Linguas iberorrománicas

As linguas iberorrománicas son un subgrupo de linguas románicas que se desenvolveron en territorios ocupados polos romanos cara ao ano 415[Cómpre referencia], é dicir, a Península ibérica e o norte do Magreb e as súas posteriores conquistas (Suevia).

Linguas consideradas universalmente dentro do grupo iberorrománico son o galaico-portugués (e os seus modernos descendentes, galego e portugués), o asturleonés, o castelán e o aragonés. Todas estas linguas forman un continuum geolectal con alta intelixibilidade entre linguas adxacentes. [1]

Iberorromance occidental

Características principais das linguas iberorrománicas

  • A principal característica é que non perden as vogais latinas finais, a diferenza das linguas galorrománicas. O aragonés perde o último (e), sendo a excepción nas linguas iberorrománicas.
  • O infinitivo está formado con (r) e non se perde como ocorre coas linguas galorrománicas.
  • Evolución dos grupos latinos (cl, fl, pl) ao /ʎ/ /t͡ʃ/ (ll) (ch).
  • Evolución dos grupos latinos (ci, ti, ce, te) ao (/θ/, /z/, /s/)
  • Sonorización das oclusivas xordas intervocalicas /k, p, t/, por exemplo (formica - formiga, sapere - saber, totus - todos)
  • Forman digonygo fronte (e, o) breves latinas, exceptuando ao galaico-portugués. Por exemplo en castellán (ventum - viento, ponte - puente) e en aragonés (folia - fuella).
  • Betacismo: non hai distinción entre b e v, excepto o portugués onde se conserva a distinción.
  • Forman os plurais con (s).
  • Cambio do (f) latino a (h). Este fenómeno ocorreu no castelán, estremeño, cántabro e asturiano oriental pola influencia do éuscaro. Esta característica tamén se comparte co occitano gascón. [3]

Clasificación

Iberorromance nuclear

As linguas iberorrománicas occidentais (Grupo Ibero-Occidental) son: [4]

Grupos de transición

Noutra clasificación máis ampla, as linguas iberorrománicas poden incluír o seu grupo de linguas principais e os seus grupos de transición.

Iberorromance pirenaico-mozárabe (grupo controvertido)

A clasificación de Ethnologue inclúe un grupo de linguas románicas da península ibérica dubidoso, formado polo navarro-aragonés e polo mozárabe: o Grupo Pirenaico-Mozárabe, aínda que moitos especialistas consideran que dita división non é un grupo válido, nin atopan demasiados argumentos para postular unha relación especial entre o aragonés e o mozárabe.

  • Navarro-aragonés (†):
    • Navarro (†)
    • Riojano precastelán (†)
    • Aragonés
      • Aragonés occidental: Aragüesino, Ansotano, Cheso, Aisino
      • Aragonés central: Belsetano, Aragonés do val de Vió, Panticuto
      • Aragonés oriental: Patués ou Benasqués
      • Aragonés meridional ou Somontanés
      • Xudeoaragonés (†)
  • Mozárabe (†)

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2018.
  2. http://www.academiadelaragones.org/GBA_v0.1_.pdf
  3. Penny, Ralph (2002). A History of the Spanish Language. Cambridge University Press. p. 8. ISBN 978-0-521-01184-6
  4. https://www.ethnologue.com/subgroups/ibero-romance
Clasificación das linguas romances

Linguas indoeuropeas

Linguas itálicas

Linguas románicas

Linguas románicas occidentais

Linguas iberorrománicas

Asturleonés:

Asturiano

Leonés

Mirandés

Falas de transición entre o castelán e o asturleonés:

Estremeño ou eltoeetremeño

Cántabro ou Montañés

Galaico-portugués

Galego

Fala

Portugués

Castelán

Castelán estándar

Xudeocastelá

Aragonés

Mozárabe (†)

Linguas occitano-románicas

Occitano

Catalán

Linguas galorrománicas

Francoprovenzal

Lingua de oïl

Galó

Valón

Francés estándar

Normando

Picardo

Lorenés

Champañés

Poitevin-Santongés

Borgoñés

Berrichón

Franco-Comtés

Angevin-Mayenés

Entre mais variedades

Linguas reto-románicas

Friulano

Romanche

Ladino

Linguas cisalpinas

Linguas galo-itálicas

Lígur

Piemontés

Lombardo

Emiliano-Romañol

Véneto

Istrioto

Linguas insulares

Sardo

Linguas románicas orientais

Linguas italorrománicas

Napolitano

Siciliano

Romanesco e variedades centrais.

Toscano

Italiano estándar

Corso

Sassarés

Gallurés

Dálmata (†)

Linguas balcorrománicas

Romanés

Istrorromanés

Arromanés

Meglenorromanés

Lingua catalá

O catalán é unha lingua románica falada polo pobo catalán nalgúns territorios de España, Francia e Italia, así como tamén en Andorra, feito que propicia a denominación destes territorios como Países Cataláns, dada a súa unidade lingüística e cultural. Cómpre sinalar por outra banda que na Comunidade Valenciana o catalán recibe o nome de valenciano.

É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares xunto ó castelán, e carece de oficialidade na Franxa de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia), na cidade sarda de L'Alguer e na zona de El Carche (Murcia). É a lingua habitual duns 4,4 millóns de persoas; ademais, son capaces de falalo uns 7,7 millóns e é comprendido por preto de 10,5 millóns de persoas.

Linguas occitanorrománicas

As linguas occitanorrománicas son o occitano e o catalán dúas linguas románicas moi emparentadas que forman un continuo dialectal transicional entre as linguas galorrománicas e as linguas iberorrománicas. Ás veces inclúese o aragonés.

Segundo varios autores, tanto o occitano como o catalán deben clasificarse como galorrománicos, outros autores coinciden co occitano, pero consideran o catalán como iberorrománico, a clasificación está tan conturbada por que a división entre as linguas galorrománicas e as iberorrománicas é a fronteira entre o estado español e o estado francés, polo que a clasificación faise máis por cuestións territoriais que por razóns lingüísticas e históricas. Con todo, na súa forma escrita o catalán moderno e o occitano moderno son altamente intelixibles, e cunha porcentaxe de léxico similar ao existente entre o galego e o portugués. Algúns lingüistas e filólogos occitanos mesmo tentaron incluír o catalán como parte do diasistema occitano, xa que os lingüistas occitanos Pierre Bec e Domergue Sumien clasificaban ao catalán como unha variante occitana de tipo aquitano-pirinaico. De feito existen razóns fundadas para considerar ás linguas occitanorrománicas un grupo filoxenético válido, a diferenza das linguas románicas da península ibérica, que pertencen a varios grupos filoxenéticos.

Linguas románicas

As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas procedentes do latín. O seu nome tamén é neolatinas ou romances e esta denominación procede de que eran as linguas nas que se escribían os textos literarios medievais ou romances (novelas, “romans” como aínda se di en francés) en contraposición cos textos relixiosos (daquela con maior consideración).

Todas as linguas romances descenden do latín vulgar, a lingua dos soldados, colonos e mercadores do Imperio, o cal difería significativamente do latín clásico dos literatos romanos. Entre o -200 e o 150, a expansión do Imperio xunto coas súas políticas administrativas e educativas, fixeron do latín a lingua dominante na área que se estendía entre a Península Ibérica á costa do Mar Negro, e do Magreb ata a Britannia. No declive do Imperio e despois da súa fragmentación e colapso no século V, acelérase a evolución do latín dentro de cada área; finalmente os dialectos diverxen en miríadas de variantes distintas, algunhas delas sobrevivindo ata hoxe en día. Os imperios de ultramar establecidos por España, Portugal e Francia fan que na actualidade o 70% de todos os falantes de linguas de orixe latina fálano fóra de Europa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.