Lingua romanesa

A lingua romanesa ou romanés[1] (limba română AFI /'limba ro'mɨnə/) é unha lingua romance do Leste de Europa, falada por uns 30 millóns de persoas, a maioría delas en Romanía (onde é lingua oficial) e en Moldavia, así como en zonas de Serbia (na provincia autónoma de Voivodina), de Hungría e da Ucraína. Existen importantes núcleos de emigración romanesa en países como Italia, España, Israel, Estados Unidos, Francia e Alemaña, entre outros.

Romanés
'Română'
Pronuncia:[ro'mɨ.nə]
Outros nomes:moldavo (en Moldavia)
Falado en: Romanía (22 millóns, 90% da pob.), Moldavia (~2,5 millóns) e pequenas zonas de Serbia (Voivodina) e outros 18 países
Total de falantes: 28 millóns (24 m. falantes nativos, 4 m. segunda lingua)
Posición: 34
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Románica oriental
    Balco-románica
     Romanés
Escrita: alfabeto latino
(antigamente en alfabeto cirílico)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Romanía Romanía
Moldavia Moldavia
Flag of Vojvodina.svg Voivodina (Serbia)
Unión Europea Unión Europea
Regulado por: Academia Română
Códigos de lingua
ISO 639-1: ro
ISO 639-2: run (B)ron (T)
ISO 639-3: ron
SIL: RUM
Idioma rumano
Map Roumanophone World

Mapa do mundo romanés-falante

Descrición lingüística

Fonoloxía e escritura

O alfabeto romanés é fundamentalmente fonético.

A mostra escrita en romanés máis antiga da que se ten constancia é unha carta de 1521 chamada a carta de Neacșu de Câmpulung. Está escrita co alfabeto cirílico como tódolos primeiros textos romaneses (isto débese a que a lingua que se utilizaba para as cerimonias relixiosas era o eslavo antigo).

A fins do 1700 eruditos transilvanos empezan a usa-lo alfabeto latino para escribir en romanés. O alfabeto cirílico seguiuse usando (gradualmente caendo en desuso) ata 1860, cando a escritura romanesa foi oficialmente normativizada.

Gramática

O substantivo

Os nomes, en romanés, flexiónanse indicando xénero, número e caso.

Ó contrario que a maioría das linguas romances, o romanés conserva tres xéneros: masculino, feminino e neutro; mantendo así o neutro herdado do latín.

As palabras que rematan en "ă" acostuman a ser femininas, mentres que os nomes con final consonántico son masculinos ou neutros. Ademais, as palabras que rematan en "e" poden ser de calquera xénero.

Algunhas veces pódese modifica-lo xénero utilizando sufixos. De feminino a masculino utilízase o sufixo "-oi" (pisica (fem) - pisoi (masc) = gato) e o proceso oposto lógrase co sufixo "-ică" (lup (masc) - lupoaică( (fem) = loba).

O romanés distingue entre as formas do plural e o singular nos nomes. O plural fórmase con cambio vocálico (do mesmo xeito que no italiano, o plural acostuma a derivar do caso xenitivo latino), pero en ocasións hai algún outro son que cambia dentro dos nomes (así "o noapte" = unha noite, fronte a "două nopți" = dúas noites).

A continuación hai unha táboa coas normas de formación do plural romanés:

Xénero Sufixo - Sg Sufixo - Pl
Feminino -ă / -e / -ea -e / -i / -ele
Masculino -(consoante)/-e / -u -i
Neutro -(consoante) -uri / -oare / -e

Algúns exemplos:

Xénero Nome - Sg Nome - Pl Xénero Nome - Sg Nome - Pl
Feminino carte = libro cărți = libros Masculino călător = viaxeiro călători = viaxeiros
Neutro drum = estrada drumuri = estradas Neutro măr = mazá mere = mazás
Artigo determinado

Outra peculiaridade do romanés é que ten o artigo determinado adherido ó final do nome, coma no veciño albanés (tamén no sueco), en lugar de ser unha palabra separada ó inicio do sintagma nominal. O artigo determinado formouse, ó igual ca noutras linguas romances a partir do pronome demostrativo do latín.

Xénero Nome Artigo determinado Nome con artigo
Feminino carte = libro -a cartea = o libro
Masculino drum = estrada -ul drumul = a estrada
Artigo indeterminado
Xénero Nominativo Dativo
Singular Plural Singular Plural
Feminino o niște unei unor
Masculino un unui
Neutro

A posesión indícase mediante o artigo posesivo, e mediante o caso oblicuo dun nome posuidor.

Xénero Singular Plural
Feminino a ale
Masculino al ai

Os pronomes

Ó igual ca no italiano, normalmente omítense os pronomes en caso nominativo, a non ser que haxa que aclarar algunha ambigüidade no significado da oración. Normalmente, o sufixo do verbo achega información sobre o suxeito. A inflexión de xénero aparece tan só na terceira persoa (el/ea).

Casos Primeira persoa Segunda persoa Terceira persoa
Singular Plural Singular Plural Singular Plural
masc fem masc fem
Nominativo eu noi tu voi el ea ei ele
Xenitivo meu nostru tău vostru lui ei lor
Dativo mie nouă ție vouă lui ei lor
Acusativo mine noi tine voi el ea ei ele
Vocativo - - tu voi - - - -

O verbo

O romanés herdou do latín os seus catro grupos verbais. Por outro lado, o romanés ten seis formas distintas de expresa-lo tempo futuro.

Léxico

A maior parte do léxico romanés (ó redor dun 75%) é de orixe (latina), pero, ademais, tamén tomou emprestadas moitas palabras dos seus veciños eslavos, do francés, italiano, alemán, húngaro, turco, grego e inglés.

A influencia eslava apréciase tanto na compoñente léxica coma na fonética da lingua. Por exemplo, ó non te-lo latín unha palabra para expresar "si", o romanés tomou a expresión eslava da. Ademais, o romanés é a única linguas romances co fonema /h/.

Tamén cabe destacar que case tódalas actividades rurais teñen nomes procedentes do latín, mentres que aquelas relacionadas coa vida urbana foron emprestadas doutras linguas (francés, italiano, alemán, inglés, húngaro etc).
Durante o século XIX, o romanés tomou emprestado léxico do francés e do italiano. Máis adiante, tomou do alemán e o inglés.

A modo de exemplo, na seguinte frase saliéntanse as palabras emparentadas en distintas linguas romances:

Ea închide întotdeauna fereastra înainte de a cina. (romanés)
Ela pecha sempre a fiestra antes de cear. (galego)
Ea semper fenestram claudit antequam cenet. (Latin)
Ella chiude sempre la finestra prima di cenare. (italiano)
Elle ferme toujours la fenêtre avant de dîner. (francés)
Ella siempre cierra la ventana antes de cenar. (español)
Ella tanca sempre la finestra abans de sopar. (catalán)

Dimensión social, histórica e literaria

Historia da lingua

En tempos antigos, o territorio onde se atopa actualmente Romanía foi habitado polas parcialidades tracias dos xetas e dacios, quen falaban unha lingua indoeuropea, a lingua dos dacios, da que se sabe moi pouco. Algúns lingüistas opinan que era unha lingua similar ó latín, aínda que con moitas probabilidades influída polo grego.

Despois a conquista romana, Dacia transformouse nunha provincia romana e o latín vulgar converteuse na lingua usada pola administración e para o comercio. Hai que destacar que só unha pequena parte de Dacia (o que hoxe é Romanía) foi romanizada. A maior parte do territorio estaba poboado por dacios libres (carpos), os cales nunca estiveron baixo control romano.

Aínda que pode que nunca se saiba moito acerca do dacio, hai unhas 300 palabras puramente romanesas, existentes nos catro dialectos, e moitas con correspondentes en albanés, sobre as cales se considera que poderían ser herdadas do dacio, moitas delas ligadas á vida pastoril, tales como bránză ("queixo"). Algúns lingüistas afirman que os albaneses serían dacios non-romanizados, que migraron rumbo ao sur. Un outro punto de vista afirma que esas palabras non-latinas (moitas con correspondentes en albanés) non son tampouco de orixe dacia, e si terían sido traídas no territorio da Romanía por pastores romanizados que migraban da Albania, Serbia e Grecia do norte no espazo cárpato-danubiano-pontico, que tornáronse, despois de, o pobo romanés.

Pénsase que tódolos dialectos romaneses estiveron unificados ata un momento situado entre o século VII e o século X, antes de que as linguas eslavas se achegaran ós pobos de fala dacia.
As variacións do dialecto daco-romanés (o cal se fala por toda Romanía) son insignificantes, o cal chama a atención porque ata a era moderna non houbo apenas contacto entre os romaneses de distintas rexións. Esta uniformidade esténdese máis alá das fronteiras romanesas, xa que un falante de romanés en Serbia utiliza a mesma linguaxe ca un de Moldavia.

A primeira mostra escrita de romanés data do século XVI.

Distribución xeográfica

Map-balkans-vlachs
Principais áreas onde se fala romanés.

O romanés fálase principalmente en Romanía, Moldavia, e nalgunhas comarcas de Ucraína (sectores de Bucovina e sueste de Besarabia), Hungría, Serbia e Montenegro (sectores da rexión autónoma de Voivodina e sueste de Besarabia) , Bulgaria, Macedonia do Norte e Grecia. Porén, hai falantes romaneses espallados por diversos países, tales como Canadá, Estados Unidos, Alemaña, Israel, Australia e Nova Zelandia. Esta dispersión débese principalmente á inmigración de despois da Segunda Guerra Mundial.

País Poboación Falantes nativos de romanés Porcentaxe Notas adicionais
Romanía 21,698,181 19,420,000 89.5% Lingua oficial
Moldavia 4,430,654 3,483,600 64.5% Lingua oficial
Rusia 145,537,200 178,000 0.1% Moitos deles foron moldavos desterrados a Siberia
Ucraína 48,055,439 385,000 0.8% zonas meridionais na Bucovina ucraína e sur de Besarabia
Serbia e Montenegro 10,662,087 200,000 - 500,000 0.5% - 4.6% Unha das lingua oficiais de Voivodina ( Banato meridional) xunto co serbocroata e o maxiar ou húngaro
Israel 6,700,000 250,000 3.7%
Alemaña 83,251,851 150,000 0.2%
Estados Unidos 281,421,906 100,000 0.03%
Hungría ( especialmente nas zonas fronteirizas do Bánato occidental ou Banato de Temesvar) 10,138,844 71,000 0.7%
Canadá 32,207,113 60,520 0.2%

Oficialidade

O romanés é lingua oficial en Romanía, Moldavia (neste último territorio chámaselle" lingua moldava") e é, xunto ó serbocroata e ó maxiar lingua cooficial na rexión autónoma de Voivodina - ou en romanés Banato Meridional- (no norte de Serbia).
Noutros países de Europa do Leste (agás Hungría), a minoría romanesa ten moi poucos dereitos en relación co uso do romanés en escolas e institucións.

Dialectoloxía

O romanés, lingua romance, ten catro dialectos:

Pénsase que o romanés naceu ó norte e ó sur do Danubio. Isto puido manterse así ata a chegada e os asentamentos dos eslavos ó sur do río.

Literatura en lingua romanesa

Breve vocabulario

  • "romanés" (persoa): "Român"
  • "ola": "Salut" ou "Salutare" ou "Bună"
  • "adeus": "La revedere"
  • "vémonos": "Pa" ou "Ne vedem"
  • "por favor": "Vă rog"
  • "síntoo": "Îmi pare rău"
  • "grazas": "Mulțumesc"
  • "si": "Da"
  • "non": "Nu"
  • "Non entendo": "Nu înțeleg"
  • "Onde está o cuarto de baño?": "Unde e baia?"
  • "Falades español?": "Vorbiți spaniola?"

Notas

  • Rosetti, Alexandru, Istoria limbii române, 2 vols., Bucarest, 1965-1969.
  • Uwe, Hinrichs, Handbuch der Südosteuropa-Linguistik

Véxase tamén

Ligazóns externas

Para aprender romanés
Vocabularios
Dicionarios
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para romanés.
4 luni, 3 săptămâni și 2 zile

4 luni, 3 săptămâni și 2 zile é un filme romanés de 2007 escrito e dirixido por Cristian Mungiu. Está protagonizado por Anamaria Marinca, Laura Vasiliu e Vlad Ivanov. Está ambientado na Romanía comunista nos derradeiros anos da era de Nicolae Ceaușescu. Conta a historia de dúas estudantes universitarias, compañeiras de cuarto que tratan de facer un aborto. Inspirada no contexto histórico e social, amosa a lealdade de dúas amigas e as súas dificultades para conseguilo.

Mungiu e o fotógrafo Oleg Mutu rodárona en Bucarest e noutras localizacións en 2006. Despois da súa estrea mundial en Cannes, 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile estreouse en Romanía o 1 de xuño de 2007, no Festival Internacional de Cinema de Transilvania. Foi aclamada pola crítica, e salientouse o seu minimalismo e a súa intensa temática.

Gañou tres premios no Festival de Cannes 2007, incluíndo a Palma de Ouro. Tamén conseguiu outros premios, como o de mellor filme no Premios do Cinema Europeo e nos Premios Gopo romaneses. 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile converteuse en obxecto de controversia sobre a censura, o debate sobre o aborto e a súa exclusión na 80ª edición dos Oscar, mais está considerado un dos mellores filmes da década de 2000.

Chișinău

Chișinău (pronúnciase /ki.ʃi.'nəǔ/, quixinau) é a capital e a maior cidade da Moldavia, antigamente coñecida como Kishinev. É tamén considerada unha das capitais máis arborizadas da Europa e é a máis grande da república. Localízase no centro xeográfico do país, ás marxes do río Bîc.

Economicamente, a cidade é o maior centro comercial e industrial da área, así como o maior nó de comunicacións. A cidade de Chisinau é un dos centros culturais de Moldavia e é unha das capitais europeas con maior proporción de zonas verdes.

Cunha poboación de 592.900 habitantes (2007) que chega aos 911.400 ca súa area metropolitana, Chișinău considérase a segunda maior cidade de lingua romanesa do mundo, despois de Bucarest.

Do total da súa poboación, cerca do 73% son de etnia moldava/romanesa, en canto que un 13% son rusos, un 8,5% de ucraínos e 1,2% de búlgaros. O restante está composto de diversos grupos étnicos, como os gagauz.

Durante a ocupación soviética, Chișinău oficialmente chamábase Kishinev (Кишинёв) e así aínda é coñecida en moitos países, como un dos vestixios da era comunista.

Crna mačka, beli mačor

Crna mačka, beli mačor é un filme iugoslavo dirixido por Emir Kusturica que foi estreado en 1998. Gañou o León de Prata á mellor dirección no Festival de Cine de Venecia. A tradución literal do título é "Gato negro, gato branco". O filme ten como linguas o romanés, o serbio e o búlgaro, que se intercambian con frecuencia.

Dimitrie Cantemir

Dimitrie Cantemir, nado en Silişteni o 26 de outubro de 1673 e finado o 21 de agosto de 1723, foi príncipe de Moldavia en dúas ocasións (marzo e abril de 1693 e 1710-1711). Foi tamén un prolífico home de letras: filósofo, historiador, compositor, musicólogo, lingüista, etnógrafo e xeógrafo.

Drácula de Bram Stoker

Drácula de Bram Stoker (en inglés: Bram Stoker's Dracula) é un filme de horror e romance, estreada en 1992 e dirixida por Francis Ford Coppola. A historia baséase no libro Drácula de Bram Stoker. Actúan entre outros Gary Oldman, Keanu Reeves, Anthony Hopkins e Winona Ryder. Estreouse en galego na TVG o 10 de marzo de 2009.Como en moitas outras ocasións a película viu como resultado dun longuísimo proceso de preparación, e respondía a fins creativos de Coppola, non comerciais. O seu obxectivo principal era revitalizar o personaxe de Drácula adaptándoo ó gusto contemporáneo, o que Coppola procurou mediante dúas novidades: recuperar boa parte da novela de Bram Stoker, eliminando engadidos doutros filmes, e por outro lado presentar o lado humano e sentimental do protagonista, máis alá do morbo sexual suxerido en versións anteriores. Para iso, Coppola reconstrúe o pasado do conde Drácula "antes de" ser Drácula, e o presenta como un condenado, un maldito.

Ó contrario que noutras versións, Coppola ambienta a acción na época vitoriana, a de Bram Stoker, cando a súa novela foi publicada asentando o mito do vampiro fusionando personaxes e tradicións de orixe dispar. Coppola amosa o Londres anterior a 1900 dun xeito moi orixinal. Fronte á Romanía rural, oponse a cidade ilustrada con estética mestiza, entre europea e asiática. A ambientación do cabaleiro Drácula, no século XV, é moi elocuente, así como certos atuendos de Drácula maior (como un quimono vermello de longa cola). Esta visión do protagonista choca coa tradicional, de aristócrata con chaqué.

A banda sonora foi composta por Wojciech Kilar, e o seu tema principal foi interpretado por Annie Lennox.

Foi a novena película con maior recadación en 1992 con máis de 200 millóns de dólares. Gañou 3 Premios Oscar en 1992 (deseño de vestiario, maquillaxe e edición de son).

Emil Cioran

Emil M. Cioran, nado en Răşinari —Städterdorf en alemán, Resinár en húngaro—, Sibiu, Romanía, entón parte do Imperio Austrohúngaro, o 8 de abril de 1911 e finado en París o 20 de xuño de 1995, foi un escritor e filósofo de orixe romanés. A maior parte das súas obras publicáronse en francés.

George Coșbuc

George Coșbuc, nado en Coșbuc o 20 de setembro de 1866 e finado en Bucarest o 9 de maio de 1918 en Bucarest, foi un poeta e tradutor romanés nativo de Transilvania.

George Murnu

George Murnu, ou en aromanés Ioryi Murnu, nado o 1 de xaneiro de 1868 en Veria e finado o 17 de novembro de 1957 en Bucarest, foi un escritor, tradutor e historiador romanés, membro da Academia Romanesa dende 1923. Irmán de Ary Murnu (1881-1971), artista plástico.

Gheorghe Asachi

Gheorghe Asachi, nado en 1788 e finado en 1869, foi un escritor e político romanés.

Ils (filme de 2006)

Ils é un filme franco-romanés dirixido por David Moreau e Xavier Palud que foi estreado en 2006. Segundo unha cartela do comezo do filme, está "baseado en feitos reais".

Olivia Bonamy interpreta a Clementine, unha mestra nova, que se mudou dende Francia a unha illada casa de campo preto de Bucarest, Romanía, xunto co seu amante Lucas, intepretado por Michaël Cohen.

Ion Creangă

Ion Creangă, nado o 1 de marzo de 1837 en Humuleşti e finado o 31 de decembro de 1889 en Iaşi, foi un escritor romanés.

Lingua dacia

A lingua dacia foi unha lingua indoeuropea falada polo pobo antigo dos dacios. Considérase que foi unha variante setentrional do tracio ou ben que ambas linguas eran parentes próximos.

Moitas das características do dacio son descoñecidas ou discutidas. Non hai apenas documentos escritos en dacio. O que se coñece da devandita lingua provén de:

os topónimos, hidrónimos, nomes propios (nomes de reis incluídos) e nomes dacios dunhas cincuenta plantas escritas por fontes gregas e romanas (ver Lista de nomes dacios de plantas).

as palabras do substrato contidas na moderna lingua romanesa, a lingua falada hoxe en case todos os territorios que os dacios poboaron: hai preto de 400 palabras de orixe descoñecida (como brânza = queixo, balaur = dragón, vatrâ= forno antigo de pan etc.), algunhas das cales teñen cognados en albanés. Estas palabras poderían provir dos restos do antigo dacio.

Inscricións en dacio; Decebalus Per Scorilo é a maior inscrición coñecida. O poeta romano Ovidio afirmaba ter aprendido dacio tras ter sido exiliado a Tomis (hoxe Constanţa) en Dacia. Nas súas obras Tristes e Epistulae ex Ponto contaba que compuxo poemas en lingua dacia. Se os poemas existiron, non se preservaron.

Lingua moldava

A lingua moldava (limba moldovenească, ou лимба молдовеняскэ) é un dos nomes da lingua romanesa na República de Moldavia, e segundo o Artigo 13 da constitución; o outro nome, recoñecido pola Declaración de Independencia de Moldavia e o Tribunal constitución é "romanés".

A nivel oficial, o Tribunal Constitucional interpretou no 2013 que o Artigo 13 da constitución foi substituído pola Declaración de Independencia, dando así un estatuto oficial á lingua nomeado como 'romanés'.

Mihai Eminescu

Mihai Eminovici, coñecido como Mihai Eminescu, nado o 15 de xaneiro de 1850 e finado o 15 de xuño de 1889, foi un poeta romántico, o máis célebre de Romanía e da República de Moldavia. A súa obra está traducida a máis de 60 idiomas.

Os seus poemas máis coñecidos son Luceafarul (Hypérion) - Lucifer, Odă în metru antic (Oda en metro antigo), e as 5 Scrisori (Epístolas). Eminescu era un membro activo da sociedade literaria Junimea, traballando como editor en Timpul, o xornal oficial do Partido Conservador.

Mircea Eliade

Mircea Eliade, nado en Bucarest o 9 de marzo de 1907 e finado en Chicago o o 22 de abril de 1986, foi un pensador e etnógrafo romanés, considerado como un dos maiores especialistas no campo da fenomenoloxía e da socioloxía relixiosa e no da historia das relixións. Así mesmo foi un literato en lingua romanesa, na que publicou novelas e relatos.

Moldavia

A República de Moldavia (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste. Foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética ata 1991.

Pobo romanés

Os romaneses (en romanés: români) son un grupo étnico que habita principalmente en Romanía que comparte unha cultura, uns devanceiros e unha lingua común, a lingua romanesa. Autores importantes consideran que os moldavos tamén son romaneses, o cal os convertería en predominantes tamén en Moldavia. Os romaneses forman minorías étnicas en diversos países veciños.

Os romaneses son unha nación no sentido de ethnos (en romanés, neam); é dicir, a nación defínese máis polo sentido de pertenza a unha cultura romanesa común, a un mesmo grupo humano e a unha comunidade que fala romanés como lingua materna que non pola cidadanía ou polo feito de vivir nun país en concreto. A lei de cidadanía romanesa, promulgada en marzo do ano 1991, estabelece que a segunda e a terceira xeración que descende de romaneses teñen dereito a obter a cidadanía romanesa se falan un romanés fluído e demostran un coñecemento suficiente da historia e a cultura romanesas. Arredor do mundo, uns vinte e catro millóns de persoas teñen o romanés como lingua nai.

Romaní

Romaní pode referirse a:

Ana Romaní, poetisa

Rodrigo Romaní, músico

Juan Ramón Vidal Romaní, xeólogo

Lingua romaní, ou por confusión a lingua romanche ou lingua romanesa ou lingua arromanesa ou lingua romeno-meglesita (ou meglenorromanesa)

Pobo romaní, ou por confusión a pobo romanés

Smetana (lácteo)

Smetana é un produto lácteo moi típico nas cociñas da Europa Central e Oriental.

É unha variedade de nata agria moi semellante á crème fraîche da que se distingue pola textura e o sabor. Este alimento recibe nomes semellantes en varias linguas eslavas como a rusa, a ucranína сметана, polonesa śmietana, checa (za)kysaná smetana (smetana é en checo máis ben crema de leite, tamén chamada de sladká smetana (doce)), ou eslovaca smotana. Por estar achegado tamén existe un termo semellante, "smântână", na lingua romanesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.