Lingua valoa

O valón[1] (walon) é unha lingua romance que se falaba polo pobo valón como primeira lingua en gran parte (70%) da Rexión Valoa de Bélxica e algunhas vilas do norte de Francia (preto de Givet) até mediados do século XX. Pertence ao grupo de linguas de oïl, cuxo membro máis prominente é a lingua francesa. Os antecedentes históricos da súa formación foi a extensión do territorio, xa dende o 980, do Principado de Liexa, ao sur e ao oeste.

A pesar da súa rica literatura, a cal comezou de forma anónima no século XVI e con autores coñecidos dende 1756, o uso do valón diminuíu notablemente dende a anexión francesa de Valonia en 1795. Este período estabeleceu na zona ao francés como lingua da prestixio social, moito máis do que podía ser antes. Aínda que Bélxica obtivo a súa independencia en 1830, o francés estableceuse como o idioma principal no ensino en gran parte do país. Despois de Primeira Guerra Mundial, as escolas públicas proporcionaron educación en lingua francesa a tódolos nenos, inducindo unha denigración do valón e acompañado dunhas ordes oficiais en 1952 para castigar o seu uso nos centros de ensino. Posteriormente, dende mediados do século XX, a transmisión xeracional da lingua reduciuse, convertendo ao valón practicamente nunha lingua morta. Hoxe en día apenas é falado entre os mozos.

Numerosas asociacións, especialmente compañías de teatro, están a traballar para manter a lingua viva. A nivel gobernamental, o valón está oficialmente recoñecido como unha langue régionale endogène (lingua rexional endóxena). O sistema Feller (1900) regulariza a transcrición dos diferentes acentos. Ademais, dende a década de 1990, estabeleceuse unha ortografía unificada, que non goza de recoñecemento oficial. Cómpre non confundir o valón co francés de Valonia, o cal difire do francés falado en Francia nalgúns puntos menores do léxico e a pronuncia.

Valón
Walon
Falado en: Bélxica Bélxica
Francia Francia
Total de falantes: 600.000 est.
Posición: 237
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Ítalo-occidental
    Galo-Ibérica
     Galo-Románica
      Oïl
       Valón
Códigos de lingua
ISO 639-1: wa
ISO 639-2: wln
ISO 639-3: wln
Idioma valón

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para valón.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bélxica

Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é un monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven algo máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.

O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: os flamengos, de orixe xermánica, e mailos francófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría de lingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a de Flandres, de fala neerlandesa, e a de Valonia, de fala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira, Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflítense na historia política e máis no seu complexo sistema de goberno do país.

Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica foi parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux. Dende finais da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

Dieudonné Salme

Dieudonné Salme, nado en Glain o 1 de xuño de 1836 e finado en Liexa o 26 de marzo de 1911, foi un escritor belga, autor da primeira novela en lingua valoa, Li Houlot.

Eugène Ysaÿe

Eugène Ysaÿe, nado en Liexa o 16 de xuño de 1858 e finado en Bruxelas o 12 de maio de 1931, foi un violinista, compositor e director de orquestra belga. Foi elixido como un dos Cen Valóns do século polo instituto Jules Destrée, en 1995.

Finados en 2017

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2017. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2017".

Jean-Denys Boussart

Jean-Denys Boussart, nado en Liexa o 14 de febreiro de 1940 e finado na mesma cidade o 10 de maio de 2017, foi un escritor belga de expresión valoa.

Laurent Hendschel

Laurent Hendsche, nado en 1966, é un escritor e cantante valón, promotor do valón unificado.

Spa

Un spa (do latín Sanus Per Aquam, i.e., "en boa saúde a través da auga") é unha designación técnica para un complexo turístico que fornece actividades de lecer saudábeis, xeralmente en contacto coa natureza. Aínda que afirmación de que a palabra "spa" sexa un acrónimo da expresión latina sanus per aquam ou "sanitas per aquam" ("saúde pola auga") parece carecer de fundamento. O termo spa posiblemente proveña da vila de Spa que xa na Idade Media, no século XIV os seus mananciais gañaron fama polas súas propiedades medicinais, e o manancial era coñecido como Espa ("fonte", en lingua valoa). A denominación posiblemente estea relacionada con spargere (en latín, 'lanzar aquí e acolá, espallar' (pingas).Algunhas desas actividades son natación, sauna etc.

Spa, Bélxica

Spa é un municipio de Bélxica. Atópase na Rexión Valoa da Provincia de Liexa. Está situado nun val nas montañas das Ardenas, a uns 35 km. ao sueste de Liexa, e a 45 km ao suroeste de Aquisgrán. O 1 de xaneiro de 2012, Spa tiña unha poboación total de 10.579 habitantes. Ten unha superficie total de 39´85 km², resultando unha densidade de poboación de 270 habitantes por km².

Valón (homónimos)

O valón ou lingua valoa é unha lingua romance falada en gran parte da Valonia belga e no norte de Francia.

Como topónimo pode referirse a dous lugares de Galicia:

Valón, lugar da parroquia de Doniños no concello de Ferrol.

Valón Vello, lugar da parroquia de Doniños no concello de Ferrol.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.