Lingua turca

O turco[6][7] ( Türkçe ) é a máis estendida das linguas turcas, con arredor de 10–15 millóns de falantes nativos no sueste de Europa e entre 55 e 60 millóns de falantes en Asia Occidental. A lingua fálase sobre todo en Turquía, con pequenas comunidades en Alemaña, Bulgaria, Macedonia, República Turca do Norte de Chipre, Grecia, o Cáucaso, e outras partes de Europe e Asia central. Pertence á familia das linguas altaicas. As linguas máis próximas ao turco son o azarí e o turcomán.

As orixes da lingua atópanse na rexión de Altai, na estepa euroasiática, onde se coñecen os primeiros escritos que teñen uns 1.300 anos de antigüidade. No oeste, a influencia do turco otomán, a lingua administrativa e literaria do Imperio Otomán que mantiña unha morfoloxía e sintaxe principalmente turca mentres o vocabulario era primordialmente árabe e persa [8], estendeuse segundo ía medrando o Imperio. En 1928, como parte das reformas Atatürk na recente República de Turquía, a escrita otomá foi substituída polo alfabeto latino, así como se reformulou o vocabulario eliminando gran parte do léxico árabe e persa.

As características distintivas do turco son a harmonía vocálica e a aglutinación. A orde básica das palabras é suxeito obxecto verbo. O turco non ten clases de nomes ou xénero gramatical. Ten un uso moi forte das fórmulas de tratamento e de cortesía. Usa o pronome de segunda persoa que distingue diferentes graos de cortesía, espazo social, idade ou familiaridade.

Turco
Türkçe
Pronuncia:ˈtyɾct͡ʃɛ
Falado en: Turquía, Norte de Chipre, Chipre, Bulgaria, Macedonia do Norte, Grecia,[1] Acerbaixán,[2] Kosovo,[3] Romanía
Total de falantes: 70,8 millóns (2013)
Posición: 22
Familia: Linguas turcas
 Linguas oghuz
  Oghuz occidental
   Turco
Escrita: Latino (alfabeto turco)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Turquía Turquía
República Turca do Norte de Chipre República Turca do Norte de Chipre[4]
Chipre Chipre [5]
Regulado por: Türk Dil Kurumu (Sociedade da lingua turca)
Códigos de lingua
ISO 639-1: tr
ISO 639-2: tur
ISO 639-3: tur
Map of Turkish Language

Clasificación

Artigos principais: Linguas turcas e Linguas altaicas.
Kyzyl orkhon inscription
Inscrición en turco antigo coa escrita orkhon (século VIII). Kyzyl, Rusia.

O turco é membro da grupo de linguas oghuz, un subgrupo da familia turca. Existe un alto grao de intelixibilidade mutua entre o turco e outras linguas oghuz, como o azarí, o turcomán, o qashqai, o gagauz e o gagauz turco balcánico.[9] A familia turca comprende unhas 30 linguas, que se falan en Europa Oriental, Asia Central e Siberia. Algúns lingüistas cren que as linguas turcas forman parte da familia lingüística altaica.[10] Arredor do 40% de tódolos falantes de linguas turcas son falantes nativos do turco.[11] As características distintivas do turco, como a harmonía vocálica, a aglutinación e a carencia de xénero gramatical, son común en toda a familia turca.[11]

Historia

Fálase dende a época medieval, cando os turcos procedentes da Asia central se instalaron en Anatolia, que entón era parte do Imperio bizantino. É oficial tamén en República Turca do Norte de Chipre. Nalgunhas zonas balcánicas fálase unha variedade coñecida como turco otomán (Osmanlı Türkçesi), que se diferenza bastante do turco de Turquía. En varios países de Europa occidental existen importantes comunidades de falantes de turco, emigradas de Turquía en datas recentes.

A lingua turca tivo varios sistemas de escritura. Escribiuse con caracteres árabes adaptados dende o século XIII ata a reforma ortográfica emprendida en 1923 polo goberno de Mustafa Kemal Atatürk, que emprendeu varias iniciativas de occidentalización do país na crenza de que iso contribuiría á súa modernización. A reforma ortográfica veu acompañada dun intento de "depuración" nacionalista, é dicir, de substituír a inxente cantidade de préstamos lingüísticos (sobre todo árabes) por vocábulos de raíz turca, obxectivo vixente hoxe en día que non cultivou os éxitos agardados.

Exemplo de texto: artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Bütün insanlar hür, haysiyet ve haklar bakımından eşit doğarlar. Akıl ve vicdana sahiptirler ve birbirlerine karşı kardeşlik zihniyeti ile hareket etmelidirler.

(Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade, dereitos, e dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. )

Distribución xeográfica

O turco é falado nativamente polo pobo turco en Turquía e pola diáspora turca en 30 países. Máis concretamente, as minorías turco-falantes existen en países que formaron parte no pasado do Imperio Otomán, como Bulgaria, Chipre, Grecia (sobre todo en Tracia Occidental), Macedonia do Norte, Romanía e Serbia. Máis de dous millóns de turcos viven en Alemaña, e existen comunidades turcas nos Estados Unidos, Francia, Países Baixos, Austria, Bélxica, Suíza e no Reino Unido.[12] Por mor da asimilación cultural dos inmigrantes nestes países de acollida, non tódolos turcos falan a súa lingua con fluidez.[13]

No 2005, 93% da poboación de Turquía declarábase falante nativo de turco,[14] sendo o curdo a lingua da poboación restante.[15]

Status oficial

Prizren (3DilliTabela)
Sinal de Prizren, Kosovo. As linguas oficiais son: o albanés (enriba), o serbio (medio) e o turco (embaixo).

O turco é a lingua oficial de Turquía e é tamén unha das linguas oficiais de Chipre. Tamén ten un carácter oficial (mais non principal) no Distrito de Prizren en Kosovo e en tres concellos de Macedonia do Norte.

En Turquía, a sociedade reguladora da lingua é a Asociación da Lingua Turca (Türk Dil Kurumu ou TDK), que foi fundada en 1932 baixo o nome Türk Dili Tetkik Cemiyeti ("Asociación para a Investigación da Lingua Turca"). Esta asociación estivo influenciada pola ideoloxía do purismo lingüístico: unha das súas principais accións foi a substitución de préstamos e construcións gramaticais foráneas con equivalentes de orixe turco. Estes trocos, xunto coa adopción do novo alfabeto turco en 1928, deron forma á lingua turca moderna que se fala hoxe. O TDK converteuse nunha organización independente en 1951, coa supresión da obriga de que estivera presidida polo Ministro de Educación. Mantívose así até agosto de 1983, cando volveu ser unha organización do goberno segundo a constitución de 1982, produto do golpe de estado de 1980.[16]

Notas

  1. "The Muslim Minority of Greek Thrace".
  2. Taylor & Francis Group (2003). Eastern Europe, Russia and Central Asia 2004. Routledge. p. 114. ISBN 978-1-85743-187-2. Consultado o 26 de marzo de 2008.
  3. "Kosova: Turkish Becomes Official Language". 25 de setembro de 2006. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
  4. "Constitution of Turkish Republic of Northern Cyprus". www.cypnet.co.uk. 15 de novembro de 1983. Consultado o 28 de xaneiro de 2014.
  5. "Languages of Cyprus". CIA World Factbook. Consultado o 28 de xaneiro de 2014.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para turco.
  7. "turco". TERGAL. Consultado o 22/03/2019.
  8. Gábor Ágoston, Bruce Alan Masters (2010)Encyclopedia of the Ottoman EmpireInfobase Publishing, p. 322
  9. "Language Materials Project: Turkish". UCLA International Institute, Center for World Languages. febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 26 de abril de 2007.
  10. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.) (2005). "Ethnologue: Languages of the World, Fifteenth edition. Language Family Trees – Altaic". Consultado o 18 de marzo de 2007.
  11. 11,0 11,1 Katzner
  12. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.) (2005). "Ethnologue: Languages of the World, Fifteenth edition. Report for language code:tur (Turkish)". Consultado o 4 de setembro de 2011.
  13. e.g. citations given in Cindark, Ibrahim/Aslan, Sema (2004): Deutschlandtürkisch?. Institut für Deutsche Sprache, páxina 3.
  14. European Commission (2006). "Special Eurobarometer 243: Europeans and their Languages (Survey)" (PDF). Europa. Consultado o 14 de febreiro de 2010.
  15. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.) (2005). "Ethnologue: Languages of the World, Fifteenth edition. Report for language code:kmr (Kurdish)". Consultado o 18 de marzo de 2007.
  16. Turkish Language Association. "Türk Dil Kurumu – Tarihçe (History of the Turkish Language Association)" (en turco). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2007. Consultado o 18 de marzo de 2007.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Eyüboğlu, İsmet Zeki (1991). Türk Dilinin Etimoloji Sözlüğü (Etymological Dictionary of the Turkish Language) (en Turca). Sosyal Yayınları, İstanbul. ISBN 978975-7384-72-4.
  • Özel, Sevgi; Haldun Özen and Ali Püsküllüoğlu (eds.) (1986). Atatürk'ün Türk Dil Kurumu ve Sonrası (Atatürk's Turkish Language Association and its Legacy) (en Turca). Bilgi Yayınevi, Ankara. OCLC 18836678.
  • Püsküllüoğlu, Ali (2004). Arkadaş Türkçe Sözlük (Arkadaş Turkish Dictionary) (en Turca). Arkadaş Yayınevi, Ankara. ISBN 975-509-053-3.
Bülent Ecevit

Bülent Ecevit, nado como Mustafa Bülent Ecevit (Istambul 1925 - Ancara 2006) é un escritor, xornalista e político turco.

Dimitrie Cantemir

Dimitrie Cantemir, nado en Silişteni o 26 de outubro de 1673 e finado o 21 de agosto de 1723, foi príncipe de Moldavia en dúas ocasións (marzo e abril de 1693 e 1710-1711). Foi tamén un prolífico home de letras: filósofo, historiador, compositor, musicólogo, lingüista, etnógrafo e xeógrafo.

Lago Van

O Lago Van (en lingua turca : Van Gölü ; en armenio : Վանա լիճ ; en curdo : Gola Wanê ; en latín : Arsissa Palus) é o maior lago de Turquía, sito na Armenia occidental), no extremo leste do país, e que está repartido entre a provincia de Van e a de Bitlis. Ocupa unha área de 3.755 km².

Lawrence de Arabia (filme)

Lawrence de Arabia (en inglés: Lawrence of Arabia) é un filme británico dirixido por David Lean que foi estreado en 1962. Estreouse en galego na TVG o 30 de decembro de 2007.

Lingua casaca

A lingua casaca ou casaco é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe en China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante a década de 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Casaquistán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia china de Xinjiang, Mongolia, Quirguistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Ucraína e Rusia. No 2000 era lingua materna de 11 000 000 de falantes aproximadamente, aínda que segundo outras fontes hai aproximadamente 8,5 millóns de falantes. Dende a segunda metade do século XX, Alemaña ten unha comunidade de falantes de casaco. Esta comunidade está constituída principalmente polos descendentes de alemáns do Volga que foron deportados a campos de concentración e Gulags en Casaquistán desde 1941 por decreto de Stalin e que, podendo sobrevivir, mesturáronse coa poboación local ou adoptaron a súa cultura, e máis tarde volveron a Alemaña.

Qazak significa vagabundo; o pobo casaco que fala este idioma foi historicamente nómade.

Lingua chuvaxa

A lingua chuvaxa (Чӑвашла, Căvašla; tɕəʋaʂˈla) é unha lingua turca falada polo pobo chuvaxo no centro de Rusia, concretamente na República dos Chuvaxos e nas áreas adxacentes. É o único membro supervivente da póla oghur da familia turca. Mentres que as linguas turcas teñen diferentes graos de intelixibilidade, o chuvaxo é considerablemente diferente das outras linguas da familia.

O sistema de escrita está baseado no alfabeto cirílico, empregando tódalas letras do alfabeto ruso, ademais de catro letras máis: Ӑ, Ӗ, Ҫ e Ӳ.

A lingua sofre un rápido proceso de substitución.

Lingua gagauza

A lingua gagauza é unha lingua turca falada polo pobo gagauz na Moldavia, Ucraína, Rusia e Turquía, e é a lingua co-oficial de Gagauzia xunto ao romanés/moldavo.

Lingua iacut

A lingua iacut ou sakha, é unha lingua turca con preto de 360.000 de falantes nativos. Fálase na República de Sakha ou Iacutia, unha república federal de Rusia.

Como tódalas linguas turcas, o iacut é unha lingua aglutinante con harmonía vocálica.

Lingua kirguiz

A lingua kirguiz ou quirguiz (na súa forma nativa Кыргызча, Кыргыз тили, قىرعىز تىلى, Kırgızça, Kırgız tili) é unha lingua turca falada por preto de catro millóns de persoas en Kirguizistán, así como na China, Afganistán, Casaquistán, Taxiquistán, Turquía, Uzbekistán, Paquistán e Rusia. O kirguiz é membro do subgrupo kirguiz–kipchak das linguas kypchak, e a converxencia lingüística da actualidade deu como resultado un incremento do grao de intelixibilidade entre o kirguiz e o casaco.

O kirguiz era escrito orixinalmente en runas turcas, mais foi substituído gradualmente polo alfabeto árabe (en uso ata 1928 na USSR, aínda en uso na China). Entre 1928 e 1940, usouse un alfabeto turco baseado no latino. En 1940, por mor da política xeral soviética, o alfabeto cirílico converteuse no máis habitual, e mantense aínda hoxe, malia que algúns kirguiz seguen a usar o alfabeto árabe. Cando Kirguizistán conseguiu a independencia despois do colapso da Unión Soviética en 1991, houbo un movemento para tentar recuperar o alfabeto latino (nunha versión máis próxima á do alfabeto turco), pero o plan non foi implantado aínda.

Lingua turca otomá

A lingua turca otomá (turco: Osmanlı Türkçesi) ou lingua otomá (لسان عثمانى, lisân-ı Osmânî), é a variedade da lingua turca que foi empregada durante o Imperio Otomán. En moitos aspectos, tiña préstamos do árabe e do persa, e escribíase en alfabeto turco otomán. Durante o cumio do poder otomán, o 88% do seu vocabulario procedía do persa e do árabe, mentres as palabras de orixe árabe superaban en gran medida as palabras turcas nativas.Deste xeito, os turcos otománs non se entendían cos turcos rurais de clase baixa e sen educación, que continuaban a empregar o kaba Türkçe ("turco vulgar"), o cal tiña poucos préstamos doutras linguas e é a base da lingua turca moderna.

Lingua turcomá

O turcomán (adaptación de türkmençe, türkmen dili, en cirílico түркмен дили e en árabe تورکمن ﺗﻴﻠی ,تورکمنچه), é unha lingua turca falada por 5 millóns de persoas en Turkmenistán, onde é a lingua oficial do estado, así como por 1 400 000 persoas no nordeste de Irán, 700.000 falantes no noroeste de Afganistán, e pequenas comunidades turcomás en Iraq, Siria, Turquía e Rusia.

Lingua tuva

O tuva (tyva dyl), (en cirílico тыва дыл), é unha lingua turca falada na República de Tuva no sur de Siberia, en Rusia. A lingua contén gran número de raíces provenientes da lingua mongol, do tibetano e da lingua rusa. Hai unha pequena diáspora do pobo tuva que fala distintos dialectos de tuva na República Popular de China e en Mongolia.

Lingua tártara

A lingua tártara ou tátara (en tártaro latino: tatar tele, tatarça; en tártaro cirílico: татар теле, татарча) é unha lingua turca, a lingua dos tártaros. Fálano seis millóns de persoas na república rusa de Tatarstán, en Baskiria e outras comunidades de Rusia.

Lingua uzbeka

A lingua uzbeka ou uzbeko (O'zbek tili en alfabeto latino, Ўзбек en cirílico) é unha lingua turca falada polos uzbekos en Uzbekistán e máis noutras partes da Asia Central. O seu parente máis próximo é o uigur. O persa e mailo ruso teñen tido unha influencia significativa no uzbeko.

É a lingua oficial do Uzbekistán, con 18,5 millóns de falantes nativos.

Foi escrita en cirílico ata o 1992, mais hoxe en día úsase o alfabeto latino. Os uzbekos chineses escríbeno en alfabeto árabe.

Midnight Express (filme)

Midnight Express é un filme dramático dirixido por Alan Parker, producido por David Puttnam e protagonizado por Brad Davis, Irene Miracle, Bo Hopkins, Paolo Bonacelli, Paul L. Smith, Randy Quaid, Norbert Weisser, Peter Jeffrey e John Hurt. Está baseado no libro autobiográfico de Billy Hayes Midnight Express que foi adaptado en guión por Oliver Stone.

Hayes era un estudante estadounidense enviado a un cárcere turco por tentar facer contrabando haxix fóra de Turquía. O filme desvíase do libro na representación dos turcos e obtivo algunhas críticas, incluída a do propio Billy Hayes. Posteriormente, tanto Stone como Hayes expresaron o seu arrepentimento no xeito no que os turcos foron representados no filme. O título do filme é un termo que quere dicir o intento dun preso de fuxir.

Midnight Express foi estreado o 6 de outubro de 1978. Despois da súa estrea, o filme recibiu críticas positivas, sendo especialmente eloxiada a interpretación de Davis, así como o guión, a dirección e a banda sonora de Giorgio Moroder.

Nâzım Hikmet

Nazım Hikmet Ran, nado en Salónica (Imperio Otomán) o 20 de novembro de 1901 e finado en Moscova o 3 de xuño de 1963, foi un poeta e dramaturgo turco, considerado en Occidente o poeta máis importante en lingua turca do século XX.

Orhan Pamuk

Orhan Pamuk, nado o 7 de xuño de 1952 en Istambul, Turquía, é un escritor turco contemporáneo, moi coñecido internacionalmente e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 2006. Nas súas narracións constrúe pontes entre a novela europea moderna e a tradición mística oriental. O seu traballo foi traducido ata agora a 35 linguas e publicado en máis de 100 países.

Pechenego

Os pechenegos ou patzinakos (húngaro: Besenyő, búlgaro: печенеги, ruso: Печенеги, ucraíno: Печеніги) eran un pobo seminómade das chairas da Asia Central que falaban unha lingua turca e invadiron Europa oriental e central arribando a Bulgaria, Hungría e Ucraína ao redor do século IX.

Suleiman I

Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán do Imperio Otomán (1520-1566), coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico. Durante o seu reinado o Imperio Otomán acadou o máximo prestixio e esplendor, adaptou as institucións ás necesidades do seu vasto imperio, reafirmou a súa autoridade militar tanto en Oriente como en Occidente que estendeu o seu dominio dende a fronteira con Austria ao Golfo Pérsico e dende o mar Negro a Marrocos. O reinado de Suleiman tamén destacou pola intensa actividade cultural que se desenvolveu no seu Imperio, unha auténtica idade de ouro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.