Lista de monarcas de Castela

A seguir móstrase unha Lista de Monarcas de Castela, desde a fundación deste reino (como condado) até á unificación de España en 1516. As datas refírense ao período de reinado.

Escudo de Castilla
Escudo de Castela

Condado de Castela

Marca oriental do reino de Asturias (electivo)

  • Rodrigo de Castela (762 - 800)
  • Diego Rodriguez I (800 - ?)
  • Urraca Paterna (? - 861)
  • Rodrigo II de Castela (861 - 873)
  • Diego Rodriguez Porcelos (873 - c.885)
  • Nuño Núñez (c.899 - c.901), 1ª vez.
  • Gonzalo Tellez (c.901 - c.904)
  • Nuño Núñez (c.904- c.909), 2ª vez.
  • Gonzalo Fernández de Lara (c.909)-(915), fundador da casa de Lara
  • Fernando Ansurez (915-920), 1ª vez.
  • Nuno Fernández (920 - 926)
  • Fernando Ansurez (926 - c.929), 2ª vez.
  • Gutier Nunes (c.929 - 931)

Condado soberano de Castela (hereditario)

Casa de Lara

Lara-escudo
Escudo da casa de Lara

Reis de Castela

Dinastía de Navarra ou Ximena (1032-1126)

Dinastía de Borgoña (1126-1369)

Dinastía de Trastámara (1369-1506)

Dinastía de Habsburgo (1506)

Dinastía de Trastámara (1506-1516)

Dinastía de Habsburgo (1516-...)

Notas

  1. De jure: Xoana a Beltranexa e Afonso V de Portugal foron reis de Castela entre 1474-1479, mais non foron aceptados como tal pola gran maioría da nobreza castellana; viron as súas pretensións derrotadas na batalla de Toro.

Véxase tamén

Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días
Portugal España
Coroa de Castela Navarra Coroa de Aragón
Galicia Asturias León Castela Aragón Barcelona Valencia Mallorca
Casa de Trastámara

A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

Fernán González

Fernando González (na documentación coetánea, Fredinandus Gundisalviz); nado no Castelo de Lara, aproximadamente no 910 e finado en Burgos en 970, máis coñecido nos cantares de xesta e crónicas posteriores como Fernán González, foi conde de Castela e de Áraba (931-944 e 945-970).

Lista de monarcas de León

O reino medieval de León tivo a súa orixe na transferencia da capital do reino de Asturias de Oviedo para a cidade de León, nos tempos de Afonso III de Asturias. Máis tarde, por súa morte, este rei dividiu o seu reino entre os seus tres fillos: Froila II gobernou nas Asturias, Ordoño II en Galicia, e García I en León; polas súas mortes sucesivas, todos virían a reinar sobre o reino de León.

Entidade hexemónica, por algúns períodos de tempo o reino de León se dividiu noutros varios reinos (Castela, Galicia e Portugal), para despois se volver a unificar (excepto Portugal, que non mais volveu á súa órbita); extinguiuse en 1230, cando foi definitivamente absorbido por Castela; desde entón os reis daquel reino foron tamén reis de León.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.