Lino Rodríguez Ónega

Lino Rodríguez Ónega, nado en San Martiño de Ferreiros (Pol) en 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Lino Rodríguez Ónega
2014-03-11 Protesta Santiago 3 (cropped)
Nacemento1952
 Pol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
2014-03-11 Protesta Santiago 3
Manifestación en Santiago de Compostela na que axentes empurran a Lino Rodríguez, alcalde de Pol, na protesta polo canon de Sogama.

Traxectoria

Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Pol e foi elixido alcalde co apoio do BNG. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde agora con maioría absoluta.

Predecesor:
José Luis Fugarolas Villamarín
 Escudo de Pol.svg
Alcalde de Pol
 
2007 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Pol

Corporacións democráticas en Pol desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Cedrón López — UCD

1983 Alcalde: José Cedrón López — CG

1987 Alcalde: Antonio Crecente — AP

1991 Alcalde: Antonio Crecente — PPdeG

1995 Alcalde: José Luis Fugarolas Villamarín — PPdeG

1999 Alcalde: José Luis Fugarolas Villamarín — PPdeG

2003 Alcalde: José Luis Fugarolas Villamarín — PPdeGModelo:Pol 2003

2007 Alcalde: Lino Rodríguez Ónega — PSdeG-PSOEModelo:Pol 2007

2011 Alcalde: Lino Rodríguez Ónega — PSdeG-PSOE

2015 Alcalde: Lino Rodríguez Ónega — PSdeG-PSOECandidatos: Lino Rodríguez Ónega (PSdeG-PSOE) e María Ángeles Lenza López (PP).

Pol

Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.738 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.