Lingua hebrea

O hebreo[3] ou hebraico[4][5] (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan). Os exemplos máis antigos de paleohebreo datan do século -X, na forma de debuxos primitivos, mais "a cuestión da lingua usada na inscrición queda sen responder, facendo imposible probar que era hebreo e non outra lingua local".[6]

O hebreo deixou de ser unha lingua falada nalgún momento entre os séculos I e IV[7] e sobreviviu no período medieval só como lingua litúrxica e da literatura dos rabinos. Porén, no século XIX, foi revivida como lingua falada e da literatura, e segundo Ethnologue, hoxe é a lingua de 9 millóns de persoas en todo o mundo,[8][9] dos cales 7 millóns son de Israel.[10] Nos Estados Unidos está a segunda maior poboación hebreo falante, con 221.593 falantes fluídos,[11] a maioría procedentes de Israel.

O hebreo moderno é unha das dúas linguas oficiais de Israel (a outra é o árabe), mentres que o hebreo bíblico é usado para a oración e estudo polas comunidades xudías de todo o mundo. O hebreo antigo é aínda hoxe a lingua litúrxica dos samaritanos, mentres que o hebreo ou árabe modernos é a lingua vernácula. Como lingua estranxeira, é estudada por estudantes de xudaísmo e por arqueólogos e lingüistas especializados no Oriente Medio e as súas civilizacións, así como por teólogos.

A Torah (os primeiros cinco libros da Biblia hebrea), está escrita en hebreo bíblico, lingua da cal deriva a moderna, e que os estudosos cren floreceu no século -VI, na era do exilio babilonio. Por este motivo, o hebreo é chamado polos xudeus Leshon HaKodesh (לְשׁוֹן הַקֹּדֶשׁ), "A lingua sagrada", dende tempos antigos.

Hebreo
עברית (ʿIvrit)
Pronuncia:[(ʔ)ivˈʁit] - [(ʔ)ivˈɾit]
Falado en: Flag of Israel.svg Israel, Cisxordania e Faixa de Gaza[1] usado globalmente como lingua litúrxica polo xudaísmo
Total de falantes: 5,3 millóns (non todos son nativos)
Familia: Afroasiática
 Semítica
  Semítica central
   Semítica noroeste
    Cananea
     Hebreo
Escrita: Alfabeto hebreo
Braille hebreo
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Israel.svg Israel
Polonia Polonia (Recoñecida como lingua minoritaria)[2]
Regulado por: Academia da Lingua Hebrea
האקדמיה ללשון העברית (HaAkademia LaLashon HaʿIvrit)
Códigos de lingua
ISO 639-1: he
ISO 639-2: heb
Idioma hebreo

Etimoloxía

A palabra moderna "Hebreo" deriva da palabra "Ibri" (plural "Ibrim"), un dos moitos nomes do pobo xudeu. Tradicionalmente, enténdese como un adxectivo baseado no nome dun suposto antergo de Abraham, Eber ("Ebr" עבר en hebreo), mencionado no libro da Xénese 10:21. O nome está posiblemente baseado na raíz "ʕ-b-r" (עבר) que significa "cruzar". As interpretacións de "ʕibrim" están relacionadas con este verbo; xa que fai referencia ós hebreos como o pobo que cruzou o río Éufrates.[12]

Na Biblia, a lingua hebrea é chamada Yәhudit (יהודית) porque Xudá (Yәhuda) foi o reino existente no momento da cita (finais do século -VII (Is 36, 2 Reis 18)). En Isaías 19:18, tamén é chamda "Lingua de Canaan" (שְׂפַת כְּנַעַן).

Historia

Simtat Aluf Batslut
Cartel en hebreo coa súa transliteración en alfabeto latino nunha rúa de Tel Aviv.

O hebreo é unha macrolingua con case 30 séculos de historia escrita. Obviamente nun período tan longo a lingua sufriu procesos de cambio lingüístico que fan que o hebreo antigo e o hebreo actual, máis que unha mesma lingua, poidan considerarse linguas emparentadas pero que difiren na pronunciación, na gramática e no léxico. Nun sentido parecido, o latín e as linguas románicas son linguas claramente emparentadas pero difiren nun número de aspectos, a tal punto que os modernos falantes non poden comprender o latín clásico sen unha aprendizaxe específica dos elementos básicos da lingua antiga.

Hebreo antigo

Na estela de Tel Dan, escrita en hebreo a mediados do século -VIII, conmemora as vitorias do rei sirio Hazael sobre Joram, fillo de Acab, rei de Israel, e sobre Ocozías, fillo de Joram rei de Xudá, da dinastía de David. É a mención escrita máis antiga respecto a esta dinastía. Xa que o hebreo antigo foi empregado durante un lapso de case 14 séculos, nese período a lingua sufriu cambios, polo que o hebreo máis antigo difire en certos aspectos do hebreo máis tardío. Unha cronoloxía aproximada do antigo hebreo é a seguinte:

  • Hebreo bíblico arcaico, do século -X ó século -VI, correspondéndose co período monárquico até o exilio en Babilonia.
  • Hebreo bíblico tardío, do século -V ó século -III, que se corresponde coa dominación persa.
  • Hebreo dos manuscritos do Mar Morto, testemuñado entre os séculos -III e I. Correspóndese co período helenístico e romano anterior á destrución do templo de Xerusalén.
  • Hebreo da Mishná, testemuñada entre o século I e III ou IV.

O hebreo deixou de falarse arredor do século IV, aínda que seguiu empregándose na literatura e na liturgia. En Palestina, foi substituída como lingua falada polo arameo. En canto á diáspora xudía, as súas linguas comúns foron historicamente sobre todo dúas: o yiddish entre os xudeus asquenacís (centro e leste de Europa) e o ladino ou xudeoespañol entre os sefardís da Península Ibérica.

Notas

  1. "CIA's World Fact Book". Cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2014. Consultado o 2013-04-25.
  2. http://www.efnil.org/documents/conference-publications/dublin-2009/16-Dublin-Pisarek-Mother.pdf
  3. "hebreo". TERGAL. Consultado o 22/03/2019.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hebraico.
  5. "hebraico". TERGAL. Consultado o 22/03/2019.
  6. "Most ancient Hebrew biblical inscription deciphered". Physorg.com. Consultado o 25 de abril de 2013.
  7. "If you couldn't speak Greek by say the time of early Christianity you couldn't get a job. You wouldn't get a good job. a professional job. You had to know Greek in addition to your own language. And so you were getting to a point where Jews...the Jewish community in say Egypt and large cities like Alexandria didn't know Hebrew anymore they only knew Greek. And so you need a Greek version in the synagogue." -- Josheph Blankinsopp, Professor of Biblical Studies University of Notre Dame in A&E's Who Wrote the Bible
  8. Klein, Zeev (18 de marzo de 2013). "A million and a half Israelis struggle with Hebrew". Israel Hayom. Consultado o 2 de novembro de 2013.
  9. Nachman Gur, Behadrey Haredim. "Kometz Aleph – Au• How many Hebrew speakers are there in the world?". Consultado o 2 de novembro de 2013.
  10. University College de Londres. "Hebrew - UCL". Consultado o 2 de novembro de 2013.
  11. "Table 53. Languages Spoken At Home by Language: 2009". The 2012 Statistical Abstract. U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2007. Consultado o 27 de decembro de 2011.
  12. "הספריה של מט"ח". Lib.cet.ac.il. Consultado o 25 de abril de 2013.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Hoffman, Joel M, In the Beginning: A Short History of the Hebrew Language. New York: NYU Press. ISBN 0-8147-3654-8.
  • Izre'el, Shlomo, "The emergence of Spoken Israeli Hebrew", in: Benjamin Hary (ed.), The Corpus of Spoken Israeli Hebrew (CoSIH): Working Papers I (2001)
  • Kuzar, Ron, Hebrew and Zionism: A Discourse Analytic Cultural Study. Berlin & New York: Mouton de Gruyter 2001. ISBN 3-11-016993-2, ISBN 3-11-016992-4.
  • Laufer, Asher. "Hebrew", in: Handbook of the International Phonetic Association. Cambridge University Press 1999. ISBN 0-521-65236-7, ISBN 0-521-63751-1.
  • Sáenz-Badillos, Angel, 1993 A History of the Hebrew Language (trans. John Elwolde). Cambridge, England: Cambridge University Press. ISBN 0-521-55634-1
  • Zuckermann, Ghil'ad, 2003. Language Contact and Lexical Enrichment in Israeli Hebrew. Palgrave Macmillan. (ISBN 9781403917232 / ISBN 9781403938695)

Ligazóns externas

Xeral
Cursos, tutoriais, dicionarios
Linguas semíticas
Ugarítico † | Fenicio † | Púnico † | Hebreo | Amonita † |
Moabita † | Edomita † | Arameo | Acadio † | Babilonio † | Asirio † | Árabe | Sudarábiga | Etiópico
A lista de Schindler

A lista de Schindler (en inglés: Schindler's List) é un filme de 1993 baseado no libro Schindler's Art de Thomas Keneally (o libro foi máis tarde renomeado como Schindler's List). Dirixido por Steven Spielberg, relata a historia de Oskar Schindler, un checo que foi instrumento para salvar a vida de máis de mil xudeus polacos durante o Holocausto. O título refírese á lista de 1 200 xudeus que Schindler contratou para traballar na súa fábrica, quitándoos do campo de concentración.

A maior parte do filme foi producido en branco e negro (con cores no prólogo e no epílogo e unha cor vermella en dúas escenas). Está protagonizado por Liam Neeson como Oskar Schindler, Ben Kingsley como Itzhak Stern e Ralph Fiennes como Amon Goeth. O seu subtítulo é "Quen salva unha vida salva o mundo enteiro", unha cita do Talmud. Foi aclamado pola crítica, o filme gañou fama polo seu detalle gráfico da horrible brutalidade do holocausto. Nomeado a doce Óscars, gañou sete, incluíndo o de Mellor Filme e Mellor Director para Steven Spielberg.

Alfabeto hebreo

O abxad hebreo, algunhas veces denominado mediante a súa forma hebrea alef-bet (אָלֶף-בֵּית), é a serie formada polas consoantes hebreas. Está composto por 22 caracteres, dos cales cinco teñen unha grafía distinta ao final das palabras. Utilízase para escribir o idioma hebreo, o iídix e, en menor medida, o xudeu-español.

O alef-bet é propia e orixinalmente un abxad, é dicir, só contén caracteres consonánticos. A puntuación diacrítica dos masoretas utilízase unicamente como unha axuda na aprendizaxe do idioma, xa que orixinalmente o idioma hebreo -—xa sexa o moderno ou antigo— non a utiliza, é o lector quen a prové. O hebreo arcaico empregouse desde a súa creación até os patriarcas. O hebreo antigo aparece na época dos Reies (Saúl, David, Salomón etc.), e o hebreo cadrado ou moderno aparece por primeira vez no século III a. C.

Alfabeto paleohebreo

O alfabeto paleohebreo (en hebreo: הכתב העברי הקדום, escrita hebrea antiga) é un sistema de escrita abjad formado por 22 letras, todas elas consoantes, derivado do alfabeto fenicio. O seu uso data dende o século -XII, mais rematou substituído pola escrita asiria, ou cadrada, do alfabeto hebreo contemporáneo.

Amos Oz

Amos Oz (hebreo, עָמוֹס עוֹז) nado en Xerusalén o 4 de maio de 1939 e finado en Tel Aviv o 28 de decembro de 2018), foi un escritor, novelista e xornalista israelí

Babel

Babel é o nome do lugar ("unha chaira na terra de Sinar"), onde, de acordo coa Biblia (Xénese 11:1-9), se levou a cabo un intento infrutuoso de erixir unha torre de altura suficiente para alcanzar o ceo: a Torre de Babel.

Deus confundiu os idiomas daqueles que estaban traballando na súa construción, razón pola cal non foron capaces de entenderse os uns aos outros, e o proxecto fracasou. Non se explicita que Deus destruíra directamente os esforzos dos construtores; aparentemente, a construción caeu no abandono.

Este lugar identificouse con Babilonia, pero hai diferentes hipóteses sobre a súa localización precisa.

O substantivo deriva de dúas raíces: "bab" (porta) e "el" (Deus), "a porta cara Deus"; mais na lingua hebrea hai unha palabra similar, "balal", que significa "confusión".

Biblos

Biblos foi unha antiga cidade fenicia situada nun outeiro chamada Gubla nos textos cuneiformes e Gebal na Biblia. Actualmente é unha cidade do Líbano denominada Djubayl, trinta quilómetros ao norte de Beirut.

A súa etimoloxía provén do outeiro no que estaba situada (Gablu, montaña en lingua hebrea) que derivou no seu nome orixinal hebreo Gebal, pasando de aquí á forma grega Byblos e de alí a palabra Biblion "libro", que tamén orixinará o termo Biblia.

Foi unha activa cidade mercantil, mercado de papiros, madeira de cedro, e cobre do Cáucaso, convertida no centro comercial do Mediterráneo oriental. Mantivo vasalaxe cos faraóns do antigo Exipto; posteriormente foi cidade tributaria de asirios e persas.

Da antiga Biblos se conserva unha muralla de comezos da Idade de Bronce, o templo Baalat Gebal, unha necrópole e numerosos restos da época romana e medieval.

Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1984

David Grossman (escritor)

David Grossman, nado o 25 de xaneiro de 1954 en Xerusalén, é un escritor israelí. Estudou filosofía e teatro na Universidade Hebrea. Foi correspondente e actor de radio de Kol Israel, tamén foi presentador de programas infantís. A súa primeira novela foi O sorriso do año (1983), o éxito internacional chegoulle en 1897 con Zman Hatzaov ("O vento amarelo").

Eliezer Ben-Yehuda

Eliezer Ben‑Yehuda, en hebreo אֱלִיעֶזֶר בֶּן־יְהוּדָה ‎, nado o 7 de xaneiro de 1858 e finado o 16 de decembro de 1922, foi unha figura clave na revitalización do hebreo como lingua de uso cotián.

Hagadá

Hagadá (do hebreo הגדה, "narración"), é o texto utilizado para os servizos da noite de Pessach, contendo a lectura da historia da liberación do pobo de Israel de Exipto conforme esta descrito no Éxodo.

Por celebrar esta liberación, o Pessach é a máis importante das festas xudías, e cada xudeu ten por mandato narrar ás futuras xeracións estes feitos. A Hagadá contén a narración desta liberación, as oracións, cánticos e proverbios xudeus que acompañan a esta festividade. En realidade, non existe un só texto de Hagadá: as diversas ramas do xudaísmo teñen as súas variantes, conforme á orientación do rabino específico de cada sinagoga. Tamén corporacións e institucións poden ter o seu texto particular de Hagadá.

Libro de Enoc

O termo Libro de Enoc pódese referir a un dos libros atribuídos ó personaxe bíblico Enoc:

Primeiro Libro de Enoc, preservado en lingua copta;

Segundo Libro de Enoc, preservado en lingua eslava;

Terceiro Libro de Enoc, preservado en lingua hebrea.

Lingua yiddish

O yiddish é unha das linguas empregadas polo pobo xudeu. A súa orixe non está clara pero crese que saíu da fusión entre dialectos hebreos e linguas xermánicas. O yiddish, ao revés que o hebreo, foi amplamente usado pola poboación xudía asquenací para a vida diaria (o hebreo era reservado para a liturxia). Co renacemento da lingua hebrea a principios do século XX dentro dos movementos sionistas, o yiddish comezou a ser deixado de lado. Aínda que no estado de Israel as linguas oficiais son o hebreo e o árabe, o yiddish segue a ter o seu grupo de falantes hoxe en día.

Munich (filme)

Munich é unha película estadounidense estreada no 2005, dirixida por Steven Spielberg e escrita por Tony Kushner e Eric Roth. Está baseado na novela Vengeance: The True Story of an Israeli Counter-Terrorist Team de George Jonas.

Operación Uvas da Ira

A Operación Uvas da Ira (en lingua hebrea: מבצע ענבי זעם) é o nome dado polas Forzas de Defensa Israelís a unha ofensiva militar de dezaseis días contra o Líbano en 1996, nun intento de rematar cos bombardeos de Hesbulá sobre o norte de Israel. Hesbulá chamouna April War. Israel levou a cabo máis de 1.100 ataques aéreos e un bombardeo intensivo (unhas 25.132 bombas). Unha instalación da ONU foi tamén alcanzada polos bombardeos israelís causando a morte de 118 civís libaneses. Hesbulá fixo en total 639 ataques con foguetes a obxectivos do norte de Israel, particularmente ao pobo de Kiryat Shemona. As forzas de Hesbulá tamén participaron en numerosos enfrontamentos con forzas israelís e do Exército do Líbano do Sur. O conflito rematou o 27 de abril por un acordo de cesamento do fogo que prohibiu os ataques a civís.

Paseando a Miss Daisy

Paseando a Miss Daisy (en inglés: Driving Miss Daisy) é un filme estadounidense de drama e comedia dirixido por Bruce Beresford que foi estreado en 1989. É unha adaptación da obra de Alfred Uhry Driving Miss Daisy. Está protagonizado por Morgan Freeman, que retoma o papel de Hoke Colburn (que xa interpretara na obra) e por Jessica Tandy que interpreta a Miss Daisy.

Estreouse en galego na TVG o 31 de agosto de 2001.

Recuperación da lingua hebrea

O proceso de recuperación da lingua hebrea tivo lugar en Europa e Palestina contra o final do século XIX e comezos do século XX, e a través del, o emprego da lingua cambio dende o uso litúrxico do xudaísmo a lingua falada e lingua escrita no día a día de Israel. O proceso comezou cando os xudeus comezaron a chegar a Palestina na primeira metade do séxulo XIX e empregaron o hebreo como lingua franca. Porén, produciuse un desenvolvemento paralelo en Europa no que o hebreo cambiou dende lingua litúrxica a lingua literaria o cal xogou un papel determinante nos programas educativos. O hebreo moderno, xunto co árabe moderno, foi oficializado en Israel dende o mandato británico de Palestina, unha situación que continuou dende a Declaración de Independencia de Israel de 1948. Máis que un proceso puramente lingüístico, a recuperación do hebreo foi empregado pola modernización xudía e movementos políticos, e converteuse nun dos piares asociados ó asentamento da terra, ó sionismo e á política israelí.

O proceso de recuperación do hebreo no uso regular é único, non existindo outros exemplos dunha lingua natural sen ningún falante nativo. Adquiriu millóns de falantes nativos e non existen outros exemplos dunha lingua sacra que se convertera en lingua nacional.

Shmuel Yosef Agnon

Shmuel Yosef Agnon (en hebreo שמואל יוסף עגנון), nado o 17 de xullo de 1888 en Buczacz, Reino de Galicia e Lodomeria (Imperio Austrohúngaro, hoxe Ucraína) e finado o 17 de febreiro de 1970 en Xerusalén (Israel), foi un escritor israelí de lingua hebrea, premio Nobel de Literatura en 1966.

The Dictator

The Dictator é un filme estadounidense dirixido por Larry Charles que foi estreado no 2012. Está producido, guionizado e protagonizado polo actor británico Sacha Baron Cohen.

The Passion of the Christ

The Passion of the Christ é un filme estadounidense dirixido por Mel Gibson que foi estreado no 2004.

Éxodo

O Éxodo é o segundo libro tanto da Tanakh, que está nun conxunto chamado Torá, coma da Biblia, que está nun conxunto doutros catro libros chamado Pentateuco. Narra a fuxida de Exipto do pobo hebreo (neste libro chamado con moita frecuencia pobo de Israel ou fillos de Israel) para alcanzar A Terra Prometida. O libro acaba cando Moisés, o líder deste pobo, comeza a impoñer a lei que lle é revelada directamente por Deus. A viaxe dos hebreos continúa nos seguintes libros do Pentateuco, o Levítico, e Números, e non remata ata o final do último libro do Pentateuco, o Deuteronomio, que a partir de aquí comezan a establecerse na ansiada Terra Prometida.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.