Linguas románicas

As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas procedentes do latín. O seu nome tamén é neolatinas ou romances e esta denominación procede de que eran as linguas nas que se escribían os textos literarios medievais ou romances (novelas, “romans” como aínda se di en francés) en contraposición cos textos relixiosos (daquela con maior consideración).

Todas as linguas romances descenden do latín vulgar, a lingua dos soldados, colonos e mercadores do Imperio, o cal difería significativamente do latín clásico dos literatos romanos. Entre o -200 e o 150, a expansión do Imperio xunto coas súas políticas administrativas e educativas, fixeron do latín a lingua dominante na área que se estendía entre a Península Ibérica á costa do Mar Negro, e do Magreb ata a Britannia. No declive do Imperio e despois da súa fragmentación e colapso no século V, acelérase a evolución do latín dentro de cada área; finalmente os dialectos diverxen en miríadas de variantes distintas, algunhas delas sobrevivindo ata hoxe en día. [1] Os imperios de ultramar establecidos por España, Portugal e Francia fan que na actualidade o 70% de todos os falantes de linguas de orixe latina fálano fóra de Europa.

Romance languages
As linguas románicas de Europa.
Map-Romance Language World
As linguas románicas no mundo.

O termo

Roman Empire
Mapa do Imperio romano nos anos
-133 (vermello),
-44 (laranxa),
14 (amarelo), e
117 (verde).

Estas linguas falábanse ou continúanse falando nun territorio que cobre maioritariamente o sur europeo do antigo imperio romano. O primeiro escrito en que se atopa o termo romance, dunha forma ou outra, remóntase ao sínodo de Tours, no ano 813. A partir dese sínodo é cando se considera que a primeira lingua vulgar está separada do latín, e se designa en efecto como unha lingua á parte. Trátase dunha forma de proto-francés, que recibe o nome de romana lingua ou roman. Con todo, nos Cartularis de Valpuesta, hai un texto anterior que data do ano 804, e está escrito en castelán moi antigo.

A evolución do latín vulgar cara ás linguas románicas dátase grosso modo do xeito seguinte:

  1. entre -200 adC e 400 aproximadamente: diferentes formas de latín vulgar.
  2. entre 500 e 600: estas formas empezan a distinguirse entre si.
  3. a partir de 800: recoñécese a existencia das linguas románicas.

Clasificación

Western and Eastern Romania
División das linguas románicas occidentais e orientais.

As linguas románicas divídense fundamentalmente en dúas ramas e oito grupos segundo unha tipoloxía lingüística areal:

Grosso modo e conxuntamente con outros trazos lingüísticos, os grupos 1 e 2 son as dúas primeiras estruturalmente mentres que o segundo grupo estrutural comprende ás do grupo 4. No caso das italorromances, aparece unha división en dúas: as meridionais son de plural sibilante e setentrionalmente son de plural vocálico. A isoglosa é coñecida en dialectoloxía como a liña La Spezia - Rimini, por ser as dúas localidades polas que pasa ó chegar ás costas do Adriático e do Mediterráneo.

Linguas románicas occidentais

Sonorizan ou perden as oclusivas xordas intervocálicas (formica >> formiga, vita >> vida, sapere >> saber); [2]

Iberorromance occidental
Linguas ibero-románicas.
Ibero orientales
Linguas occitano-románicas.
Lenguas galorromance
Linguas galorrománicas.
Galloitalic
Linguas galo-itálicas.
Rhaeto-Romance languages
Linguas reto-románicas.
Idioma sardo
Lingua sarda.

Linguas románicas orientais

Conservan as oclusivas xordas intervocálicas (formica >> formica, vita >> vita, sapere >> sapere); [3]

Lenguas centromeridionales
Linguas italorrománicas.
Lenguas balcorromances
Linguas balcorrománicas.

Do latín clásico ao latín vulgar

Algúns tipos de modificacións fonéticas propias do latín vulgar

Os romanos vivían en situación de diglosia: a lingua de cada día non era o latín clásico, o latín dos textos literarios ou sermo urbanus (o 'discurso urbano', é dicir, refinado), que se atopaba estancado pola gramática (como xa o estaba o sánscrito na mesma época na India), senón unha forma distinta aínda que próxima, nun proceso de desenvolvemento máis libre, o sermo plebeius ('discurso plebeo'). Parece que o latín clásico era falado polas clases sociais elevadas, mentres que o sermo plebeius era a lingua do pobo, os comerciantes e os soldados. Sen posibilidade de acceder ao status de lingua literaria, o latín vulgar é por nós coñecido sobre todo grazas ós estudos de fonética histórica, ás citas e críticas pronunciadas polos falantes dun latín literario, así como por mor das numerosas inscricións, rexistros, contas e outros textos correntes. Doutra banda, o Satiricón de Petronio, unha especie de «novela» escrita probablemente no primeiro século da nosa era, é unha testemuña importante desta diglosia: segundo a súa categoría social, os personaxes exprésanse nunha lingua máis ou menos próxima ao arquetipo clásico.

Entre os textos que censuraron as formas xulgadas decadentes e erróneas, é salientable o Appendix Probi, unha especie de compilación de «erros» frecuentes recompilados por un certo Probus que data do século III da nosa era.

Transformacións en profundidade do sistema morfosintáctico

Sistema nominal

A caída do /m/ final, consoante que se atopa a miúdo na flexión, crea unha ambigüidade: Romam pronúnciase como Roma, non se pode saber se o vocábulo está en nominativo , en acusativo ou en ablativo. Así, as linguas románicas teñen que utilizar preposicións para evitar tal ambigüidade. Convén lembrar que se xa, en latín clásico, desde a época imperial, o /m/ ao final de palabra se omitía, Roma sum e Roma(m) eo non podían ser confundidas: no ablativo (Roma sum), o /a/ final é longo e é breve en acusativo. Porén, o latín vulgar non deixa de empregar o sistema vocálico baseado na cantidade polo que ámbalas formas pasan a ser confundidas.

Do mesmo xeito, os adverbios e as preposicións simples son ás veces reforzadas: diante de, «antes», xa non basta; fai falta poñer ab ante de en vulgar para explicar o francés avant, o catalán abans e o occitano avans, ou ben in ante de para o romanés înainte etc.; igualmente avec provén de apud hoc, dans de de intus etc. O caso límite parece o francés aujourd'hui, noción que se dicía simplemente hodie en latín clásico. O composto aglutinado resultante é redundante, posto que significa «no día de hoxe». Certas linguas conservadoras, mentres tanto, mantiveron adverbios e preposicións simples: o galego con e o romanés cu veñen de cum, igualmente ca en ou în (romanés) son herdados de in. Vese tamén este fenómeno cos termos simples herdados de hodie

Pasou dunha lingua flexional de sintaxe áxil (a orde dos termos non conta moito para o sentido senón principalmente para o estilo e a énfase) a un latín vulgar que empregaba moitas preposicións, nas cales a orde dos termos é fixa: se é posible dicir en latín Petrus Paulum amat ou amat Petrus Paulum ou Paulum Petrus amat ou aínda amat Paulum Petrus para querer dicir que 'Pedro ama a Paulo', isto non é posible nas linguas románicas, que abandonaron máis ou menos rapidamente as declinacións; así, en galego 'Pedro ama a Paula' e 'Paula ama a Pedro' teñen un sentido oposto, só a orde dos vocábulos indica quen é suxeito e quen é obxecto.

latín clásico francés antigo francés
singular plural singular plural singular plural
nominativo murus muri caso suxeito murs mur ? ?
acusativo murum muros caso obxecto mur murs mur murs

O romanés, no entanto, conserva un sistema flexional que exerce con tres casos sincréticos: caso directo (nominativo-acusativo), caso oblicuo (xenitivo-dativo) e vocativo. Estes casos distínguense principalmente cando o nome está marcado polo artigo definido. En caso contrario, teñen tendencia a ser confundidos.

Cómpre salientar que, excluíndo o romanés, os tres xéneros, masculino, feminino e neutro, fican reducidos a dous pola eliminación do neutro; así, o vocábulo latín folia, nominativo e acusativo neutro plural de folium, «folla», é reinterpretado como un feminino: en francés, baixo a forma feuille, en castelán hoja, en italiano foglia, romanche föglia, valón fouye, portugués folha, occitano fuèlha etc., todos femininos. Ademais, as linguas románicas desenvolveron un sistema de artigos determinados, descoñecidos en latín clásico. Así, en galego, o e a proveñen respectivamente dos pronomes e adxectivos demostrativos ille e illa; igualmente en italiano para il e a (así como o < illum), en francés para lle e a dos demostrativos illum e illa respectivamente etc. O romanés distínguese por ser a única lingua románica na cal o artigo vai tras do nome: om, «home», omul, «o home». Os artigos indeterminados, pola súa banda, proveñen simplemente do numeral unus, una (e unum no neutro), que, en latín, poderían servir con este uso.

Finalmente, o sistema do adxectivo é revisado: mentres que os graos de intensidade eran marcados por sufixos, as linguas románicas non se servían máis que dun adverbio diante do adxectivo simple, xa sexa magis (que deu "máis" en galego, mais en portugués més en catalán, mai en occitano e en romanés, más en castelán etc.) xa sexa plus (più en italiano, plus en francés e en occitano, pus en valón, plu en romanche, chus no galaico-portugués medieval etc.): Así, para dicir máis grande (comparativo de superioridade) en latín clásico era suficiente grandior; en catalán fai falta més gran, en italiano più grande etc. Igualmente, o superlativo absoluto o máis grande dicíase grandissimus en latín clásico, pero o mais grande en portugués e il più grande en italiano.

Sistema verbal

As conxugacións latinas modificáronse profundamente, principalmente pola creación de tempos compostos: así o francés j'ai chanté ou castelán he cantado veñen dun habeo cantatu(m) vulgar, que non existe en latín clásico. O uso de verbos auxiliares ser e haber, é notable: o latín xa usaba ser na súa conxugación, pero non de forma tan sistemática como nas linguas románicas que xeneralizaron o seu uso para crear un xogo completo de formas compostas respondendo ás formas simples. Xeralmente as formas compostas marcan o aspecto finalizado da acción.

Aparece un novo modo, o condicional (testemuñado por primeira vez nunha lingua romance na Secuencia de santa Eulalia / Séquence de sainte Eulalie), construído a partir do infinitivo (ás veces modificado) seguido das desinencias de imperfecto: vivir -iaviviría en galego, así vivrais en francés, viuriá en occitano etc. Do mesmo xeito, o futuro clásico é abandonado por unha formación comparable á do condicional, é dicir, o infinitivo seguido do verbo haber (ou precedido, como no caso sardo): así cantar habeo ("eu teño que cantar") dá cantarei en galego, cantarai en occitano, je chanterai en francés etc.

A forma pasiva elimínase a favor dun sistema composto que xa existía en latín (cantatur, "é cantado", en latín clásico convértese en este cantatus, que en latín clásico significa "foi cantado"). Finalmente, algunhas conxugacións irregulares (como a volle en francés "vouloir") son rectificadas, aínda que moitas manteñen o seu carácter irregular nas linguas románicas, e os verbos depoñentes deixan de ser utilizados.

O léxico do latín vulgar

O latín vulgar e o latín clásico non difiren só en aspectos fonolóxicos e fonéticos, senón que tamén polo léxico; as linguas románicas, de feito, non usan máis que en proporción variable o vocabulario clásico. A miúdo retéñense termos populares, eliminando os propios da lingua máis culta.

Algunhas palabras latinas desapareceron completamente e foron substituídas polo seu equivalente popular: cabalo, equus en latín clásico, pero caballus (talvez de orixe celta) en latín vulgar. A palabra atópase en todas as linguas románicas: cheval en francés, caval en occitano, cavall en catalán, cavallo en italiano, tchvå en való, chavagl en romanche etc.

Doutra banda, se certos termos clásicos desapareceron, non sempre foron substituídos necesariamente pola mesma palabra en latín vulgar. O termo culto para "falar" é loqui en latín clásico, substituído por:

  • parabolare (palabra presa da liturxia cristiá e de orixe grega; literalmente "falar con parábolas"): francés parler, italiano parlare, catalán e occitano parlar, galego parolar etc. ;
  • fabulare (literalmente: "fabular") : galego e portugués falar, castelán hablar, sardo faedhàre etc.

Finalmente, algunhas linguas románicas continuaron usando as formas clásicas, mentres outras denominadas menos "conservadoras", servíronse das formas vulgares. O exemplo empregado tradicionalmente é o do verbo "comer":

  • latín clásico edere: atópase en forma composta e polo tanto menos "nobre" en castelán e portugués comer (de comedere);
  • latín vulgar manducare (literalmente "mastigar"): en francés manger, occitano comer, italiano mangiare, catalán menjar, ou en romanés a mânca, por exemplo.

As razóns da diversidade das linguas románicas

Idiomas y dialectos romances

A evolución fonética natural das linguas, á cal o latín naturalmente non escapou, explica en gran parte as importantes diferenzas entre algunhas linguas románicas. A este proceso tamén se xunta a diversidade léxica do que se denomina latín vulgar: o tamaño do Imperio Romano e a ausencia dunha norma literaria e gramatical resultaron nunha lingua vernácula non fixada.

De forma que cada zona do Imperio utilizou un xeito particular do latín vulgar (deberíase de dicir mesmo "dos latíns vulgares"), como se viu máis arriba, preferindo unha lingua un termo para dicir "casa" (latín casa en galego, castelán, catalán, italiano, portugués, romanés) e outra lingua preferindo un termo diferente (mansio para o mesmo sentido en francés maison), por exemplo.

A estas dúas razóns xúntase a presenza de substratos: linguas faladas inicialmente nunha zona e recubertas doutra, non deixando máis que trazos dispersos, tanto no vocabulario como na gramática ou na pronunciación na lingua de chegada. Así, o substrato galo en francés deixa unhas 180 palabras como braies, char ou pico e estaría na orixe do paso do son /u/ (do latín luna) a /y/ (de lune).

Naturalmente, a influencia do galo non se limitou só a Francia: o portugués ou os dialectos da Italia do norte, por exemplo, tomaron algúns termos. Igualmente algúns estudosos consideran que un idioma que serviu de substrato para as linguas iberorrománicas foi o vasco, que posiblemente proporcionou o cambio /f/ ao /h/ ao comezo das palabras en castelán e gascón (o latín farina converteuse en "harina" en castelán e "haria" en gascón), e palabras como "esquerda" en galego ou "esquerra" en catalán (vasco ezker).

Ou mesmo o etrusco para o dialecto italiano da Toscana, que lle debería a súa gorgia toscana, é dicir, a pronunciación dos sons /k/ como /h/ (inglés home).

Para recoller os trazos comúns e distintivos ás distintas linguas románicas europeas creouse o Atlas Lingüístico Románico (ALiR), que reúne os datos lingüísticos recollidos nos mapas dos diferentes dominios da Romania.

Graos de intelixibilidade mutua entre as linguas románicas

A seguinte táboa ten como obxectivo mostrar as medidas de intelixiblidade mutua entre as linguas románicas actuais. A décimo quinta edición de Ethnologue (2005) o punto de referencia o define nun 85% os valores superiores a este porcentaxe desde o punto de vista da intelixibilidade mutua, podemos falar de variedades lingüísticas ou dialectos, en función das linguas comparadas, mentres que os valores inferiores a este porcentaxe poden causar dificultades na compresión dunha lingua con respecto ao falante doutra estreitamente emparentada.[4]

% Catalán Castelán Italiano Galego Francés Romanche Romanés Portugués Occitano Sardo
Catalán 85 87 85 85 75 73 85 95 76
Castelán 85 82 91 75 74 72 89 83 76
Italiano 87 82 80 89 82 78 80 87 86
Galego 85 91 80 75 74 71 96 82 76
Francés 85 75 89 75 78 75 75 87 80
Romanche 75 74 82 74 78 73 74 76 75
Romanés 73 72 78 71 75 73 71 73 75
Portugués 85 89 80 96 75 74 71 82 76
Occitano 95 83 87 82 87 76 73 82 78
Sardo 76 76 86 76 80 75 75 76 78

Notas

  1. Metzeltin, Michael: Las lenguas románicas estándar. Historia de su formación y de su uso. Academia de la Llingua Asturiana, Uviéu 2004.
  2. Libros. Harris, Martin; Vincent, Nigel, ed. (1997). The Romance Languages. Taylor & Francis Routledge. ISBN 9780415164177.
  3. Fradejas Rueda, José Manuel (2010). Las lenguas románicas. Madrid: Arco-Libros.
  4. Ethnologue, Languages of the World, 15.ª edición, SIL International, 2005.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Clasificación das linguas romances

Linguas indoeuropeas

Linguas itálicas

Linguas románicas

Linguas románicas occidentais

Linguas iberorrománicas

Asturleonés:

Asturiano

Leonés

Mirandés

Falas de transición entre o castelán e o asturleonés:

Estremeño ou eltoeetremeño

Cántabro ou Montañés

Galaico-portugués

Galego

Fala

Portugués

Castelán

Castelán estándar

Xudeocastelá

Aragonés

Mozárabe (†)

Linguas occitano-románicas

Occitano

Catalán

Linguas galorrománicas

Francoprovenzal

Lingua de oïl

Galó

Valón

Francés estándar

Normando

Picardo

Lorenés

Champañés

Poitevin-Santongés

Borgoñés

Berrichón

Franco-Comtés

Angevin-Mayenés

Entre mais variedades

Linguas reto-románicas

Friulano

Romanche

Ladino

Linguas cisalpinas

Linguas galo-itálicas

Lígur

Piemontés

Lombardo

Emiliano-Romañol

Véneto

Istrioto

Linguas insulares

Sardo

Linguas románicas orientais

Linguas italorrománicas

Napolitano

Siciliano

Romanesco e variedades centrais.

Toscano

Italiano estándar

Corso

Sassarés

Gallurés

Dálmata (†)

Linguas balcorrománicas

Romanés

Istrorromanés

Arromanés

Meglenorromanés

Lingua anglonormanda

A lingua anglonormanda é unha variedade da lingua normanda que foi empregada no Reino de Inglaterra e, en menor grao, nas Illas Británicas durante o período anglonormando.

Cando Guillerme o Conquistador liderou a conquista normanda de Inglaterra en 1066, el, os seus nobres, e moitos dos seus seguidores de Normandía, falaban unha variedade de linguas d'oïl (variedades setentrionais do galo-románico). Unha delas era o normando antigo, e outros seguidores falaban variedades da lingua picarda do oeste francés. Esta amálgama converteuse nun único dialecto insular coñecido como anglonormando, que era de uso común na literatura e na administración entre os séculos XII e XV. É difícil saber con exactitude a extensión da lingua na poboación xa que o que se sabe dela restrínxese ós rexistros escritos, pero si se sabe que o anglonormando era en gran medida a lingua falada polas clases altas da Inglaterra medieval.

Lingua corsa

O corso (corsu) é unha lingua románica, falada polo pobo corso que habita na illa de Córsega. Tamén é falado en Gallura, Sardeña (Italia). Posúe fortes similitudes co italiano e en particular con dialectos da Toscana. Constitúe unha lingua polinómica, conformada por dúas grandes variedades, a cismontana que se fala na zona nororiental de Córsega e que sufriu un forte proceso de toscanización e a ultramontana, que conserva características arcaizantes.

Segundo a clasificación da UNESCO, a lingua corsa encóntrase en perigo de extinción.

Lingua emiliano-romañola

O emiliano-romañolo (en emiliano-romañolo: Emiliàn e rumagnòl) ou sanmarinés é unha lingua románica do grupo Galo-Italiano. A pesar que ás veces é referido como un dialecto do italiano, non provén deste e as variedades da lingua posúen a súa propia morfoloxía, sintaxe e léxico.

É falado na Italia noroccidental, Piacenza, Rávena, na Emilia-Romaña, Padana, sur de Lombardía (Mantua e Pavia), norte de Toscana (Lunigiana) e provincia de Pésaro, ademais de no Estado de San Marino, onde en 1993 era falado polo 83% da súa poboación (20.100 habitantés). Con todo, o número de falantes na Emilia-Romaña estímase en 3 500 000 aprox. (dato de 1987).

Lingua francoprovenzal

A lingua francoprovenzal ou arpitano (arpitan ou patouès) é unha lingua románica que se fala nalgunhas partes de Francia, Italia e Suíza. A súa zona de distribución autóctona é coñecida como Arpitania.

Ethnologue estima que o seu número de falantes rolda os 77.000. Non ten status oficial en ningún país, máis é lingua protexida en Italia, especialmente no Val de Aosta. A Unesco declarouno lingua en perigo.

Lingua galó

A lingua galó é unha lingua romance (por tanto, derivada do latín) pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl. Algúns lingüistas tamén a denominan britorromance. Xunto co bretón, da familia das linguas celtas, o galó é unha das dúas linguas propias de Bretaña.

O galó fálase tradicionalmente na parte oriental de Bretaña (nos seus límites históricos), así como en boa parte do departamento de Mayenne e no noroeste do de Maine-et-Loire (Alto Anjou).

Dentro do dominio de oïl, o galó encádrase tipolóxica e xeograficamente na súa área occidental e, por tanto, comparte numerosas características co normando e o pictevino-santonxés.

Lingua istriota

O istriota é unha lingua románica falada por unhas 400 persoas na parte suroeste da penínsulta de Istria, en Croacia, particularmente en Rovinj e Vodnjan. Non debe ser confundido co dialecto istrio da lingua véneta.

Lingua lorenesa

A lingua lorenesa ou lorenés (lorrain ) é unha lingua románica pertencente ao grupo das linguas de oïl falada maioritariamente na rexión da Lorena (Francia). O estado francés non a recoñece, como moitas outras linguas.

Lingua lígur (románica)

A lingua lígur (en lígur: Lìgure) é unha lingua románica galoitálica con aproximadamente 2 millóns de falantes nas rexións italianas de Liguria, Piemonte e Sardegna; no Principado de Mónaco (oficial na variedade monegasca); na costa sur da Francia continental; na illa francesa de Córsega; e tamén en Buenos Aires, Chile e parte dos Estados Unidos, Canadá e Australia, onde houbo inmigración de lígures.

Lingua mozárabe

A lingua mozárabe (do árabe musta`rab مستعرب que quer dicir "arabizado") é unha lingua extinta da Península Ibérica. O mozárabe era a evolución do latín falado nas zonas da Península Ibérica que ao mesmo tempo que os diversos romances peninsulares se separaban para dar lugar ao castelán, catalán e galego-portugués, e demais, na zona baixo dominio musulmán apareceu un conxunto de falas non moi coñecidas. Non había unidade entre eles e a diferenza doutras linguas románicas escribíase con alfabeto árabe. Coñecémolos polas "kharxas" e as "muaxahas" dos poetas andalusís que usaban retrousos mozárabes e os desenvolvementos en árabe.

O mozárabe era un romance moi conservador, mantendo moitas características do latín vulgar que se perderon no resto das linguas peninsulares:

Conservación de pl-, fl- e cl- iniciais.

Conservación de oclusivas xordas intervocálicas p, t e k.

Lingua normanda

O normando é unha lingua romance, unha das linguas d'Oïl, considerada tradicionalmente un dialecto do francés (pexorativamente denominado patois), que por iso recibe tamén o nome de francés normando. Fálase na rexión de Normandía, onde carece de status de oficialidade e tan só está recoñecida como lingua rexional; e nas Illas Anglonormandas, onde os dialectos se desenvolveron por separado do normando continental dende que Normandía deixou de pertencer á coroa inglesa no século XIII. Na actualidade, en xeral, o normando está máis presente nas áreas menos accesibles do antigo ducado de Normandía, as Illas Anglonormandas, a península do Cotentín e o Pays de Caux.

Lingua picarda

A lingua picarda ou picardo é unha das linguas romances máis achegadas ao francés e é unha das linguas de oïl. Pola súa semellanza ao francés hai unha gran polémica sobre se é unha lingua independente ou un dialecto.

Lingua sarda

O sardo (sardu en lingua sarda) é unha lingua neolatina propia da Sardeña falada polo pobo sardo. Ata moi recentemente non contou cunha norma común ás diferentes variedades da lingua. Desde 1997 é lingua oficial, xunto co lingua italiana, da Rexión Autónoma da Sardeña, o que impulsou a elaboración dunha proposta de normativa común denominada Lingua Sarda Unificada (2001). Na LSU baséase a Lingua Sarda Común que se emprega nos documentos oficiais da Rexión Autónoma. Considérase a máis conservadora das linguas derivadas do latín.

Lingua véneta

O véneto (en vén. vèneto ou Łengua vèneta) é unha lingua románica falada por máis de dous millóns de persoas, principalmente no Véneto, nordés da Italia. Os seus falantes concéntranse sobre todo naquela que antigamente era a Terraferma (Terra Firme) da República de Venecia (Véneto, parte do Trentino, Istria e Venecia Xulia). Existen minorías de falantes en Eslovenia, Croacia, Brasil e Chipilo (México). É recoñecida entre as linguas minoritarias europeas pola UNESCO (Red book on endangered languages). Aínda que sexa coñecido como un dialecto italiano, o véneto non descende da lingua italiana, senón directamente do latín, tendo a súa propia morfoloxía, sintaxe e léxico.

A lingua véneta descende do latín vulgar e foi posibelmente influenciada pola extinta lingua venética, falada na rexión entre os séculos V a.C. e I a.C., e posteriormente polas linguas dos pobos xermánicos (visigodos, ostrogodos e longobardos) que invadiron o norte da Italia no século V d.C.O 28 de marzo de 2007, o véneto foi recoñecido como lingua polo Consello Rexional Véneto coa lei de "tutela e valorizzacione della lingúa e cultura veneta", aprobada pola maioría dos partidos de goberno e oposición.

Linguas galoitálicas

As linguas galoitálicas comprenden as falas románicas do norte de Italia, máis exactamente as falas situadas ao norte da liña Massa-Senigallia que forman un continuo dialectal transicional entre as linguas galorrománicas e as italorrománicas, excepto as linguas reto-románicas de Italia (friulano, ladino) que son parte doutro grupo romance.

Linguas galorrománicas

As linguas galorrománicas son unha agrupación xeográfica das linguas románicas. A clasificación interna, así como que linguas deben ser consideradas dentro do grupo galorromance son unha materia amplamente discutida.

As linguas universalmente consideradas dentro deste grupo son as linguas de oïl (incluíndo o francés) e o francoprovenzal (arpitán) (que non debe confundirse coa variedade provenzal do occitano).

Linguas iberorrománicas

As linguas iberorrománicas son un subgrupo de linguas románicas que se desenvolveron en territorios ocupados polos romanos cara ao ano 415[Cómpre referencia], é dicir, a Península ibérica e o norte do Magreb e as súas posteriores conquistas (Suevia).

Linguas consideradas universalmente dentro do grupo iberorrománico son o galaico-portugués (e os seus modernos descendentes, galego e portugués), o asturleonés, o castelán e o aragonés. Todas estas linguas forman un continuum geolectal con alta intelixibilidade entre linguas adxacentes.

Linguas occitanorrománicas

As linguas occitanorrománicas son o occitano e o catalán dúas linguas románicas moi emparentadas que forman un continuo dialectal transicional entre as linguas galorrománicas e as linguas iberorrománicas. Ás veces inclúese o aragonés.

Segundo varios autores, tanto o occitano como o catalán deben clasificarse como galorrománicos, outros autores coinciden co occitano, pero consideran o catalán como iberorrománico, a clasificación está tan conturbada por que a división entre as linguas galorrománicas e as iberorrománicas é a fronteira entre o estado español e o estado francés, polo que a clasificación faise máis por cuestións territoriais que por razóns lingüísticas e históricas. Con todo, na súa forma escrita o catalán moderno e o occitano moderno son altamente intelixibles, e cunha porcentaxe de léxico similar ao existente entre o galego e o portugués. Algúns lingüistas e filólogos occitanos mesmo tentaron incluír o catalán como parte do diasistema occitano, xa que os lingüistas occitanos Pierre Bec e Domergue Sumien clasificaban ao catalán como unha variante occitana de tipo aquitano-pirinaico. De feito existen razóns fundadas para considerar ás linguas occitanorrománicas un grupo filoxenético válido, a diferenza das linguas románicas da península ibérica, que pertencen a varios grupos filoxenéticos.

Linguas xudeoitalianas

O xudeoitaliano é un conxunto de falas xudías faladas por 250 persoas en Italia. A lingua está formada por un conxunto de dialectos italianos. Algunhas palabras conteñen prefixos e sufixos italianos engadidos a verbas hebreas, así como a raíces arameas.

Linguas indoeuropeas
Pobos indoeuropeos
Protoindoeuropeos
Hipóteses Urheimat
Linguas románicas (clasificación)
Corpora lingüísticos das linguas iberorromances
Galego lexicográfico
Galego textual
Galego oral
Portugués
Castelán textual
Castelán oral

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.