Lingua lepóntica

A lingua lepóntica é unha variante do celta continental. Foi o idioma dos Lepontii, que habitaban a Galia Cisalpina, e falouse entre o -700 e o -400 . En ocasións é chamado Galo cisalpino, considérase un dialecto do galo e por tanto pertencente á rama continental das linguas celtas.

O pouco que se sabe do lepóntico vén dunhas poucas inscricións escritas en varios alfabetos do norte de Italia, relacionados co antigo alfabeto itálico: son os chamados alfabetos alpinos. Estas inscricións atopáronse principalmente ao redor de Lugano, incluíndo o Lago de Como e o Lago Maggiore. Unha escritura similar utilizouse para o rético e o véneto, e probabelmente as runas xermánicas deriven dun destes alfabetos.

O lepóntico foi asimilado primeiro polo galo, co establecemento de tribos galas ao norte do Río Po, e posteriormente polo latín, cando Roma tomou o control da Galia Cisalpina durante o século - II e o -I.

O agrupamento de todas as inscricións atopadas nesta área nun único idioma celta foi algo obxecto de discusión e hai investigadores que afirman que algunhas delas están nunha lingua non-celta relacionada co lígur (Whatmough 1933, Pisani 1964). Baixo este punto de vista, lepóntico sería o nome correcto para a lingua non celta e galo cisalpino para a celta.

Lepóntico
Falado en: Galia Cisalpina
Extinción: -400
Familia: Indoeuropea
 Céltica
  Continental
   Lepóntico
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xlp

Véxase tamén

Bibliografía

  1. Eska, J. F. (1998). The linguistic position of Lepontic. In Proceedings of the twenty-fourth annual meeting of the Berkeley Linguistics Society vol. 2, Special session on Indo-European subgrouping and internal relations (February 14, 1998), ed. B. K. Bergin, M. C. Plauché, and A. C. Bailey, 2–11. Berkeley: Berkeley Linguistics Society.
  2. Eska, J. F., and D. E. Evans. (1993). "Continental Celtic". In The Celtic Languages, ed. M. J. Ball, 26–63. Londres: Routledge. ISBN 0-415-01035-7.
  3. Tibiletti Bruno, M. G. (1978). "Ligure, leponzio e gallico". In Popoli e civiltà dell'Italia antica vi, Lingue e dialetti, ed. A. L. Prosdocimi, 129–208. Roma: Biblioteca di Storia Patria.
  4. Tibiletti Bruno, M. G. (1981). "Le iscrizioni celtiche d'Italia". In I Celti d'Italia, ed. E. Campanile, 157–207. Pisa: Giardini.
Alfabetos alpinos

Reciben o nome de alfabetos alpinos aqueles sistemas de escrita alfabética que teñen como trazo común o feito de teren sido utilizados na zona dos Alpes, ao norte da chaira padana en época prerromana. Parece ser que a súa orixe estaría no alfabeto etrusco. Á súa vez é bastante verosímil que estes sistemas de escritura estean na base do alfabeto rúnico: serían o elo que relacionaría este último co etrusco.

Adóitase falar de tres variedades principais de alfabetos alpinos:

A escrita lepóntica: correspóndese co chamado alfabeto de Lugano. Nota a lingua lepóntica, dialecto céltico independente.

A escrita rética: correspóndese cos chamados alfabetos de Bolzano, Magrè, Trento e Sondrio. Nota a lingua rética, de cuxa adscrición exacta se segue a discutir, mesmo a cuestión da súa indoeuropeidade.

A escrita véneta: correspóndese co alfabeto véneto. Nota a lingua véneta, falada polos vénetos, tribo que ocupaba a rexión da Venecia prerromana, e que é de filiación indoeuropea. Sobre este alfabeto exerceu un influxo posterior o alfabeto grego.Estes textos dátanse aproximadamente entre o século -III e o -I. A partir do século -II a influencia do alfabeto latino sobre estes alfabetos é notoria, chegando mesmo a lles prestar as letras B, D e G, oclusivas sonoras das que carecía o orixinal etrusco.

Celta

Certos grupos étnicos da Idade de Ferro e da Idade Media en Europa foran denominados celtas (latín Celtae ou Galli, grego Κέλτοι Keltoi ou Γαλάται Galatai) desde a antigüidade. O nome procede probabelmente das raíces indoeuropeas *kel-1 'protruir, alto' e *g[h]al- 'poder' e vén significando 'os poderosos, sublimes, fortes'.Eran pobos da Idade de Ferro en Europa que falaban linguas célticas e tiñan semellanzas culturais. Porén, o relacionamento entre os factores étnicos, lingüísticos e culturais no mundo celta permanece incerto e controvertido. A dispersión xeográfica exacta dos antigos celtas tamén é contestada; en particular, a maneira en que os habitantes da Idade de Ferro de Britania e de Irlanda deben ser considerados como celtas tornouse unha materia de controversia.A historia da Europa precéltica é moi incerta. De acordo cunha teoría, a raíz común das linguas célticas, unha lingua coñecida coma protocelta, aparece nun período tardío da Idade de Ferro na Europa central, que floreceu ao redor de 1200 a. C. Amais, de acordo a unha teoría proposta no século XIX, as primeiras persoas en adoptar as características coñecidas coma celtas era xente da Idade de Ferro pertencente á cultura Hallstatt (c. 800-450 a. C.), chamada así por unha tumba atopada en Hallstatt, Austria. Esta área é ás veces chamada a "Casa celta". Durante o período La Tène (c. 450 a. C. até a conquista romana) esta cultura celta expandiuse por unha difusión de migración ás Illas Británicas (celtas insulares), Francia e os Países Baixos (galos), Bohemia, Polonia e a maioría de Europa central, a Península Ibérica (celtiberos, celtici, lusitanos e gallaeci) e o norte de I

As primeiras lembranzas da lingua celta foron inscricións lepónticas que pertencen ao comezo do século VI a. C. As linguas celtas continentais atestíguanse case exclusivamente a través de inscricións e topónimos. As linguas celtas insulares atestíguanse empezando o século IV d. C. a través das inscricións Ogham, aínda que claramente empezáronse a falar moito antes. A tradición literaria celta comeza cos textos do irlandés antigo que datan do século VIII.

A súa chegada á península Ibérica estaría cerca de 1200 a. C.

Céltico continental
Céltico insular
Mesturadas
Áreas celta-falantes
Educación inmersiva
Reconstrución
Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.