Listanco, Armeses, Maside

Listanco é un lugar da parroquia de Armeses no concello ourensán de Maside na Comarca do Carballiño. Tiña 62 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 26 eran homes e 36 mulleres.

En Listanco está situado o pazo de Armeses, do século XIX.

Coordenadas: 42°23′46″N 08°00′18″O / 42.39611, -8.00500

Listanco
Listanco, Armeses, Maside3
ParroquiaArmeses
ConcelloMaside
Poboación62 hab. (2012)

Lugares e parroquias

Parroquias de Maside

Notas

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 14.agosto.2013.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Maside – Armeses" (en galego). Consultado o 14.agosto.2013.
Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.