Lingua ladina

O ladino[1] (en ladino: ladin, en italiano: ladino, en alemán: Ladinisch) é unha lingua que pertence á familia lingüística romance estreitamente relacionada co relacionada co romanche e o friulano. Fálase na rexión histórica de Ladinia nos Alpes Dolomitas que administrativamente abrangue parte das provincias de Tirol do Sur, Trento e Belluno rodeados de territorio de lingua tradicional alemá, conservando a súa lingua, a cal agora ten recoñecemento social como lingua independente, aínda que carece dunha forma estándar común pese a que existen tentativas para creala [2], existindo formas escritas dos diferentes dialectos desde o século XIX. Está recoñecida como lingua minoritaria en 54 concellos [3] e segundo o censo de 2011 contaba con 18.550 falantes en Trento [4] e 20.548 no Tirol do Sur [5], non existindo datos para o número de falantes en Belluno

Ladino
'Ladin'
Falado en: Italia Italia
Rexións: Flag of Trentino-South Tyrol.svg Trentino-Tirol do Sur
Total de falantes: 40.000
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Románico
   Ítalo-occidental
    Galo-ibérica
     Retorrománica
      Ladino
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial
Regulado por: Servisc de Planificazion y Elaborazion dl Lingaz Ladin
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: lld
Idioma ladino

Extensión territorial

O ladino fálase en:

O ladino falado no Val de Fassa está subdividido en polo menos dúas ramas, o Cazét que se fala ao norte do val e o Brach que se fala ao sur.

Usos históricos e actuais

Flag of Ladinia
Bandeira do pobo ladino

O ladino está recoñecido en Italia, onde conta con algúns dereitos de oficialidade na rexión de Trentino-Tirol do Sur, mentres que non ten ningún status oficial á provincia de Belluno. A lealdade dos falantes de ladino dolomita foi no pasado cara a Austria máis que cara a Italia, e durante a Segunda Guerra Mundial decantáronse por Alemaña. Con todo, tras a guerra a rexión seguiu sendo italiana, aínda que cun certo grao de autonomía.

Actualmente, a rexión vive do turismo. A lingua ensínase nas escolas primarias, aínda que nunha versión diferente en cada val, sen que haxa intentos de unificar as variedades. O número total de falantes é duns 40.000, practicamente bilingües na súa totalidade co italiano (Trento e Belluno) ou co alemán (Bolzano), ou trilingües con ambas as linguas. Disponse dun bo número de libros de texto de introdución ao ladino. Tamén existen moitas e boas gramáticas descritivas, dicionarios e análises lingüísticas da lingua.

Hai dous diarios, Die Dolomiten, en alemán, e o Alto Adige, en italiano, os cales inclúen unha páxina escrita en calquera das variedades do ladino. Tamén hai dúas publicacións, as cales actúan como fontes de información sobre aspectos académicos, actividades políticas e asuntos sociais: trátase de Mondo Ladino maioritariamente en italiano e Ladinia, maioritariamente en alemán. La USC di ladins é unha publicación periódica integramente en ladino.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ladino.
  2. Servisc de Planificazion y Eleborazion dl Lingaz Ladin
  3. Second report submitted by italy pursuant to article 25, paragraph 2 of the framework convention for the protection of national minorities
  4. [1]
  5. Censimento linguistico, variazioni tutte entro lo 0,5%: lieve calo del gruppo italiano

Véxase tamén

Ligazóns externas

Engiadina

Engiadina, consonte o seu nome orixinal en lingua romanche (Engadina na grafía italiana e Engadin en alemán) é un val do cantón dos Grisóns, no leste de Suíza. Nel celébrase unha popular competición de esquí de fondo, e Engadin Skimarathon, que forma parte do circuíto mundial Worldloppet.

Jan Batista Alton

Jan Batista Alton , nado en Calfosch o 21 de novembro de 1845 e finado en Rovereto o 3 de abril de 1900, foi un lingüista e escritor ladino de Tirol do Sur.

Ladino

O termo ladino pode referirse a:

A lingua ladina, unha lingua románica oriental falada nos Alpes.

A lingua xudeu-española, falada polos sefardís.

A poboación ladina de América Central.

Lingua xudeoespañola

O xudeoespañol (letra hebrea: גודיאו-איספאנייול), coñecido popularmente como ladino (לאדינו) ou sefardí (ג'ודיזמו) foi a lingua falada polas comunidades xudías da península ibérica ata 1492. Hoxe en día fálase polo pobo sefardí principalmente en Israel, Grecia e Turquía. Derivada do castelán medieval, o xudeoespañol tamén ten características de varios idiomas peninsulares. Sendo unha lingua do pobo xudeu, contén influencia do hebreo, e tamén doutras linguas vernáculas como turca, grega ou árabe, dependendo do ambiente.

Provincia autónoma de Bolzano

A Provincia autónoma de Bolzano é unha provincia da rexión italiana de Trentino-Tirol do Sur. Á capital é Bolzano (en alemán Bozen, en ladino Bulsan ou Balsan).

Trentino-Tirol do Sur

Trentino-Tirol do Sur (en alemán: Trentino-Südtirol, en italiano: Trentino-Alto Adige, en ladino: Trentin-Südtirol), oficialmente Trentino-Alto Adige/Südtirol é a rexión máis setentrional de Italia. A súa capital é Trento e está formada por dúas comunidades histórico-culturais e administrativamente diferentes: o Tirol do Sur (ou Alto Adige) ao norte, correspondente á provincia autónoma de Bolzano, e o Trentino no sur, correspondente á provincia autónoma de Trento. Limita ao norte con Austria (Tirol e Salzburgo), ao sur e leste co Véneto, ao sur e oeste coa Lombardía e ao oeste con Suíza (cantón dos Grisóns).

Por mor do segundo estatuto especial entrado en vigor no ano 1972 o nome oficial da rexión pasou a ser o de Trentino-Alto Adige/Südtirol. O primeiro estatuto, que databa de 1948, asignaba á rexión o nome bilingüe de Trentino-Alto Adige/Tiroler Etschland.

Yasmin Levy

Yasmin Levy, nada en Xerusalén o 23 de decembro de 1975, é unha cantante israelí en lingua ladina.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.