Lista de megálitos de Galicia

Esta é unha lista parcial de monumentos megalíticos de Galicia, cos seus datos por columnas (P: provincia; C: A Coruña; L: Lugo; O: Ourense; P: Pontevedra).

Notas

  1. Ficha en megalitos.arqueoloxico.com
  2. 2,0 2,1 Ficha en megalitos.arqueoloxico.com
  3. Ficha en megalitos.arqueoloxico.com
  4. CATÁLOGO. Plan Básico Autonómico. Dolmen Pedra da Arca
  5. Ficha en megalitos.arqueoloxico.com
  6. Ficha en megalitos.arqueoloxico.com

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Anta de Prado Garrido

A anta de Prado Garrido é un monumento megalítico situado a un quilómetro da capital municipal de Vimianzo.

Arca da Piosa

A Arca da Piosa é un dolmen situado no límite das parroquias de Muíño, no concello de Zas, e Baíñas, no concello de Vimianzo. Foi estudado en 1933 polo arqueólogo alemán Georg Leisner e atópase en bo estado de conservación.

Está situado preto dos dolmens de Pedra Moura de Monte Carneo, Pedra da Lebre e Pedra Cuberta. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 2011.

Casota de Freáns

A Casota de Freáns, tamén coñecida como Casota dos Mouros ou Casota de Berdoias é un dolmen situado na parroquia de Berdoias, concello de Vimianzo, de particulares características dentro do megalitismo galego. Estímase que foi construído entre o 2500 e o 2000 a.C.

É de propiedade pública e está declarada como Ben de Interese Cultural, figurando no Catálogo da Xunta co código GA15092003. Ten camiño de acceso e non está cuberto de maleza nin está afectado por obra algunha. O seu estado de conservación é bo.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Dolmen de Axeitos

O dolmen de Axeitos é un dos monumentos funerarios megalíticos de Galicia máis coñecidos. Sitúase na parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira, preto do contorno das dunas de Corrubedo. Está datado no IV milenio a. C.

Dolmen de Cabaleiros

O dolmen de Cabaleiros, tamén chamado Casa da Moura, Casa dos Mouros ou Couza do Cacheiro, é un monumento megalítico situado na parroquia de Cabaleiros, pertencente ao concello coruñés de Tordoia, comarca de Ordes.

O dolmen é propiedade da Deputación da Coruña e foi declarado en 1975 Monumento Histórico Artístico, considerándose na actualidade como Ben de Interese Cultural

Dolmen de Pedra Cuberta

O dolmen de Pedra Cuberta atópase na parroquia de Treos, no concello de Vimianzo, preto da aldea de Arxomil.

Dolmen de Pedra Moura

O dolmen de Pedra Moura é un monumento megalítico situado na parroquia de Aldemunde (Carballo). Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo

O dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo atópase entre as aldeas de Arxomil e Carnio, na parroquia de Treos, concello de Vimianzo.

Dolmen de Pedra da Lebre

O dolmen de Pedra da Lebre, tamén coñecido como anta de Serramo, atópase na parroquia de Serramo, no concello de Vimianzo.

Fornela dos Mouros

A Fornela dos Mouros ou dolmen de Aprazadoiro é un monumento megalítico situado na parroquia de Nande, no concello de Laxe. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Forno dos Mouros (Toques)

O Forno dos Mouros é un dolmen datado no 3.000 antes da era actual. Está situado no lugar da Muruxosa (Paradela, Toques), na serra do Bocelo, preto do Camiño Real.

Mina da Parxubeira

A Mina da Parxubeira, tamén coñecida como Dolmen de Corveira, é unha anta situada na parroquia de Eirón, en Mazaricos, no lugar coñecido como Estivada Vella e datada entre o IV e III milenios a.C. Intégrase na necrópole de Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro.

O corredor, pequeno, está orientado cara o leste; a cámara é poligonal e falta a lousa que a cobría, así como as chantas do lado sul. En total conserva trece esteos, seis na cámara e sete no corredor. A mámoa tivo un diámetro de entre 19 e 22 m e contaba cunha coiraza de pedras.

No seu interior atopouse un enxoval consistente en láminas de sílex, unha punta de frecha, anacos de cerámica campaniforme , catro estelas antropomórficas de gneis granítico e uns pequenos ídolos de coios, un deles con decoración baseada en incisións, chamados betilos, todo o cal se atopa no Museo Arqueolóxico da Coruña. As estelas e os betilos estaban chantados verticalmente fronte ao corredor de entrada, xusto na periferia, mais non á vista dos vivos. É posíbel que se colocasen para protexer o morto como materialización simbólica da divindade da morte.

Mina de Recesindes

A Mina de Recesindes é parte dunha necrópole máis ampla: un campo de mámoas que se estende entre as parroquias de Carantoña e a de Calo, no concello de Vimianzo e ao sur da Pena Forcada. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Pedra Vixía

A Pedra Vixía é un monumento megalítico situado na parroquia de Lamas, no concello de Zas. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Pedra da Arca (Dumbría)

A Pedra da Arca, tamén coñecido como Casa das Mouras ou Casa dos Mouros, é un monumento megalítico (entre os anos 3.000 e 2.500 a.C.), situado no lugar de Regoelle (Olveira, Dumbría), preto do Castro de Regoelle e no límite co concello de Vimianzo, parroquia de Baíñas.

Pedra da Arca (Malpica de Bergantiños)

A Pedra da Arca, tamén chamado dolmen de Cerqueda, é un monumento megalítico (entre os anos 3.000 e 2.500 a.C.), situado na parroquia de Cerqueda (Malpica de Bergantiños).

Pedrafita do Casal

A Pedrafita do Casal é un gran megálito, construído en gneis ou "ollo de sapo", dunha altura duns 5 m, aínda que á vista só mide 3,5 m. Está situado na aldea do Casal, parroquia de Campos, no concello de Melide.

Foi atopada no 2012 durante a remodelación dun valado. Actualmente está situado na mesma parcela onde foi atopado, a escasos 200 ms do castro de Campos. O acceso é doado, xa que se atopa á beira da estrada. Aínda que nun primeiro momento se dubidou se podería trataría dun esteo dunha anta ou monumento similar, hoxe a idea da súa construción como elemento exento parece a máis probable, sendo un dos exemplares de maior envergadura dos megálitos de Galicia.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.