Linguas galorrománicas

As linguas galorrománicas son unha agrupación xeográfica das linguas románicas. A clasificación interna, así como que linguas deben ser consideradas dentro do grupo galorromance son unha materia amplamente discutida.

As linguas universalmente consideradas dentro deste grupo son as linguas de oïl (incluíndo o francés) e o francoprovenzal (arpitán) (que non debe confundirse coa variedade provenzal do occitano).

Lenguas galorromance
Linguas galorromance nuclear

Clasificación

Gallo-Romance languages
As linguas galorrománicas nun sentido máis amplo

A clasificación de ethnologue, acepta a proposta de Pelligrini, considera dentro do grupo galorromance ademais das linguas de oïl e o francoprovenzal varias linguas do norte de Italia e Suíza como o lombardo, o piemontés e as linguas reto-románicas. Outros tamén inclúen ao occitano e o catalán en seu conxunto de linguas galorrománicas[1] Non todos os autores aceptan que estas últimas mostran un parentesco máis estreito co francés e o francoprovenzal que con outras linguas románicas, razón pola cal a clasificación de etnologue é controvertida.[2] [3] As linguas galorrománicas por tanto serían:

Galorromance nuclear

Grupos de transición

Nunha clasificación máis ampla, orixinalmente descrita polo lingüista Pierre Bec, as linguas galorrománicas inclúen o seu grupo de linguas principais xunto cos seus grupos de transición.

Características principais das linguas galorrománicas

  • A principal característica é a perda das vogais latinas finais especialmente perdéronse (/e/, /o/) latinas. Tamén moitos foron substituídos por outras vogais como en francés por (e) que en moitos casos non se pronuncia.
  • Evolución da vocal latina (/u/) a (/y/) como ü en alemán. Isto ocorreu nas linguas de oïl, as linguas galo-itálicas, francoprovenzal romanche e occitano. Ademais, moitas destas linguas teñen vogais que noutras linguas románicas non existen (/ø/, /œ/ /æ/ e /ə/)
  • Perda do infinitivo latino (re) especialmente nas linguas galo-itálicas e as retorrománicas. En francés, francoprovenzal, occitano e catalán o infinitivo remata con (r) pero non se pronuncia.
  • Evolución de (ca /ka/) inicial a (/ʃa/, /t͡ʃa/, /ca/) pronuciado como (x e ch en galego). Este fenómeno ocorre no francoprovenzal, as linguas de oïl, as linguas retorrománicas e os dialectos norteños do occitano. Por exemplo (chanter en francés é pronunciado /ʃɑ̃te/), (cantar nos dialectos norteños do occitano é pronunciado /t͡ʃantɔ/) (cjantâ en friulano é pronunciado /canta/) que en galego significa cantar é pronunciado /kantaɾ/.
  • Conservación dos grupos latinos (cl, fl, pl) agás para as linguas galo-itálicas onde evolucionaron a (t͡ʃ).
  • Evolución dos grupos latinos (ci, ti, ce, te) ao (/z/, /s/ /t͡ʃ/).
  • Uso dos plurales (s) (e, i).

Notas

  1. Gian Batista Pellegrini, Il cisalpino ed il retoromanzo, 1993; y The Dialects of Italy, ed. Maiden y Parry, 1997.
  2. Gallo-Romace (ethnologue)
  3. Charles Camproux, Les langues romanes, PUF 1974. p. 77–78.
Atlas Lingüístico Románico

O Atlas Lingüístico Románico (ALiR) é un proxecto de xeolingüística supranacional que recolle diferentes mapas, cos seus correspondentes comentarios, nos que se reflicten os trazos comúns e distintivos de cada unha das linguas románicas europeas.

Clasificación das linguas romances

Linguas indoeuropeas

Linguas itálicas

Linguas románicas

Linguas románicas occidentais

Linguas iberorrománicas

Asturleonés:

Asturiano

Leonés

Mirandés

Falas de transición entre o castelán e o asturleonés:

Estremeño ou eltoeetremeño

Cántabro ou Montañés

Galaico-portugués

Galego

Fala

Portugués

Castelán

Castelán estándar

Xudeocastelá

Aragonés

Mozárabe (†)

Linguas occitano-románicas

Occitano

Catalán

Linguas galorrománicas

Francoprovenzal

Lingua de oïl

Galó

Valón

Francés estándar

Normando

Picardo

Lorenés

Champañés

Poitevin-Santongés

Borgoñés

Berrichón

Franco-Comtés

Angevin-Mayenés

Entre mais variedades

Linguas reto-románicas

Friulano

Romanche

Ladino

Linguas cisalpinas

Linguas galo-itálicas

Lígur

Piemontés

Lombardo

Emiliano-Romañol

Véneto

Istrioto

Linguas insulares

Sardo

Linguas románicas orientais

Linguas italorrománicas

Napolitano

Siciliano

Romanesco e variedades centrais.

Toscano

Italiano estándar

Corso

Sassarés

Gallurés

Dálmata (†)

Linguas balcorrománicas

Romanés

Istrorromanés

Arromanés

Meglenorromanés

Linguas galoitálicas

As linguas galoitálicas comprenden as falas románicas do norte de Italia, máis exactamente as falas situadas ao norte da liña Massa-Senigallia que forman un continuo dialectal transicional entre as linguas galorrománicas e as italorrománicas, excepto as linguas reto-románicas de Italia (friulano, ladino) que son parte doutro grupo romance.

Linguas iberorrománicas

As linguas iberorrománicas son un subgrupo de linguas románicas que se desenvolveron en territorios ocupados polos romanos cara ao ano 415[Cómpre referencia], é dicir, a Península ibérica e o norte do Magreb e as súas posteriores conquistas (Suevia).

Linguas consideradas universalmente dentro do grupo iberorrománico son o galaico-portugués (e os seus modernos descendentes, galego e portugués), o asturleonés, o castelán e o aragonés. Todas estas linguas forman un continuum geolectal con alta intelixibilidade entre linguas adxacentes.

Linguas occitanorrománicas

As linguas occitanorrománicas son o occitano e o catalán dúas linguas románicas moi emparentadas que forman un continuo dialectal transicional entre as linguas galorrománicas e as linguas iberorrománicas. Ás veces inclúese o aragonés.

Segundo varios autores, tanto o occitano como o catalán deben clasificarse como galorrománicos, outros autores coinciden co occitano, pero consideran o catalán como iberorrománico, a clasificación está tan conturbada por que a división entre as linguas galorrománicas e as iberorrománicas é a fronteira entre o estado español e o estado francés, polo que a clasificación faise máis por cuestións territoriais que por razóns lingüísticas e históricas. Con todo, na súa forma escrita o catalán moderno e o occitano moderno son altamente intelixibles, e cunha porcentaxe de léxico similar ao existente entre o galego e o portugués. Algúns lingüistas e filólogos occitanos mesmo tentaron incluír o catalán como parte do diasistema occitano, xa que os lingüistas occitanos Pierre Bec e Domergue Sumien clasificaban ao catalán como unha variante occitana de tipo aquitano-pirinaico. De feito existen razóns fundadas para considerar ás linguas occitanorrománicas un grupo filoxenético válido, a diferenza das linguas románicas da península ibérica, que pertencen a varios grupos filoxenéticos.

Linguas retorrománicas

As linguas retorrománicas forman un grupo de linguas romances da área alpina que segundo algúns autores representan o resto dunha área romance máis ampla que chegaba polo norte até o Danubio. Lingüísticamente, comparten características coas linguas occitano-románicas e galorrománicas.

Linguas románicas

As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas procedentes do latín. O seu nome tamén é neolatinas ou romances e esta denominación procede de que eran as linguas nas que se escribían os textos literarios medievais ou romances (novelas, “romans” como aínda se di en francés) en contraposición cos textos relixiosos (daquela con maior consideración).

Todas as linguas romances descenden do latín vulgar, a lingua dos soldados, colonos e mercadores do Imperio, o cal difería significativamente do latín clásico dos literatos romanos. Entre o -200 e o 150, a expansión do Imperio xunto coas súas políticas administrativas e educativas, fixeron do latín a lingua dominante na área que se estendía entre a Península Ibérica á costa do Mar Negro, e do Magreb ata a Britannia. No declive do Imperio e despois da súa fragmentación e colapso no século V, acelérase a evolución do latín dentro de cada área; finalmente os dialectos diverxen en miríadas de variantes distintas, algunhas delas sobrevivindo ata hoxe en día. Os imperios de ultramar establecidos por España, Portugal e Francia fan que na actualidade o 70% de todos os falantes de linguas de orixe latina fálano fóra de Europa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.