Lista Vermella da IUCN

A Lista Vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) é unha lista de especies, subespecies, variedades ou mesmo poboacións de seres vivos ameazados de extinción, en graos variados, organizada hai corenta anos. É o inventario máis completo das especies animais e vexetais a nivel mundial.

Pola súa solidez científica, a Lista Vermella da UICN está considerada como a relación de maior autoridade sobre o estado da diversidade biolóxica.

O obxectivo da Lista Vermella é transmitir a urxencia e magnitude dos problemas de conservación a toda a sociedade e ás autoridades, motivando así á comunidade mundial para tratar de reducir a extinción das especies animais e vexetais. A Lista Vermella actualízase cada 4 ou 5 anos e está dispoñíbel en internet.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
BirdLife International

BirdLife International é unha organización internacional dedicada á protección das aves e os seus hábitats. Trátase dunha federación de asociacións democráticas e independentes que teñen como obxectivo a conservación e o estudo das aves. Actualmente a rede mundial de BirdLife International conta con representantes en máis de 100 países.BirdLife International fundárona en 1922 os ornitólogos norteamericanos Gilbert Pearson e Jean Théodore Delacour co nome International Council for Bird Preservation (ICBP). Tratábase dun grupo de presión que deixou de actuar despois da Segunda Guerra Mundial. Volveu á actividade en 1983 co nomeamento dun director profesional e cambiou o seu nome en 1993 polo actual de BirdLife International.

Entre os seus Presidentes de Honor están a princesa Takamado do Xapón e a raíña Noor de Xordania.Os obxectivos de BirdLife International son:

Previr a extinción de todas as especies de aves

Mellorar o estado de conservación das aves

Conservar e mellorar os hábitats das aves do mundo

Conservar a través das aves a biodiversidade do planeta e a calidade de vida das persoas.BirdLife International é membro da Lista Vermella da IUCN e a súa autoridade oficial en materia de aves.BirdLife realiza cooperacións con máis de catro mil traballadores, dous millóns e medio de socios, dez millóns de seguidores e xestiona máis de 1 millón de hectáreas.BirdLife International ten programas de traballo conservacionistas nas seguintes partes do mundo, que son descritas como "rexións": África, as dúas Américas, Asia, Europa e Asia central, o Oriente Próximo e o Pacífico.En cada unha das rexións, BirdLife ten nove programas, algúns dos cales xa están ben establecidos e outros son de implantación máis recente e responden a asuntos específicos sobre a conservación. Ademais dos programas rexionais, hai programas "globais", que non son específicos dunha rexión, os cales axudan ás organizacións membros a traballar en prioridades comúns, proporcionan un marco de planeamento, aplicación e monitorización e avalían o traballo de conservación realizado. Os progamas de BirdLife son: o Programa Mariño e de Aves Mariñas, o Programa de Prevención das Extincións de Birdlife, o Programa de Aves e Rutas Migratorias, o Programa de Cambio Climático, o Programa de Bosques da Esperanza, o Programa de Apoderamento Local, o Programa de Especies Alleas Invasivas e o Programa de Áreas Importantes para a Biodiversidade e as Aves.BirdLife International publica unha revista chamada World Birdwatch, que contén novas recentes e artigos acreditados sobre aves, os seus hábitats, e a súa conservación arredor do mundo.

Chimpancé común

O chimpancé común (Pan troglodytes) é unha das dúas especies do xénero Pan. Habita os bosques tropicais e as sabanas da África central e occidental. Os adultos, no seu estado natural, teñen un peso medio de 43 kg para os machos e 33 kg para as femias. a súa altura media é respectivamente de 160 cm e 130 cm. Corren perigo de extinción pola degradación e destrución do seu hábitat natural. Estimábase no ano 2003 que o seu número oscilaba entre os 170.000 e os 300.000 individuos.

En perigo crítico

A denominación "en perigo crítico" (abreviada CR, do inglés critically endangered) é a utilizada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) para un dos status de conservación dunha especie cando se considera que esta está enfrontándose a un grave risco de extinción na natureza. É a categoría de maior risco asignada pola IUCN na súa Lista vermella para unha especie en estado silvestre. No sistema de categorías da UICN é o nivel de risco inmediatamente superior a "en perigo" (EN) e anterior a "extinta en estado silvestre" (EW).

En 2014, había 2 464 especies animais e 2 104 de plantas con esta valoración, o que supón un aumento con respecto ao ano 1998, cando había 854 e 909, respectivamente.Como na Lista vermella da IUCN non se considera extinta unha especie ata que se fan exames específicos e extensos sobre a súa situación na natureza, as especies que posiblemente están xa extintas pero para as que non se realizaron estes estudos son colocadas polo momento como en perigo crítico. A IUCN ten unha lista de especies "posiblemente extintas" CR(PE) e "posiblemente extintas na natureza" CR(PEW), modeladas nas categorías usadas pola BirdLife International par categorizar estes taxons.

Equidna de fociño longo

O Equidna de fociño longo é un dos dous xéneros (xénero Zaglossus) de equidnas, monotremas espiñosos que viven en Nova Guinea. O equidna de fociño longo tamén habita en Australia. Hai tres especie existentes e dúas extintas neste xénero. O equidna é un dos dous tipos de mamíferos que poñen ovos, sendo o outro o ornitorrinco. Os equidnas son os sobreviventes dos mamíferos máis antigos e foron uns dos primeiros en amosar sinais de evolución.

O equidna de fociño longo aparece na lista de especies ameazadas pola World Conservation Union.

Especie pouco preocupante

Unha especie considérase baixo preocupación menor (abreviado oficialmente como LC dende o nome orixinal en inglés Least Concern) cando, tras ser avaliada pola UICN, non cumpre ningún dos criterios das categorías en perigo, en perigo crítico, vulnerable ou case ameazado da Lista Vermella elaborada pola organización. En consecuencia, a categoría preocupación menor da lista inclúe a todos os taxóns abundantes e de ampla distribución, que non se atopan baixo ameaza de desaparecer nun futuro próximo, sendo por tanto o de menor risco na lista.

Na versión 2.3 da Lista Vermella, de 1994 e vixente até 2001, preocupación menor era unha subcategoría de «baixo risco» (LR), sendo a súa abreviación oficial LR/lc ou (lc).A categorización en preocupación menor depende en gran medida da avaliación que se realizou da poboación da especie e a súa distribución, sendo este un dos indicadores máis importantes para realizar unha relación directa ou indirecta co risco de extinción que podería correr esa especie. Na versión 2008 da Lista Vermella, inclúense 16.226 taxóns de animais e 1.449 de plantas na categoría de Preocupación Menor, incluíndo ó propio Homo sapiens.

Gambusia

Gambusia é un amplo xénero de peixes da familia Poeciliidae (orde Cyprinodontiformes). Gambusia contén algo máis de 40 especies, a maioría das cales se encontran principalmente en hábitats de auga doce, aínda que algunhas especies poden encontrarse tamén en hábitats de augas salobres ou salgadas. A especie tipo é G. punctata, de Cuba. A maior riqueza de especies atópase en México, Texas e as Grandes Antillas, pero hai especies en multitude de sitios de América, como o leste e sur de Estados Unidos, Bahamas, Centroamérica e Colombia. En moitos países denomínanse de forma xeral peixes mosquito, aínda que máis especificamente este nome se refire a dúas especies: G. affinis e G. holbrooki, que poden ser introducidas en lagoas para comer as larvas de mosquito. De feito, foron amplamente introducidos fóra da súa área nativa, e ás veces convertéronse en especies invasoras, que ameazan as especies locais. Son moi importantes no comercio de acuarios, valorados polo seu pequeno tamaño, facilidade para reproducirse e o graciosos que son. Son vivíparos.

Incluíronse nove especies deste xénero na lista de especies vulnerables da Lista Vermella da IUCN; unha, G. eurystoma, está en perigo crítico e dúas, G. amistadensis e G. georgei, xa están extintas.

Gato ferruxento

O gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) é un dos membros máis pequenos da familia dos gatos, que habita na India e Sri Lanka. En 2012, tamén foi rexistrado no oeste de Terai, no Nepal. Dende 2016, a súa poboación en estado salvaxe está categorizada como case ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN, xa que está fragmentada e vese afectada pola perda e destrución do seu hábitat, a fraga caducifolia.

Leopardo das neves

O leopardo das neves (Panthera uncia), tamén coñecido como onza, é un gran félido nativo das áreas montañosas de Asia Central e Meridional. Está considerada unha especie ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN xa que, no ano 2003, o tamaño da súa poboación en liberdade estimouse entre 4 080 e 6 590 adultos. Menos de 2 500 individuos reprodutores poderían estar en liberdade.

No 2016, estimouse que a súa poboación podería roldar entre os 4 080 e os 8 700 individuos.Os leopardos das neves habitan nas zonas alpinas e subalpinas entre os 3 000 e os 4 500m. Nos países máis setentrionais nos que habita, tamén está presente a menores alturasTaxonomicamente, o leopardo das neves foi clasificado como Uncia uncia dende comezos da década de 1930. Baseado en estudos xenéticas, a especie está considerado como membro do xénero Panthera dende o 2008. Existen dúas subespecies, pero as diferenzas xenéticas aínda non foron estabelecidas.

Lista de anfibios de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética dos anfibios atopados en Galicia (a alfabetización faise polos nomes dos xéneros). Está baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española , a información obtida na Lista Vermella da IUCN e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada, Pedro Galán e Gustavo Fernández.

Esta clase contén arredor de 6.433 especies vivas das cales unhas 17 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.

A taxonomía da fauna herpetolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de anfibios, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Lista de réptiles de Galicia

A seguinte é unha lista dos réptiles atopados en Galicia. Esta baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española, a información obtida na Lista Vermella da IUCN e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada, Pedro Galán e Gustavo Fernández.

Esta clase contén arredor de 8.300 especies vivas das cales unhas 30 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.

A taxonomía da fauna herpetolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Na lista engádense, cando existen, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de réptiles, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Lista dos mamíferos de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das especies de mamíferos atopados en Galicia ou nas proximidades da súa costa. Está baseada na información recollida dos traballos feitos polos especialistas en mamíferos Xoán Ignacio Díaz da Silva e Yosy Cartelle e os datos obtidos da Lista Vermella da IUCN .

Esta clase contén arredor de 5.487 especies vivas das cales un 25% (1.141) están en perigo de extinción e unhas 100 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio ou nas costas galegas.

A taxonomía da fauna dos mamíferos está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de mamíferos, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Neofelis nebulosa

O Neofelis nebulosa é un félido salvaxe que está presente dende o Himalaia até o sueste asiático e a China. Dende 2008, está clasificada como unha especie vulnerable segundo a Lista Vermella da IUCN. A súa poboación rolda algo menos dos 10 000 exemplares adultos, cunha tendencia á baixa, e ningunha das poboacións locais supera os 1 000 adultos. É o animal estatal do estado indio de Meghalaya.

Neofelis nebulosa brachyura

O Neofelis nebulosa brachyura era unha subespecie de Neofelis nebulosa endémica da illa de Taiwán. Un estudo con cámaras trampa levado a cabo no meirande bosque primario do sur de Taiwán dende 2000 até 2004 non revelou a presenza de ningún exemplar. A poboación é considerada extinta pola Lista Vermella da IUCN.

Orangután de Sumatra

O orangután de Sumatra (Pongo abelii) é unha especie de orangután que xunto co orangután de Borneo e o orangután de Tapanuli conforma o único xénero de grandes simios de Asia.

Puma

O puma, Puma concolor, é un mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, orixinario de América.

Rata de auga común

A rata de auga común (Arvicola sapidus) é unha especie de roedor da familia Cricetidae. É un gran cricétido anfibio de gran parte de Francia, España e Portugal, incluíndo Galicia. Aínda que historicamente era considerado un membro da mesma especie que Arvicola amphibius, Musser e Carleton (2005) consideran que son distintos. Está listado na Lista Vermella da IUCN como vulnerable debido a moitas das mesmas razóns que para a rata de auga setentrional.

Tigre de Bengala

O tigre de Bengala (Panthera tigris tigris) é a subespecie de tigre máis numerosa de Asia. A súa poboación estimouse en menos de 2 500 exemplares no ano 2011. Dende 2008, está clasificado como "en perigo" segundo a Lista Vermella da IUCN e está ameazado pola caza furtiva, destrución e fragmentación do seu hábitat. Ningunha das Zonas de Conservación do Tigre está considerada grande de abondo para manter unha poboación efectiva de máis de 250 exemplares adultos.O tigre chegou ó subcontinente indio hai uns 12 000 anos. A poboación de tigre na India estimouse en 1 706–1 909 exemplares en 2010. En 2014, a poboación recuperouse levemente chegando a 2 226 exemplare. Estímase que hai uns 440 tigres en Bangladesh, 163–253 no Nepal e 103 en Bután.O tigre de Bengala está entre os meirandes félidos vivos. Por iso está considerado como parte da megafauna carismática do mundo.

É o animal nacional da India e de Bangladesh.

Tomistoma schlegelii

Tomistoma schlegelii, xeralmente coñecido internacionalmente como gavial malaio ou falso gavial, é unha especie de crocodiliano de auga doce nativa da Península de Malaca, Borneo, Sumatra e Xava. Está incluída como especie vulnerable na lista vermella da IUCN, xa que a súa poboación global se estima en só 2 500 individuos maduros.O nome específico schlegelii déuselle en honor ao herpetólogo alemán Hermann Schlegel.

Unión Internacional para a Conservación da Natureza

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), (en inglés: International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.

Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.

A misión da IUCN é influenciar, estimular e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que calquera uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.

As Categorías de Áreas de Manexo Protexido que existen son as seguintes:

Ia - Reserva Estrita da NaturezaÁrea de terra e/ou mar que posúe algún ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, dispoñíbel primariamente para investigación científica e/ou monitoramento ambiental.Ib - Área SalvaxeGrande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, que é protexida e manexada de modo a preservar a súa condición natural.II - Parque NacionalÁrea natural de terra e/ou mar, destinada a:

protexer a integridade ecolóxica dun ou máis ecosistemas para a xeración actual e as futuras;

excluír a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;

fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educativas, recreativas e de visita, que deben ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.III - Monumento NaturalÁrea contendo unha, ou máis, características naturais ou culturais que son de valor significativo ou único debido á súa rareza, calidades representativas ou estéticas, ou significado cultural inherente.IV - Área de Manexo de Hábitat/EspecieÁrea de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.V - Paisaxe/Costa ProtexidaÁrea de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.VI - Área Protexida de Manexo de RecursosÁrea que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, aínda que suplindo ao mesmo tempo un fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.