Lingua kurda

A lingua kurda[7] (Kurdî) é unha lingua indoirania falada no Kurdistán, un territorio que abrangue poboacións kurdas en partes de Irán, Iraq, Siria e Turquía[8]. É empregado entre 25 ou 30 millóns de persoas, aínda que os datos exactos non se saben. O kurdo pertence ao subgrupo occidental dos idiomas iranios, pertencentes á póla indoirania da familia indoeuropea. As linguas máis relacionados co kurdo son o balochi, o gilaki, e o talysh, que pertencen tamén á rama occidental setentrional dos idiomas iranios. O idioma persa, pertencente ao ramo sudoccidental, tamén se considera unha lingua relacionada co kurdo.

Hai tres dialectos importantes da lingua kurda, relacionados coa súa distribución xeográfica. O curmanxí ou kurdo setentrional é falado polos kurdos en Turquía, Siria e partes da ex-Unión Soviética. O sorani ou kurdo central é falado no Kurdistán Iraquí e no Irán, e o queluri é falado no oeste do Irán.

Idioma kurdo1

Notas

  1. Estimación do número de falantes en Omniglot.com(en inglés)
  2. Turkey - CIA World Factbook
  3. Iraq - CIA World Factbook
  4. Iran - CIA World Factbook
  5. Syria - CIA World Factbook
  6. Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kurdo.
  8. Distribución xeográfica do kurdo e outros idiomas iranianos Arquivado 18 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

  • Literatura en kurdo

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Curdo

Curdo ou kurdo pode referirse a:

O pobo kurdo, que habita terras de Turquía, Iraq, Irán, Siria, Acerbaixán e Armenia.

A lingua kurda, idioma indoeuropeo que se fala en Iraq, Irán, Siria e Turquía.

Algo relacionado co Curdistán.

Ehmedê Xanî

Ehmedê Xanî, nado en Hakkari en 1650 e finado en Doğubeyazıt en 1707, foi un escritor, poeta, astrónomo e filósofo kurdo.

Gültan Kışanak

Gültan Kışanak, nada en Turquía o 15 de xuño de 1961 [Cómpre referencia] é unha xornalista e politica que foi co-presidenta do partido turco Paz e Democracia (BDP). Foi a primeira alcaldesa de Diyarbakir e parlamentaria independente por esta circunscrición e por Siirt no parlamento turco. Foi detida en 2016 e condeada a catorce anos de prisión por pertenza ao Partido dos Traballadores do Kurdistán, considerada unha organización terrorista por Turquía.

Kurdistán

O Kurdistán (en lingua kurda: كوردستان, Kūrdstān), ás veces escrito Curdistán, é o territorio tradicional no que habita o pobo kurdo. Politicamente a maior parte corresponde a Turquía e o resto a Iraq, Irán, Siria e Armenia. Os seus límites exactos son difíciles de establecer, xa que ningún dos estados recoñece o Kurdistán como unha rexión cultural, xeográfica ou política. Segundo os cálculos máis conservadores o Kurdistán cobre unha área de 190.000 km² no que habitan 25 000 000 de persoas, pero outras fontes elevan a súa superficie a máis de 500 000 km² no que viven 40 000 000 de persoas. Os kurdos son na súa maioría sunitas, que se organizan en clans e, maiormente, falan a lingua kurda.

La espalda del mundo

La espalda del mundo é un filme documental do ano 2000 dirixido por Javier Corcuera Andrino, premiado no Festival de Cine de San Sebastián. Presenta tres historias seguintes sobre violacións dos dereitos humanos:

dun neno no Perú, que traballa para axudar a súa familia;

de Leyla Zana, unha parlamentaria kurda encarcerada en Turquía por motivos políticos;

dun home que, nun cárcere de Estados Unidos, agarda a ser executado.

Lakposhtha hâm parvaz mikonand

Lakposhtha hâm parvaz mikonand (en persa: لاک پشت ها هم پرواز می کنند, que en galego significa "As tartarugas tamén voan"), é un filme escrito e dirixido polo director de cine iraniano Bahman Ghobadi. Foi o primeiro filme gravado en territorio iraquí dende a caída de Saddam Hussein.

Lingua kurda central

A lingua kurda central (کوردیی ناوەندی; kurdîy nawendî) ou sorani (سۆرانی; Soranî) é unha lingua kurda falada en Iraq, principalmente no Kurdistán iraquí, así como a provincia do Kurdistán e a provincia de Azerbaixán Occidental do oeste de Irán. O kurdo central é unha das dúas linguas oficiais de Iraq, xunto co árabe, e nos documentos políticos aparecen sinxelamente como "kurdo".O termo sorani, que provén do antigo Emirato de Soran, emprégase para referirse á escrita, a forma escrita estandarizada da lingua kurda desenvolvida a partir do alfabeto árabe na década de 1920 por Sa'íd Sidqi Kaban e Taufiq Wahby.

Lingua laki

O laki (en persa: لەک;Lekî) é considerado un dialecto do luri. As semellanzas gramaticais co khorramabadi luristani son dun 78%, co persa dun 70%, e co luri dun 69%.

Media (Oriente Medio)

Media (en persa antigo Mâda, en lingua kurda Mâd) foi un antigo reino tribal no oeste do actual Irán. A súa capital foi Ecbatana.

Media constitúe un problema para os estudosos que tratan de describir este antigo imperio. As probas de que se dispoñen son pouco fidedignas: consisten nalgúns achados arqueolóxicos, algunhas referencias en textos cuneiformes asirios e babilonios, a inscrición persa de Behistún, as obras "Os nove libros de historia" do historiador grego Heródoto de Halicarnaso e "Pérsica" de Ctesias de Cnido, e un par de capítulos na Biblia. O problema é que os achados arqueolóxicos non están claros, que os textos orientais non ofrecen demasiada información, que os autores gregos non son moi fiábeis, e que parece que algúns libros bíblicos estiveron influenciados por Heródoto.

Mustafa Kemal Atatürk

Mustafa Kemal Atatürk (pronunciado: [musˈtäfä ceˈmäl ätäˈtyɾc]), nado en Tesalónica o 19 de maio de 1881 e finado en Istambul o 10 de novembro de 1938, foi un militar e político turco, fundador e primeiro presidente da República de Turquía.

Mustafa Kemal estableceuse como un líder militar moi capaz e intelixente mentres servía como comandante de división na batalla de Galípoli. Posteriormente loitou con bravura nas frontes de batalla da Anatolia e Palestina, conquistando algún renome para si durante a primeira guerra mundial. Coa derrota sufrida polo Imperio Otomán a mans dos Aliados, e os plans seguintes para o repartimento do seu territorio, Mustafa Kemal liderou o movemento nacional turco, que se coñeceria posteriormente como a guerra de Independencia turca; tras establecer un goberno provisional en Ancara, derrotou as forzas enviadas pola Tripla Entente. As súas campañas militares exitosas aseguraron a liberación do país e a proclamación da república relevando ao antigo goberno imperial otomán.

Como primeiro presidente de Turquía, Atatürk embarcou nun ambicioso programa de reformas políticas, económicas e culturais. Como admirador da Ilustración, Atatürk buscou transformar as ruínas do Imperio Otomán nunha nación-estado democrática e secular. Os principios das reformas de Atatürk adoitan ser chamadas "kemalismo", e seguen a formar a fundación política do estado turco moderno.

Partido dos Traballadores do Kurdistán

O Partido dos Traballadores do Kurdistán (en lingua kurda Partiya Karkerên Kurdistan, PKK), de tendencia independentista e marxista, é un partido político armado ilegal fundado en Turquía en 1973. O seu brazo armado denomínase Forzas de Defensa Populares. O presidente do partido é Abdullah Öcalan, condenado a cadea perpetua por delitos de "terrorismo" e "separatismo".

O partido, coñecido polas súas siglas en curdo (PKK), loita pola independencia do Curdistán turco nun estado socialista, polo que é considerado como unha organización terrorista tanto por Turquía, como por Estados Unidos e a Unión Europea, este último por petición do Estado turco. Polo contrario, a ONU e países coma Suíza, Rusia, China, India ou Exipto non o consideran como organización terrorista.

Pobo kurdo

Os kurdos son un pobo indoeuropeo que se atopa na rexión montañosa de Kurdistán, no suroeste de Asia, esparexida principalmente entre os estados de Iraq, Turquía e Irán. Os kurdos son na súa maioría musulmáns sunnitas.

Son ao redor de trinta millóns de individuos, malia que non existe ningún censo onde consten de maneira fiable. Calcúlase que preto do 55% do total vive en Turquía, un 20% en Iraq e un 5% en Siria. Existe tamén unha importante diáspora kurda en Europa occidental, sobre todo en países como Alemaña, o Reino Unido ou Suecia.

A finais da Primeira Guerra Mundial, na que apoiaron os aliados contra o Imperio Otomán, os kurdos conseguiron, por medio do tratado de Sèvres o recoñecemento da independencia do Kurdistán. Mais, este acordo internacional endexamais foi ratificado e foi substituído en troques polo tratado de Lausana, que repartiu o territorio kurdo entre Turquía, Iraq, Irán e Siria.

Referendo sobre a independencia do Kurdistán iraquí de 2017

O referendo sobre a independencia do Kurdistán iraquí, tamén coñecido como Kurdistán do sur (Bashur en lingua kurda) para o pobo kurdo que defende a integración dos diferentes territorios nun só, o Kurdistán, é un referendo non vinculante que se celebrou o 25 de setembro de 2017 no Kurdistán iraquí e que incluíu as áreas de Kirkuk, Makhmour, Sinjar e Kanakin. A organización do referendo recaerá sobre o Goberno Rexional do Kurdistán (coñecido como KRG polas súas siglas en inglés), presidido por Masud Barzani, quen anunciou o referendo o 7 de xuño de 2017 co apoio da maioría dos partidos políticos da rexión: Partido Democrático do Kurdistán (KDP), Unión Patriótica do Kurdistán (PUK), Unión Islámica do Kurdistán (KIU), Movemento Islámico do Kurdistán (KIM), Partido Comunista do Kurdistán, Partido dos Obreiros do Kurdistán, Partido do Desenvolvemento e a Reforma do Kurdistán, a lista dos turcománs de Arbela, Fronte Turcomá Iraquí, Movemento Democrático Turcomán no Kurdistán, a lista armenia do Parlamento do Kurdistán, Movemento Democrático Asirio e o Consello Popular Caldeo-Siríaco-Asirio.O anuncio dunha data concreta demorouse por mor da cooperación entre as forzas Peshmerga e o exército iraquí durante a batalla para liberar a cidade de Mosul, malia que o goberno kurdo non agochara as súas intencións de realitzalo e meses atrás xa se pronunciar sobre a celebración.

Şivan Perwer

Şivan Perwer, nado o 23 de setembro de 1955 é un cantante, poeta e intérprete de saz kurdo. Trátase dun dos artistas kurdos máis coñecidos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.