Lingua yiddish

O yiddish[1][2] é unha das linguas empregadas polo pobo xudeu. A súa orixe non está clara pero crese que saíu da fusión entre dialectos hebreos e linguas xermánicas. O yiddish, ao revés que o hebreo, foi amplamente usado pola poboación xudía asquenací para a vida diaria (o hebreo era reservado para a liturxia). Co renacemento da lingua hebrea a principios do século XX dentro dos movementos sionistas, o yiddish comezou a ser deixado de lado. Aínda que no estado de Israel as linguas oficiais son o hebreo e o árabe, o yiddish segue a ter o seu grupo de falantes hoxe en día.

Yiddish
ייִדיש
Pronuncia:[ˈjɪdɪʃ]
Falado en:
Rexións:
Total de falantes: 1 800 000 (est.)
Posición: Non está entre as 100 primeiras
Familia: Indoeuropeo
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Yiddish
Escrita: Baseada no alfabeto hebreo
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Oficial no Oblast Autónomo Hebreo
Regulado por: YIVO (non oficial)
Códigos de lingua
ISO 639-1: yi
ISO 639-2: yid
ISO 639-3: yid

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para yiddish.
  2. "yiddish". TERGAL. Consultado o 22/03/2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aharon Appelfeld

Aharon Appelfeld (en hebreo: אהרן אפלפלד

), nado Ervin Appelfeld en Stara Zhadova o 16 de febreiro de 1932, foi un escritor israelí.

Edward Sapir

Edward Sapir, nado en Lauenburg (daquela pertencente a Pomerania) o 26 de xaneiro de 1884 e finado en New Haven (Connecticut) o 4 de febreiro de 1939, foi un lingüista estadounidense de orixe alemá. Foi o fundador, xunto con Leonard Bloomfield, do estruturalismo norteamericano.

Elie Wiesel

Eliezer Wiesel, nado en Sighetu Marmației o 30 de setembro de 1928 e finado en Nova York o 2 de xullo de 2016, foi un escritor romanés sobrevivente dos campos de concentración nazis. Adicou toda a súa vida a escribir e falar sobre os horrores do Holocausto, coa firme intención de evitar que se repita no mundo unha barbarie semellante. Foi galardoado co Premio Nobel da Paz en 1986.

Fritz the Cat (filme)

Fritz the Cat é unha película estadounidense animada de 1972 escrita e dirixida por Ralph Bakshi, o seu filme debut. Baseado na tira cómica do mesmo nome de Robert Crumb, o filme foi a primeira animación en recibir a clasificación X nos Estados Unidos. Relata as aventuras de Fritz (coa voz de Skip Hinnant), un felino antropomorfo de mediados dos sesenta en Nova York que explora o hedonismo e o coñecemento sociopolítico. É unha sátira da vida universitaria da época, das relación raciais, do movemento do amor libre e da política da esquerda e da dereita. Fritz the Cat é o maior éxito do cinema animado independente de todos os tempos, que recadou arredor de cen millóns de dólares por todo o mundo.O filme tivo unha produción problemática e unha controvertida estrea. Crumb estivo en desacordo cos realizadores sobre o contido político do filme. with the filmmakers over the film's political content. Fritz the Cat foi controvertido pola súa clasificación X e polo seu contido, que moitos encontraron ofensivo para o seu tempo. O seu éxito axudou para facer outras moitas películas animadas irreverentes, así como unha secuela, The Nine Lives of Fritz the Cat, aínda que sen a implicación de Crumb e Bakshi.

Historia dos xudeus de Tesalónica

A historia dos xudeus de Tesalónica é a historia da comunidade xudía, principalmente sefardí, que habitou a cidade grega de Tesalónica, tamén chamada Salónica, dende a súa chegada á cidade a finais do século XV ata a súa aniquilación case completa durante a segunda guerra mundial. A comunidade xudía foi durante varios séculos maioritaria na cidade, o que converte a Tesalónica no único caso coñecido de cidade da diáspora con predominio xudeu.

Os xudeus están indisolublemente unidos á historia de Tesalónica, e a influencia da comunidade hebrea desta cidade, tanto na orde cultural como na económica, deixouse sentir en todo o mundo sefardí. Chegaron á cidade, procedentes de España, en 1492 por causa do decreto de expulsión dos xudeus. Durante o século XVI e baixo dominio otomán, a poboación xudía de Tesalónica viviu unha idade de ouro, seguida dun relativo declive ata mediados do XIX, época na cal emprendeu unha importante modernización, tanto económica coma cultural. A historia dos xudeus de Tesalónica tomou un rumbo tráxico no século XX, tras a aplicación da solución final polo réxime nazi, que se traduciu na eliminación física da inmensa maioría dos membros da comunidade.

I. L. Peretz

Isaac Leib Peretz (hebreo: יצחק־לייבוש פרץ

יצחק־לייבוש פרץ) máis coñecido como I. L. Peretz, nado en Zamość 18 de maio de 1852 e finado en Varsovia o 3 de abril de 1915, foi un escritor polaco en lingua yiddish, un dos grandes clásicos da literatura yiddish.

Isaac Bashevis Singer

Isaac Bashevis Singer (en yidish: יצחק באַשעװיס זינגער), nado en Leoncin ou Radzymin, segundo algunhas fontes (Polonia, nesa época parte do Imperio ruso) o 21 de novembro de 1902 e finado en Miami, Florida o 24 de xullo de 1991, foi un escritor xudeu e cidadán polaco. En 1978 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.

Linguas de Suecia

O sueco é, dende 2009, a lingua oficial de Suecia. O sueco, unha lingua xermánica do norte bastante semellante ó danés e ao noruegués, é falado pola inmensa maioría da poboación, e é ademais a lingua do pobo sueco.

Mordechai Gebirtig

Mordechai Gebirtig, nado Mordekhai Bertig (Cracovia, 1877 — 1942), foi un poeta e compositor en lingua yiddish, coñecido sobre todo pola canción, "S'brent", escrita en 1938 en resposta ó pogrom contra os xudeus en 1936 na pequena vila de Przytyk. O tema cantouse nos guetos durante o nazismo. Desde aquela a canción, tanto en yiddish como na súa tradución en hebreo,"Ha-Ayyarah Bo'eret", continúa a se interpretar nas conmemoracións do Holocausto.

O Gólem

O Gólem (en inglés: The Golem) é unha novela escrita en 1969 por Isaac Bashevis Singer que foi publicada en The Jewish Daily Forward. Orixinalmente escrito en lingua yiddish, foi rescrito e traducido ó inglés en 1981.

Foi traducido ó galego por Anxo Romero Louro e foi publicado por Edicións Xerais no ano 1989, na colección Grandes do noso tempo.

Once Upon a Time in America

Once Upon a Time in America é unha coprodución cinematográfica italo-estadounidense de 1984, dirixida por Sergio Leone, protagonizada por Robert De Niro, James Woods, Elizabeth McGovern, Jennifer Connelly, James Hayden, Brian Bloom, William Forsythe, Adrian Curran, Tuesday Weld, Joe Pesci, Treat Williams, James Russo, Burt Young e Danny Aiello nos papeis principais.

One of Us (filme de 2017)

One of Us é un filme documental estadounidense de 2017 dirixido por Heidi Ewing e Rachel Grady, quen tamén crearon o documental Jesus Camp. Conta as vidas de tres membros da comunidade de xudeus hasídicos de Brooklyn. One of Us estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto en setembro de 2017, e foi distribuído internacionalmente a través de Netflix, que tamén financiou o filme.

Saul fia

Saul fia é un filme húngaro dramático dirixido por László Nemes e co-escrito por Nemes e Clara Royer que foi estreado no 2015. Está ambientado no campo de concentraciónde Auschwitz durante a Segunda Guerra Mundial, e segue un día e medio da vida de Saul Ausländer (interpretado por Géza Röhrig), un húngaro membro do Sonderkommando.Foi estreado no Festival de Cannes 2015, onde gañou o Grand Prix. Tamén foi estreado na sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto. Foi o gañador do premio ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos Oscar. É o noveno filme húngaro en ser nomeado a este premio, e o primeiro dende Hanussen de István Szabó en 1988. É o segundo filme húngaro en gañar o premio, despois de Mephisto de Szabó en 1981. Tamén gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa, converténdose no primeiro filme húngaro en gañar este premio.

Schalom Asch

Sholem Asch, nado en Kutno (Polonia) o 1 de novembro de 1880 e finado en Londres o 10 de xullo de 1957, foi un escritor norteamericano de lingua yiddish.

Shmuel Yosef Agnon

Shmuel Yosef Agnon (en hebreo שמואל יוסף עגנון), nado o 17 de xullo de 1888 en Buczacz, Reino de Galicia e Lodomeria (Imperio Austrohúngaro, hoxe Ucraína) e finado o 17 de febreiro de 1970 en Xerusalén (Israel), foi un escritor israelí de lingua hebrea, premio Nobel de Literatura en 1966.

Shoah (filme)

Shoah é un filme documental francés de 1985 sobre o Holocausto, dirixido por Claude Lanzmann. Ten unha duración de nove horas e tomou 11 en ser rodado. O filme presenta as entrevistas de Lanzmann a superviventes, testemuñas e perpetradores do Holocausto durante as visitas ós lugares do exterminio en Polonia, incluíndo campos de exterminio.Estreado en París en abril de 1985, Shoah conseguiu a aclamación da crítica e numerosos galardóns de prestixio, incluíndo o Premio do Círculo de Críticos de Nova York ó mellor filme de non ficción, e o BAFTA ó mellor documental. Simone de Beauvoir describiuno como unha "auténtica obra mestra", mentres que o documentalista Marcel Ophüls considerouno "o mellor documental sobre a historia contemporánea xamais feito". O filme non foi ben recibido en Polonia e o goberno polaco argumentou que acusaba a Polonia de "complicidade co xenocidio nazi".

Sholem Aleichem

Solomon Naumovich Rabinovich, máis coñecido polo sobrenome literario de Sholem Aleichem (Yiddish e hebreo: שלום־עליכם

, ruso e ucraíno: Шо́лом-Але́йхем), nado en Pereiaslav o 2 de marzo de 1859 e finado en Nova York o 13 de maio de 1916, foi un escritor e dramaturgo en lingua yiddish, considerado un dos fundadores da literatura yiddish moderna.

Uri Zvi Greenberg

Uri Zvi Greenberg (Lvov, 1896 — 1981), foi un poeta e político israelí.

Nado no seo dunha familia hasídica, recibiu unha educación relixiosa tradicional. Escribiu os seus primeiros poemas, en hebreo e yiddish, antes dos vinte anos. En 1915 serviu no exército austríaco ata que en 1917 desertou e volveu a Lvov, onde a experiencia dos pogroms de novembro de 1918 marcaríao para o resto da súa vida. Ata 1924 viviu en Varsovia e Berlín e continuou a escribir en yiddish e hebreo, pero nese ano marcha a Israel e escribe unicamente en hebreo.

Nos primeiros anos en Israel vencellouse ao Partido Laborista e escribiu regularmente en Davar, o diario laborista, pero na fin da década achégase ao movemento revisionista, logo dos disturbios en Palestina de 1929 convértese no representante do revisionismo en Polonia.

Despois da ocupación alemá de Polonia, Greenberg consegue escapar a Israel, pero o resto da súa familia falece no Holocausto. En Palestina foi membro do Irgun, e logo da creación do Estado de Israel, foi deputado o partido Herut na primeira Knesset

Nórdicas
Occidentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.