Lingua protoindoeuropea

Se se acepta a fragmentación do IE (indoeuropeo) en tempos tan remotos como o -3000, ou aínda antes, nas súas ramas oriental e occidental, entón existiría un idioma anterior á fragmentación destas ramas. O protoindoeuropeo sería a reconstrución máis temperá que se fixo do indoeuropeo, isto é, o idioma no seu estado máis antigo.

Crese que este idioma se falou cara ó ano -5000 ou ata o -3000, antes de que se separase a rama anatolia. Unha característica desta etapa do indoeuropeo é que os xéneros non se dividen en masculino e feminino, senón en animado e inanimado, tratándose dunha lingua de tipoloxía activa).

Unha teoría, bastante controvertida, propón que o protoindoeuropeo proviña dunha lingua máis antiga coñecida como nostrático da cal provirían tamén, entre outras, as familias urálica, altaica, dravídica e afroasiática.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
August Schleicher

August Schleicher, nado en Meiningen o 19 de febreiro de 1821 e finado en Jena o 6 de decembro de 1868, foi un lingüista alemán. A súa obra máis importante foi Un compendio da gramática comparada das linguas indoeuropeas, na que intentaba reconstruír a lingua protoindoeuropea. Para amosar o aspecto que podería ter tido o indoeuropeo creou un conto curto, a chamada “Fábula de Schleicher”, para exemplificar o vocabulario reconstruído e os aspectos da sociedade indoeuropea que se podían inferir del.

Frederik Kortlandt

Frederik Herman Henri (Frits) Kortlandt, nado o 19 de xuño de 1946 en Utrecht, é un profesor de lingüística descritiva e comparada na Universidade de Leiden nos Países Baixos.

Hermann Hirt

Hermann Hirt, nado o 19 de decembro de 1865 en Magdeburg e finado o 12 de setembro de 1936 en Gießen, foi un filólogo e indoeuropeísta alemán.

Hermann Möller

Hermann Möller, ou Møller, nado en Hjerpsted o 13 de xaneiro de 1850 e morto en Copenhaguen o 5 de outubro de 1923, foi un lingüista e filólogo dinamarqués estudoso do indoeuropeo que deu contribucións fundamentais ao desenvolvemento da teoría das laringais e estivo entre os primeiros que postularon a existencia dunha ligazón xenética entre as linguas indoeuropeas e as linguas semíticas.

Indoeuropeo

O termo lingüístico Indoeuropeo pode facer referencia:

Ás linguas indoeuropeas, familia de linguas.

Aos pobos indoeuropeos, falantes asociados destas linguas.

Aos estudos indoeuropeos, campo académico que as investiga.

Á lingua protoindoeuropea.

James Patrick Mallory

James Patrick Mallory, nado en Belfast en 1945, é un arqueólogo estadounidense de orixe irlandesa. Mallory é profesor emérito da Queen's University of Belfast, é membro da Real Academia Irlandesa e editor da Journal of Indo-European Studies (‘Revista de estudos indoeuropeos’) e de Emania: Bulletin of the Navan Research Group (‘Boletín do grupo de investigación en Navan’), en Belfast.

Linguas tocarias

A lingua tocaria ou o conxunto de linguas coñecidos como tocario, é a rama máis descoñecida dos idiomas do grupo indoeuropeo. Formado por dous idiomas, tocario A (turfanio, arsi ou tocario oriental) e tocario B (cucheano ou tocario occidental). Estas linguas faláronse aproximadamente entre os séculos VI e século IX, antes de que se extinguisen ao se asimilaren os seus falantes coas tribos uigures.

Ambas linguas faláronse na Conca do Tarim en Asia Central, no que na actualidade é a provincia chinesa de Xinxiang. O nome vén dos tocarios (en grego: Τόχαροι, "tokharoi") dos historiadores gregos (Tolomeo VI, 11, 6). Estes identifícanse en ocasións cos yuezhi e os cuxanos, e a estremeira Tocaristán normalmente fai referencia á Bactria do primeiro milenio. Un texto túrquico refírese á lingua turfania (tocario A) como twqry. A súa interpretación é difícil, pero F. W. K. Müller asociouna co nome dos tokharoi de Bactria.

Paleontoloxía lingüística

A paleontoloxía lingüística é unha disciplina que pretende clarificar a prehistoria e cultura material dos falantes dunha lingua morta ou protolingua antiga.

A paleontoloxía lingüística baséase na análise do vocabulario, e en particular a existencia de certos nomes de plantas e animais e innovacións tecnolóxicas, a partir das cales poden facerse conxecturas sobre a cultura material dos falantes das protolinguas que deron lugar ás linguas da familia. Así, a paleontoloxía lingüística trata de reconstruír a historia de épocas moi afastadas do presente onde carecemos de fontes escritas a través da evidencia lingüística; é unha fonte útil e igualitaria de coñecer o desenvolvemento das diferentes rexións, especialmente se se combina coa evidencia arqueolóxica.

Pobo protoindoeuropeo

O termo protoindoeuropeos refírese ós individuos pertencentes a unha etnia ou grupo de etnias da Idade do Cobre e a primeira Idade do Bronce, que falaban variantes da lingua protoindoeuropea e compartían unha cultura material e patróns culturais semellantes.

A cultura indoeuropea alcanzou certas vantaxes sobre outros pobos, como a gandaría equina, o carro ou a agricultura do trigo, e expandiuse até abarcar o espazo entre o círculo polar ártico, o sur de Portugal e a India. Estes pobos expresábanse nunha lingua con características similares ás que se falan hoxe na maior parte de Europa, Irán e India, incluíndo linguas mortas como o latín ou o hitita.

A falta de escrita durante o período protoindoeuropeo privou ós historiadores de datos, pero algúns arqueólogos, como Marija Gimbutas, aventuran a hipótese dos kurgáns, segundo a cal o eixo común ás culturas indoeuropeas sería un conxunto de xentes seminómades que atopou os seus fundamentos materiais no cabalo, a roda, o desenvolvemento do metal, a agricultura e a gandaría.

Entre as características culturais comúns ós protoindoeuropeos áchase unha relixión común politeísta con varios deuses celestiais. Posiblemente posuísen algunhas vantaxes tecnolóxicas que lles permitiron expandirse á conta doutros pobos, aínda que algúns autores argumentan sobre unha base arqueolóxica que a expansión foi pacífica.A cultura comparada permite conxeturar que posuían tradición poética, que usaron para cantar as fazañas dos seus deuses e heroes que parece ser antiquísima. A cultura indoeuropea parece constituír a raíz da civilización europea antiga, así como da civilización indoirania antiga.

Protolingua

A protolingua ou lingua reconstruída, é a reconstrución probábel da lingua orixe dun grupo de linguas, sexa unha rama ou unha familia; sobre a base das coincidencias e trazos comúns a dita familia de linguas que non constitúan innovacións ou préstamos.

Dita reconstrución realízase mediante a comparación de linguas ou método comparativo do devandito grupo aplicando os métodos da lingüística histórica. Normalmente o proceso de reconstrución empeza reconstruíndo o nivel fonético-fonolóxico da lingua nai. Isto faise en tres etapas:

Establécense listas de cognados é dicir, palabras con significado idéntico ou moi semellante e que teñen formas fonéticas próximas ou relacionábeis mediante leis fonéticas.

Establécense correlacións regulares entre sons en forma de leis fonéticas.

Para cada correlación regular conxectúrase o fonema ou fonemas que podían ter sido os orixinais na protolingua e que, por diferentes evolucións regulares, deron lugar a diferentes sons (a regularidade da evolución é o que explicaría a ocorrencia de correlacións regulares e leis fonéticas).Naturalmente, este proceder non pode facer esquecer a existencia de leis fonéticas que relacionan sons ou segmentos moi distintos entre si, como os famosos casos (Meillet) existentes entre o armenio e as restantes linguas indoeuropeas. É máis, este tipo de correspondencias inexplicábeis por mera casualidade son as preferidas polos comparatistas para o seu labor neste apartado, ao igual que en morfoloxía son moi relevantes as irregularidades compartidas.

A reconstrución do nivel morfosintáctico e outros é bastante máis complexo e non é sinxelo sistematizalo nun conxunto de pasos.

É importante entender que habitualmente a reconstrución aplícase a unha lingua que deixou de falarse hai tempo, e xeralmente é descoñecida na súa maioría, é dicir, non existen inscricións ou referencias escritas. Dito proceso de reconstrución pretende conxecturar cal foi o camiño seguido na evolución da lingua, e percorrelo en sentido inverso. Historicamente a primeira protolingua reconstruída foi o protoindoeuropeo ou indoeuropeo, lingua nai que daría lugar ás linguas romances, xermánicas, gregas, eslavas e indoiranias. Isto realizouse a finais do século XIX, e entón o método comparativo adquiriu un carácter plenamente científico (indución + dedución), desde entón fixéronse decenas de reconstrucións doutras protolinguas. Con todo, a reconstrución interna pode e debe ás veces aplicarse ao resultado da comparación (i.e., á protolingua de primeiro grao) ou a diferentes etapas da prehistoria das linguas particulares, non só para descubrir novos procesos ou formas senón para establecer cronoloxías relativas entre estes.

Teoría das laringais

Coñécese como laringais un conxunto de tres sons consoantes que aparecen nas reconstrucións da lingua protoindoeuropea (PIE). A teoría foi proposta por primeira vez por Ferdinand de Saussure en 1879; con todo, non obtivo aceptación xeral ata que a lingua hitita foi descuberta e descifrada lentamente a mediados do século XX. Pronto se acharon fonemas na lingua hitita para os que a teoría das laringais constituía a mellor explicación, o que supuxo a aceptación da teoría por parte da maioría dos indoeuropeístas.

Urheimat dos indoeuropeos

As hipóteses da Urheimat protoindoeuropea son unha serie de conxecturas que tentan explicar as orixes da lingua protoindoeuropea. A identidade dos indoeuropeos foi un un argumento recorrente dos estudos de indoeuropeística a partir do século XIX. Se ben son moitas as hipóteses propostas, ningunha ten reunido un acordo suficientemente amplo dentro da comunidade dos investigadores.

Linguas indoeuropeas
Pobos indoeuropeos
Protoindoeuropeos
Hipóteses Urheimat

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.