máis ou menos lisa, que dan grandes saltos e viven preto da auga, son ras, mentres que os de pel rugosa, corpo máis repoludo, movementos máis torpes, de hábitos máis terrestres, son sapos. Porén, de seguirmos no criterio filoxenético, veremos que a ra de Santo Antón ou rela (Hyla arborea), está moito máis emparentada co sapo común (Bufo bufo) que coa ra verde (Rana perezi).Porque para o común da xente a palabra sapo suxire un animal feo, de cor discreta, desagradábel, torpe e nocivo. O escaso interese que suscitan e a tradicional aversión do mundo rural por eles, propicia o descoñecemento das diferenzas entre especies, e todas son chamadas vulgarmente "sapos". En realidade, todas as especies de sapos que habitan en Galicia caracterízanse polo seu aspecto repoludo, coas patas traseiras curtas e a pel verrugosa en maior ou menor grao, a maioría de costumes nocturnos e bastante independentes da auga. Pero non hai que esquecer que todas as especies galegas de sapos non son velenosas, e que noutras partes do mundo, hai "ras velenosas" (tamén "sapos velenosos"), e que hai sapos de cores rechamantes.

Reprodúcense por ovos, dos que nacen os cágados. O cágado (tamén chamado cabezolo, cabezudo, cagote, cagulo, cullarapo, cullareto, culler, ou relo) é a larva dos anfibios, especialmente dos anuros como ras e sapos, que despois dunha metamorfose convértese en anfibio adulto. Xeralmente son larvas acuáticas, aínda que tamén hai algunhas terrestres.

En todo o mundo existen unhas 4 800 especies de ras. A maioría pasa a súa vida dentro ou cerca da agua. O seu tamaño é variábel. Entre as máis pequenas ras encontramos o coquí (Eleutherodactylus coqui), de Puerto Rico, mentres que a maior é a Conraua goliath de Camerún e Guinea Ecuatorial).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.