Lingua taína

O taíno[2] é unha lingua extinta da familia arauaca falada historicamente polo pobo taíno do Caribe. No tempo da chegada dos colonizadores españois, era a principal lingua do Caribe. O taíno clásico (ou propiamente taíno) era a lingua nativa no norte das Antillas, en Porto Rico, en Turks e Caicos e a maioría da Española, e estaba a estenderse en Cuba. O ciboney está sen documentar, pero as fontes coloniais suxiren que eran un dialecto do taíno que se falaba na parte occidental da Española, nas Bahamas, Xamaica e na maioría de Cuba.

A finais do século XV, o taíno desprazara as linguas anteriores agás no oeste de Cuba e nalgúns lugares da Española. Coa colonización española, a cultura taína esmoreceu e a lingua foi subtituída polo castelán e outras linguas europeas. Extinguiuse en cen anos despois do contacto.[1] A lingua puido ter sobrevivido nalgúns lugares illados do Caribe até o século XIX.[3] Como a primeira lingua nativa coa que os europeos se encontraron no Novo Mundo, é a principal fonte de novas palabras americanas incorporadas ás linguas europeas.

Languages of the Caribbean
     Taíno ciboney

Notas

  1. 1,0 1,1 Alexandra Aikhenvald (2012) Languages of the Amazon, Oxford University Press
  2. Definición de taíno, -na no Dicionario de Galego.
  3. Reyes, David (2004). "The Origin and Survival of the Taíno Language" (PDF). Issues in Caribbean Amerindian Studies 5 (2). Consultado o 19 de febreiro de 2017.
Canibalismo

O canibalismo é o acto ou a práctica de alimentarse de membros da propia especie. O termo aplícase a calquera animal, aínda que se adoita empregar o termo caníbal para referirse ó ser humano que se alimenta ou come a outro ser humano (antropofaxia).

O termo provén da deformación da palabra caribe caniba ou cariba da lingua taína. Para os caribes, significaba «ousado», «audaz»; para os arauacos, «inimigo»; e para os europeos, «comedores de carne humana». Nativos de América que Cristovo Colón atopou na illa de A Española na súa primeira viaxe e que practicaban a antropofaxia, os caribes atacaban ós arauacos para conseguir botíns e de paso capturaban nenos ós cales castraban e criaban para comelos.

Os casos illados nas sociedades occidentais, relaciónanse actualmente con situacións extremas de fame, actos criminais ou persoas con profundos problemas psicolóxicos.

Cuba

Cuba (oficialmente República de Cuba), é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba. Limita cos Estados Unidos polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898, despois da cal foi brevemente administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de fornecer o seu sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura do presidente Fulgencio Batista en 1952. O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista co liderado de Fidel Castro. Dende 1965, o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.

Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico, no que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes, incluíndo os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español, a introdución de escravos africanos, a estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría, e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos.

Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.815 no 2014. Segundo os datos presentados polas Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per capita, (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.

Huracan

Na mitoloxía maia, Huracan(en maia: hunracán, ‘unha [soa] pierna'; hun, uno; racan, perna) era o deus dos ventos, das tempestades e do lume. É a principal divindade do Popol Vuh, sendo o único deus que está presente en todas as fases da historia da creación do mundo co nome de U K'ux Kaj (Corazón do Ceo) e descrito como espírito creativo e a orixe da vida. Huracan amosa tres aspectos diferentes, que personifican o poder celeste: Raio Huracan, Raio Xove e Raio Repentino, a chuvia, o vento e o relámpago. Dado que as tormentas traen auga (choiva) e lume (relámpago), son vistos como cruciais para a vida, provoca que o raio teña un papel mitolóxico fundamental na fertilización da terra e nos cultivos.No Popol Vuh, Huracan, aínda que inflúe directamente en sucesos no mundo, tamén é quen dirixe aos outros personaxes. Esta deidade é a que desata o Gran Diluvio, versión maia do diluvio universal, despois de que a segunda xeración de humanos enfadase aos deuses, invocou repetidamente "terra" ata que esta emerxeu dos mares, participou nos tres intentos de creación da humanidade, e, en particular, na creación do home a partir do millo, e quen lle pide aos xemelgos Hunahpu e Xbalanque que maten ao malvado de Wukub Cak'ix.O seu nome, entendido como 'unha soa perna', fai pensar no Deus K da iconografía maia posclásica e clásica, unha divindade do raio e cunha perna humá. O Deus K adoita ser coñecido como Bolon Tzacab, K'awaiil or Kauil. Alén diso, Huracan ten correspondencia con outras deidades similares de culturas precolombianas, como Tohil na mitoloxía K'ique', Cocijo na mitoloxía zapoteca, ou Tlaloc e Tezcatlipoca na mitoloxía azteca.A palabra española huracán, da que procede o vocábulo furacán, deriva dun vocábulo da lingua taína, e non, como pensan algúns, se incorporou ao español pola lingua maia. Con todo, hai que recordar que antes de comezar a conquista da península do Iucatán en 1517, xa se rexistraran varios furacáns e o vocábulo huracán xa apareceu por escrito da má de Pietro Martire d'Anghiera na primeria Década da súa obra Décadas do Novo Mundo, publicada en 1511.

Pobo lucayo

Os lucayos eran as habitantes orixinais das Bahamas antes da chegada dos colonizadores europeos. Eran unha póla dos taínos que habitaron a maioría das illas caribeñas daquela. Os lucayos foron os primeiros habitantes das Américas que atopou Cristovo Colón. Os conquistadores comezaron a escravizar os lucayos pouco despois da chegada de Colón e practicamente foron eliminados das Bahamas por volta do ano 1520.

O nome "lucayo" deriva do taíno Lukku-Cairi (o nome co que se describían a si mesmo), e quere dicir "persoas das illas". (A palabra taína para "illa", cairi, converteuse en cayo en español e "cay" /ˈkiː/ en inglés).

Pobo taíno

Os taínos foron un pobo arauaco procedentes da área de Venezuela, que ao longo dos séculos foron poboando as distintas illas do arco antillano. Cando os taínos chegaron ao Caribe, este xa estaba habitado por outros pobos como os igneris e os máis antigos aínda arcaicos. O nome taíno significa "bo ou nobre" en arauaco.

Cando os primeiros navegantes españois chegaron ás illas do Caribe, os taínos estaban en plena loita cunha etnia rival, os caribes, que xa conquistaran as Antillas Menores. Nese entón a sociedade taína dividíase nuns cinco reinos controlados por caciques, a quen se lles pagaba tributo. Frei Bartolomé de las Casas no seu libro Historia Xeral das Indias relata que no ano de 1508 quedaban uns 60.000 taínos na illa da Española. Para 1531 a explotación e as enfermidades reduciran o número a 600.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.