Lista de réptiles de Galicia

A seguinte é unha lista dos réptiles atopados en Galicia. Esta baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española[1], a información obtida na Lista Vermella da IUCN [2] e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada[3], Pedro Galán e Gustavo Fernández[4].

Esta clase contén arredor de 8.300 especies vivas das cales unhas 30 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.

A taxonomía da fauna herpetolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Na lista engádense, cando existen, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de réptiles, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Lista

Especie
Autoridade, ano
Nome vulgar
Familia
EC
Distribución
Imaxe
Outras denominacións
Acanthodactylus erythrurus
Schinz, 1833
.....
Lacértidos
LC
Mapa Acanthodactylus erythrurus
Nos límites de Galicia
Acanthodactylus erythrurus Sin. Acanthodactylus lineomaculatus
Anguis fragilis
Linnaeus, 1758
Escáncer
Anguidae
LC
Distribucion escancer en España Escáncer Outros nomes: Boeiro,
escánzre, liscánzre,
licrán, liscante, liscanzo[5]
Blanus cinereus
Vandelli, 1797
Escáncer cego
Amphisbaenidae
LC
Blanus cinereus distribution Map Escáncer cego Outros nomes: Cobra cega, licrán, bichoco.
Caretta caretta
Linnaeus, 1758
Tartaruga mariña común
Quelónidos
EN
Areale Caretta caretta Tartaruga mariña común
Chalcides bedriagai
Boscá, 1880
Esgonzo ibérico
Escíncidos
NT
Chacides bedriagai range Map Esgonzo ibérico Outros nomes: Esgonzo de cinco dedos, escáncer de patas ibérico
Sin.: Chalcides pistaciae
Chalcides striatus
Cuvier, 1829
Esgonzo común
Escíncidos
LC
Ampla dist GZ Esgonzo común Outros nomes: Escáncer de patas común, liscanso (Muros)[6]
Chelonia mydas
Linnaeus, 1758
Tartaruga mariña verde
Quelónidos
EN
Lieux pontes tortue verte Tartaruga mariña verde
Coronella austriaca
Laurenti, 1768
Cobra lagarteira común
Colubridae
DD
Ampla dist GZ Cobra lagarteira común
Coronella girondica
Daudin, 1803
Cobra lagarteira meridional
Colubridae
LC
Mapa Coronella girondica Cobra lagarteira meridional Sin.: Natrix meridionalis
Dermochelys coriacea
Vandelli, 1761
Tartaruga de coiro
Dermoquélidos
CR
Lieux pontes tortues luth Tartaruga de coiro
Emys orbicularis
Linnaeus, 1758
Sapoconcho común
Emídidos
LC
Rangemap cistude Sapoconcho común Outros nomes: Tartaruga,
Tartaruga de auga, Sapoconcho pintado,
Sapocuncho
Sin.: Testudo europaea, Testudo orbicularis
Eretmochelys imbricata
Linnaeus, 1766
Tartaruga mariña carei
Quelónidos
CR
Lieux pontes tortue ecaille
Especie autóctona
Tartaruga mariña carei
Hemorrhois hippocrepis
Linnaeus, 1758
Cobra de ferradura
Colubridae
LC
Mapa Hemorrhois hippocrepis
Nos límites de Galicia
Hemorrhois-hippocrepis-2 Sin.: Coluber hippocrepis
Iberolacerta galani
Arribas, Carranza & Odierna, 2006
......
Lacértidos
NT
Iberolacerta galani range Map Benny Trapp Iberolacerta galani Spanien Sin.: Lacerta monticola cantabrica
Iberolacerta monticola
Boulenger, 1905
Lagarta da serra
Lacértidos
VU
Iberolacerta monticola range Map Lagarta da serra Sin.: Archaeolocerta monticola,
Lacerta monticola
Lacerta bilineata
Daudin, 1802
Lagarto verde
Lacértidos
LC
Distribution of Lacerta bilineata and Lacerta viridis
Nos límites de Galicia
Lagarto verde
Lacerta schreiberi
Bedriaga, 1878
Lagarto das silvas
Lacértidos
NT
Ampla dist GZ Lagarto das silvas Lagarto das silveiras
Lepidochelys kempii
Garman, 1880
Tartaruga mariña pequena
Quelónidos
CR
Lieux pontes tortue de kemp Tartaruga mariña pequena
Macroprotodon brevis
Günther, 1862
.....
Colubridae
NT
Macroprotodon brevis range Map
Nos límites de Galicia
Benny Trapp Macroprotodon brevis
Malpolon monspessulanus
M
Cobra rateira
Colubridae
LC
Malpolon monspessulanus range Map Cobregón Cobregón
Sin.: Coelopeltis lacertina,
Coelopeltis monspessulanus, Coluber monspessulanus,
Natrix lacertina
Mauremys leprosa
Schweigger, 1812
Sapoconcho riscado
Xeoemídidos
VU
Mauremys leprosa range Map Sapoconcho riscado Sapoconcho leproso
Natrix maura
Linnaeus, 1758
Cobra viperina
Colubridae
LC
Ampla dist GZ Cobra de auga Outros nomes: Cobra de auga viperina
Natrix natrix
Linnaeus, 1758
Cobra de colar
Colubridae
LC
Ampla dist GZ Cobra de colar Outros nomes: Cobra de auga de colar
Sin.: Coluber natrix, Coluber persa, Coluber scutatus,
Coluber torquatus, Natrix vulgaris, Tropidonotus ater,
Tropidonotus natrix
Podarcis bocagei
Seoane, 1884
Lagarta galega
Lacértidos
LC
Ampla dist GZ Lagarta galega Lagartiña común
Podarcis hispanica
Steindachner, 1870
Lagarta dos penedos
Lacértidos
LC
Podarcis hispanicus range Map Lagarta dos penedos Lagartiña dos penedos
Sin.: Podarcis hispanicus
Podarcis muralis[7]
Laurenti, 1768
Lagarta dos muros
Lacértidos
LC
Mapa Podarcis muralis Lagarta dos muros Lagartiña dos muros
Psammodromus manuelae
(antes
Psammodromus algirus
Linnaeus, 1758)
Lagarta rabuda
Lacértidos
LC
Ampla dist GZ Lagarta rabuda Lagarto rabudo
Psammodromus hispanicus
Fitzinger, 1826
Lagarta cinsenta
Lacértidos
LC
Psammodromus hispanicus distribution Map Benny Trapp Psammodromus hispanicus Lagarto cincento
Rhinechis scalaris
Schinz, 1822
Cobra de escada
Colubridae
LC
Rhinechis scalaris dis Serpe riscuda Outros nomes: Cobra riscada
Sin.: Elaphe scalaris
Tarentola mauritanica
Linnaeus, 1758
Osga común
Gekkonidae
LC
Tarentola mauritanica range map IUCN Salmantesa Outros nomes: Ladra, lasca, *salmantesa
Timon lepidus
Daudin, 1802
Lagarto arnal
Lacértidos
LC
Ampla dist GZ Lagarto arnal Outros nomes: Lagarto arnau, lagarto ferreño
Sin.: Lacerta lepida
Trachemys scripta
Schoepff, 1792
Sapoconcho americano
Emídidos
LC
Sapoconcho americano Outros nomes: Sapoconcho da Florida,
Sapoconcho de orellas vermellas[8]
Vipera latastei
Boscá, 1878
Víbora fociñuda
Viperidae
VU
Vipera latastei range Map Víbora fuciñada Sin.: Vipera latasti
Vipera seoanei
Lataste, 1879
Víbora de Seoane
Viperidae
LC
Ampla dist GZ Víbora de Seoane Víbora común
Zootoca vivipara
Jacquin, 1787
Lagarta das brañas
Lacértidos
LC
Ampla dist GZ Lagartixa das brañas Sin.: Lacerta vivipara

Notas

  1. "Lista patrón de los anfibios y reptiles de España (actualizada a diciembre de 2014)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2016.
  2. The IUCN Red List of Threatened Species
  3. Javier Andrada Guía no Vocabulario das Ciencias Naturais (A. Sanjuán, M. A. Fernández, M. P. Jiménez, P. Brañas, Ed. Xunta de Galicia, 1991) de campo de los anfibios y reptiles de la Península Ibérica. Ed.Omega. Barcelona (1985) ISBN 84-282-0589-2
  4. Galán, P. e Fernández G. Anfibios e réptiles de Galicia Ed.Xerais (1993) Vigo
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para liscanzo.
  6. Pedro Galán Regalado, Gustavo Fernández Arias. Anfibios e réptiles de Galicia. Colección Montes e Fontes. Edicións Xerais de Galicia S.A. 1993. Páxinas 351. ISBN 84-7507-722-6.
  7. Regúlez, O. Primeras citas de Pelodytes punctatus (Daudin, 1802) y Podarcis muralis (Laurenti, 1768) en Galicia. Rev. Esp. Herpetol., 3(1): 145-148 (1988)
  8. 5ª actualización do Atlas de Anfibios e Réptiles de Galicia (ano 2015) Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine. da SGHN

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Cobra de colar

A cobra de colar ou cobra de auga de colar (Natrix natrix) é unha cobra non velenosa da familia Colubridae, propia de Eurasia e o noroeste de África.

Cobra de escada

A cobra de escada ou cobra riscada (Rhinechis scalaris) é unha especie non velenosa de cobra que é común no suroeste de Europa.

Cobra lagarteira común

A cobra lagarteira común ou cobra lisa común (Coronella austriaca) é unha especie de cobra non velenosa que habita en Europa do norte e central, pero tamén chega ata o norte de Irán. O European Molecular Biology Laboratory (EMBL) recoñece actualmente tres subespecies, incluída a común descrita neste artigo.

Cobra lagarteira meridional

Cobra lagarteira meridional ou cobra lisa meridional (Coronella girondica) é unha especie inofensiva de cobra que habita no sur de Europa e no norte de África. Non está recoñecida ningunha subespecie deste animal.

Cobra rateira

A cobra rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus) é unha especie de réptil escamoso da familia Colubridae. É unha cobra velenosa opistoglifa (cos dentes inoculadores de veleno situados na parte posterior da boca) que non é perigosa para o home.

Cobra viperina

A cobra viperina (Natrix maura) ou cobra de auga viperina é unha especie de cobra da familia Colubridae. Debe o nome de 'cobra de auga' á súa grande afinidade polas zonas húmidas e a súa grande habilidade de nadar e mergullarse e o de 'viperina' á súa semellanza coas víboras, malia ser inofensiva.

Galería de imaxes da fauna de Galicia

Galería de imaxes da fauna de Galicia.

Lacértidos

Os lacértidos (Lacertidae) son unha familia de lagartos, que comprende especies de pequeno tamaño como as lagartas e outras de maior tamaño como os lagartos arnais, que viven en Europa, África e Asia. É unha familia diversa con centos de especies e 37 xéneros. En Galicia pódense atopar con maior ou menor abundancia dez especies de lacértidos, pertencentes aos xéneros Acanthodactylus, Iberolacerta, Lacerta, Podarcis, Psammodromus, Timon e Zootoca (ver Lista de réptiles de Galicia).

Lagarta cinsenta

A lagarta cinsenta ou cincenta (Psammodromus hispanicus) é unha especie de lagarta da familia Lacertidae, que vive en Francia, Portugal e España e forma parte da fauna de Galicia, aínda que aquí é moi escasa. Viven principalmente en áreas secas e abertas de clima mediterráneo.

Lagarta da serra

A lagarta da serra (Iberolacerta monticola) é un membro do xénero Iberolacerta endémico de España e Portugal.

Lagarta galega

A lagarta galega (Podarcis bocagei) ten como área de distribución toda a superficie de Galiza. Nútrese, ao igual que outros réptiles, de insectos e arácnidos. A cor da femia é amarronada mentres que a da lagarta macho ten unha tonalidade verde.

Lagarto das silvas

O lagarto das silvas ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi, Bedriaga, 1878) é unha especie da familia Lacertidae.

Lepidochelys

Lepidochelys é un xénero de tartarugas mariñas da familia dos quelónidos. Inclúe só dúas especies. A tartaruga mariña pequena (L. kempii) está catalogada como en perigo crítico de extinción e a tartaruga mariña olivácea (L. olivacea) como vulnerable. É o único xénero actual de tartarugas mariñas que ten máis dunha especie. Viven en augas cálidas; L. kempii esencilamente en augas americanas e L. olivacea en augas do Índico e Pacífico, africanas e americanas, e raramente se ven en Europa. Son as tartarugas mariñas máis raras nas costas europeas, especialmente L. olivacea. Os seus rexistros nas costas galegas son moi raros e ás veces inseguros, pero L. kempii está incluída na Lista de réptiles de Galicia. En 1988 citouse a especie L. olivacea como vista en Cangas (Pontevedra), pero algúns autores cren que é unha identificación dubidosa e que debe tratarse de L. kempii.As Lepidochelys adultas teñen uha lonxitude entre 51 e 71 cm e un peso de 36 a 50 kg, polo que son medianas ou pequenas dentro das tartarugas mariñas. Aliméntanse de cangrexos, peixe, cefalópodos, ameixas e vexetación mariña.

O nome do xénero deriva das palabras gregas lepidos, que significa escama, e chelys, que se traduce por tartaruga. Isto podería facer referencia á cantidade supernumeraria de escudos costais que ten este xénero.

Macroprotodon brevis

Macroprotodon brevis é unha especie de cobra da familia Colubridae.

Réptiles

Os réptiles son os animais pertencentes á clase Reptilia, grupo de vertebrados amniotas e tetrápodos que teñen escamas ou diversas estruturas córneas na pel. Trátase dun grupo de animais que comprende non só todos os réptiles que existen hoxe no mundo senón que inclúe ademais algúns outros grupos que foron moi abondosos no pasado e que logo desapareceron durante o proceso evolutivo como son, por exemplo, os dinosauros.

Réptil significa "que repta", é dicir que anda arrastrándose. Esta non é unha característica universal deste grupo de animais xa que algúns non se arrastran senón que, por exemplo, teñen patas para o seu desprazamento (exemplo: os lagartos e as tartarugas).

A parte da zooloxía que trata dos réptiles leva o nome de herpetoloxía, na que tamén se inclúe o estudo dos anfibios.

Sapoconcho común

O sapoconcho común (Emys orbicularis) é unha tartaruga da familia Emydidae e única representante do xénero Emys, que se atopa no centro e sur de Europa, Asia Occidental, Norteamérica e a zona mediterránea de África. Vive preto ou en cursos de auga cuxa corrente sexa lenta e inverna durante máis de sete meses ao ano no fondo da auga. É unha tartaruga de tamaño medio e varía segundo as zonas entre 12 e 38 cm de lonxitude. O seu caparazón é marrón con zonas verdosas e algunha mancha amarelada.

Hai entre 5000 e 8000 anos, cando o clima europeo era máis cálido, esta tartaruga podíase atopar máis ao norte acadando a actual zona do sur de Suecia.

Tartaruga de coiro

A tartaruga de coiro ou tartaruga mariña de coiro (Dermochelys coriacea) é unha especie de tartaruga mariña, única especie do xénero Dermochelys, que á súa vez é o único xénero actual da familia Dermochelyidae. Son as únicas tartarugas mariñas que non pertencen á familia Cheloniidae.É a maior de todas as tartarugas, xa que alcanzan unha lonxitude de 2,3 m, e o cuarto réptil máis pesado, cun peso de máis de 600 kg, só superado por tres crocodilos. Un individuo macho chegou a pesar 916 kg, aínda que as tartarugas deste tamaño son raras. Vive en todos os mares tropicais e subtropicais. Tamén se pode ver en augas europeas e galegas (ver Lista de réptiles de Galicia), e mesmo ás veces no norte de Europa.

Esta especie ten moitas características únicas que a distinguen doutras tartarugas mariñas. A súa coiraza ou cuncha non está formada de placas córneas duras como as outras tartarugas mariñas, senón que está cuberta por unha pel especial con pequenos osteodermos. A súa taxa metabólica é aproximadamente 3 veces maior do esperado nun réptil do seu tamaño, o que, unido aos intercambiadores de calor contracorrente que posúe e ao seu gran tamaño, permítelle manter unha temperatura corporal de ata 18 °C por riba da temperatura da auga circundante. Algúns científicos mesmo opinan que a tartaruga de coiro ten algunha capacidade para xerar a súa propia calor corporal, como faría un mamífero, malia que os réptiles son abimais ectotermos ou de "sangue frío", polo que dependen da temperatura externa para regular a súa propia. Porén, tamén pode considerarse a esta especie como xigantoterma.

Esta especie fai viaxes de miles de quilómetros. Abandona cada ano as augas tropicais para ir moi ao norte a augas frías seguindo a corrente do Golfo. Pode somerxerse longo tempo grazas á utilización de oxíxeno acumulado nalgúns dos seus tecidos. Tamén se pode mergullar a gran profundidade e nada moi rápido.

Tartaruga mariña carei

A tartaruga mariña carei ou tartaruga carei (Eretmochelys imbricata) é unha especie de tartaruga mariña da familia dos quelónidos, que se encontra en perigo crítico de extinción. É a única especie do xénero Eretmochelys. Existen dúas subespecies, Eretmochelys imbricata imbricata que se pode encontrar no océano Atlántico e Eretmochelys imbricata bissa, localizada na rexión indo-pacífica. É unha das especies de tartarugas mariñas que visita as costas galegas (ver Lista de réptiles de Galicia).

O seu aspecto é similar ao doutras tartarugas mariñas. Ten un corpo plano, unha coiraza ou cuncha protectora, e as súas extremidades en forma de aletas están adaptadas para nadar en mar aberto. Distínguese doadamente doutras tartarugas mariñas polo seu peteiro bicudo e curvado cunha prominente mandíbula superior (tomium) e polas beiras en forma de serra da súa coiraza. Aínda que a tartaruga pasa parte da súa vida en mar aberto, atópase máis frecuentemente en lagoas costeiras de pouco fondo e arrecifes de coral, onde encontra facilmente ass súas presas preferidas, as esponxas de mar. Algunhas das esponxas das que se alimenta son altamente tóxicas e letais para outros organismos polo seu alto contido de óxido de silicio, o que converte á tartaruga carei nun dos poucos animais que poden alimentarse de organismos silíceos. Tamén se alimentan doutros invertebrados, como ctenóforos e medusas.A causa das prácticas de pesca humanas, as poboacións desta especie en todo o mundo están en serio perigo, polo que foi clasificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza como especie en perigro crítico de extinción. Varios países, como China e Xapón, cazáronas pola súa carne, considerada un manxar. A cuncha destas tartarugas e o material que as forma (tamén chamado carei, que tamén se obtén doutras tartarugas) foi empregado para a fabricación de obxectos decorativos. Segundo o Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies de Fauna e Flora Salvaxe Ameazadas (CITES), a captura e o comercio destas tartarugas e os seus produtos derivados son ilegais en moitas nacións.

Tartaruga mariña pequena

A tartaruga mariña pequena (Lepidochelys kempii) é unha especie de tartaruga mariña escasa e en perigo crítico de extinción. É unha das dúas especies vivas do xénero Lepidochelys (a outra é L. olivacea). A súa área de distribución e cría é principalmente o leste de Norteamérica e o Caribe, pero poden desprazarse ata Europa e está incluída na lista de réptiles de Galicia como visitante moi raro.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.