Linguas indoeuropeas

En lingüística, desígnase por linguas indoeuropeas a unha familia de linguas que teñen unha orixe común, o protoindoeuropeo, que se falou alá polo 5000 a.C. (moito antes da invención da escrita) nun territorio próximo ao mar Negro. Agrupan preto dun milleiro de linguas faladas hoxe en día por tres mil millóns de individuos en todos os continentes.

O indoeuropeo é unha familia lingüística ampla que engloba a maior parte das linguas europeas antigas e actuais. Ten este nome porque a rexión xeográfica na que se teñen desenvolvido estas linguas esténdese desde a Europa ata a India setentrional. Son preto de 450 linguas, faladas actualmente por 3.000 millóns de persoas en todo o mundo. Este termo, orixinalmente lingüístico, aplícase tamén á cultura da que se cre que parten todas estas linguas, e que se localiza na rexión do mar Negro arredor do V milenio a.C.

A existencia desta familia lingüística propúxose a finais do século XVIII. William Jones, un xuíz británico na India, observou as semellanzas consistentes que se daban entre o sánscrito, o grego, o persa e o latín. Estimouse que estas afinidades só se podían deber a unha orixe común. Á lingua da que derivaban chamóuselle primeiro indoxermánico, durante un tempo indoario e finalmente indoeuropeo, conforme se ampliaba o número de linguas que mostraban esas semellanzas sistemáticas. Cando a arqueoloxía sacou á luz textos escritos en linguas anteriormente descoñecidas, como as anatolias e as tocarias, probouse que tamén compartían este parentesco común.

As linguas indoeuropeas son xeralmente clasificadas en grandes grupos pero unha das distincións máis importantes concirne á oposición entre as linguas satem no leste (grupos baltoeslavo, indoiranio e armenio) e as linguas centum no oeste (grupos grego, itálico, céltico e xermánico), en razón do diferente tratamento dos sons velares en preindoeuropeo. Á parte están os grupos anatolio, tocario e albanés. Esta división entre centum e satem é a clásica dentro da gramática histórica, aínda que hoxe a tendencia é a non tela en conta.

IndoEuropeanTree
Linguas indoeuropeas
Indo-European branches map
Distribución actual das linguas indoeuropeas en Eurasia:      Albanés      Armenio      Baltoeslavo (Bálticas)      Baltoeslavo (Eslavas)      Célticas      Xermánicas      Helénicas (Grego)      Indoiranias (Indoarias, iranias e nuristanias)      Itálicas (Románicas)      Linguas non indoeuropeas

O indoeuropeo

Chámase indoeuropeo común, ou simplemente indoeuropeo (abreviado habitualmente como IE) a unha lingua prehistórica reconstruída a partir da comparación entre as linguas antigas e actuais das que estas proveñen. O indoeuropeo, que nunca foi escrito, é a lingua suposta que está nas orixes de todas as linguas indoeuropeas. O método que permitiu reconstruír esta protolingua repousa esencialmente sobre a lingüística comparada, na que a fonética histórica ten un papel fundamental.

A descuberta deste grupo débeselle a Marcus Zuerius van Boxhorn, aínda que o seu traballo non chamou a atención dos seus contemporáneos e o mérito recae sobre William Jones.

O pobo

O adxectivo indoeuropeo serve tamén para designar os pobos que utilizaban as linguas indoeuropeas, e en concreto os pobos da Antigüidade (como os hititas, os gregos, os arios ou indoiranios, os celtas etc).

Sobre a localización do pobo prehistórico que falaba o indoeuropeo común non hai un acordo xeralmente admitido. As teses mellor argumentadas son as seguintes:

  • Marija Gimbutas sitúao na Rusia meridional e na Ucraína. Estaría na orixe da cultura dos kurgans, aparecida cara o ano 5000 a.C. Esta tese conta co apoio de numerosos especialistas;
  • Para Colin Renfrew, este pobo estaría nas orixes do Oriente Medio e a súa expansión tería coincidido coa da agricultura, que apareceu nesta rexión antes da cultura dos Kurgans.
  • Gamkrelidze e Ivanov sitúan o fogar deste pobo na Anatolia, nun país de montañas altas. Esta tese repousa sobre consideracións lingüísticas, mais non de bases arqueolóxicas (admitido polos propios autores).
  • Segundo Janos Harmatta, os indoiranios terían fundado a cultura dos Kurgan. De feito, os iranios son os habitantes coñecidos máis antigos da Rusia meridional. Estaban en concreto os cimerios, pobo de lingua irania.

A tese de Marija Gimbutas goza hoxe en día de maior aceptación debido a que:

  • o que se sabe sobre os indoeuropeos a través da lingüística comparada e da mitoloxía comparada correspóndese coas descubertas arqueolóxicas relativas á cultura dos kurgans: civilizacións que non coñecían o ferro, domesticaran o cabalo etc..
  • remontando na historia dos pobos indoeuropeos históricos (celtas, italos, gregos, indoiranios, xermanos...), chégase sempre ás zonas esteparias do sur da Rusia e da Ucraína.
  • a civilización dos kurgans coñeceu ondas de expansión documentadas arqueoloxicamente que poderían corresponder coa indoeuropeización da Europa, a Persia e a India.

Reconstrución do indoeuropeo

Non se pode reconstruír máis do que un esqueleto da lingua na súa fonoloxía, léxico e morfoloxía, principalmente. As investigacións actuais tentan recuperar determinados puntos de sintaxe e de poética e non unha descrición precisa. Dado que non fican restos documentais de ningún tipo, todas as reconstrucións son hipotéticas e por esa razón as formas do indoeuropeo débense escribir precedidas dun asterisco, que indica o seu carácter suposto e non testemuñado.

Existen varias maneiras de notar os étimos segundo o seu grao de precisión. Por exemplo, a palabra que significa "nai" pódese escribir como *mātēr ou, con máis precisión (e seguindo as teses laringalistas), méħ2tēr (ou ben, con outras convencións tipográficas, méH2tēr, méh2tēr). Isto resulta máis claro co étimo de "sol": séh2-ul, *séħ2-ul, *sāul- etc.

Clasificación

Os distintos subgrupos da familia indoeuropea inclúen (seguindo a orde cronolóxica dos seus primeiros textos ou inscricións):

En adición á lista das dez ramas clásicas, existiron tamén varias linguas pouco coñecidas:

  • Linguas ilirias — posiblemente relacionadas co mesapio ou venético; tamén se ten relacionado co albanés.
  • Lingua venética — parecida ao itálico.
  • Lingua liburnia — aparentemente asociada co venético.
  • Lingua mesapia — non descifrado concisamente.
  • Lingua frixia — lingua da antiga Frixia, posiblemente parecida ao grego, tracio ou armenio.
  • Lingua peonia — lingua extinta que se chegou a falar ao norte de Macedonia.
  • Lingua tracia — posiblemente parecida ao dacio.
  • Lingua dacia — posiblemente parecida ao tracio ou ao albanés - ou a ambas.
  • Lingua macedonia antiga — relacionada co grego; algúns autores propoñen relacións co ilirio, tracio ou frixio.
  • Lingua ligur — posiblemente non indoeuropea; atópanse coincidencias con celta.
  • Lingua lusitana — posiblemente relacionada ao (ou a parte do) celta, ou ligur, ou itálico.

Árbore xenética das linguas indoeuropeas

As linguas indoeuropeas inclúen unhas 443 linguas e dialectos falados por preto de 3.000 millóns de persoas (segundo estimación do SIL), incluíndo a maioría das principais familias lingüísticas de Europa e occidente de Asia, as cales pertencen a unha única superfamilia. Cada subfamilia nesta lista contén moitos subgrupos e linguas individuais.

Grupo anatolio ou grupo de linguas anatolias

Grupo indoiranio

  • Familia indoaria(India):
  • Familia irania:
    • linguas iranias orientais
      • linguas iranias orientais setentrionais
        • avéstico/avesta
      • bactrio
      • coresmiano
      • linguas iranias orientais meridionais
        • linguas do Pamir
          • grupo xugní
            • xugní
            • ruxaní - khufí
            • bartanguí - oroxorí - sariculí
          • iazgulamí
          • munxí-iidgá
          • sanglechí-ixcaximí
            • sanglechí
            • ixcaxemí
          • vakhí
        • paxto
          • paxto meridional
          • paxto setentrional
          • paxto central
          • wanetsí
          • wazirí
    • linguas iranias occidentais
      • linguas iranias occidentais setentrionais
        • balochí
          • balochí meridional
          • balochí occidental
          • balochí oriental
          • balochí montañés
          • baxecardí
          • coroxí
        • grupo caspio
          • guilaquí
          • mazanderaní
          • xahmirzadí
        • grupo central iraniano
          • axtianí
          • fars nordoccidental
          • dari-zoroastra
          • gazí
          • khunsarí
          • natanzí
          • naiiní
          • parsi-dari
          • parsí
          • sivandí
          • soí
          • vafsí
        • khalaxe
        • grupo kurdo
          • kurdo setentrional, curmanxí
          • kurdo central, sorani
          • curdo meridional
          • laquí
        • ormurí-parachí
          • ormurí
          • parachí
        • grupo semnaní
          • lasguerdí
          • sanguisarí
          • semnaní
          • sorkheí
        • grupo talixe
          • alvirí-vidarí
          • extehardí
          • gozarkhaní
          • harzaní
          • korex-e rostaní
          • razaxerdí
          • rudbarí
          • xahrudí
          • taquestaní
          • talixi
          • taromí alto
          • maragueí
          • kho'iní
          • kaxalí
          • cabateí
        • grupo zaza-goraní
          • dimlí
          • guraní
          • kirmanxekí/zazakí
          • bajelaní
          • shabakí
          • sarlí
        • inclasificado
          • dezfulí
      • linguas iranias occidentais meridionais
      • grupo fars
        • fars suroccidental
        • larí
      • grupo lurí
        • bakhtiarí
        • lurí del norte
        • lurí del sur
        • cumzarí
      • grupo persa
        • persa occidental (farsí)
        • persa oriental (dari)
        • taxico
        • hazaraguí
        • aimaq
        • bukharí
        • dehvarí
        • darvasí
        • xidí
        • pahlavaní
      • grupo tatí
      • xudeotatí
      • tatí (tatí musulmán)
    • inclasificada
      • tanxeví
  • Familia nuristaní
    • ascunu
    • camkata-virí
    • vasí-varí
    • tregamí
    • calaxa-ala
  • Familia dárdica

Grupo grego

Grupo itálico

Grupo paleo-balcánico

Cada unha pode pertencer á súa propia subfamilia das linguas indoeuropeas, ou estar relacionadas a outras ramas. O macedonio antigo e o frixio ás veces son considerados coma moi relacionados ao grego antigo.

Grupo celta

Grupo xermánico

Grupo tocario

Grupo armenio

Grupo balto-eslavo

Grupo albanés

Exemplos

A título ilustrativo, as palabras "nai" e "sol" preséntase, baixo unha forma máis ou menos alterada en relación ao seu étimo, nas linguas IE seguintes:

Indoeuropeo: méħ2tēr, "nai" :

E a palabra "sol":

Indoeuropeo: *
  • avéstico (gātico): huuarǝ;
  • sánscrito:
    • védico: svàr स्व॑र्, súvar सुव॑र्, sū́rya- सूर्य॑,
    • clásico: sū́ra- सूर॑;
  • gótico: ����� sauil, ����� sunnō;
  • inglés antigo: sunne; inglés: sun;
  • alto-alemán antigo: sunna, alemán: Sonne;
  • neerlandés: zon;
  • islandés: sól ;
  • dinamarqués, noruegués, sueco: sol;
  • grego:
    • homérico: ἡέλιος / hēélios e ἠέλιος / ēélios,
    • cretense e panfilio: ἀϐέλιος / avélios,
    • ático: ἥλιος / hḗlios,
    • dorio literario: ἀέλιος / haélios e ἅλιος / hálios,
    • arcadio: ἀέλιος / aélios,
    • lésbico: ἀϜέλιος / avélios,
Consultar Dialectos gregos para maiores detalles sobre estas linguas.

Esta lista é aberta e non comprensiva.

Linguas indoeuropeas cuxa relación ás outras linguas na familia non é clara

  • Lingua ligur, posiblemente relacionada co itálico ou o céltico.
  • Lingua lomavren
  • Lingua cimeria, posiblemente relacionada co tracio ou o iranio.

Principais leis lingüísticas relacionadas coa fonética histórica das linguas IE

Indícase entre parénteses a área de extensión da lei.

  1. Lei das dentais en contacto (IE).
  2. Lei de Bartholomae (indoiranio).
  3. Lei de Bartsch (francés antigo).
  4. Lei de Brugmann (indoiranio).
  5. Lei de Caland-Wackernagel (IE; A lei de Wackernagel aplícase ó protoindoeuropeo).
  6. Lei de Grassmann (grego e indoiranio).
  7. Lei de Grimm (xermánico común e armenio).
  8. Lei de Hirt (baltoslavo).
  9. Lei de Lachmann (latín).
  10. Lei de Leskien (balto).
  11. Lei de limitación (grego).
  12. Lei de Lindeman (IE).
  13. Lei de Meillet (balto-eslavo).
  14. Lei de Osthoff (grego).
  15. Lei de Pinault (IE).
  16. Lei de redución das velares (IE).
  17. Lei de Saussure (balto).
  18. Lei de Siebs (IE).
  19. Lei de Siever (IE).
  20. Lei de Stang (IE).
  21. Lei de Rix (grego).
  22. Lei de Verner (xermánico común).
  23. Lei de Winter-Kortlandt (baltoeslavo).
  24. Lei ruki (linguas satem).
  25. Segunda mutación consonántica (alto alemán).

Outras áreas de investigación

Ademais dos aspectos lingüísticos, o IE permite atopar unha simboloxía común aos pobos IE, o que se estuda, entre outras, na mitoloxía comparada, a poética comparada e mesmo no estudo das institucións indoeuropeas.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Beekes, Robert S. P. (1995) Comparative Indo-European Linguistics. Amsterdam: John Benjamins. ISBN 90-272-2151-0 (Europe), ISBN 1-55619-505-2 (U.S.)
  • Chakrabarti, Byomkes (1994) A comparative study of Santali and Bengali. Calcutta: K.P. Bagchi & Co. ISBN 81-7074-128-9
  • Collinge, N. E. (1985) The Laws of Indo-European. Amsterdam: John Benjamins. ISBN 0-915027-75-5 (U.S.), ISBN 90-272-2102-2 (Europe)
  • Mallory, J.P. (1989). In Search of the Indo-Europeans. London: Thames and Hudson. ISBN 0-500-27616-1
  • Remys, Edmund (2007) General distinguishing features of various Indo-European languages and their relationship to Lithuanian. Berlin, New York: Indogermanische Forschungen, Vol. 112, 2007.
  • Renfrew, Colin (1987). Archaeology & Language. The Puzzle of the Indo-European Origins. London: Jonathan Cape. ISBN 0-224-02495-7
  • Schleicher, August (1861/62) A Compendium of the Comparative Grammar of the Indo-European Languages.
  • Strazny, Philip (Ed) (2000) Dictionary of Historical and Comparative Linguistics. Ed.: Routledge, 1. ISBN 978-1-57958-218-0
  • Szemerényi, Oswald. (1957) The problem of Balto-Slav unity (vol.2) Ed.: Kratylos (páxinas 97–123)
  • Watkins, Calvert (2000) The American Heritage Dictionary of Indo-European Roots. Ed.: Houghton Mifflin. ISBN 0-618-08250-6

Ligazóns externas

Lingua armenia

O armenio (clásico: հայերէն; reformado: հայերեն, hayeren) é unha lingua indoeuropea falada polo pobo armenio. Ó igual que o grego, é o único representante do grupo homónimo das linguas indoeuropeas. É a lingua oficial de Armenia e da República de Artsakh. Historicamente, foi falada no Planalto Armenio pero no presente tamén é falada pola diáspora armenia. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C., escrita nun alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.

O armenio é unha póla independente das linguas indoeuropeas. É suxeito de moito interese para os lingüistas polo seu distintivo desenvolvemento fonolóxico dentro da familia. O armenio amosa máis satemización que centumización, malia que non está clasificado dentro de ningún dos dous grupos. Algúns estudosos concluíron de xeito provisional que o armenio, o grego (Frixio), o albanés e as linguas indoiranias estaban dialectamente relacionadas unhas coas outras; dentro desta hipótese de grupo dialectal, o protoarmenio atópase entre o protogrego (subgrupo centum) e o protoindoiranio (subgrupo satem).Armenia foi un país monolingüe entre o século II até o presente. A súa lingua ten unha longa e rica historia literaria, cunha tradución da Biblia datada do século V como o seu texto supervivente máis antigo. O seu vocabulario foi influído polas linguas iranias occidentais, particularmente o parto, e en menor grao polo grego, o persa e o árabe ó longo da súa historia. Existen dúas formas literarias estandarizadas da lingua, a oriental e a occidental, que son mutuamente intelixiles.

Lingua frixia

A lingua frixia era a lingua indoeuropea dos frixios, un pobo da Asia Menor da Idade de Bronce.

Lingua grega antiga

O grego antigo (ἡ Ἑλληνικὴ γλῶττα hē Hellēnikḕ glō̃tta) é unha das linguas indoeuropeas, chegada a Grecia entre os séculos XXV e XVII antes da nosa era. Posteriormente deu pé ao grego moderno.

Lingua hitita

A lingua hitita é a principal lingua anatolia falada polo pobo hitita. Normalmente relaciónase coa familia das linguas indoeuropeas, aínda que algúns lingüistas que non tería derivado do protoindoeuropeo, senón que as dúas familias, anatolia e indoeuropea, terían diverxido dun devanceiro común, chamado por veces indohitita.

Lingua italiana

O italiano ou lingua italiana é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances, da familia das linguas indoeuropeas. Existe un gran número de dialectos neorromances. O italiano é a lingua oficial de Italia, de San Marino, de Suíza e da Cidade do Vaticano. Tamén se fala a distintos niveis en Somalia, Libia, Mónaco, Malta, a illa de Córsega e Albania.

Lingua latina

O latín é unha lingua indoeuropea morta que foi utilizada polos antigos romanos. Mantívose como lingua litúrxica da relixión católica, e aínda é oficial no Vaticano, factores polos que era aprendida polos cregos e falada nos seminarios. Por extensión, o adxectivo latino, latina emprégase para designar ás persoas que proceden de países con linguas neolatinas (que proceden do latín) ou que falan estas linguas. En termos xerais, úsase en Europa para designar ós habitantes meridionais e nos EUA e España para designar ós habitantes de procedencia iberoamericana.

Lingua tocaria B

O cucheano, que é chamado dunha maneira impropia coma tocario B, é unha lingua, xa extinta, da familia de linguas indoeuropeas falada ata o final do primeiro milenio d. C. na rexión de Cucha (Kucha), actual provincia de Xinxiang (Xinjiang), no oeste da China. Falábase tamén máis ao leste, nas rexións de Caraxahar (Karashahr) e de Turfán (Turfán), onde coexistía co añeano/turfanio ou tocario A, que foi emparentada estreitamente con el.

Lingua tracia

O tracio era unha lingua falada na Antigüidade polos tracios no sueste de Europa.

Actualmente é unha lingua extinta xa que a maioría dos tracios foron helenizados ou romanizados.

Lingua urdú

O urdú (nome local : urdū / اردو) é unha lingua india pertencente ao grupo indoiranio da familia das linguas indoeuropeas.

Fálase tanto no Paquistán, onde é a lingua oficial, como no norte da India, onde é igualmente unha lingua oficial recoñecida pola Constitución. Aproximadamente 60 millóns de persoas utilízano coma primeira lingua.

Moi próximo ao hindi pola súa sintaxe e a súa morfoloxía (antes do 1947 chamábaselle hindustano ao hindi e mais ao urdú, que constituían unha soa lingua), fixo numerosos empréstimos lexicais ao árabe e ao persa, linguas que teñen introducido dentro do seu sistema fonolóxico fonemas suplementarios. A diferenciación co hindi tende a medrar despois da separación da India e Paquistán no 1947; o urdú experimenta actualmente un re-achegamento ao persa e unha eliminación dos termos sánscritos.

Linguas anatólicas

As Linguas anatólicas son unha familia de linguas indoeuropeas extintas, faladas en Anatolia nos milenios II e I antes da nosa era.

Linguas britónicas

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Linguas bálticas

As Linguas Bálticas son un grupo de linguas relacionadas pertencentes á familia das linguas indoeuropeas e faladas nas beiras orientais do Mar Báltico no norte de Europa. O grupo lingüístico adoita ser dividido en dous grupos: Báltico Occidental, ao que pertencen só linguas extinguidas, e o Báltico Oriental, no cal se atopan as únicas dúas linguas sobreviventes : O lituano e o letón. Aínda que están relacionadas, os vocabularios do lituano o letón difiren bastante e son inintelixibles. O antigo prusiano, hoxe extinguido, considerábase a lingua báltica máis arcaica.

Linguas célticas

As linguas célticas son as linguas que descenden do protocéltico, ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística indoeuropea. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda Europa, dende a baía de Biscaia e o mar do Norte, entre o Rin e o Danubio ata o Mar Negro e a parte alta da península dos Balcáns, e mesmo Asia Menor (Galacia).

Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das Illas Británicas, ao leste do Canadá, a Patagonia, algúns grupos nos Estados Unidos e Australia, e na península de Bretaña. Actualmente fálanse en Europa seis linguas célticas, dúas delas "recuperadas" despois de desapareceren completamente. Das seis só o gaélico irlandés é oficial en Irlanda. O gaélico escocés e, máis ca ningún o galés posúen certo status legal e protección. O bretón continental fica desprotexido mentres perde falantes e o córnico e o manés están rexurdindo despois de se daren por extintos.

Linguas eslavas

As linguas eslavas son un grupo subgrupo lingüístico das linguas indoeuropeas pertencente ós eslavos, estas linguas fálanse ó longo da Europa do leste, nalgunhas zonas dos Balcáns, Europa central e no norte de Asia.

Linguas indoarias

As linguas indoarias ou índicas son un subgrupo de linguas, pertencentes ao grupo indoiranio das linguas indoeuropeas. Fálanse nos países do subcontinente indio.

Linguas itálicas

As linguas itálicas constitúen un grupo de linguas indoeuropeas cunha serie de trazo comúns. Inclúe as linguas romances (entre as que se atopan o galego, o español, o portugués, o francés, o italiano e o romanés) e a un certo número de linguas extintas, como o latín e outras linguas faladas na Antigüidade na península itálica.

Aínda que se adoita considerar como unha única rama que se diversificou a partir dun estadio común ou protoitálico, posterior ao período protoindoeuropeo, algúns autores dubidan desta filiación común. Todas as linguas itálicas comparten un bo número de isoglosas comúns; así, todas elas son linguas centum que non presentan palatalización das (palato)velares indoeuropeas /*k, *kw, *g, *gh, *ghw/. Curiosamente, as linguas romances si presentan unha palatalización posterior dos fonemas latinos /k, g/, aínda que só ante fonemas anteriores /ε,e,i/.

Pobos bálticos

Os baltos ou bálticos (letón: balti, lituano: baltai), definidos como falantes dunha das linguas bálticas, unha póla da familia de linguas indoeuropeas, son descendentes dun grupo de tribos indoeuropeas que se estableceron entre o baixo Vístula e o alto Dvina e Dnieper. Debido ao seu illamento xeográfico os idiomas bálticos mantiveron moitas características arcaicas.

Entre os pobos bálticos inclúense os modernos lituanos e letóns así como o prusianos, os Jotvinguianos (Sudavianos) e os Curios, cuxas linguas extinguíronse na Idade Media.

Pobos indoeuropeos

Os pobos indoeuropeos son aqueles que desde o norte do Cáucaso e os arredores do mar Negro e do mar Caspio (rexións de Asia Central), fixeron varias invasións, sobre todo á India e a Europa, onde se estableceron. O punto en común máis importante destes pobos era a lingua, e de feito esta foi a herdanza máis importante que deixaron nos lugares nos que se estableceron, saíndo deles as linguas indoeuropeas.

Teoría da Continuidade Paleolítica

O Paradigma da continuidade paleolítica (PCP) (en italiano La teoria della continuità), ten orixe na teoría da continuidade paleolítica (ou TCP) é unha hipótese que suxire como data de orixe das linguas protoindoeuropeas (PIE) o Paleolítico Superior ou o Neolítico, varios milenios antes do Calcolítico ou Neolítico como suxiren outras hipóteses. O PCP postula que a chegada das linguas indoeuropeas está relacionada coa hipotética emigración, durante o paleolítico, do Homo Sapiens a partir de África para Europa e Asia. En termos de períodos cronolóxicos, Alinei admite unha cronoloxía máis antiga do que a hipótese Anatolia de Colin Renfrew (4º milenio a.C.).Mario Alinei presentou esta hipótese no libro Origini delle Lingue d' Europa (orixes das linguas de Europa), en dous volumes de 1996 e 2000, e é o principal defensor desta.

Linguas indoeuropeas
Pobos indoeuropeos
Protoindoeuropeos
Hipóteses Urheimat

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.