Lingua occitana

O occitano[3] é a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual Francia, denominada Occitania por algúns sectores políticos e culturais, nas súas variedades dialectais. En Cataluña ademais de ser oficial no Val de Arán coa denominación de aranés, é oficial en toda a rexión dende o 9 de agosto de 2006, data de entrada en vigor do novo estatuto de autonomía.

Occitano
occitan
Pronuncia:[ut͡siˈta]
Outros nomes:Provenzal, lemosino, gascón...
Falado en: Flag of France.svg Francia
España España
Italia Italia
Rexións: Europa
Total de falantes: entre 100.000 e 800.000 [1][2]
Posición: 22
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Occitano-Románico
    Occitano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Val de Arán
Regulado por: Conselh de la Lenga Occitana
Congrès Permanent de la Lenga Occitana
Códigos de lingua
ISO 639-1: oc
ISO 639-2: oci (desde 1500) / pro (antes de 1500) (B) (T)
ISO 639-3: oci
SIL: (varios)
Dialectos do Occitano
Carta Occitania.pdf
Occitania (occitano)

Nome

Na literatura científica, e en xeral nos usos cultos, emprégase na actualidade para denominar a lingua occitano, ou menos frecuentemente lenga d'òc, esas formas apareceron no cabo do século XIII derivadas do adverbio afirmativo òc (si), seguindo os usos empregados na Idade Media para distinguila da lingua del sì ou italiano e da langue d'oïl ou francés.

A forma provenzal designou en diversas épocas, como no século XIII e nos séculos XIX e boa parte do XX a todo o dominio lingüístico pero a partir dos anos 1960 deixou de se empregar con ese significado, designando tan só o dialecto occitano que se fala na Provenza.

Historicamente tamén se empregaron outros sinónimos de occitano como lemosino no século XIII, e que mesmo designou tamén o catalán nos séculos XVIII e XIX pola súa filiación co occitano medieval, e que hoxe designa o dialecto occitano da rexión Limoges, e gascón nos séculos XVI, XVII e XVIII[4] que na actualidade designa o dialecto occitano de Gascuña e Bearn.

Variantes

O Occitano divídese fundamentalmente en tres dialectos ou variantes: o Occitano norte (falado en Limousin, Auvernia e nos Alpes provenzais, o Occitano medio (falado no Languedoc) e o Gascón (falado na Aquitania)[5]. O Aranés, falado no Val de Arán, derívase do gascón.[5]

Historia

Idade Media

Os primeiros documentos en Occitano datan do século X, sendo o primeiro de todos un refrán vencellado a un poema latino do século X. Mais non foi ata o século XI cando se escriben os primeiros textos literarios, acadando unha grande época de esplendor. Así, xente na nobreza coma o rei Pedro I de Aragón ou Ricardo Corazón de León escribiron poemas en occitano[5]. Dante coñeceu a lingua e empregouna nalgúns dos seus textos, sendo tamén empregada en documentos xurídicos.

Idade moderna

A anexión á coroa francesa non mudou esta situación, e seguiu a ser a lingua empregada pola maioría da poboación. Porén diversas leis e edictos comezaron a minguar o prestixio do Occitano. Así o rei Francisco I, no edicto de Villers-Cotterêts (1539), remarcou a supremacía do francés sobre o occitano, cualificando despectivamente, este monarca, ademais ó occitano e a outros idiomas locais de patois. Neste documento prohibiuse empregar o Occitano coma lingua administrativa e xurídica[5]. Coa creación da imprenta real no 1543 multiplicáronse os escritos en francés, e o primeiro dicionario francés da Academia Francesa, aparecido no 1694, cualificaba os idiomas locais de maneira despectiva.[5]

Idade contemporánea

Porén foi a Revolución francesa, a que definiu o francés coma idioma de liberdade e unidade en toda Francia. Así, no 1802 prohibiuse a ensinanza do occitano nas escolas. Recruándose esta prohibición nos anos seguintes.[5] A mediados do século XIX, fundouse o movemento Félibrige, que procuraba a renovación literaria. Movemento que aínda dura, ata hoxe en día. A primeira Guerra Mundial representou un novo declive no emprego do Occitano. Por un lado moitos soldados occitanos morreron na contenda e diversos fluxos migratorios internos e externos provocaron o abandono progresivo da lingua.[5] No ano 1945, creouse o Institut d'Estudis Occitans que procuraba a reconquista da cultura occitana. Porén a chegada da televisión, predominantemente francófona, acelerou o proceso de abandono. A finais do século XX viviuse unha progresiva toma de conciencia na utilización do occitano. Así, impulsouse a creación literaria, musical e teatral. Ademais fundáronse as calandretes, escolas bilingües existentes en todas as grandes vilas.[5]

Literatura

A literatura occitana foi a máis rica (só por diante do galego) na Europa da época medieval. Dos séculos XII ao XIV foi lingua literaria, especialmente no xénero lírico, en Francia, Italia e norte da Península Ibérica, sendo a lingua dos trobadores medievais desa área. O texto máis antigo en occitano é Pódese considerar que na etapa medieval as diversas variantes de occitano, o catalán e mailo aragonés constituían unha soa lingua que comezou a se dividir nos séculos XIII-XIV.

No século XVI e no século XVII produciuse unha revitalización, con autores como Louis Bellaud de la Bellaudière, Guilhem Ader, Pèire Godolin, Glaudi Brueis e Francés de Corteta.

Durante o século XIX fixéronse importantes esforzos por revitalizala como lingua poética e literaria por un grupo de persoas coñecidos como Félibrige, que encabezaron Frédéric Mistral, Fèlix Castan ou Joseph Roumanille. Non obstante, non acadaron repercusión suficiente e hoxe emprégase en menos ocasións có francés como forma literaria, con arredor de 50 títulos publicados ao ano.

Actualmente as figuras máis salientábeis en occitano, son Ives Roqueta ou os poetas Max Felip Delarouet e Joan Larzac.

Falantes

Linguistic map Southwestern Europe-en
Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do Suroeste de Europa entre as que aparece o occitano.

En 1992, as cifras achegadas eran de 750.000 falantes activos na Provenza e entre 1 e 1,5 millóns que entendían a lingua. Un ano antes, unha sondaxe realizada entre 939 persoas entrevistadas en catro departamentos de Languedoc (Aude, Hérault, Lozère e Gard, cun total de 1.751.178 habitantes) amosaba un 48% de cidadáns que entendía a lingua e un 28% que a falaba, mais tan só o 9% o facía a diario.

Aínda que no século XX seguía a ser unha lingua de uso diario para a maioría da poboación rural do sur de Francia, agora é falada por unhas 100.000 persoas en Francia segundo estimacións de 2012. [1]

Táboa de vocabulario

Esta táboa presenta unha comparativa do occitano con outras linguas romances.

latín Francés Italiano Español Occitano (linguadociano) Catalán (Central) Galego Portugués Romanés
clave clef chiave llave clau clau chave chave cheie
noctem nuit notte noche nuèit/nuèch nit noite noite noapte
cantare chanter cantare cantar cantar cantar cantar cantar cânta
capra chèvre capra cabra cabra cabra cabra cabra capră
lingua langue lingua lengua lenga llengua lingua língua limbă
platea place piazza plaza plaça plaça praza praça piaţă
pons pont ponte puente pònt pont ponte ponte punte/pod
ecclesia église chiesa iglesia glèisa església igrexa igreja biserică
hospitalis hôpital ospedale hospital espital hospital hospital hospital spital
caseus (Latín vulgar formaticum) fromage formaggio queso formatge formatge queixo queijo cas;

Notas

  1. 1,0 1,1 Bernissan, Fabrice (2012). "Combien l'occitan compte de locuteurs en 2012?". Revue de Linguistique Romane (en French) 76: 467–512.
  2. Martel, Philippe (December 2007). "Qui parle occitan ?". Langues et cité (en French) (Observation des pratiques linguistiques) (10): 3. De fait, le nombre des locuteurs de l’occitan a pu être estimé par l’INED dans un premier temps à 526 000 personnes, puis à 789 000 ("De feito, o número de falantes de occitano foi estimado polo INED nun primeiro momento en 526.000 persoas, despois en 789.000")
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para occitano.
  4. Boyer Henri, & Gardy Philippe (2001) (dir.) Dix siècles d’usages et d’images de l’occitan: des troubadours à l’Internet, coll. Sociolinguistique, París: L’Harmattan
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Rius, Montserrat (2007). Editorial Laertes, ed. Francia, País Cátaro. ISBN 978-84-7584-591-3.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

8 de setembro

O 8 de setembro é o 251º día do ano do calendario gregoriano e o 252º nos anos bisestos. Quedan 114 días para finalizar o ano.

Anglet

Anglet é un concello do departamento dos Pireneos Atlánticos, Aquitania, Francia. Conta con 35.263 habitantes.

A cidade, en orixe poboada por vascos (Angelu é o nome en éuscara), cunha minoría de lingua occitana, despois da Revolución Industrial, converteuse nunha poboación primeiro de lingua occitana e hoxe a maioría da poboación fala francés.

Aranés

O aranés é o nome que se lle dá ao occitano no Val de Arán. Constitúe unha variedade do dialecto gascón da lingua occitana chamado gascón pirenaico, falada no Val de Arán, no noroeste de Cataluña. Desde 2006 é unha das tres linguas oficiais desta comunidade autónoma alén do catalán e do castelán.

Considerada unha vez como "lingua en perigo", e falada maioritariamente por xente maior, está agora a experimentar un rexurdimento, sendo ensinada dende o 1984 nas escolas e gozando dun status de cooficialide na Comunidade Autónoma de Cataluña.

Preto do 90% dos habitantes do Val de Arán pódena entender, e un 65% poden falala. Grazas ao seu status de cooficialidade, e malia ter só uns 5.000 falantes, converteuse nunha referencia dentro do reivindicativo mundo occitano. No ano 2006 saíu á luz unha Gramática aranesa e no 2007 foi publicado un dicionario Aranés-Inglés/Inglés-Aranés.

Conselh de la Lenga Occitana

O Conselh de la Lenga Occitana (Consello da Lingua Occitana en galego) CLO, é o organismo de codificación da lingua occitana, fundado nos anos 1996—1997. O consello é responsábel de xestionar e elaborar as regras normativas do occitano.

Felibrige

Felibrige (norma mistraliana), Felibritge (norma clásica), é unha asociación literaria fundada en 1854 informalmente por seis escritores -entre eles Frédéric Mistral, Joseph Roumanille e Théodore Aubanel- co propósito de fomentar e restaurar o provenzal que entendían como o conxunto da lingua occitana. Non obstante non foi ata 1876 cando a organización se constituíu formalmente.

Frédéric Mistral

Frédéric Mistral, nado en Maillane (Provenza) o 8 de setembro de 1830 e finado o 25 de marzo de 1914, foi un escritor e lexicógrafo francés en lingua occitana, membro fundador do Félibrige, membro da Academia de Marsella e Premio Nobel de literatura en 1904.

Gascón

O gascón é a variedade máis occidental da lingua occitana, abondo diferente do resto dos dialectos do occitano, non só debido a un substrato vasco, se non que existen diferenzas léxicas, morfolóxicas e sintácticas propias do gascón que non se dan nos outros dialectos. Por estas diferenciacións algúns lingüistas afirmaron e afirman que se trata dunha lingua diferente[Cómpre referencia].

O gascón divídese en varios subdialectos entre os cales domina por tradición secular a variedade bearnesa (que na parte pirenaica presenta unhas peculiaridades que o afastan do occitano). Estas variedades pirenaicas presentan tendencias peculiares como o artigo eth (feminino era), a conservación posible do son [-a] final átono polo grafema -a final e, máis localmente, uns plurais femininos en [es]. O aranés, un subdialecto do gascón na zona pirenaica, transcribe xeralmente esta particularidade coa grafía -es en lugar de -as). O bearnés, a demais das peculiaridades pirenaicas, presenta as mesmas variedades dialectais que o resto do gascón. A única discrepancia que existe hoxe en día é a maneira de escribir a lingua, habendo dúas formas distintas de grafías.

As principais variedades do gascón son:

Landés marítimo ou "fala negra" (Biarritz, Baiona e Landas costeiras).

Gascón central (Auch).

Bearnés (Pau).

Gascón oriental.

Aranés (Val de Arán) variante pirenaica do gascón que conta coa súa propia codificación, oficial no Val de Arán.

Bordalés (Bordeos, Medoc).

Guillerme IX de Aquitania

Guillerme de Poitiers (en occitano: Guilhem de Peiteus), coñecido tamén como Guillerme IX de Aquitania ou Guillerme o Trobador (en francés: Guillaume le Troubadour), nado o 22 de outubro de 1071 e finado o 10 de febreiro de 1126, foi un nobre francés, noveno duque de Aquitania, sétimo conde de Poitiers e primeiro dos trobadores en lingua provenzal do que se ten noticia.

Joseph Roumanille

Joseph Roumanille, nado en 1818 e finado en 1891, foi un poeta francés en occitano. En 1854 fundou con outros seis escritores - entre eles Frédéric Mistral, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1904—o Félibrige, asociación que fomentou e tentou restaurar o provenzal como lingua literaria.

Manifestación polo Occitano

A Manifestación polo occitano alcumada Anem! Per la lenga occitana, òc! ("Vamos! Pola lingua occitana, si!") é unha manifestación organizada polo colectivo Manifestar per l'occitan, colectivo está formado polas principais asociacións occitanas (Institut d'Estudis Occitans, Felibritge, F.E.L.C.O., Calandreta, Òc-Bi e Conselh de la Joventut d'Òc).

Esta manifestación ten o obxectivo de potenciar a diversidade lingüística e cultural en Francia e no mundo, e pedir ao estado unha política pública para a lingua occitana.

Nacionalismo occitano

O nacionalismo occitano é un movemento político que reivindica a creación do Estado de Occitania secesionado de Francia. Reivindica basicamente grande parte do sur de Francia, ademais de Mónaco e algúns territorios de España e Italia, como nación occitana. O fundamento do nacionalismo é lingüístico e cultural aínda que actualmente a lingua occitana é minoritaria en todo o seu ámbito lingüístico.

Niza

Niza (en francés: Nice; en occitano: Niça) é unha cidade francesa, capital do departamento dos Alpes Marítimos, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. No ano 2014 tiña 343.895 habitantes, cunha área metropolitana de máis dun millón de persoas, sendo a quinta comuna francesa por poboación (logo de París, Marsella, Lión e Tolosa).A cidade, capital histórica do Condado de Niza, estivo ligada a Italia ata a súa invasión e anexión francesa a finais do século XIX. Unha parte da súa poboación conserva o dialecto nizardo, unha variedade da lingua lígur moi influída pola lingua occitana despois da década de 1860. En zonas próximas á cidade fálanse variantes do ligur, incluíndo o monegasco e a do val do Roia. É moi probable que na Idade Media o lígur fora a lingua principal da cidade.

Occitania

Este artigo é sobre a rexión histórica e lingüística, para a rexión administrativa véxase OccitaniaOccitania (en occitano Occitània) é a área histórica de dominio da lingua occitana. Comprende boa parte do terzo sur do estado francés, o Val de Arán (no Principado de Cataluña), os Vales Occitanos (de Piemonte, en Italia) e Mónaco.

Esta designación non está extenta de polémicas e non é aceptada por todas as persoas por razóns políticas, aducindo a relativa falta de antecedentes históricos como suxeito político único. En cambio, o adxectivo occitan (occitano), como definición identitaria, ten gozado de certa normalidade de emprego en todo o seu ámbito lingüístico e tamén no resto do estado francés.

A inmensa maioría do territorio de Occitania está dividido en varias rexións administrativas francesas (o restante, uns poucos vales, nos estados español e francés). Nos tres Estados en que a lingua occitana é falada, ten graos de oficialidade moi variábeis. A fragmentación administrativa, xunto coa fraca protección legal para a lingua, explican en parte que as organizacións nacionalistas occitanas sexan aínda hoxe minoritarios, malia que a cuestión occitana estea a arraigar na mentalidade da xente e na sociedade francesa. Exemplo disto son o éxito das manifestacións en defensa do occitano en Carcassona (entre 8.000 e 12.000 manifestantes o 22 de outubro de 2005) e Besiers (reunindo a máis de 20.000 persoas o 17 de marzo de 2007).

A lingua occitana só está recoñecida como oficial, protexida, ensinada e promovida no Val de Arán. No estado italiano ten o status de lingua protexida e no estado francés tan só goza dunha certa aceptación no sistema educativo, pero carece de recoñecemento legal. Cabe mencionar que, pese á súa precaria posición social, o occitano foi unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos de Turín. Tamén hai un sistema privado de escolarización en lingua occitana, similar ás ikastolas vascas, denominado Calandretas.

A bandeira de Occitania é a dos condes de Tolosa: cruz amarela sobre fondo vermello. A cruz occitana aparece nas bandeiras oficiais da cidade de Tolosa e das rexións francesas de Mediodía-Pireneos; a carón do escudo catalán na da rexión de Languedoc-Rosellón, así como no escudo do departamento dos Hauts Alps (Altos Alpes). Tense implantado con éxito nos vales occitanos de Piemonte e tamén no Val de Arán, onde agora está integrada na bandeira aranesa (que só ostentaba antes a chave aranesa).

Pobo occitano

Os occitanos (en occitano: occitans) son un grupo étnico de fala románica orixinarios de Occitania (sur de Francia, nordeste de España e noroeste de Italia). A lingua occitana é empregada en diferente graos por entre 100 000 e 800 000 falantes no sur de Francia e o norte de Italia. Dende 2006, a lingua occitana está recoñecida como unha das linguas oficiais en Cataluña.

Provenza

Para a rexión francesa actual véxase: Provenza-Alpes-Costa AzulA Provenza (Provença segundo a norma clásica do provenzal, variante da lingua occitana, Prouvènço seguindo a grafía moderna de Frédéric Mistral e Proença na grafía da Idade Media) é unha antiga provincia do sueste de Francia, que se estende desde o leste do Ródano até a cidade de Niza.

Raimbaut de Vaqueiras

Raimbaut de Vaqueiras ou Riambaut de Vaqueyras, activo desde aproximadamente 1180 e falecido o 4 de setembro de 1207, foi un trobador provenzal e, máis tarde, cabaleiro. A súa vida xirou principalmente en torno á corte en Italia até 1203, cando se incorporou á Cuarta Cruzada.

Robèrt Lafont

Robert Lafont, nado en Nîmes en 1923 e finado en Florencia o 24 de xuño de 2009, foi un lingüista, historiador da literatura occitana, poeta, novelista e dramaturgo occitano.

Théodore Aubanel

Théodore Aubanel, nado en Aviñón en 26 de marzo de 1829 e finado o 2 de novembro de 1886, foi un escritor provenzal. Canda Joseph Roumanille e Frédéric Mistral foi un dos iniciadores do movemento felibre, que supuxo o rexurdimento da literatura occitana.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.