Lingua sarda

O sardo[3] (sardu en lingua sarda) é unha lingua neolatina propia da Sardeña falada polo pobo sardo. Ata moi recentemente non contou cunha norma común ás diferentes variedades da lingua. Desde 1997 é lingua oficial, xunto co lingua italiana, da Rexión Autónoma da Sardeña, o que impulsou a elaboración dunha proposta de normativa común denominada Lingua Sarda Unificada (2001). Na LSU baséase a Lingua Sarda Común que se emprega nos documentos oficiais da Rexión Autónoma. Considérase a máis conservadora das linguas derivadas do latín.

Sardo
Sardu
Pronuncia:ˈsaɾdu
Falado en: Italia
Rexións: Sardeña
Total de falantes: ~1 000 000 (1999–2007)
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Románica occidental
    Románica meridional
     Sardo
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Sardeña Sardeña [1][2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: sc
ISO 639-2: srd
ISO 639-3: sro
Idioma sardo

Variedades

  • Sardo logudorese, no norte e parte do centro de Sardeña, é a variedade en que se escribiu a maioría da literatura sarda. Comprende á súa vez dous dialectos do logudorés común (Logudorese comune) e do sardo nuorés (Sardo nuorese); constitúe a forma máis arcaica, con maior prestixio e viveza cultural;
  • Sardo campidanese, falado na rexión histórico-xeográfica do Campidano, na parte centro-meridional de Sardeña; é a variedade que conta con máis falantes; presenta fortes influxos cataláns e toscanos.

Tamén se consideran dialectos sardos, aínda que presentan unha estrutura gramatical máis similar ao corso e con fortes influxos lígures e toscanos, as seguintes variantes:

  • Gallurese, falado na parte nordeste da illa, en Gallura, é unha variedade lingüisticamente máis próxima ó corso que ó sardo pero considérase parte do sardo.
  • Sassarese, propio da cidade de Sassari, en Porto Torres e en zonas circundantes, posúe características de transición (intermedias) entre o galurés e o logudorés, derivados tamén da forte influencia exercida polos dominadores pisanos, xenoveses e cataláns.

Ámbito de difusión

É falada en toda a illa, coa excepción da cidade de Alguer (onde falan catalán), e nas illas menores circundantes, salvo en San Pietro e parte de San Antíoco (onde persiste o dialecto lígur tabarquino).

Recoñecemento Institucional

A lingua sarda foi recoñecida coa lei rexional Nº 26 do 15 de outubro de 1997 como segunda lingua oficial de Sardeña, á beira do italiano. A lei rexional aplica e regulamenta algunhas normas do estado italiano en tutela das minorías lingüísticas. Os códigos ISO 639-3 son:

  • sardo campidanés: "sro"
  • sardo logudorés: "src"
  • galurés: "sdn"
  • sasarés: "sdc"

Vocabulario

Táboa de comparación das linguas neo-latinas:

Latín Francés Italiano Galego Occitano Catalán Portugués Romanés Sardo Corso Siciliano
clave clef chiave chave clau clau chave cheie crae chjave/chjavi chiàvi
noctem nuit notte noite nuèit/nuèch nit noite noapte notte notte/notti notti
cantar chanter cantare cantar cantar cantar cantar a cânta cantar cantà cantàri
capra chèvre capra cabra cabra cabra cabra capra cabra capra capra
lingua langue lingua lingua lenga' llengua língua limbă limba lingua lingua
platea place piazza praza plaça plaça praça piaţă pratha/pratza piazza chiazza
pons pont ponte ponte pònt pont ponte pod' ponche ponche/ponti ponti
ecclesia église chiesa igrexa glèisa església igreja biserică creia/cresia ghjesgia cresia
hospitalis hôpital ospedale hospital espital hospital hospital spital ispidale spedale/uspidali spitàli
caseus

lat. vulg.formaticum

fromage formaggio queixo formatge formatge queijo brânză casu casgiu furmàggiu/caciu

Morfoloxía e sintaxe

En moitos aspectos diferénciase dun xeito dabondo claro do italiano e outras linguas neolatinas, especialmente no verbo, así:

  • O futuro simple: fórmase mediante o auxiliar haber máis a preposición "a" e o infinitivo. Ex.: appo a narrere (direi), as a narrere (dirás, has de dicir).
  • O condicional: fórmase utilizando unha forma modificada do verbo deber máis o infinitivo. Ex.: dio narrere (diría), dias narrere (dirías).
  • Forma progresiva: fórmase co auxiliar ser máis o xerundio. Ex.: so andende (estou indo/andando).
  • Imperativo negativo: analogamente ás linguas románico-ibéricas, o imperativo negativo fórmase usando a negación "no" máis o subxuntivo. Ex.: no andes (non vaias/andes).

Ortografía e pronuncia

Non existe unha ortografía unificada. Unha das súas principais características é a chamada vocal epentética, que é aquela que en pausa pecha unha palabra que termina en consoante e non se escribe nunca.

Notas

  1. "Legge Regionale 15 ottobre 1997, n. 26". Regione autonoma della Sardegna – Regione Autònoma de Sardigna.
  2. Testo Unificato n.36-167-228/A, Regione autonoma della Sardegna – Regione Autònoma de Sardigna
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sardo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Anxo (antroponimia)

Anxo é un nome propio masculino de orixe grega na súa variante en galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". É un nome moi común en todo o mundo occidental coas súas propias derivacións árabes e hebraicas. Os anxos teñen sido os gardiáns do ceo en termos bíblicos e de mitoloxía hebraica concordante coa relixión predominante na civilización occidental, xunto ao mundo hebraico actual e islámico. O feminino galego é Anxa ou Ánxela.

Cosme

Cosme é un nome propio masculino de orixe grega na súa variante en galego. Provén do grego Κοσμάς, "adornado". Foi un nome moi común en Galicia, de feito San Cosme é patrón de infinidade de parroquias. Conta coa variante Cosmede (Cosmado).

Damián

Damián é un nome propio masculino de orixe grega na súa variante en galego. Procede do grego Δαμιανός (tronzador), de δαμάζω (tronzar). Ten, polo tanto, a mesma orixe etimolóxica que Dámaso.

Illa de Sant'Antioco

A 'isola di Sant'Antioco (en sardo isula 'e Sàntu Antiògu, en tabarchino uiza de Sant'Antióccu) está situado no extremo suroeste de Sardeña e unida a ela por unha ponte e un istmo artificial. Nos tempos de Roma, coñecíase como Insula Plumbaria..

Linguas románicas

As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas procedentes do latín. O seu nome tamén é neolatinas ou romances e esta denominación procede de que eran as linguas nas que se escribían os textos literarios medievais ou romances (novelas, “romans” como aínda se di en francés) en contraposición cos textos relixiosos (daquela con maior consideración).

Todas as linguas romances descenden do latín vulgar, a lingua dos soldados, colonos e mercadores do Imperio, o cal difería significativamente do latín clásico dos literatos romanos. Entre o -200 e o 150, a expansión do Imperio xunto coas súas políticas administrativas e educativas, fixeron do latín a lingua dominante na área que se estendía entre a Península Ibérica á costa do Mar Negro, e do Magreb ata a Britannia. No declive do Imperio e despois da súa fragmentación e colapso no século V, acelérase a evolución do latín dentro de cada área; finalmente os dialectos diverxen en miríadas de variantes distintas, algunhas delas sobrevivindo ata hoxe en día. Os imperios de ultramar establecidos por España, Portugal e Francia fan que na actualidade o 70% de todos os falantes de linguas de orixe latina fálano fóra de Europa.

Provincia de Ogliastra

Ogliastra, en lingua sarda, Ogiastra, é unha provincia da rexión da Sardeña, en Italia. As súas capitais son as cidades de Lanusei e Tortoli.

Ten unha área de 1.854 km2, e unha poboación total de 58.389 habitantes (2001). Hai 23 municipios na provincia.

Sarda

(Non confundir coa lingua sarda)

Sarda é un xénero de peixes osteíctios da orde dos perciformes e familia dos escómbridos, que comprende varias especies de grande interese pesqueiro, entre elas algúns atúns e bonitos.

Sardeña

Sardeña (en sardo: Sardigna, en italiano: Sardegna, en catalán: Sardenya, en corso: Sardegna) é a segunda illa máis grande do mar Mediterráneo despois de Sicilia. Cunha superficie de 24.090 km², é unha das vinte rexións de Italia, posuíndo un estatuto especial de autonomía rexional.

Sardeña ademais é unha das dúas rexións cuxos habitantes foron denominados "popolo" (pobo diferenciado) polo parlamento italiano, xunto coa rexión do Véneto. A orixe do nome da illa é incerta, mais é posible que proveña dunha tribo chamada os Sardi. Foi ademais chamada Ichnusa polos fenicios e Sandalyon polos gregos, xa que a súa forma lembra unha pisada.

Sardo

Sardo pode referirse a:

Algo ou alguén da Sardeña, Italia.

Lingua sarda, a lingua falada actualmente na maior parte de Sardeña.

Sebastiano Satta

Sebastiano Satta, nado en Nuoro o 21 de maio de 1867 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1914, foi un poeta, avogado e xornalista sardo.

Xavier Frías Conde

Francisco Xavier Frías Conde, nado en Béjar (Salamanca) en 1965, é un escritor en galego e castelán, e investigador de filoloxía románica e árabe.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.