Lista de monarcas de Navarra

Lista dos monarcas do Reino de Navarra.

Escudo de reino de Navarra (esferillas)
Escudo do reino de Navarra.

Reino de Navarra

Dinastía Arista-Íñiga

Imaxe Nome Inicio Finalización Comentarios
Íñigo Arista head Íñigo Arista 816[1][2][3][4] 852
García Íñiguez 852 882
  • Tamén chamado García I Íñiguez
  • Fortún Garcés 882 905

    Dinastía Ximena

    Imaxe Nome Inicio Finalización Comentarios
    Sancho Garcés I 905 925
  • Tamén chamado Sancho I Garcés
  • García Sánchez I
    • Jimeno Garcés (Correxente, 925-931)
    925 970
  • Tamén chamado García II Sánchez
  • Sancho2Navarra Sancho Garcés II, Abarca 970 994
  • Tamén chamado Sancho II Garcés.
  • Incorporou o condado de Aragón.
  • García Sánchez II, o Tremente 994 1004
  • Tamén chamado García III Sánchez
  • Lauda Sepulcral SanchoIII El Mayor Navarra Sancho Garcés III, o Maior 1004 1035
  • Tamén chamado Sancho III Garcés
  • García Sánchez III, o de Nájera 1035 1054
  • Tamén chamado García IV Sánchez
  • Sancho Garcés IV, o de Peñalén 1054 1076
  • Tamén chamado Sancho IV Garcés
  • Sancho Remíriz Sancho V Ramírez 1076 1094
  • Rei de Aragón desde 1063
  • Pietro I d'Aragón Pedro I 1094 1104
  • Rei de Aragón
  • Alifonso I d'Aragón Afonso I, o Batallador 1104 1134
  • Rei de Aragón
  • King of Navarre GarciaIV-ret García Ramírez, o Restaurador 1134 1150
  • Tamén chamado García V Ramírez
  • Sello de Sancho el Sabio Sancho VI, o Sabio 1150 1194
  • Desde 1162, a intitulación é como "Rei de Navarra".
  • Sancho VII el Fuerte-1234 Sancho VII, o Forte 1194 1234

    Casa de Champaña

    Imaxe Escudo Nome Inicio Finalización Comentarios
    Thibaut1 Armas navarra-Champaña Teobaldo I 1234 1253
  • Conde de Champaña desde 1201
  • Teobaldo II de Navarra Armas navarra-Champaña Teobaldo II 1253 1270
  • Conde de Champaña
  • Cando en 1270 partiu á Oitava Cruzada deixou ao seu irmán Henrique como Gobernador do reino.
  • Henry 1 of Navarre Armas navarra-Champaña Henrique I 1271 1274
  • Conde de Champaña
  • Cando recibiu as novas do falecemento do seu irmán Teobaldo proclamouse rei.[5]
  • Jeanne de champagne Armas navarra-Champaña.svg

    Armas navarra-Carpetos.svg

    Xoana I 1274 1305
  • Condesa de Champaña
  • Xunto co seu esposo Filipe I (IV de Francia, o Fermoso)
  • Dinastía Capeta

    Imaxe Escudo Nome Inicio Finalización Comentarios
    Bust of Philippe le Bel SaintDenis Armas navarra-Champaña.svg

    Armas navarra-Carpetos.svg

    Filipe I, o Fermoso 1284 1305
  • Xunto coa súa esposa Xoana I
  • Louis X le Hutin Armas navarra-Carpetos Luís I, o Obstinado 1305 1316
  • Rei de Francia desde 1314
  • Rexente Filipe de Poitiers (1316) á morte do rei.
  • John I of France Armas navarra-Carpetos Xoán I, o Póstumo 15 de novembro de 1316 19 de novembro de 1316
  • Rei de Francia
  • Rexente Filipe de Poitiers (1316)
  • Philippe V le Long Armas navarra-Carpetos Filipe II 1316 1322
  • Rei de Francia
  • Charles4 mini Armas navarra-Carpetos Carlos I 1322 1328
  • Rei de Francia
  • Filipe de Valois rexente de Navarra desde a morte de Carlos I,[6] ata a destitución do gobernador francés o 13 de marzo de 1328.
  • Jana2Navarra SaintDenis Armas Navarra-Evreux Xoana II 1328 1349
  • Rexentes Juan Corbarán de Leet e Juan Martínez de Medrano, entre o 13 de marzo de 1328, asemblea de Puente la Reina, e o 27 de febreiro de 1329, Cortes de Larrasoaña.
  • Xunto co seu esposo Filipe III
  • Dinastía Évreux

    Imaxe Escudo Nome Inicio Finalización Comentarios
    Philippe III de Navarre Armas Navarra-Evreux Filipe III 1328 1343
  • Xunto coa súa esposa Xoana II
  • Karel2 a Armas Navarra-Evreux Carlos II, o Malo 1349 1387
    Karel3 hl Armas Navarra-Evreux Carlos III, o Nobre 1387 1425
    TumbaBlancaNavarra Armas Navarra-Evreux-Aragón-Trastamara Branca I 1425 1441
  • Xunto co seu esposo Xoán II
  • Casa de Trastámara

    Imaxe Escudo Nome Inicio Finalización Comentarios
    Joan II d'Aragó Armas Navarra-Evreux-Aragón-Trastamara Xoán II 1425 1479
  • Xunto coa súa esposa Branca I
  • Rei de Aragón (1458-1479)
  • Guerra civil de Navarra (1451-1464)
  • Leonor de Navarra Armas Navarra-Foix Leonor I 28 de xaneiro de 1479 12 de febreiro de 1479
  • Raíña durante 16 días
  • Casa de Foix

    Imaxe Escudo Nome Inicio Finalización Comentarios
    Francisco I de Navarra Armas Navarra-Foix Francisco I 1479 1483
    Catherine I of Navarre Armas Navarra-Foix completas Catarina I 1483 1512
  • Xunto co seu esposo Xoán III
  • Casa de Albret

    Imaxe Escudo Nome Inicio Finalización Comentarios
    John III of Navarre Armas Navarra-Albret Xoán III 1484 1512
  • xunto coa súa esposa Catarina
  • En 1512 Fernando o Católico conquista militarmente o reino de Navarra, que quedou incorporado á Coroa de Castela en 1515.

    Casa de Trastámara

    Imaxe Nome Inicio Finalización Comentarios
    Michel Sittow 004 Fernando I, o Católico 1512 1516
  • Rei de Castela (1475-1504) e de Aragón (1479-1516)
  • No seu testamento deixou o reino de Navarra á súa filla Xoana, desde entón os reis de España inclúen entre os seus títulos o de Rei de Navarra.[7]
  • Meister der Magdalenenlegende 002 Xoana III, a Tola 1516 1555
  • Xunto co seu fillo Carlos IV
  • Notas

    1. [1]
    2. [2]
    3. [3]
    4. [4]
    5. [5]
    6. Robin Neillands (2001), The Hundred Years War, Routledge, págs.35-36
    7. Estudo sobre os títulos dos reis de España (en inglés)

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días
    Portugal España
    Coroa de Castela Navarra Coroa de Aragón
    Galicia Asturias León Castela Aragón Barcelona Valencia Mallorca
    Carlos III de Navarra

    Carlos III de Navarra, chamado o Nobre, nado en Mantes-la-Jolie, Illa de Francia, Reino de Francia o 22 de xullo de 1361 , e finado en Olite, Reino de Navarra o 8 de setembro de 1425 , foi rei de Navarra (1387-1425), conde de Evreux (1387-1404) e duque de Nemours (1404-1425).

    Foi fillo e sucesor de Carlos II o Malo e de Xoana de Valois.

    Casa de Évreux

    A Casa de Évreux foi unha familia nobre francesa, unha rama menor da dinastía dos Capetos, que floreceu desde principios do século XIV até mediados do século XV.

    Esta rama capetiana gobernou o Reino de Navarra.

    Condado de Évreux

    O Condado de Évreux, creado no século XI, e á fronte do cal estaba un conde (comes Ebroicencis), era unha parte do Ducado de Normandía, que tiña por capital a cidade de Évreux.

    Separado do dominio real capetiano en 1200, xurdiu para formar unha apanaxe.

    O título foi sucesivamente utilizado pola Casa de Normandía, a Casa de Montfort-l'Amaury, a Casa de Évreux, e a Casa de La-Tour de Auvernia.

    O título é usado hoxe polo príncipe Miguel de Orleáns, fillo de Henrique de Orleáns, conde de París, e irmán de Henrique, o actual xefe da Casa de Orleáns, pretendente ao trono francés.

    Dinastía ximena

    Co nome de dinastía ximena (ou dinastía de Navarra) coñécese a unha casa de condes e reis que gobernaron diferentes territorios da península Ibérica durante a Idade Media:

    o Reino de Navarra, de 905 a 1234

    o Condado de Aragón, de 925 a 1035, e o posterior Reino de Aragón, de 1035 a 1162

    o Reino de Castela, de 1029 a 1126

    o Reino de León, de 1037 a 1126

    o Reino de Galicia, de 1065 a 1072, e de 1112 a 1157.A dinastía toma o seu nome do rei Ximeno e os seus descendentes, que serían primeiro señores de Áraba e posteriormente reis de Navarra.

    O primeiro sería Sancho I de Navarra en 905. Esta dinastía gobernaría o Reino de Navarra até 1234, ano en que foi substituída pola dinastía Champaña.

    Grazas aos matrimonios e alianzas a dinastía pasou a gobernar o Condado de Aragón, e o subseguinte Reino de Aragón, frecuentemente baixo o poder dos mesmos reis.

    Introducíronse no condado de Aragón en 925 grazas ao matrimonio da condesa Andregoto Galindez co rei de Navarra García II Sánchez I. Esta dinastía manterase até 1162, ano en que Petronila de Aragón renuncia aos seus dereitos sobre o reino en favor do seu fillo Afonso II de Aragón, da casa de Barcelona.

    A introdución no Reino de Castela prodúcese en 1029 a través do reinado do rei de Navarra Sancho III O Maior, que dividirá o seu reino entre os seus fillos; Fernando I de Castela será o continuador da dinastía, e o seu introductor no Reino de León, que recibiría da súa esposa.

    A dinastía finalizaría con Urraca I de León, raíña de Galicia, de León e de Castela, que dará paso á dinastía de Borgoña, que inicia o seu fillo Afonso Raimúndez (Afonso VII O Emperador).

    Rei Ximeno (ca. 720)O texto máis antigo que se refire a este monarca é do ano 781.

    Pai de Garcí Ximénez e de Íñigo Ximénez, que serían monarcas, en diferentes partes, aínda que até agora non foi posíbel precisar os lugares.

    Garci Ximénez (fallecido ca. 750?)Fillo do rei Ximeno, casou con Onneca Rebelle de Sangüesa, da que naceron o rey Íñigo Garcés e Sancha.

    Dun segundo matrimonio con Dadildis de Pallars (irmá do conde Ramón de Pallars) naceron o rei Sancho Garcés (non confundir con Sancho Garcés I de Navarra) e Ximeno Garcés.

    Íñigo Ximénez (842)Fillo do rei Ximeno, este rei foi coetáneo do sue irmán García Ximénez. As noticias deste monarca son escasas e a maior parte da documentación, falsificada. Considérase que, xunto a Onneca, foi o pai de Íñigo Íñiguez (824-852), fundador da dinastía íñiga.

    Íñigo GarcésEra fillo do rei García Ximénez e de Onneca de Sangüesa.

    Casou con Ximena e foron pais de García Íñiguez, Ximeno Íñiguez, Fortún Íñiguez, Sancho Íñiguez e dona Toda, que casou con García Íñiguez de Olza.

    Sancho Garcés (867-873)Fillo de García Ximénez e Dadildis de Pallars. Confúndese a miúdo co seu homónimo Sancho Garcés I de Pamplona.

    Casou cunha filla do conde de Aragón Galindo Aznar I, da que naceron o rei Íñigo Sánchez (en fontes árabes aparece como rei dos bascóns) e Velasquita, que casou con Mutarrif, fillo de Mussa II.

    García Íñiguez (839-861)Non hai que confundilo con García Íñiguez, rei de Pamplona entre os anos 851 e 880.

    Fillo do rei Íñigo Garcés e da raíña Ximena. Foi irmán de Ximeno Íñiguez, Fortún Íñiguez e de Sancho Íñiguez, que fuxiron a Córdoba.

    Foi gobernante da Valdonsela e morreu na batalla de Liédena o ano 861.

    García Ximénez (835-886)Rei de Pamplona durante a rexencia por ausencia do herdeiro entre 870 e 880. Fillo de Ximeno Garcés.

    Casou con Urraca, da que naceron o rei Sancho Garcés I de Navarra, Íñigo Garcés e o rei Ximeno Garcés de Navarra.

    Sancho Garcés I (865-925)Rei de Pamplona entre os anos 905 e 925.

    Fillo de García Íñiguez, descendente da dinastía Ximena. Á morte de García I Íñiguez no ano 870, foi gobernante da Valdonsela e pronto retomou unha política militar de liderado en todos os territorios circundantes, sendo o primeiro en intentar conquistar a Ribeira do Ebro.

    Co apoio do rey asturiano Afonso III de Asturias (con parentes mutuos en Áraba-Castela), xunto co conde de Pallars ocuparía Pamplona, forzando a Fortún Garcés a abdicar do trono.

    Deixando ao lado dalgún modo os dereitos patrimoniais dos fillos de Fortún Garcés, os cales permanecerían aínda así na Corte, estes recaerán na súa neta Toda de Larraún, que estaba casada con Sancho Garcés I, e lle reforzarían en valer dentro da familia e ser aceptado como rei de Pamplona en 905, sucedendo a dinastía Ximena á Íñiga en levar as rendas de Navarra durante to de máis de tres séculos.

    Henrique I de Navarra

    Henrique I de Navarra o Gordo (en francés: Henri "le Gros"), nado contra 1244 e finado en Pamplona o 22 de xullo de 1274, foi, desde 1270 até 1274, rei de Navarra e conde de Champaña e de Brie (como Henrique III).

    Leonor I de Navarra

    Leonor I de Navarra, nada en Olite, Reino de Navarra, o 2 de febreiro de 1426, e finada en Tudela, o 12 de febreiro de 1479, foi infanta de Aragón e de Navarra, condesa de Foix por matrimonio (1441-1472), Lugartenente (1462–1479) e raíña de Navarra (28 de xaneiro de 1479-12 de febreiro de 1479).Foi o cuarto fillo e terceira filla da entón infanta herdeira Branca de Navarra e do seu segundo esposo, o infante Xoán de Aragón, duque de Peñafiel.

    Reino de Navarra

    O Reino de Navarra (en éuscaro Nafarroako Erresuma) foi un dos reinos medievais de Europa situado en ambas as vertentes dos Pireneos occidentais pero co seu maior parte do territorio localizado no norte da Península Ibérica. Navarra mantivo a súa condición de reino ata 1841, data na que pasou a ser considerada "provincia foral" mediante a Lei Paccionada.

    Sancho VI de Navarra

    Sancho VI de Navarra, o Sabio, nado cara ao 1133 e finado o 27 de xuño de 1194, foi rei de Pamplona e Navarra dende 1150 ata a súa morte. Foi o primeiro en abandonar definitivamente o título de Rei de Pamplona para adoptar o de Rei de Navarra.

    Xoana I de Navarra

    Xoana I de Navarra, nada en Bar-sur-Seine, Champaña, Francia o 17 de abril de 1271, e finada en Vincennes, Illa de Francia, Francia o 4 de abril de 1305, foi raíña de Navarra e condesa de Champaña e de Brie entre 1274 e 1305.

    Foi, ademais, raíña consorte de Francia entre 1285 e 1305, debido á súa voda co entón futuro Filipe IV "o Fermoso" de Francia.

    Filla de Henrique I de Navarra e de Branca de Artois, foi a última raíña de Navarra da casa de Champaña.

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.