Lista de monarcas de Galicia

A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas, porén durante o século V d.C, o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma reis de Galicia.

Escudo reino de galicia
Escudo do Reino de Galicia ilustrado no L´armorial Le Blancq. Bibliothèque nationale de France. 1560.

Reis suevos de Galicia (409-585)

Artigo principal: Lista de reis suevos.
Gallaecia-roman-province
Mapa da provincia romana da Gallaeciae', a comezos do século V, inmediatamente anterior á chegada dos suevos.
Galician-suevic-kingdom
Dominios da monarquía sueva, e extensión do Reino de Galicia arredor do ano 500.

Primeira liñaxe real (409-456)

Reis durante a Guerra Civil Sueva (456-469)

Período Escuro (469-550)

Período final da monarquía sueva (550-585)

Reis visigodos de Galicia, Septimania e España

Wisigothic-states
Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.
720-iberian peninsule
Mapa político do noroeste da Península Ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais.

Pese o cesamento dos monarcas suevos polos reis visigodos no ano 585, Galicia continúa a ter unha condición diferente do resto de provincias visigodas peninsulares, tal é o caso que a documentación visigoda denota tres entidades políticas, Galicia (Gallaecia), España (Hispania) e Septimania derivadas da antiga condición política destas. Así, o estado visigodo conformouse de tres antigos reinos, chegando o caso de que Galicia e España estean rexidos por diferentes reis, como o caso de Éxica e Vitiza.

Señores con atribución reais na Galicia altomedieval

  • Paio (?-737). Gobernou apenas o oriente asturiano, o chamado regnum asturorum.
  • Fávila (737-739). Señoreou efemeramente o mesmo territorio que o seu predecesor.
  • Afonso I (739-757). Descoñécese a extensión dos seus dominios.
  • Froila I (757-768).

Os reis "usurpadores" (768-791)

Reis con sede na cidade de Oviedo

Consolidado o poder rexio, Afonso II ordena establecer a corte do reino no modesto lugar de Oveto, na rexión de Asturias, centro-norte do reino da Galicia altomedieval. A carencia de institucións previas como un bispado, ou un influente pasado aristocrático, foron as razóns que motivaron a escolla deste lugar por Afonso II, dende entón os reis de Galicia titularíanse maiormente como reis ovetenses en virtude da situación da sede real en Oveto, ata o seu cese no ano 910.

Galicia891
Mapa político do Noroeste da Península Ibérica a finais do século IX.

A dinastía dos Ramírez (842-910)

Reis con sede na cidade de León

Se con Afonso III o vello campamento romano de Legio (León) comezou a adquirir relevancia en detrimento do antigo Oveto (Oviedo), baixo o goberno dos seus herdeiros consolidouse definitivamente como sede rexia dos monarcas da Galicia altomedieval. Será primeiramente García I, fillo de Afonso III en exercer o poder real dende a nova capital. Dende entón, os reis galaicos deixarán de empregar o título de reis ovetenses polo de legionenses a razón da súa sede na cidade de León.

Europe-south-west-kingdoms1064
Mapa político da noroeste peninsular no ano 1064. O espazo do reino da Galicia altomedieval é rexido por Sancha e Fernando I, mentres España (Hispania) atópase dividida en taifas.

A dinastía dos Ordóñez (910-1037)

Reis de Galicia co condado portucalense

Europe-south-west-kingdoms
Mapa político da noroeste peninsular onde se aprecia a creba da Galicia altomedieval, así como os novos reinos de Castela e León a finais do século XI. Segue, con todo, a existir unha diferenza agora conceptual entre Galicia e España (Hispania).

A repartición territorial dos fillos de Sancha e Fernando supuxo a creba do tradicional espazo político da Galicia altomedieval, e a formación de dous novos reinos, Castela e León. Así, o territorio coñecido como Reino de Galicia viuse reducido ás terras galegas —incluíndose nelas o condado portucalense—, se ben o termo Galicia seguirá a ser empregado para designar ao conxunto dos tres reinos, mais perdendo paseniñamente a súa significación política.

Dinastía Ximena ou de Navarra (1065-1111)

Dinastía de Borgoña

Reis de Galicia e León

Á morte de Afonso VII no ano 1157 divide as súas posesións entre os seus fillos. Así, mentres Fernando herda os reinos de Galicia e León, o seu irmán herda os reinos de Castela e reino de Toledo. Cabe subliñar que o territorio do Reino de Galicia se viu de novo reducido no ano 1128, ano no que Afonso Henriques gaña a independencia do condado portucalense, conformándose como un novo reino e deixando, por tanto, de pertencer ao reino galego.

Europe-south-west-kingdoms12th
Mapa político da noroeste peninsular trala morte de Afonso VII, nel apréciase a división dos seus estados entre os seus fillos, Fernando (rei de Galicia e León) e Sancho (rei de Castela e Toledo). Tamén se aprecia a expansión dos reinos cristiáns a costa das taifas musulmás, e a separación definitiva de Portugal respecto do Reino de Galicia.

Reis de Galicia-León e Castela-Toledo

Rei de Galicia, León e Sevilla

Reis de Galicia-León e Castela-Toledo

Dinastía Trastámara

Reis que reclamaron a posesión da Galiza

Dinastía de Borgoña (Portugal)

Casa de Lancaster

  • Xoán de Gante, dominou todo o Reino de Galiza sen apenas resistencia militar (1386).

Dinastía de Avís

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carballeira Debasa, Ana María (2007): Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Cientifícas. ISBN 978-84-00-08576-6.
  • De la Gándara, Felipe (1677): Nobiliario, armas y triunfos de Galicia". Madrid: Julian de Paredes.
  • Fletcher, Richard A. (1984): Saint James's catapult: the life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela. ISBN 978-0-19-822581-2. (en inglés)
  • García Oro, José (1987): Galicia en los siglos XIV y XV. A Coruña: Fundación "Pedro Barrie de la Maza, Conde de Fenosa". ISBN 84-85728-59-9.
  • González López, Emilio (1978): Grandeza e Decadencia do Reino de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-303-6.
  • López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.
  • López Carreira, Anselmo (2005): O Reino medieval de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-293-0.
  • Portela Silva, Ermelindo (2001): "García II de Galicia, el rey y el reino (1065-1090)". Burgos: Editorial La Olmeda. ISBN 84-89915-16-4.
  • Rodríguez Fernández, Justianiano (1997): García I, Ordoño II, Fruela II, Alfonso IV. Burgos: Editorial La Olmeda. ISBN 84-920046-8-1.
  • Thompson, E. A. (2002): Romans and barbarians: the decline of the Western Empire. Madison, Wisconsin: University of Wisconsin Press. ISBN 978-0-299-08704-3. (en inglés)
  • Torres Rodríguez, Casimiro (1977): El Reino de los Suevos. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña. ISBN 84-85319-11-7.
  • Villacañas Berlanga, José Luis (2006): La formación de los reinos hispánicos. Pozuelo de Alarcón: Espasa Calpe. ISBN 84-670-2257-4.

Outros artigos

Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista
Portugal España
Coroa de Castela Navarra Coroa de Aragón
Galicia Asturias León Castela Aragón Barcelona Valencia Mallorca
Aguiúlfo

Aguiúlfo, falecido en 457 no Castro do Porto, foi un rei hérulo que gobernou efimeramente o reino de Galicia tras a morte de Requiario no ano 456. Reinou sobre a parte sur do reino, mentres que Frantán o facía na parte norte.

De orixe escandinava e lugartenente do rei visigodo Teodorico II, asasinou a Censorio en Sevilla (448), o que deu lugar á sublevación de suevos e hispanorromanos. Despois foi situado en Mérida cun exército para vixiar as incursións suevas, tras a derrota dos suevos na batalla do Órbigo. Teodorico III apoiouno na loita contra Frantán polo trono suevo. Morreu a mans de Maldras en xuño do 457

Andeca

Andeca ou Audeca gobernou o reino de Galicia entre os anos 584 e 585, sendo o derradeiro monarca suevo que tivo Galicia. Tras o seu destronamento, o monarca visigodo Leovixildo logrou anexionarase o Galliciense Regnum.

Carriarico

Segundo Gregorio de Tours na súa Historia Francorum, Carriarico foi un rei suevo de Galiza entre os anos 550 e 559, responsable da conversión dos suevos ao catolicismo. Sucedeuno Teodomiro.

Eborico

Eborico ou Eurico (583-584) foi un rei suevo de Galicia. Sucedeu ao seu pai Miro trala súa morte. Forzado polo acoso militar viuse obrigado a asinar un pacto no que recoñecía a superioridade política do rei visigodo Leovixildo, provocando a sublevación de parte da aristocracia galaico-sueva encabezada polo nobre Andeca que non debeu aceptar submisión algunha a Toledo. Por este motivo, Eborico foi apresado e encarcerado nun mosteiro. Derrocado, Andeca casou pola forza coa raíña (talvez a viúva de Miro ou a esposa de Eborico) proclamándose novo rei de Galiza.

Frantán

Frantán ou Franta foi un rei suevo que entre os anos 456 e 457 gobernou o norte do reino de Galicia, trala morte de Aguiulfo a mans de Maldras.

Frumario

Frumario foi un xefe militar suevo que destronou a Remismundo ó pouco de se converter rei, en 459, e gobernou o sur do reino suevo, mentres Requimundo facíao no norte. Mantivo unha guerra civil contra Requimundo, morrendo os dous en 463, facendo de novo a Remismundo monarca de todo o Reino Suevo.

Hermerico

Hermerico (?-441) foi o primeiro rei suevo de Gallaecia, reinou dende o 409 até o 438. Dirixiu ó seu pobo dende o Rin até Gallaecia, onde someteu á poboación galaico-romana e asinou un foedus con Roma mediante o cal establecía o seu reino na provincia romana de Gallaecia e aceptaba ó emperador como o seu superior (410). En teoría actuaba como federado de Roma e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos vándalos asdingos que se refuxiaran na Gallaecia logo de seren atacados polo visigodo Valia e chegaron a pór en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419 resolvendo Hermerico a situación grazas á axuda de Asterio, conde romano, o que posibilitou a ocupación de toda a Gallaecia mentres os vándalos marchaban cara á Bética. En 438 asociou ó seu fillo Requila ao trono.

Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña

Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña ou Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretaña (en francés Le roman de Ponthus et Sidoine) é unha narración en francés antigo e en prosa das aventuras de Ponthus, príncipe galego, polos reinos de Galicia, Bretaña e Inglaterra.

Maldras

Maldras foi un monarca suevo no reino de Galiza no período que atinxe dende o 457 até o 459. Gobernou tras asasinar a Aguiúlfo, colocándose á cabeza da parte sur do reino. Pouco despois produciuse a morte de Frantán, rei da parte norte, deixando a Maldras como único rei suevo de Galiza. Durante o seu curto reinado producíronse fortes conflitos sociais entre os nativos galaicos e os dirixentes xermánicos. Morreu asasinado en 459, sucedéndoo o seu fillo Remismundo.

Miro

Miro (quen gobernou entre 570 e 583) foi un célebre rei suevo do reino de Galicia, tamén coñecido como Mirón. Gobernou a Gallaecia manténdoa independente da expansión da Hispania ariana do rei visigodo Leovixildo.

Ramiro II de León

Ramiro II o Grande, nado cara ao 898 e finado en León en xaneiro de 951, foi o quinto rei de Galicia que gobernou desde a nova capital, León, (931 - 951), un dos máis notábeis monarcas, alcumado o Diabo polos seus inimigos en Spania a causa da súa ferocidade e enerxía.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Remismundo

Remismundo (finado no 469) foi un rei suevo de Gallaecia dende o 459 até a súa morte.

De acordo con Isidoro de Sevilla, Remismundo foi o fillo de Maldras. No 459, a pouco de chegar suceder ó seu pai, foi destronado por Frumario e tivo que batallar nunha guerra civil contra este e contra Requimundo, tornándose de novo rei no ano 463, trala morte dos seus contrincantes[Cómpre referencia]. Casou coa filla do rei visigodo Teodorico II. Converteuse ó arianismo no 465, e no 467, despois do asasinato de Teodorico polo seu irmán Eurico, mandou saquear Conímbriga. No ano 468, ocupou Lisboa. Coa súa morte en 469, iníciase un período escuro na historia dos Suevos, do que existen poucos datos.

Requiario

Requiario ou Rechiarius (e tamén pode escribirse Reckiario), finado en decembro de 456, foi o terceiro monarca suevo que gobernou o Reino de Galicia, desde o ano 448 (ano no que ascendeu o trono trala morte do seu pai Requila) ata a súa morte. Foi o primeiro rei xermánico de toda Europa que adoptou o catolicismo, e un dos máis innovadores e belixerantes de entre os monarcas suevos.

Requila

Requila (? 448) foi o segundo monarca suevo do reino de Galiza, substituíndo o seu pai Hermerico. Hai poucas fontes primarias para a súa vida, mais Hidacio foi un cronista cristián (mais non ariano) contemporáneo a el.

Subiu ó trono en 438 por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo desde anos atrás (finou en 441). Adoptou unha actitude moi agresiva contra os galaicos nativos e a igrexa católica. Enfrontouse ós bispos e favoreceu ó clero priscilianista. Firmou un novo foedus con Roma e alianzas coas tribos bagaudas (bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios). Dirixiu unha política expansionista con campañas por Lusitania e a Bética tratando de encher o baleiro deixado polos retirados vándalos e alanos. Derrotou no 438 a Andevoto (dux romano segundo Isidoro de Sevilla ou un xefe local segundo outras fontes) no río Genil (Singilis). Conquistou as capitais provinciais de Mérida en 439 e Sevilla en 441.

Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual Andalucía e de parte do Levante. Tamén fixo incursións na Tarraconense e no 446 derrotou ó xeneral romano Veto e as súas tropas auxiliares visigodas.

A súa morte produciuse en Mérida en 448 e sucedeuno o seu fillo Requiario.

Requimundo

Requimundo foi un líder suevo, que gobernou no norte do Reino Suevo entre o 459 e o 463, mentres mantiña unha guerra civil contra Frumario e Remismundo. Non se identificou como rex, aínda que Idacio escribiu: inter Frumarium et Rechimundum oritur de regni potestate dissensio (entre Frumario e Requimundo xurdiu unha disensión sobre o poder do reino). A súa morte e a de Frumario no ano 463, abriu o camiño á unificación do reino baixo o goberno de Remismundo.

Teodemundo

Crese que Teodemundo foi[Cómpre referencia] un dos reis suevos que gobernou a Gallaecia durante o Período Escuro que abrangue dende a morte de Remismundo en 469 até a coroación de Carriarico en 550. Sábese pouco sobre os gobernantes desta época.

Teodomiro dos Suevos

Teodomiro foi un monarca do Reino Suevo de Galicia (559-570). Gobernou o reino dotándoo de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na Igrexa católica. Durante o seu reinado realízase o I Concilio de Braga (561), onde o reino suevo volta adoptar o catolicismo.

Gregorio de Tours fálanos do fillo do rei Carriarico que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San Martiño de Tours. Se cadra esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do Reino Suevo da Gallaecia.

Baixo a influencia de Martiño de Dumio, o seu labor de goberno baseouse nos seguintes eixos:

Consolidación da expansión sueva coa incorporación das áreas de influencia de Astorga e Coimbra

A convocatoria dos Concilios de Braga a modo de asembleas de goberno non só en asuntos relixiosos senón especificamente temporais.

A organización territorial a través da estruturación da dependencia das entidades de poboación (parroquias) aos diferentes bispados (concretado na Divisio Theodemiri, a "división de Teodomiro", ou Parochiale suevorum).

A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun paganismo ancestral de claro sabor céltico.

A busca da cohesión social mediante o combate da herexía ariana que profesaba o reino visigodo de Hispania e o priscilianismo seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana.

A lexitimación da monarquía perante as elites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de Bizancio, con quen probablemente mantivo contactos amigables.

A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos mosteiros e focos de formación como o cenobio de Dumio fundado por Martiño de Dumio.

Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co reino visigodo veciño e dentro da órbita da nova orde emanada do Imperio bizantino de Xustiniano.O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do Galliciense regnum, do que nos quedaron testemuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.