Lingua italiana

O italiano[1] ou lingua italiana é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances, da familia das linguas indoeuropeas. Existe un gran número de dialectos neorromances. O italiano é a lingua oficial de Italia, de San Marino, de Suíza e da Cidade do Vaticano. Tamén se fala a distintos niveis en Somalia, Libia, Mónaco, Malta, a illa de Córsega e Albania.

Italiano
Italiano
Pronuncia:[it̪aˈljaːno]
Falado en: Italia, Suíza, Malta, Arxentina, Uruguai, Somalia, Brasil, Libia, Etiopía, e outros países e rexións.
Rexións: Europa occidental
Total de falantes: 70 millóns
Posición: 23
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Romanico oriental
    Italo-románico
     Italiano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Italia, Suíza, San Marino, Vaticano, Eslovenia, Croacia (rexión da istria), Unión Europea
Regulado por: Accademia della Crusca
Códigos de lingua
ISO 639-1: it
ISO 639-2: ita
SIL: ITN
Idioma italiano
Map Italophone World

Historia

O italiano moderno é un dialecto que conseguiu imporse como lingua propia dunha rexión moito máis vasta cá súa rexión dialectal. Trátase do dialecto toscano de Florencia, Pisa e Siena, que se impuxo non por razóns políticas, económicas ou militares como adoita ocorrer, senón debido ao prestixio cultural que levaba consigo ao ser o idioma no que se escribiu a Divina Comedia, que se considera a primeira obra literaria escrita na "lingua moderna". O toscano é en efecto a lingua na que escribiron Dante Alighieri, Francesco Petrarca e Giovanni Boccaccio, considerados os tres grandes escritores do Prerrenacemento italiano.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para italiano.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Cinema Paradiso

Cinema Paradiso (en italiano: Nuovo Cinema Paradiso) é un filme italiano de 1988 dirixido e escrito por Giuseppe Tornatore. Está protagonizado por Jacques Perrin, Philippe Noiret, Leopoldo Trieste, Marco Leonardi, Agnese Nano e Salvatore Cascio, e foi producido por Franco Cristaldi e Giovanna Romagnoli. A banda sonora é obra de Ennio Morricone, xunto co seu fillo Andrea. Recibiu o Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 62ª edición dos premios.Foi emitido na TVG o 27 de xaneiro de 2007.

Dante Alighieri

Durante degli Alighieri ou simplemente coñecido Dante, nado en maio ou xuño de 1265 e finado o 13 ou 14 de setembro de 1321, é considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior na Idade Media. Naceu e viviu gran parte da súa vida en Florencia. O seu poema, de cariz épico e teolóxico, a Divina Comedia, origxinalmente chamado Comedìa (en italiano moderno: Commedia) e máis tarde cristianizado como Divina por Boccaccio, é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal. É o culminar da afirmación do modo medieval de ver o mundo e a base da lingua italiana moderna.

A finais da Idade Media, a meirande parte da poesía estaba escrita en latín, e só era accesible para audiencias educadas. Porén, en De vulgari eloquentia, Dante defende o emprego das linguas vernáculas na literatura. Mesmo chegou a escribir en toscano en obras como Vita nuova (1295) e na devandita Divina Comedia. Esta escolla, malia ser pouco ortodoxa, sentou un importante precedente que outros escritores italianos como Petrarca ou Boccaccio continuarían. Como resultado, Dante tivo un papel chave no estabelecemento da lingua nacional de Italia. A relevancia de Dante tamén se estende alén do país, a súas descricións do Inferno, do Purgatorio e do Ceo serviron de insipiración para un gran número de obras de arte occidental, e son citadas como influencias nas obras de John Milton, Geoffrey Chaucer, William Shakespeare e Lord Alfred Tennyson, entre outros.

En italiano é coñecido como il Sommo Poeta («o Poeta Supremo»). A Dante tamén se lle considera o «pai do idioma» italiano (chamado volgare naquela época). A súa primeira biografía foi escrita por Giovanni Boccaccio (1313-1375), no Trattatello in laude di Dante.

Dario Fo

Dario Fo, nado en Sangiano o 24 de marzo de 1926 e finado en Milán o 13 de outubro de 2016, foi un actor, director e escritor de teatro italiano. As súas obras de teatro son de tipo cómico-satírico. Foi Premio Nobel de Literatura no ano 1997. Coñecido polos seus compromisos políticos, Dario Fo é un dos dramaturgos italianos máis representados no mundo con Goldoni.

Enciclopedia Treccani

A Enciclopedia Italiana di Scienze, Lettere ed Arti (do italiano "Enciclopedia italiana de Ciencias, Letras e Artes"), máis coñecida como Treccani polo seu desenvolvedor Giovanni Treccani, ou Enciclopedia Italiana, é unha enciclopedia en lingua italiana. A publicación Encyclopaedias: Their History Throughout The Ages, considéraa unha das meirandes enciclopedias, xunto coa Encyclopædia Britannica Undécima Edición e a Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana.

Eugenio Montale

Eugenio Montale, nado en Xénova o 12 de outubro de 1896 e finado en Milán o 12 de setembro de 1981, foi un poeta, ensaísta e crítico de música italiano. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1975.

Francesco Petrarca

Francesco Petrarca, nado en Arezzo o 20 de xullo de 1304 e finado en Padua o 19 de xullo de 1374, foi un importante escritor, poeta e humanista italiano.

Giosuè Carducci

Giosuè Carducci, nado en Valdicastello, na Toscana, o 27 de xullo de 1835 e finado en Boloña o 16 de febreiro de 1907, foi un poeta italiano. Foille concedido o premio Nobel de Literatura en 1906.

Giovanni Boccaccio

Giovanni Boccaccio naceu no 1313 seguramente na rexión de Florencia (Italia) e finado o 21 de decembro de 1375, foi un escritor e humanista italiano. É un dos pais, xunto con Dante e Petrarca, da literatura en italiano. Compuxo tamén varias obras en latín. É recordado sobre todo como autor do Decamerón.

Giuseppe Tornatore

Giuseppe Tornatore, nado o 27 de maio de 1956 en Bagheria, Sicilia, é un director, guionista e produtor de cine italiano.

Grazia Deledda

Grazia Deledda, nada en Nuoro, Sardeña o 28 de setembro de 1871, finada en Roma o 15 de agosto de 1936, foi unha escritora italiana do Verismo, gañadora do Premio Nobel de Literatura en 1926

La strada

La strada é un filme italiano de 1954 producido por Dino De Laurentiis e Carlo Ponti, dirixido por Federico Fellini e protagonizado por Anthony Quinn e Giulietta Masina.

É un exemplo clásico do período neorrealista do director e o filme que lle outorgou un sólido prestixio internacional.

La Strada converteuse nun "dos filmes máis influentes nunca realizados", segundo o American Film Institute. Gañou o primeiro Óscar competitivo ao mellor filme en lingua non inglesa en 1957. En 1992 apareceu no cuarto posto da listaxe dos dez mellores filmes escollidos por directores do British Film Institute.

Ladri di biciclette

Ladri di biciclette é un filme de 1948 dirixido por Vittorio De Sica. Obra mestra do neorrealismo italiano, e a máis coñecida da triloxía de De Sica, xunto a Umberto D. e Miracolo a Milano.

Lingua sarda

O sardo (sardu en lingua sarda) é unha lingua neolatina propia da Sardeña falada polo pobo sardo. Ata moi recentemente non contou cunha norma común ás diferentes variedades da lingua. Desde 1997 é lingua oficial, xunto co lingua italiana, da Rexión Autónoma da Sardeña, o que impulsou a elaboración dunha proposta de normativa común denominada Lingua Sarda Unificada (2001). Na LSU baséase a Lingua Sarda Común que se emprega nos documentos oficiais da Rexión Autónoma. Considérase a máis conservadora das linguas derivadas do latín.

Luigi Pirandello

Luigi Pirandello, nado en Agrigento (Sicilia) o 28 de xuño de 1867, e finado en Roma o 10 de decembro de 1936, foi un recoñecido dramaturgo, novelista e escritor de relatos curtos italiano, gañador en 1934 do Premio Nobel de Literatura.

Mezzosoprano

A mezzosoprano é a voz intermedia entre a soprano e a contralto. O termo emprégase tamén como sinónimo para a persoa que canta con esa voz. A mezzosoprano presenta maior extensión na rexión media-grave. Ao igual que as demais voces adoita denominarse co termo italiano. Salientar que independentemente do termo, mezzosoprano pode ter grandes extensións e a tesitura é particular. Un bo exemplo é a lendaria María Malibrán que cantou papeis de soprano coloratura e de contralto, e acredítase que o seu rexistro abarcaba dende un Re2 ao Sol5. Esta denominación vén da lingua italiana mezzosoprano (medio soprano ou máis alto).

É unha voz de timbre rotundo e algo máis grave que a da soprano. O seu rexistro esténdese dende un La3 a un Fa5 (segundo o New Harvard Dictionary of Music). Porén, a tesitura varía moito segundo o matiz individual de cada papel. Unha mezzosoprano pode cantar algúns papeis de soprano ou de alto, mais o que diferencia unha mezzo dunha soprano ou unha alto é a cor da voz.

O paciente inglés

O paciente inglés (en inglés: The English Patient) é unha película de cine de 1996 dirixida por Anthony Minghella que está baseada na novela homónima de Michael Ondaatje, sendo un drama ambientado na Segunda Guerra Mundial. Foi a película gañadora na cerimonia dos Oscar de 1996 con 9 estatuíñas de 12 candidaturas.

Salvatore Quasimodo

Salvatore Quasimodo, nado en Modica (Sicilia) o 20 de agosto de 1901 e finado en Amalfi o 14 de xuño de 1968, foi un poeta e xornalista italiano, membro do movemento hermético. En 1959 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

Selección de fútbol de Suíza

A selección de fútbol de Suíza (en alemán: Schweizer Fussballnationalmannschaft‎, francés: Équipe de Suisse de football, en lingua italiana: Nazionale di calcio della Svizzera, en romanche: Squadra naziunala da ballape da la Svizra) é o equipo representativo de Suíza nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación Suíza de Fútbol (en alemán: Schweizerischer Fussballverband - SFV‎, francés: Association Suisse de Football - ASF, en lingua italiana: Associazione Svizzera di Football - ASF, en romanche: Associaziun Svizra da Ballape - ASB), pertencente a UEFA.

Soprano

A soprano é a voz feminina máis aguda . O termo emprégase tamén como sinónimo para a persoa que canta con esa voz. A voz de soprano posúe un timbre claro e brillante. En contextos corais e operísticos, a liña de soprano adoita levar a melodía. Esta denominación vén da lingua italiana soprano (en galego ‘soberán, superior’), qué á súa vez vén do latín súper, supra: ‘sobre, por riba de’..

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.