Linguas célticas insulares

O céltico insular é unha das dúas grandes ramas das linguas célticas. Comprende as linguas celtas faladas nas Illas Británicas e tamén o bretón. Algúns considerarán que o bretón, que aínda se fala en Bretaña (norte de Francia), debería ser considerado unha lingua continental. Pero a súa orixe é insular, como se verá despois.

O céltico insular divídese en dous grupos: o irlandés ou goidélico e o británico ou britónico.

Irlandés ou goidélico

"Goídel" en irlandés antigo significa habitante de Irlanda. Esta forma evolucionou ata os nosos días e é o termo "gael" o que se refire a este significado. Polo tanto, é correcto falar do goidélico ou gaélico para referirse a este grupo de linguas celtas insulares.

O céltico irlandés era a única lingua que se falaba en Irlanda no século V, momento en que se empezan a ter datos históricos destas illas. Os outros dous membros deste grupo, o gaélico escocés e o manx xurdiron debido á colonización irlandesa que tivo lugar por aquela época. Aínda que se sabe que houbo colonos irlandeses na zona da actual Gales, non se conservaron pegadas da súa lingua, agás algunhas inscricións.

Británico ou britónico

"Brython" é a palabra galesa con que os habitantes de Gran Bretaña e Bretaña se referían a si mesmos. O britónico tamén se falou na illa de Man, aínda que o dialecto celta falado na actualidade é goidélico.

Os vestixios que se conservan remítennos a unha lingua de raíz posibelmente non indoeuropea que se falaba na zona de Escocia, o picto, que posteriormente foi substituída polo británico. Coa invasión dos irlandeses por un lado e dos ingleses por outro, que a partir do sur de Inglaterra chegaron ata Escocia, formáronse bolsas de falantes que crearon os seus propios dialectos. Así formáronse dúas áreas lingüísticas principais en Escocia: a zona xermánica (escotos, emparentados estreitamente cos ingleses) e a zona irlandesa (erse, termo que os escoceses utilizaron para referirse aos irlandeses ou gaélicos). Houbo un dialecto chamado cúmbrico localizado na fronteira occidental entre Inglaterra e Escocia probabelmente ata o século X, pero non se conservou case nada del.

O británico dominó como lingua na actual Gales, que é a lingua que se coñece hoxe como galés. Tamén se conservou unha forma dialectal do britónico na zona de Cornualles ata o século XVIII, o córnico. Foi desde esta rexión da que partiron numerosos grupos de emigrantes nos séculos V e VI conservando a súa cultura celta, a cal levaron ata o continente Europeo. Estableceron colonias ao noroeste de Francia, na Bretaña. Aínda que é probábel que aínda quedasen vestixios dalgunha lingua céltica continental nesa zona (o galo, por exemplo), sería moi arriscado dicir polas fontes das que se dispoñen e sobre todo pola época, que o galo puidese haber tido algunha influencia clara na lingua.

Celta P

Chámase celta P a un número de linguas célticas faladas na antigüidade e na actualidade que presentan como trazo característico a evolución do fonema indoeuropeo *kw a p:

Así do indoeuropeo *kwetwor temos o galés antigo petguar, o córnico peswar, feminino peder, o bretón pevar, feminino peder e o galo petorritum ‘carro de catro rodas’.

Así, entre as linguas faladas hoxe, formarían parte deste grupo as linguas britónicas das linguas célticas insulares: bretón, galés e córnico. Entre as linguas xa extintas estarían o galo e o lepóntico.

Celta Q

Chámase celta Q a un número de linguas célticas faladas na antigüidade e na actualidade que presentan como trazo característico a conservación do fonema indoeuropeo *kw como tal (aínda que despois se deron procesos de deslabialización nas linguas particulares):

Así do indoeuropeo *kwetwor temos o irlandés antigo ceth(a)ir, feminino cethéoir.

Así, entre as linguas faladas hoxe, formarían parte deste grupo as linguas goidélicas das linguas célticas insulares: irlandés, gaélico escocés e manx. Entre as linguas xa extintas estarían o celtibérico e o galaico

O feito da conservación do arcaísmo non evidencia unha particular relación entre estas linguas, non sendo polo feito de seren todas elas célticas.

Gaels

Gaels (á veces designados por Goidels ou Goidélicos) é un termo que designa aos falantes das linguas célticas gaélicas: irlandés, gaélico escocés e lingua manx. O dialecto gaélico ten orixe en Irlanda, tendo rapidamente unha expansión cara ao oeste e o norte de Escocia e á Illa de Man. Actualmente, como as linguas gaélicas foron significativamente substituídas polo inglés, o termo Gael tamén é empregado polos irlandeses ou polos celtas escoceses, independentemente da súa lingua.

As linguas gaélicas son unha das dúas vertentes das linguas célticas insulares, sendo o outro o das linguas britónicas.

Lingua galesa

A lingua galesa ou galés (Cymraeg ou y Gymraeg en galés, pronunciado /kəmˈrɑːɨɡ/, /ə ɡəmˈrɑːɨɡ/), é a lingua falada polo pobo galés, que é membro da póla britónica das linguas célticas falada en Gales (Cymru), en Inglaterra, nalgúns sitios preto da fronteira galesa, e na colonia de inmigrantes galeses no val de Chubut, na Patagonia arxentina.

Hai tamén falantes de galés ao redor do mundo, especialmente no resto da Gran Bretaña, os Estados Unidos, Canadá, Arxentina e Australia.

Debido ao crecente uso do inglés, o número de falantes de galés ten ido descendendo desde hai décadas. Con todo, de resultas dun número de medidas, entre elas a introdución da Acta da lingua galesa de 1993, o galés vén gozando dun forte rexurdimento nos últimos anos e ten un status de igualdade co inglés no sector público en Gales. É a lingua céltica máis falada.

Ver lingua inglesa de Gales en relación coa lingua inglesa tal e como se fala en Gales.

Lingua protocéltica

O protocéltico ou protocelta, tamén chamado celta común, é o suposto devanceiro de todas as linguas celtas coñecidas. Falado probabelmente por volta de -800, o seu léxico pode ser seguramente reconstruído coa axuda do método comparativo da lingüística histórica. O protocelta é unha lingua descendente directa do protoindoeuropeo e é amplamente considerada como a primeira das linguas indoeuropeas en se espallar na Europa noroccidental e atlántica. A área onde a lingua parece que se tornou primeiro perceptibelmente en protocelta, en oposición ao dialecto centum anterior, corresponde á cultura de Hallstatt, nas extremidades occidentais do Urnfield.

A partir de aproximadamente 800, esa cultura por influencia de elementos traco-cimerios introduciu a Idade de ferro en Europa. Os contemporáneos cimerios son de maneira diversa indicados como os devanceiros dos cimbrios, dos francos sicambres e de Cymru, a pesar de outras etimoloxías explicaren mellor o último termo.

A reconstrución do protocelta está actualmente sendo feita. O céltico continental presenta moitas evidencias fonolóxicas e algunhas morfolóxicas, e o material catalogado é aínda moi escaso para permitir unha reconstrución segura da sintaxe. Malia algunhas frases completas estaren escritas en galo e celtibero, a literatura celta substancialmente mais antiga é encontrada no irlandés antigo, a máis antiga lingua céltica insular rexistrada.

Pobo galés

Os galeses (galés: cymry), son unha nación e grupo étnico nativo de Gales. A súa lingua nativa é o galés, que pertence á familia de linguas célticas insulares, e foi historicamente falada en toda Gales. O seu devanceiro, o britano foi falada en toda a illa de Gran Bretaña. Antes do século XX, unha gran cantidades de galeses falaban só galés, con escasos ou nulos coñecementos do inglés. Malia que o galés se mantivo como a lingua predominante nalgunhas áreas do país de Gales, particularmente no norte e no oeste, o inglés é a lingua predominante en case todo o país. Porén, un número significativo de galeses, mesmo os que viven en áreas predominantemente de fala inglesa son falantes de galés en diversos graos.

Mesmo que a lingua galesa e os seus devanceiros foron falados na actual Gales dende antes da incursión romana en Britania, o historiador John Davies suxire que a orixe da "nación galesa" procede dos séculos IV e V, após a marcha dos romanos. O termo "pobo galés" aplícase ós habitantes de Gales e á xente con devanceiros galeses que se identifican cunha orixe e unha herdanza cultural.No 2016, unha análise xeográfica dos apelidos galeses levada a cabo polo Goberno Galés descubriu que unhas 718 000 persoas (arredor do 35% da poboación galesa) ten un apelido de orixe galesa, comparado co 5,3% no resto do Reino Unido, o 4,7% en Nova Zelandia, o 4,1% en Australia e o 3,8% nos Estados Unidos, o cal representan 16,3 millóns de persoas neses países que teñen cando menos algún devanceiro galés.

Quebec

Este artigo trata da provincia canadense do Quebec. Para o artigo sobre a súa capital véxase Quebec (cidade).O Quebec (en francés: Québec) é unha provincia do Canadá cunha poboación de preto de 7,5 millóns de habitantes. A maioría dos quebequeses falan o francés. A capital do Quebec é a cidade de Quebec e a súa metrópole é Montreal.

Céltico continental
Céltico insular
Mesturadas
Áreas celta-falantes
Educación inmersiva
Reconstrución
Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.