Linguas célticas continentais

As Linguas célticas continentais son as linguas célticas, todas extintas hoxe, que se orixinaron e se falaron no continente europeo (en oposición ao celta insular, que tivo orixe nas illas británicas (das que aínda hoxe se falan seis). Malia que é probábel que os celtas falase ducias de linguas e dialectos diferentes por toda Europa en época prerromana, hoxe só están testemuñados cinco destas linguas:

A expresión celta continental úsase en contraste con céltico insular. Mentres a maioría dos investigadores concordan en que o celta insular é unha rama distinta do celta, que sufriu innovacións lingüísticas comúns, non hai evidencia de que as linguas célticas continentais poidan ser clasificadas deste xeito. De feito, o termo celta continental só se refire ás linguas célticas non insulares: é, xa que logo, unha definición negativa. Como conservamos pouco material desta slinguas celtas continentais a análise da lingüística histórica baseada no método comparativo é difícil de realizar.

Francisco Villar Liébana

Francisco Villar Liébana, nado en Torredonjimeno, Xaén, o 23 de maio de 1942, é un lingüista español especializado en indoeuropeo e paleohispanística, autor de varios traballos fundamentais nestes eidos. É catedrático de lingüística indoeuropea na Universidade de Salamanca.

Lingua celtibérica

A lingua celtibera é unha lingua celta paleohispánica falada no centro da Península ibérica ata polo menos o século I da nosa era nas actuais provincias españolas de Zaragoza, Teruel, Soria, Burgos e Palencia polos celtiberos.

De entre as linguas célticas continentais, o celtibero está peor documentado có galo, pero mellor có lepóntico e o gálata. Á parte de moitas moedas inscritas, foron sobre todo os bronces de Botorrita (ver máis adiante) os que posibilitaron a reconstrución da lingua. Ademais, como en todas as linguas paleohispánicas, existen outras pequenas inscricións e abundantes teónimos, antropónimos e topónimos.

Mallory (1989, p. 106) clasifica o celtibero como unha lingua "celta Q" (coma o goidélico) e non como unha lingua "celta P" (coma o galés). A diferenza baseábase na conservación ou evolución a /p/ do fonema labiovelar xordo /kw/ do indoeuropeo. Actualmente a maioría dos lingüistas refugan esta clasificación.

O celtibero presenta un pronome relativo ios case completamente declinado, que non se conserva en ningunha das outras linguas célticas, e as partículas kue “e”, nekue “nin”, ue “ou”. Coma no galés, existe un subxuntivo en s, gabiseti (antigo irlandés gabid), robiseti, auseti (comparar co umbro ferest).

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Lingua protocéltica

O protocéltico ou protocelta, tamén chamado celta común, é o suposto devanceiro de todas as linguas celtas coñecidas. Falado probabelmente por volta de -800, o seu léxico pode ser seguramente reconstruído coa axuda do método comparativo da lingüística histórica. O protocelta é unha lingua descendente directa do protoindoeuropeo e é amplamente considerada como a primeira das linguas indoeuropeas en se espallar na Europa noroccidental e atlántica. A área onde a lingua parece que se tornou primeiro perceptibelmente en protocelta, en oposición ao dialecto centum anterior, corresponde á cultura de Hallstatt, nas extremidades occidentais do Urnfield.

A partir de aproximadamente 800, esa cultura por influencia de elementos traco-cimerios introduciu a Idade de ferro en Europa. Os contemporáneos cimerios son de maneira diversa indicados como os devanceiros dos cimbrios, dos francos sicambres e de Cymru, a pesar de outras etimoloxías explicaren mellor o último termo.

A reconstrución do protocelta está actualmente sendo feita. O céltico continental presenta moitas evidencias fonolóxicas e algunhas morfolóxicas, e o material catalogado é aínda moi escaso para permitir unha reconstrución segura da sintaxe. Malia algunhas frases completas estaren escritas en galo e celtibero, a literatura celta substancialmente mais antiga é encontrada no irlandés antigo, a máis antiga lingua céltica insular rexistrada.

Céltico continental
Céltico insular
Mesturadas
Áreas celta-falantes
Educación inmersiva
Reconstrución
Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.