Linguas quechuas

O quechua,[1] tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas que teñen unha orixe común, o protoquechua, que se falou nun territorio dos Andes próximo da costa do Perú. Ten o rango de lingua oficial no Perú, Ecuador e Bolivia; conta tamén cuns centos de falantes en Colombia e na Arxentina. En total hai dez millóns de falantes.

Quechua
Qhichwa simi, Runa simi
Falado en: Andes centrais:
Flag of Peru.svg Perú
Flag of Bolivia.svg Bolivia
Flag of Colombia.svg Colombia
Flag of Ecuador.svg Ecuador
Flag of Chile.svg Chile
Flag of Argentina.svg Arxentina
Total de falantes: 8 900 000 (2007)
Familia: Quechumara
 Quechua
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: qu
ISO 639-2: que, qwe
ISO 639-3: que
Quechua (grupos)

Características

Dentro da gran diversidade das súas variantes, o quechua caracterízase por comprender linguas moi regularmente aglutinantes cunha orde gramatical variábel. O seu gran número de sufixos muda tanto o significado das palabras por completo como os matices do significado. Algunhas características gramaticais notábeis inclúen a conxugación bipersoal (os verbos concordan co suxeito e o obxecto), evidencialidade (indicación da fonte e a veracidade do coñecemento expresado), unha partícula de tópico e sufixos que indican quen se beneficia dunha acción e da actitude do falante ao respecto, aínda que algunhas linguas e variedades poden carecer dalgunhas destas características.

A identificación das linguas que conforman esta familia foi controvertida por mor de que non todas estas variedades son mutuamente intelixíbeis. Dende mediados do século XVII, estendeuse o mito de que o quechua é un só idioma, onde o quechua falado no Cuzco (naquel entón, o quechua clásico) sería a lingua por excelencia e as demais variedades, meras corrupcións desta. A evidencia lingüística contemporánea contradí frontalmente esta crenza, pois o quechua clásico non é a orixe de todas as variedades da familia quechua senón que existen outras variedades moito máis antigas ca esta.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quechua.

Véxase tamén

Outros artigos

América do Sur

América do Sur ( pronunciación ), tamén chamada Suramérica ( pronunciación ), anteriormente coñecida simplemente como América (1507-1538), é o subcontinente austral de América. Está atravesada pola liña ecuatorial no seu extremo norte, quedando así a maior parte do seu territorio comprendida dentro do hemisferio sur. Está situada entre o océano Atlántico e o océano Pacífico, que delimitan os extremos leste e oeste respectivamente, mentres que o mar Caribe delimita polo norte e o océano Antártico o seu extremo sur. Ocupa unha superficie de 17,8 millóns de km², o que representa un 42% do continente americano e un 12% das terras emerxidas, e está habitada polo 6% da poboación mundial.Inclúe hoxe en día doce países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela, aínda que hai libros que inclúen á nación caribeña de Trinidad e Tobago por atoparse sobre a plataforma continental de Venezuela. Os países que bordean o mar Caribe —Colombia, Venezuela, Güiana, Suriname e Trinidad e Tobago e tamén a Güiana Francesa, que é un departamento de ultramar de Francia, e Aruba, Curaçao e o estado de Bonaire pertencentes ao Reino dos Países Baixos— coñécense en conxunto como o Caribe suramericano, mentres que Arxentina, Chile, Uruguai e o sur de Brasil, forman o Cono Sur, unha rexión do subcontinente que se caracteriza polos máis altos estándares de calidade de vida e desenvolvemento en relación ao resto de Latinoamérica. Colombia e Venezuela, ademais de estaren na rexión Caribe, pertencen tamén xunto a Bolivia, Ecuador e Perú á zona andina e aos países da conca do Amazonas.

Desde o século XVI ata principios do século XIX a maior parte de América do Sur estaba dividida en colonias gobernadas, maioritariamente, por España e Portugal, seguidas por unha colonia do Reino Unido, unha de Francia e outra dos Países Baixos que se foron convertendo en repúblicas, coa excepción da Güiana Francesa convertida en Departamento de Ultramar francés (Rexión Ultraperiférica europea) e as illas Malvinas e illas veciñas. Aínda que o límite actual de América do Sur con América Central se sitúa nunha liña imaxinaria na selva do Darién, foi a partir da construción da Canle de Panamá que se comeza a asociar este país con América Central en medios anglosaxóns. Finalmente no ano 1955, Panamá pasa a formar parte de América Central xeograficamente, pero mantén lazos históricos e culturais con América do Sur.

Historia do alfabeto

A historia do alfabeto comeza no Antigo Exipto, máis dun milenio despois de comezar a historia da escritura. O primeiro alfabeto formal xurdiu cara ao 2000 a. C. para representar a linguaxe dos traballadores semitas en Exipto (ver alfabetos da Idade de Bronce media), e xestouse a partir dos principios alfabéticos contidos nos xeroglíficos exipcios. A maioría dos alfabetos actuais do mundo ou ben descenden directamente desta raíz, por exemplo os alfabetos grego e o latino, ou se inspiraron no seu deseño.

Lingua kichwa

O kichwa (Kichwa shimi ou Runashimi) é unha lingua quechua que inclúe tódalas variedades quechuas de Ecuador e Colombia (inga), así como nalgunhas partes do Perú. Ten arredor dun millón de falantes.

Os dialectos máis falados son os do Chimborazo e de Imbabura. O kichwa pertence ó quechua do norte e encádrase dentro do grupo Quechua II, segundo o lingüista Alfredo Torero.

Lingua mochica

A lingua mochica, yunga ou yunka (muchik) é unha das linguas que se falaban na costa e parte da serra norte do Perú. Foi unha das linguas xerais do país na chegada dos conquistadores españois (século XVI) como o foron tamén o quechua, o aimará, o quingnam, o uru e o puquina.

O mochica amosa moitas características radicalmente diferentes das linguas quechuas e da lingua aimará, as dúas meirandes familias lingüísticas andinas, que si intercambiaron gran cantidade de léxicos. A investigación realizada por Alfredo Torero sobre esta lingua ten como fonte de datos principal a Gramática de la lengua yunga que escribiu en 1644 o sacerdote peruano Fernando de la Carrera Daza. Do mesmo xeito, toma en conta o Rituale seu Manuale Peruanum de Luis Jerónimo de Oré de 1607 con só seis páxinas sobre o mochica escritas por un autor anónimo (este manual recolle oracións e sermóns breves en varias linguas da época). Ademais, considérase tamén a lista de voces mochicas que elaborou o bispo Baltazar Martínez Compañón a finais do século XVIII e a obra de Ernst Middendorf, Das Muchik oder die Chimu-Sprache de 1892.

A comezos do século XXI, algunhas institucións lambayecanas como o capítulo local do INCe algúns colexios de Chiclayo comezaron programas de ensino desta lingua sobre a base da bibliografía rescatada polos investigadores, como a gramática de De la Carrera.

Perú

O Perú (en quechua e aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado o norte por Ecuador e por Colombia; o leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e o sur e oeste polo océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variados como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumouse a ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima.

Actualmente o seu presidente é Martín Vizcarra.

Pobo quechua

Os quechuas son un pobo indíxena de América do Sur que fala algunha das linguas quechuas. A maioría dos falantes de quechua vive no Perú, en Ecuador, en Bolivia, na Arxentina e en Colombia. O dialecto quechua máis común é o quechua sureño, os kichwa de Ecuador falan o kichwa; en Colombia, o pobo inga fala o inga kichwa.

A verba quechua para o seu falante é runa ou nuna ("persoa"); o plural é runakuna ou nunakuna ("xente").

Quechua do sur

O quechua do sur ou quechua sureño é a máis amplamente falada variedade das mutuamente intelixibles

linguas da familia quechua, con máis de 6,9 millóns de falantes. Tamén é a lingua indíxena máis falada do Novo Mundo. O termo quechua do sur refírese as variedades quechuas das rexións meridionais dos Andes, nunha liña leste-oeste entre as cidades de Huancayo e Huancavelica, no Perú central. Inclúe as variedades quechuas faladas nas rexións de Ayacucho, Cuzco e Puno no Perú, en gran parte de Bolivia e en partes do noroeste de Arxentina.

Til

O til (~), til de nasalidade, trazo supralinear ou til xeral de abreviación, é un sinal diacrítico que se coloca sobre, baixo ou no medio dalgunhas letras en distintas linguas. Tamén se emprega nalgunhas ciencias.

Permite distinguir entre grafías simples (exemplos: a, n) e complexas (exemplos: ã, ñ). Así, o trazo superior pode indicar o modo de articulación dunha vogal (vogal nasalizada, por elevación no grao de constrición: ã, ẽ, ĩ, õ, ũ) ou o punto de articulación dunha consoante (nasal palatal: ñ)

Té bravo

O té bravo, de nome científico Dysphania ambrosioides, clasificada antano co basónimo Chenopodium ambrosioides, é unha planta da familia Amaranthaceae orixinaria de América. En Galicia tómase en infusión para tratar as doenzas dixestivas e dáselle tamén ó gando.

Naturalizada nas zonas de clima oceánico e mediterráneo de Europa e nas zonas de clima subtropical dos Estados Unidos de América.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.