Lingua xeorxiana

O xeorxiano[1] (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso. O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).

Clasificación

O xeorxiano é a máis falada entre as linguas caucásicas do sur, familia que tamén inclúe svanuri e mingreliano (faladas principalmente ao noroeste de Xeorxia) e laz (falada ao longo da costa do Mar Negro de Turquía, desde Rize ata a fronteira con Xeorxia.

Dialectos

Entre os principais dialectos do xeorxiano están: Imeretiano, Racha-Lechkhumiano, Guriano, Adxarano, Imerkheviano (en Turquía), Kartliano, Kakhetiano, Inxilo (en Acerbaixán), Tush, Khevsur, Mokheviano, Pshaviano, Fereidano (tamén en Irán), Mtiuletiano e Meskhetiano.

Historia da lingua

Crese que o xeorxiano se diferenciou do mingreliano e do laz no III milenio antes da nosa era. En base ao grao da mudanza, algúns lingüistas, tales como G. Klimov, T. Gamkrelidze e G. Machavariani expuxeron a posibilidade de que o comezo do cambio ocorrera no II milenio a.d.C ou máis cedo, diferenciando o svanuri das outras linguas. As linguas mingreliana e laz diferenciáronse do xeorxiano aproximadamente un milenio máis tarde.

O xeorxiano ten unha prolífica tradición literaria. O texto escrito máis antigo en xeorxiano que aínda se conserva é o "Martirio do Santo Shushaniki, da Raíña" (C'amebax c'midisa Shushanik'isi, dedoplisa) escrito por Iakob Tsurtaveli, datado no século V.

Xeorxiano
ქართული
ქართული
Pronuncia:Kartuli
Falado en: Xeorxia, Irán, Acerbaixán, Turquía, Rusia
Rexións: Europa, Asia
Total de falantes: 6,3 millóns
Posición: Vexa [1]
Familia: Linguas kartvelianas
 Xeorxiano
Escrita: Alfabetos xeorxianos
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Xeorxia
Regulado por: sen regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: ka
ISO 639-2: geo (B)kat (T)
ISO 639-3: kat
SIL: GEO
Idioma georgiano

Alfabeto

O alfabeto moderno ten 33 letras. Nun principio tiña máis, pero algunhas delas ficaron obsoletas.

Historia do alfabeto

A forma máis antiga do alfabeto xeorxiano, o alfabeto Asomtavruli ("capital"), foi creado o -412 a.d.C por curas xeorxianos do culto de Matra ( Mithra de Persia). O alfabeto Asomtavruli sufriu reformas no ano -284 adC feitas polo rei Pharnavaz I de Iberia.

O alfabeto Asomtavruli, tamén coñecido como Mrgvlovani ("redondeado"). Aínda hoxe consérvanse mostras deste alfabeto en inscricións monumentais, tales como as que se atopan na igrexa xeorxiana de Bolnisi Sioni preto de Tbilisi (dos séculos IV ou V). Incluso se atoparon mostras máis antigas, que datan do século III adC ao século III dC, en Armaztsikhe (preto de Mtskheta) e Nekresi (na rexión de Kakheti ao Este de Xeorxia), en 1940 e desde 1995 ata o 2003 expedicións científicas realizadas por Simon Janashia (1900-1947) e Levan Chilashvili [2]. As inscricións do Armaztsikhe foron estudadas por Pavle Ingorokva.

Os alfabetos Nuskhuri ("minúscula") ou Kutkhovani ("cuadriculado") apareceron nun comezo no século IX. Asomtavruli e Nusxuri, coñecidos como Khutsuri (ხუცური, ou "escritura eclesiástica"), foron usados para escribir manuscritos relixiosos, utilizando o Asomtavruli para escribir as maiúsculas.

O alfabeto moderno, chamado Mxedruli (მხედრული, "secular" ou "escritura militar"), apareceu por primeira vez no século XI. Utilizábase con fins non relixiosos ata o século XVIII, que foi cando substituíu por completo ao Khutsuri. Os lingüistas considérano como fonémico.

Fonoloxía

Consoantes

  Bilabial Dental Palatal Velar Consoante Postvelar1 Uvular Glotal
Oclusiva p b
ფ ბ პ
t d
თ დ ტ
k g
ქ გ კ

Fricativa v
s z
ს ზ
ʃ ʒ
შ ჟ
ɣ̠
ხ ღ
h
Africada   ʦ ʣ ʦʼ
ც ძ წ
ʧ ʤ ʧʼ
ჩ ჯ ჭ
Nasal m
n
         
Líquida l, r
ლ, რ

ა /a/ pronúnciase igual que nas palabras: mar, pai etc.

ბ /b/ bourar

გ /g/ Galiza,guia etc.

დ /d/ dedo, maduro etc.

ე /e/ español, meta etc.

ვ /v/ pronunciase como "v" na palabra inglesa "voice", é distinta do "b".

ზ /z/ pronunciase como "z" na palabra inglesa "zoo", distinta do "z" galego.

თ/t'/ pronunciase como "t" na palabra inglesa "toy", distinta do "t" galego, é máis lene.

ი /i/ inglés, dito etc.

კ /k/ kilo, coite etc.

ლ /l/ lea, pelo, é un pouco máis forte que o "l" galego.

მ /m/ mamá, amor etc.

ნ /n/ nulo etc.

Vogais

ɪ   ʊ
ɛ   ɔ
  a  

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeorxiano.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Pavle Ingorokva. Inscricións antigas en xeorxiano.- Boletín de ENIMK, vol. X, Tbilisi, 1941, pp. 411–427 (en xeorxiano)
  • Zaza Aleksidze. Epistoleta Tsigni, Tbilisi, 1968, 150 pp (en xeorxiano).
  • Korneli Danelia, Zurab Sarjveladze. Cuestións sobre a paleografía do xeorxiano, Tbilisi, 1997, 150 pp (en xeorxiano, sumario en inglés).
  • Elene Machavariani. Grafía do alfabeto xeorxiano, Tbilisi, 1982, 107 pp (en xeorxiano, sumario en francés).

Ligazóns externas

Alfabetos xeorxianos

A lingua xeorxiana historicamente empregou tres denominados alfabetos xeorxianos, sendo o Mxedruli o alfabeto actualmente usado para escribir o xeorxiano, e outras linguas do Cáucaso.

Artur

Artur é un nome propio masculino de orixe celta na súa variante en galego. O seu significado é "Gardián da osa", referíndose á constelación, malia poder tamén ser interpretado noutras ocasións coma "oso forte" ou "oso nobre". O Rei Artur é un personaxe moi soado da literatura europea, especialmente na inglesa, mais popular tamén na galega pola influencia céltica; e que tamén pode ser atopado na literatura latina; onde aparece coma o monarca ideal, tanto na guerra como na paz, polos seus valores como estratego da armada inglesa. Conta coa variante galega Artús.

Besiki

Besarion Zakarias dze Gabashvili (xeorxiano: ბესარიონ ზაქარიას ძე გაბაშვილი), máis coñecido polo sobrenome literario de Besiki (xeorxiano: ბესიკი), nado en Tbilisi 1750 e finado o 25 de xaneiro de 1791 en Iaşi, foi un poeta, político e diplomático xeorxiano, coñecido como autor de poemas amorosos e odas heroicas.

Caligrafía xeorxiana

A caligrafía xeorxiana (xeorxiano: ქართული კალიგრაფია) é unha forma de caligrafía, ou escrita artística da lingua xeorxiana usando os seus tres alfabetos.

Damián

Damián é un nome propio masculino de orixe grega na súa variante en galego. Procede do grego Δαμιανός (tronzador), de δαμάζω (tronzar). Ten, polo tanto, a mesma orixe etimolóxica que Dámaso.

Inscricións de Bir El Qutt

As inscricións de Bir El Qutt (xeorxiano: ბირ ელ ყუტის წარწერები) son inscricións en lingua xeorxiana utilizando a escrita Asomtavruli que se descubriron ao escavar un mosteiro xeorxiano en 1952 o equipo do arqueólogo italiano Virgilio Canio Corbo nas proximidades de Bir El Qutt, a 6 km ao sueste de Xerusalén e 2 km ao norte de Belén. Estaban localizadas nun piso de mosaico. Dúas das inscricións datan do 430 d.C. e a terceira do 532 d.C.O mosteiro onde se atopan as inscricións fundouno, ou reconstruíuno, o príncipe real e filósofo Pedro de Iberia, unha das inscricións menciónano con seu pai. A outra inscrición cita a Bacurio de Iberia que podería ser o avó de Pedro.As inscricións 1 e 2 están consideradas as máis antigas en xeorxiano e consérvanse no museo do Studium Biblicum Franciscanum en Xerusalén, así e todo a inscrición mencionando a Pedro perdeuse.

Lingua xásica

O xásico (en húngaro jász, en ruso jas) era en realidade un dialecto do oseto antigo ou alano falado por unha tribo alana nómade asentada en Hungría no século XIII. Xásico vén do iranio: Iyasi Osset e de aí pasa ao ruso moderno coma oseto, por iso se lles chama osetos aos alanos de Iristán (Osetia), sendo preferible seguir a etimoloxía autóctona IR = alano.

O pobo xásico entrou en Hungría xunto cos cumanos, fuxindo da presión dos tártaros. Foron admitidos polo rei húngaro Béla IV coa esperanza de poderían axudarlles na loita contra a invasión dos tártaros, pero a relación non foi boa entre a nobreza húngara e as tribos cumana-xásicas tendo que abandonar o país. Tras o fin da ocupación tártara regresaron e asentáronse na parte central da Chaira húngara.

Durante os dous séculos seguintes foron asimilados pola poboación húngara e a súa lingua desapareceu, pero a identidade xásica consérvase, e parece ser que chegan a manter unha certa autonomía ata 1876.

Preto dunha ducia de poboacións no centro de Hungría conservan aínda o nome da tribo: Jászberény, Jászárokszállás, Jászfényszaru etc.

A única mostra literaria en lingua xásica foi atopada nos anos 50 na Biblioteca Nacional Húngara de Széchényi. Grazas as analoxías co iriano moderno (oseta) a lingua puido ser interpretada.

Linguas kartvelianas

As linguas kartvelianas (en xeorxiano: ქართველური ენები), tamén coñecidas como linguas ibéricas e antigamente linguas caucásicas meridionais, son unha familia lingüística do Cáucaso falada principalmente en Xeorxia, con grandes grupos de falantes en Rusia, Irán, os Estados Unidos de América, a Unión Europea, Israel, e as zonas nororientais de Turquía. Hai uns 5,2 millóns de falantes de linguas kartvelianas en todo o mundo.

Son coñecidas por non estar relacionadas con ningunha outra lingua do mundo, sendo unha das familias de linguas principais. A primeira fonte literaria nunha lingua kartveliana son as inscricións de Bir El Qutt en lingua xeorxiana, escritas na antiga escritura Asomtavruli nun mosteiro xeorxiano preto de Belén, que data do ano 430.Os alfabetos xeorxianos son un sistema de escrita empregado para escribir tódalas linguas kartvelianas, malia que a lingua laz tamén é escrita en alfabeto latino en Turquía.

Mandariinid

Mandariinid (en xeorxiano: მანდარინები; en estoniano: Mandariinid) é un filme xeorxiano-estoniano de 2013. Está dirixida, producida e escrita por Zaza Urushadze (Director de cinema e guionista xeorxiano). O filme leva unha mensaxe pacifista e examina realidades do tempo da guerra en canto ao sentido de como ser humano. Foi filmada en Guria, Xeorxia.

O filme foi nomeado ao Mellor filme de Lingua Estranxeira na 87ª edición dos Oscar.

Michel Tamarati

Michel Tamarati, nado como Mikheil Tamarashvili (en xeorxiano: მიხეილ თამარაშვილი) en setembro de 1858 en Akhaltsikhe (Imperio Ruso) e finado o 16 de setembro de 1911 preto de Santa Marinella, foi un sacerdote católico xeorxiano e historiador, coñecido especialmente pola súa amplamente citada historia do cristianismo en Xeorxia. Finou ao tratar de rescatar a un home que se estaba a afogar preto de Santa Marinella, en Italia.

Osetia do Norte-Alania

Osetia do Norte-Alania ás veces tamén escrito Ossetia do Norte-Alania, (en ruso Респу́блика Се́верная Осе́тия–Ала́ния, Respúblika Sevèrnaia Osètia-Alània; en oseto Цӕгат Ирыстоны Аланийы Республикӕ, Căgat Irystony Alanijy Respublikă) é unha república caucásica da Federación Rusa. Ten unha extensión de 8.000 km² e unha poboación de 678.600 habitantes (2000). A súa capital é Vladikavkaz (en oseto Дзæуджыхъæу ("Dzæudjyqæu") «Vila (asentamento) dos Dzaus ou Dzaugas». Os osetos falan unha lingua próxima ó persa chamada oseto, alano ou iratí. Existe tamén en Xeorxia outra república de osetos denominada Osetia do Sur, ademais dalgún municipio ao sur de Xeorxia.

Pharnavaz I de Iberia

Pharnavaz (xeorxiano: ფარნავაზი) foi o primeiro rei de Kartii, un antigo reino xeorxiano coñecido como Iberia nas fontes clásicas. Segundo os rexistros escritos xeorxianos medievais foi o fundador do reino e da dinastía Pharnavaziana. Non se coñece a data exacta do seu reinado, que podería variar entre o 302–237 a. C. segundo Vakhushti de Kartli, 299–234 a. C. para Cyril Toumanoff ou 284–219 a. C. consonte Pavle Ingorokva.

Simindis k'undzuli

Simindis k'undzuli (en xeorxiano: სიმინდის კუნძული) é un filme de 2014 dirixido por Giorgi Ovashvili.

Ucrainofilia

Ucrainofilia é o amor e/ou identificación á Ucraína e ucraínos; o seu contrario é Ucraínofobia. O termo é utilizado ante todo nun contexto político e cultural. "Ukrainofilia" é o termo utilizado para indicar opinións pro-ucraínas, normalmente en política e literatura. A Ucraínofilia estaba severamente perseguida polo goberno ruso. Por exemplo, os libros de lingua ucraína e teatro en ucraíno eran prohibidos.

Xeorxia

Xeorxia é un país situado no límite entre Asia e Europa localizado na costa do mar Negro, ó sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, a leste e sur con Acerbaixán, ao sur con Armenia e Turquía, e a oeste có Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.