Lista de anfibios de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética dos anfibios atopados en Galicia (a alfabetización faise polos nomes dos xéneros). Está baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española [1], a información obtida na Lista Vermella da IUCN [2] e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada[3], Pedro Galán e Gustavo Fernández[4].

Esta clase contén arredor de 6.433 especies vivas [5] das cales unhas 17 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.

A taxonomía da fauna herpetolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de anfibios, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Notas

  1. http://www.herpetologica.org/nueva_lista_patron_2010.pdf[Ligazón morta]
  2. http://www.iucnredlist.org/
  3. Javier Andrada Guía de campo de los anfibios y reptiles de la Península Ibérica. Ed.Omega. Barcelona (1985) ISBN 84-282-0589-2
  4. Galan, P e Fernández G. Anfibios e réptiles de Galicia Ed.Xerais (1993) Vigo
  5. http://research.amnh.org/vz/herpetology/amphibia/index.php
  6. Regúlez, O. (1988). Primeras citas de Pelodytes punctatus (Daudin, 1802) y Podarcis muralis (Laurenti, 1768) en Galicia. Rev. Esp. Herpetol., 3(1): 145-148

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Galería de imaxes da fauna de Galicia

Galería de imaxes da fauna de Galicia.

Lista das aves de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa pesenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN. Unha ave pouco común pode ter un status pouco preocupante se as súas poboacións son estables, e mesmo pode estar en expansión. Móstrase unha soa imaxe de cada ave, aínda que en moitas delas o macho e a femia e os inmaturos teñen plumaxes diferentes ou presentan plumaxes de inverno e verán ou de tempada reprodutora.

Lista das aves ibéricas

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas na Península Ibérica. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.

Lista de réptiles de Galicia

A seguinte é unha lista dos réptiles atopados en Galicia. Esta baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española, a información obtida na Lista Vermella da IUCN e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada, Pedro Galán e Gustavo Fernández.

Esta clase contén arredor de 8.300 especies vivas das cales unhas 30 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.

A taxonomía da fauna herpetolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Na lista engádense, cando existen, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de réptiles, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Lista dos mamíferos de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das especies de mamíferos atopados en Galicia ou nas proximidades da súa costa. Está baseada na información recollida dos traballos feitos polos especialistas en mamíferos Xoán Ignacio Díaz da Silva e Yosy Cartelle e os datos obtidos da Lista Vermella da IUCN .

Esta clase contén arredor de 5.487 especies vivas das cales un 25% (1.141) están en perigo de extinción e unhas 100 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio ou nas costas galegas.

A taxonomía da fauna dos mamíferos está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de mamíferos, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Salamandra salamandra gallaica

Salamandra salamandra gallaica é unha subespecie de anfibio caudado pertencente á familia Salamandridae.

A Salamandra salamandra gallaica é unha das subespecies da píntega común que habitan Galiza, o noroeste español e Portugal.

Esta píntega posúe un corpo negro con manchas amarelas en forma de ferradura, anel ou arabesco, no centro das cales por veces aparece unha pinta avermellada.

Sapo corredor

O sapo corredor ou sapo corriqueiro (Epidalea calamita) é unha especie monotípica do xénero Epidalea. É un anfibio anuro da familia Bufonidae, nativa de áreas areentas de Europa central e occidental. Atópase nunha ampla variedade de hábitats, sendo capaz de sobrevivir en zonas bastante secas sempre que dispoña polo menos dalgunha charca para reproducirse. De feito, é un dos anfibios máis comúns en gran parte da súa área de distribución. Os adultos miden uns 6 cm de longura. Distínguese do sapo común por unha liña amarela ou verde claro lonxitudinal na metade das costas. Corpo repoludo e moi verrugoso; glándulas parotídeas paralelas. Ten patas relativamente longas que lle dan o seu distintivo andar en contraste cos movementos de salto de moitas outras especies de sapos.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.