Lingua mirandesa

A lingua mirandesa ou mirandés[1] é unha lingua románica do grupo asturleonés, falada no norte da Península Ibérica. É falada no Portugal nororiental, por unhas quince mil persoas, concretamente na vila e nas aldeas do concello de Miranda do Douro e en tres aldeas máis do concello de Vimioso, nun espazo de 484 km², estendéndose a súa influencia por outras aldeas dos concellos de Vimioso, Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e Braganza.

Mirandés
Falado en: Flag of Portugal.svg Portugal
Rexións: concellos de Miranda do Douro e Vimioso
Total de falantes: 5.000 falantes (15.000 contando tamén os de segunda lingua)
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Itálo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Ibero-románica
       Ibero-occidental
        Lingua asturleonesa
         Mirandés
Estatuto oficial
Lingua oficial de: concello de Miranda do Douro (Lei n.º 7/99, de 29 de xaneiro de 1999)
Regulado por: Anstituto de la Lhéngua Mirandesa
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: mwl
ISO 639-3: mwl
SIL: MWL
Locator map of Miranda do Douro
Genísio04
Placa de identificación dunha rúa, ee Genísio, co nome da rúa en mirandés e en portugués.
Miranda09
Placa de información, na Igrexa de Miranda do Douro, co texto en mirandés.

Características

O mirandés ten unha fonoloxía, morfoloxía e sintaxe distinta, e foi diferenciada polo menos dende a formación do Portugal (século XII). Ten as súas raíces do latín falado no norte da Península Ibérica. É un descendente da antiga lingua leonesa do norte da Iberia, o derradeiro remanente da antiga lingua do Reino de León, e atópase fortemente ligado á lingua leonesa moderna e á lingua asturiana. Porén, estas amálgamas do territorio español non afectaron o mirandés, o cal preserva distintas diferenzas lingüísticas tanto do portugués como do castelán. Tamén mantén unha forte ligazón co léxico dalgúns dialectos rexionais portugueses.

No século XIX, José Leite de Vasconcelos, describiuno como «a lingua das granxas, do traballo, do fogar e do amor entre os mirandeses». Dende 1986/87 a lingua ensínase aos estudantes entre os dez e once anos de idade, volvendo así a rexurdir.

Hoxe en día o mirandés retén pouco máis de 5.000 falantes (podéndose elevar o número até os 15.000 se contamos aos que a teñen como segunda lingua) nas aldeas do concello de Miranda do Douro e nalgunhas aldeas orientais no concello de Vimioso, aínda que se pode atopar influencia noutras aldeas do concello de Vimioso e nos Concellos de Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e máis Braganza.

As principais diferenzas entre o mirandés (Portugal) e a lingua leonesa e asturiana (España) producíronse pola influencia da lingua dominante da rexión. O mirandés foi influenciado foneticamente e no seu léxico polo portugués, así como o leonés e o asturiano o foron polo castelán. Outra diferenza é que o mirandés e o leonés semellan ser moi conservadores, mentres o asturiano experimentou máis cambios. Estas linguas afírmanse como altamente relacionadas (especialmente o mirandés e o leonés, chamadas incluso co-linguas), sendo sen ningunha dúbida a mesma lingua no pasado.

As súas variantes dialectais

Existen tres variantes dialectais da lingua mirandesa:

  • O mirandés fronteirizo.
  • O mirandés central.
  • O mirandés sendinês.

A maioría dos falantes do mirandés tamén falan portugués, e incluso castelán algúns deles. Picote (Picuote) é a única aldea basicamente monolingüe en mirandés, espertando o interese baixo novos informes feitos sobre ela nun país que é monolingüe en portugués.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mirandés.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Amadeu Ferreira

Amadeu José Ferreira, nado en Sendim o 29 de xullo de 1950 e finado en Lisboa o 1 de marzo de 2015, foi un profesor, avogado e escritor portugués que traballou pola revitalización lingüística do mirandés.

Anstituto de la Lhéngua Mirandesa

O Anstituto de la Lhéngua Mirandesa (Instituto da Lingua Mirandesa) é a institución encargada da representación, investigación, promoción, normativización e divulgación da lingua mirandesa, a variedade do asturleonés falada na localidade portuguesa de Miranda do Douro, lugar no que se atopa a sede da institución.​A decisión de formar o instituto foi o resultado dunha reunión celebrada en setembro do 2000 en Miranda do Douro, onde se reuniron varias persoas interesadas polo idioma. A partir desa reunión tomóuse a decisión de avanzar cara a creación de dito instituto, e tamén para afiliar ao mirandés á Oficina Europea de Linguas Minoritarias.

Antón

Antón ou Antonio é un antropónimo galego que entrou a través do latín, coa forma Antonius, interpretada como "aquel que se enfronta aos seus adversarios" ou "inestimábel", mais de probábel orixe etrusca. Emprégase en todo mundo. A forma feminina é Antona ou Antonia.

Dende o Renacemento atribuíuselle unha orixe grega por mor da súa semellanza co substantivo "άνθος" (anthos) que significa "flor". Isto levou a pensar que a súa etimoloxía era "digno de loanza" ou "aquel que merece flores". De feito, a partir do século XVII, na lingua inglesa comeza a aparecer escrito coa grafía "th" ("Anthony" no canto de "Antony"), facendo referencia a esta suposta orixe grega. Algúns autores consideran as orixes do nome no antigo rei grego Anthonios, rei de Acaia.

O nome é común en Galiza. A forma Antonio é o segundo nome máis frecuente en España (1.543.089 persoas), e o primeiro se temos en conta como nome completo (765.138 persoas).

António Bárbolo Alves

António Bárbolo Alves, nado en Picote (Miranda do Douro) o 5 de decembro de 1964, é un mestre, estudoso e difusor da lingua mirandesa.

António Maria Mourinho

António Maria Mourinho, nado en Sendim o 14 de febreiro de 1917 e finado en Lisboa o 13 de xullo de 1996, foi un etnógrafo, etnólogo e arqueólogo portugués.

Casa de la Música Mirandesa

A Casa de la Música Mirandesa é un complexo cultural que ten como obxectivo promover a cultura musical tradicional da Terra de Miranda. Está situada na praza do Castelo, na freguesía de Miranda do Douro, no municipio homónimo do distrito de Braganza, en Portugal. O edificio está incluído na Zona Especial de Protección do Castelo de Miranda do Douro.A Casa de la Música Mirandesa pretende reavivar e manter a música tradicional mirandesa, que ten as súas particularidades, principalmente polos instrumentos utilizados (gaita mirandesa, frauta pastoril, zanfona, caixa de guerra, cunchas de Santiago, castañolas, pandeireta etc) e pola letra das cancións en lingua mirandesa.

Domingos Raposo

Domingos Abílio Gomes Raposo, nado en Malhadas o 17 de maio de 1952 é un profesor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) e un dos maiores especialistas na lingua mirandesa.

José Gonçalo Herculano de Carvalho

José Gonçalo Herculano de Carvalho, nado en Coímbra o 19 de xaneiro de 1924 e finado en Coímbra o 26 de xaneiro de 2001, foi un lingüista, lusitanista e romanista portugués.

José Leite de Vasconcelos

José Leite de Vasconcelos Cardoso Pereira de Melo, nado en Ucanha (Tarouca) o 7 de xullo de 1858 e finado en Lisboa o 17 de maio de 1941, foi un lingüista, filólogo e etnógrafo portugués.

Luís Filipe Lindley Cintra

Luís Filipe Lindley Cintra, nado en Lisboa o 5 de marzo de 1925 e finado en Sesimbra o 18 de agosto de 1991, foi un filólogo e lingüista portugués.

Miranda do Douro

Miranda do Douro (en mirandés Miranda de l Douro) é unha vila portuguesa, pertencente ao Distrito de Braganza, Rexión Norte e subrexión do Alto Tras-os-Montes, Terra de Miranda, con preto de 2.100 habitantes.

É sede dun municipio con 488,36 km² de área e 7 482 habitantes (2011), subdividido en 17 freguesías. O municipio está limitado ao noroeste e sueste por España, ao suroeste polo concello de Mogadouro e ao noroeste por Vimioso.

Os habitantes de esta rexión, alén do portugués, falan unha lingua propia chamada mirandés, unha variedade do subgrupo lingüístico asturleonés.

Picä Tumilho

Os Picä Tumilho son unha banda portuguesa creada en 1998, orixinaria de Miranda do Douro, que canta en mirandés. Ten un estilo propio coñecido como agrícola rock.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Sendinés

O sendinés (en mirandés: sendinés, portugués: sendinês), por veces referido polo nome mirandés do sur (en mirandés: mirandés de l sul, en portugués: mirandês do sul), é unha variedade da lingua mirandesa, falada na aldea de Sendim, actualmente organizada como Sendim e Atenor.Distínguese daquela lingua por monotongar os ditongos crecentes ie e uo en i e u (como tal ruodra -roda- lerase como rudra; piele -pel- lerase cumo pile), ditongar a nasal representada por on en ão (como tal preciçon -procesión- lerase como precissão) e por non palatalizar a lateral l en lh no comezo da palabra, como ocorre nas variedades lingüísticas do mirandés (como tal lhuna -lúa- é lido como luna), ademais doutras variantes lexicais.

A banda de rock agrícola Picä Tumilho, canta en sendinés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.