Linguas britónicas

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Subdivisións

O grupo britónico teríase separado en dous dialectos:

  1. O britónico suroccidental, protolingua da que derivarían:
  1. O britónico occidental, protolingua da que derivarían:

Entre as linguas mortas estarían o galo e o lepóntico.

Datación

A cuestión da data da separación entre linguas gaélicas e britónicas non está resolta, pero é seguro que estas dúas ramas se diferenciaron antes da aparición dos primeiros textos cobre o ano 600. De resultas da afluencia de falantes de linguas xermánicas a Gran Bretaña durante o século V, algúns falantes de linguas britónicas se instalaron masivamente en Armórica (a Bretaña actual), e, en cantidade menor, en Galiza, e no Leinster en Irlanda. Os falantes de linguas britónicas permaneceron tamén presentes na Escocia meridional durante varios séculos, no norte e o oeste de Inglaterra, e na Illa de Man. Pero o impulso progresivo dos gaélicos (celtas de proveniencia irlandesa) e dos anglosaxóns fixo que os falantes destas linguas se relegasen nos tras países que lles quedan hoxe: a Bretaña, Cornualles, e o País de Gales.

Unha lingua ou dialectos britónicos falouse tamén en Galicia durante a Idade Media no norte da actual provincia de Lugo (antiga provincia de Mondoñedo) e noutras zonas costeiras de Galicia por mor da importante colonia de bretóns que chegaron no Medievo ó noroeste da Península Ibérica fuxindo dende as Illas Británicas da invasión anglosaxoa. Non se conservan textos escritos en galaico-bretón.

Trazos distintivos das linguas britónicas fronte ás linguas goidélicas

Un trazo lingüístico permite distinguir as linguas britónicas das linguas goidélicas: hai unha alternancia entre o fonema «k» (celta Q) particular ao goidélico e os fonemas «p» ou «b» que lles corresponden en britónico (celta P). Nótase ademais que, nas linguas itálicas, curmáns das linguas célticas, o latín é unha lingua con «k» e o osco unha lingua con fonema «p» (comparar quinque e Pompeï).

Véxase tamén

Ligazóns internas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Celta P

Chámase celta P a un número de linguas célticas faladas na antigüidade e na actualidade que presentan como trazo característico a evolución do fonema indoeuropeo *kw a p:

Así do indoeuropeo *kwetwor temos o galés antigo petguar, o córnico peswar, feminino peder, o bretón pevar, feminino peder e o galo petorritum ‘carro de catro rodas’.

Así, entre as linguas faladas hoxe, formarían parte deste grupo as linguas britónicas das linguas célticas insulares: bretón, galés e córnico. Entre as linguas xa extintas estarían o galo e o lepóntico.

Fortriu

Fortriu ou Reino de Fortriu é o nome co que os historiadores se refiren ó antigo reino dos pictos, e a miúdo emprégase para designar ós pictos en xeral. Atopábase con toda probabilidade arredor de Moray e ó leste do Condado de Ross, no norte de Escocia, aínda que tradicionalmente situouse arredor de Strathearn, no Central Belt.

A palabra mesma de "Fortriu" é unha reconstrución moderna. É o hipotético caso nominativo en irlandés antigo do caso xenitivo ou dativo Fortrenn e Fortrinn. A forma picta reconstruída debía ser Uerturio, e de feito dúas das principais tribos pictas eran denominadas polos romanos Uerturiones. O cambio na inicial debeu producirse debido a que os falantes de linguas goidélicas transforman as Ou/V, W ou Gw das linguas britónicas en F (como no caso do gaélico escocés Fionn, do mesma orixe que o galés Gwyn, "branco").

Tradicionalmente, críase que o reino de Fortriu debía estar no centro de Escocia, con capital quizais en Strathearn, até o punto de que a comunidade académica considerábao algo comunmente aceptado. Porén, novas investigacións levadas a cabo polo historiador Alex Woolf parecen eliminar devandito consenso, e mesmo a idea mesma da localización de Fortriu. Como apunta Woolf, a única base para a antiga localización de Fortriu era unha batalla preto de Strathearn na que os "homes de Fortriu" tomaran parte. Este argumento era feble por dous motivos: en primeiro lugar, existen dous Strathearn, un no norte e outro no sur de Escocia; ademais, nada impide que os "homes de Fortriu" estivesen guerreando lonxe do seu propio territorio. Máis aínda, unha enumeración de pobos incluída na Crónica anglosaxoa deixa ben claro que Fortriu situábase ó norte do Mounth (é dicir, dos Montes Grampianos), na área visitada por San Columba. A Profecía de Berchán tamén sinala de que o rei Dub de Escocia morreu na "Chaira de Fortriu". Outra fonte, a Crónica dos reis de Alba, dinos que devandito rei morreu en Forres, unha poboación de Moray. Ademais, certas adicións á Crónica de Melrose confirman que Dubh morreu a mans dos homes de Moray, en Forres.

Gaels

Gaels (á veces designados por Goidels ou Goidélicos) é un termo que designa aos falantes das linguas célticas gaélicas: irlandés, gaélico escocés e lingua manx. O dialecto gaélico ten orixe en Irlanda, tendo rapidamente unha expansión cara ao oeste e o norte de Escocia e á Illa de Man. Actualmente, como as linguas gaélicas foron significativamente substituídas polo inglés, o termo Gael tamén é empregado polos irlandeses ou polos celtas escoceses, independentemente da súa lingua.

As linguas gaélicas son unha das dúas vertentes das linguas célticas insulares, sendo o outro o das linguas britónicas.

Idade de Ferro británica

A Idade de Ferro británica é o nome convencional usado na arqueoloxía da illa de Gran Bretaña, para referirse ás fases da Prehistoria e Protohistoria da cultura da Idade de Ferro, excluíndo tradicionalmente a Prehistoria de Irlanda que tivo unha cultura da Idade de Ferro de seu.A Idade de Ferro británica durou teoricamente dende o primeiro uso importante do ferro para facer ferramentas e armas en Gran Bretaña ata a romanización da metade sur da illa. Esta cultura romanizada da chamada Gran Bretaña romana foi a que suplantou á Idade de Ferro británica. A Idade de Ferro irlandesa rematou coa chegada do cristianismo.

As tribos que poboaban a illa pertencían a ampla cultura celta, máis especificamente á chamada cultura celta insular (en contraste coa cultura celta non insular propia dos pobos do continente como os galos e os celtiberos).

As linguas britónicas e goidélicas forman parte do subgrupo celta insular que está dentro das linguas célticas. O termo lingüístico "celta" non ten unha implicación de unidade cultural sostible que conecte a Galia coas Illas Británicas ó longo da Idade de Ferro.

Lingua bretoa

O bretón (brezhoneg) é unha lingua celta insular de tipo britónico, estreitamente emparentada co córnico. Fálase sobre todo nos territorios occidentais da Bretaña, aínda que se está a recuperar noutras partes do territorio da rexión, mesmo naquelas zonas onde tradicionalmente non se falou ou non se ten falado dende hai varios séculos.

A lingua bretoa tamén tivo unha certa repercusión en Galicia, influíndo sobre a lingua galega e propiciando a aparición dun dialecto mindoniense nos seus asentamentos, que perduraron ata o século XV no norte da actual provincia de Lugo (na comarca de Mondoñedo) e mais nalgunhas outras zonas costeiras de Galicia. Estes asentamentos de colonias bretoas foron derivados da fuxida das Illas Británicas durante a invasión anglosaxoa[Cómpre referencia] cara a terras do noroeste ibérico. Así as cousas, non se conserva texto ningún redactado nunha posíbel ramificación galaica do bretón.

Lingua britónica do suroeste

O britónico sudoccidental é un dos dous dialectos nos que se dividiu a lingua britónica a partir da Batalla de Deorham en 577. O outro dialecto britónico occidental, que despois evolucionaron ata o galés e o cúmbrico.

É o devanceiro común do córnico e o bretón, que na opinión de algúns (como Schrijver) non se converteron en linguas distintas antes do século XII, os termos "córnico antigo" e "bretón antigo" serían máis xeográficos ca lingüísticos.

Algúns dos cambios fonéticos que distinguen o britónico sudoccidental do galés serían:

a elevación de */(g)wo-/ a */(g)wu-/ en sílaba pretónica (elevación que non existiu en galés).

o paso de */ɔː/ a /œː/ (en galés ditongou en /aw/).

o paso de */a/ a */e/ ante */iː/ ou */j/ nunha sílaba final antiga (en galés ditongou en /ei/).Outras diferenzas significativas atópanse en innovacións galesas nas que non participou o britónico sudoccidental, como o desenvolvemento da fricativa lateral alveolar xorda /ɬ/.

Houbo certo interese recentemente nesta lingua, especialmente en Devon, e de aí xurdiu un estudo como A Handbook of West Country Brythonic: The Forgotten Celtic Tongue of South West England C.700 A.D. (Old Devonian) autopublicado por Joseph Biddulph. A obra de Biddulph foi recibida con críticas por non ter un teor suficientemente académico e por tratarse dunha lingua construída máis que da reconstrución dunha lingua seguindo o método comparativo.

Lingua córnica

A lingua córnica (en córnico: Kernewek) ou córnico pertence ao grupo das linguas britónicas dentro das linguas celtas (O britónico tamén inclúe o galés, bretón, o extinguido cúmbrico e quizais o ivérnico). O gaélico escocés, irlandés e manx pertencen ao grupo Goidélico. O córnico comparte o 80% do seu vocabulario básico co bretón. O córnico empregouse como lingua falada ata finais do século XVIII sendo a súa derradeira falante nativa Dolly Pentreath, e foi revivida outra vez no século XX. No 2006 estimouse que había 3.500 falantes de córnico nun nivel básico, e aproximadamente uns 500 que o falan de maneira fluída.

Lingua inglesa

A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés. O inglés é a lingua oficial ou unha das linguas oficiais de case 60 estados soberanos. É a lingua máis falada no Reino Unido, nos Estados Unidos, no Canadá, en Australia, Irlanda e Nova Zelandia e está moi estendida nalgunhas áreas do Caribe, África e sur de Asia. É a terceira lingua nativa máis falada do mundo, despois do mandarín e do castelán. É tamén a segunda lingua máis aprendida e lingua oficial da Nacións Unidas, da Unión Europea, e de moitas outras organizacións mundiais e rexionais. É a lingua xermánica máis falada, representando polo menos o 70% dos falantes desta póla da familia indoeuropea.

O inglés desenvolveuse ó longo de máis de 1 400 anos. As formas máis antigas do inglés, unha serie de dialectos anglofrisios, chegaron a Gran Bretaña polos colonos anglosaxóns no século V, son chamadas inglés antigo. O inglés medio desenvolveuse no século XI coa conquista normanda de Inglaterra, nun período no que a lingua foi influída polo francés. O inglés moderno comezou a finais do século XV coa introdución da imprenta en Londres, a Biblia do Rei Xacobe e o comezo da Gran mudanza vocálica. A través da influencia mundial do Imperio Británico, o inglés moderno espallouse por todo o globo dende o século XVII até a metade do século XX. A través dos diversos medios impresos e electrónicos, así como o xurdimento dos Estados Unidos como superpotencia mundial, o inglés converteuse na lingua principal das relacións internacionais e a lingua franca en moitas rexións e en contextos profesionais como a ciencia, a navegación e a lei.O inglés moderno ten pouca flexión en comparanza con outras linguas, e susténtase moito en verbos auxiliares e na orde de palabras para a expresión de tempos complexos, aspectos e modo, así como de construcións pasivas, interrogativas e algunhas negacións. Malia as notables variacións dos acentos e dialectos do inglés empregados en diferentes rexións e países – en termos de fonética e fonoloxía, e ás veces en vocabulario, gramática e deletreo – os falantes de inglés en todo o mundo son quen de comunicarse cos outros con relativa facilidade.

Lingua paleoirlandesa

O paleoirlandés ou irlandés primitivo é a forma máis antiga coñecida da lingua irlandesa, só coñecida a partir de fragmentos, na súa meirande parte nomes persoais, gravados en pedra no alfabeto oghámico en Irlanda e na Britania occidental ao redor do século VI.

As inscricións oghámicas transcritas, que carecen de letra para o fonema /p/, amosan que o primitivo irlandés era moi semellante en morfoloxía e inflexións ao galo, latín, grego e sánscrito. Ten poucas das características distintivas do irlandés moderno e é difícil recoñecelo como unha forma do irlandés.

Lingua picta

A lingua picta era a lingua dos antigos pictos, na actual Escocia. Os únicos restos desta lingua están en topónimos, nomes propios atopados nos monumentos e nos rexistros da época. Na súa máxima extensión debeu falarse desde as Shetland ata Fife.

A clasificación da lingua picta é algo controvertido aínda. Influente é o parecer que nunha revisión sobre o picto fixo Jackson, quen considerou que o picto podía non ser celta ou ter un substrato non céltico. Con todo Forsyth non está de acordo.

Lingua protocéltica

O protocéltico ou protocelta, tamén chamado celta común, é o suposto devanceiro de todas as linguas celtas coñecidas. Falado probabelmente por volta de -800, o seu léxico pode ser seguramente reconstruído coa axuda do método comparativo da lingüística histórica. O protocelta é unha lingua descendente directa do protoindoeuropeo e é amplamente considerada como a primeira das linguas indoeuropeas en se espallar na Europa noroccidental e atlántica. A área onde a lingua parece que se tornou primeiro perceptibelmente en protocelta, en oposición ao dialecto centum anterior, corresponde á cultura de Hallstatt, nas extremidades occidentais do Urnfield.

A partir de aproximadamente 800, esa cultura por influencia de elementos traco-cimerios introduciu a Idade de ferro en Europa. Os contemporáneos cimerios son de maneira diversa indicados como os devanceiros dos cimbrios, dos francos sicambres e de Cymru, a pesar de outras etimoloxías explicaren mellor o último termo.

A reconstrución do protocelta está actualmente sendo feita. O céltico continental presenta moitas evidencias fonolóxicas e algunhas morfolóxicas, e o material catalogado é aínda moi escaso para permitir unha reconstrución segura da sintaxe. Malia algunhas frases completas estaren escritas en galo e celtibero, a literatura celta substancialmente mais antiga é encontrada no irlandés antigo, a máis antiga lingua céltica insular rexistrada.

Linguas célticas

As linguas célticas son as linguas que descenden do protocéltico, ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística indoeuropea. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda Europa, dende a baía de Biscaia e o mar do Norte, entre o Rin e o Danubio ata o Mar Negro e a parte alta da península dos Balcáns, e mesmo Asia Menor (Galacia).

Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das Illas Británicas, ao leste do Canadá, a Patagonia, algúns grupos nos Estados Unidos e Australia, e na península de Bretaña. Actualmente fálanse en Europa seis linguas célticas, dúas delas "recuperadas" despois de desapareceren completamente. Das seis só o gaélico irlandés é oficial en Irlanda. O gaélico escocés e, máis ca ningún o galés posúen certo status legal e protección. O bretón continental fica desprotexido mentres perde falantes e o córnico e o manés están rexurdindo despois de se daren por extintos.

Linguas goidélicas

As linguas goidélicas ou gaélicas forman unha familia de linguas célticas, distinta do grupo das linguas britónicas. Cando falamos só de gaélico, adoitamos referirnos ao gaélico irlandés ou lingua irlandesa (Gaeilge), para falarmos do gaélico de Escocia dicimos gaélico escocés (Gàidhlig). Estas linguas comprenden:

o irlandés (así como o antigo irlandés)

o escocés

o manxEntre as linguas xa extintas estarían o celtibérico e o galaico.

Tamén pode aparecer a palabra gaélico para referirise ao grupo de linguas celtas que teñen como trazo distintivo o feito de non teren pasado a labiovelar herdada do indoeuropeo a /p/: tamén se poden denominar linguas goidélicas ou linguas celtas Q. Serían o irlandés, o gaélico escocés e o manx. As outras linguas conforman o linguas celtas P ou britónicas.

O caso do shelta está suxeito a discusión: malia que polo léxico a lingua se aproxima ao irlandés, trátase no fondo dunha lingua sintacticamente xermánica.

Pictos

Pictos (latín picti) é o nome que se lle dá aos antigos caledonios que vivían na moderna Escocia. Foron un grupo de pobos celtas da Idade de Ferro británica e o Baixo Medievo que viviron no leste e no norte de Escocia. Ammiano Marcelino preséntaos divididos en dúas tribos en tempos do emperador Flavius Iulius Constante: os dicalidóns (dicalidonae) e os verturións (verturiones) e aliados cos attacoti (do gaélico athach tuatha, que significa pobo ou xente que paga rendas, oposto a xente ceibe) e cos escotos. O seu nome significaba "pintado" e debíase ao costume dos caledonios de pintarse para o combate. Pictia ou Pictavia (Pictland en inglés) convértese no reino de Alba (Escocia) durante o século X, co que os pictos pasan a ser coñecidos como Albannach ou escoceses.

Hai unha asociación coa distribución xeográfica de fíbulas, nomes de lugares britónicos e pedras pictas. Os pictos son rexistrados desde antes da conquista romana de Britania ata o século X, momento no que se pensa que se mesturaron cos Gaels. Vivían ó norte dos ríos Forth e Clyde, e falaban a extinta lingua picta, a cal se pensa que estaba relacionada coas linguas britónicas faladas polos pobos do sur. Asúmese que son os descendentes dos antigos Caledonii e outras tribos nomeadas polos historiadores romanos, atopados tamén no mapamundi de Tolomeo. Pictia ou Pictavia, mesturouse gradualmente co reino gaélico de Dál Riata para formar o Reino de Alba (Escocia). Alba expandiuse, absorbendo os reinos de Strathclyde e Lothian, e no século XI, a identidade dos pictos foi incluída na amálgama de pobos que son os escoceses.

A arqueoloxía dá algunhas aproximacións sobre a sociedade dos pictos. A pesar de que sobreviviu moi pouco da súa forma de escritura, a historia deste pobo, a partir do século IV, é coñecida por unha grande variedade de fontes, incluíndo haxiografías como a de San Columba de Iona, así como varios Anais irlandeses. Aínda que a impresión popular sobre os pictos pode ser a dun pobo escuro e misterioso, non é así en absoluto. A historia e a sociedade pictas son semellantes ás dos pobos de Europa Central, Setentrional ou Oriental na Antigüidade ou na Alta Idade Media cando se os compara con eles.

Pobo bretón

Os bretóns son un grupo étnico que habita na rexión histórica da Bretaña, en Francia. A súa orixe como pobo procede dos grupos de britónicos que emigraron dende o suroeste de Gran Bretaña, incluíndo Cornualles, para fuxir da invasión dos pobos xermánicos. Tamén descenden dos antigos galos e en menor medida dos viquingos. Emigraron en diversas ondas dende o século III até o IX (a maioría entre os anos 450 e 600) cara a Armórica, que foi chamada Bretaña por eles.A lingua tradicional deste pobo é o bretón (brezhoneg), falado na Baixa Bretaña (a parte máis occidental da península). Hoxe, o bretón é falado por menos de 200 000 persoas. A outra lingua propia dos bretóns é o galó, unha lingua que só se fala Alta Bretaña, onde o bretón é menos dominante. Como unha das linguas britónicas, o bretón está estreitamente relacionado co córnico e máis forma máis distante co galés, mentres que o galó é unha lingua de oïl románica. No presente, a lingua nativa da maioría dos bretóns é o francés.

Yr Hen Ogledd

Yr Hen Ogledd é unha expresión galesa que significa 'O Vello Norte' e que se refire aos reinos britanos posteriores aos romanos situados no que hoxe é o norte de Inglaterra (incluíndo Cumbria e o sur de Escocia. Pode ser que o cúmbrico, un dialecto da linguas britónicas moi parecido ao galés, fose a lingua falada polos Homes do Norte (Gwŷr y Gogledd en galés).

Céltico continental
Céltico insular
Mesturadas
Áreas celta-falantes
Educación inmersiva
Reconstrución
Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.