Lingua guaraní

O guaraní,[2] facendo referencia exclusiva á variedade coñecida como guaraní paraguaio (avañe'ẽ 'a lingua da xente), é unha lingua indíxena de América do Sur que pertence á subfamilia Tupí-guaraní das linguas tupís. É unha das linguas oficiais de Paraguai (xunto co español), onde non é falada só polo pobo guaraní, senón pola maioría da poboación, e onde a metade da poboación rural é monolingüe.[3][4] É falada por outras comunidades en países veciños, incluíndo partes do noroeste da Arxentina, sueste de Bolivia e suroeste do Brasil, e é a segunda lingua oficial da provincia arxentina de Corrientes dende 2004;[5] tamén é lingua oficial de Mercosur.[6]

O guaraní é unha das linguas máis faladas entre as linguas amerindias e a única entre cuxos falantes hai unha gran cantidade de non indíxenas. É un caso insólito en América, onde a substitución lingüística cara as linguas coloniais europeas (neste caso o español) non se produciu, e foi acollida como un elemento máis da cultura e da identidade dos "mestizos" (xente de antergos españois e guaranís).

O sacerdote xesuíta Antonio Ruiz de Montoya, quen publicou en 1639 a primeira gramática do guaraní nun libro chamado Tesoro de la lengua guaraní, describiuna como unha lingua "tan completa e elegante que pode competir coa máis famosa [das linguas]."

O nome "guaraní" adoita empregarse para a lingua oficial do Paraguai. Porén, é parte dun continuo dialectal, a maioría dos cales tamén son chamados guaraní.

Guaraní
Avañe'ẽ
Pronuncia:ʔãʋ̃ãɲẽˈʔẽ
Falado en: Arxentina, Brasil, Paraguai e Bolivia
Total de falantes: 4 800 000 (1995)
Familia: Tupí
 Tupí-guaraní
  Guaraní
   Guaraní
Escrita: Latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Paraguay.svg Paraguai[1]
Códigos de lingua
ISO 639-1: gn
ISO 639-2: grn
ISO 639-3: gug
Idioma guaraní

Fonoloxía

O guaraní ten 33 fonemas, dos que 12 son vogais e 21 consonantes.

Vogais

Das 12 vogais (pu'ae) guaranís, 5 son orais (pu'ae jurugua), 5 nasais (pu'ae tĩgua), 1 gutural (pu'ae ahy'ogua) (y = /ɨ/) e unha guturonasal (pu'ae ahy'otĩgua) ( = /ɨ̃/).

Orais Nasais
anterior central posterior anterior central posterior
pechadas (débiles) i ɨ u ĩ ɨ̃ ũ
abertas (fortes) e a o ã õ

Consonantes

Das 21 consonantes (pundie) guaranís, 8 son plosivas, 5 fricativas, unha africada, unha aproximante, 2 vibrantes e unha sibilante. O seguinte cadro amosa os fonemas segundo o xeito de articulación, o punto de articulación e a grafía usual para cada un deles:

bilabial alveolar alveo-
palatal
velar glotal
Fricativa / β /
v
/ s /
s
/ ʃ, ʒ /
ch, j
/ ɣ, ɣ̃/
g, g̃
Oclusiva sorda / p /
p
/ t /
t
/ k /
k
/ ʔ /
'
sonora //
mb
//
nd
//
ng
Sonorante nasal / m /
m
/ n /
n
non-nasal / ɾ, l /
r, l>
/ j /
i

Nos préstamos léxicos do español tamén intervén a vibrante múltiple /r/. As oclusivas sonoras poden emitirse como propiamente oclusivas en contextos non-nasais ou como nasais en contextos nasais. O fonema /t/ pode soar como [t] ou como [ɾ]. Os fonemas oclusivos /b̃, d̃, g̃/ teñen tanto alófonos prenasalizados [ⁿb, ⁿd, ⁿg] como alófonos totalmente nasais [m, n, ŋ], o fonema /ʒ/ posúe dous alófonos, un non-nasal [ʒ] e outro nasal [ɲ].

Observacións

Palabras nasais

O guaraní distingue entre fonemas nasais e orais. A nasalidade de calquera fonema aplícase toda a palabra, por razóns de eufonía, e provoca fenómenos de sandhi nos sufixos que se engaden. Polo tanto, son só orais as palabras en que ningún dos fonemas que a conforman teñen carácter nasal.

Nasais: akã («testa»), porã («fermoso»), kuñataĩ («rapaciña»), tembireko («esposa»)
Orais: rajy («filla»), túva («pai»), sy («nai»), arapoty («primavera»)

Puso

O puso ou oclusiva glotal aparece só en posición intervocálica e interrompe momentaneamente a emisión. Aínda que semelle unha ausencia de son, é un fonema por dereito propio, pois entra en oposición fonolóxica co son seguinte. O seu nome ven do propio guaraní pu («son») + so («soltar», «separar»). No silabeo acompaña á vocal que o segue.

Acentuación

En guaraní ningunha palabra remata en consonante. Case todas levan acento (muanduhe) na derradeira vogal. O til emprégase só cando a vogal acentuada non é a final.

Por exemplo, a verba tape («camiño») lese [ta'pe] e tata («lume») lese [ta'ta]. Por outra banda, áva («cabelo»), que se le ['a.va] ou tái («picante») ['tⁿaj], levan a marca gráfica da súa acentuación.

Notas

  1. Asamblea Nacional Constituyente (20 de xuño de 1992). "Constitución Nacional de la República del Paraguay" (PDF). Asunción, Paraguai. Consultado o 16 de marzo de 2016. Art. 140°
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guaraní.
  3. Mortimer, K 2006 "Guaraní Académico or Jopará? Educator Perspectives and Ideological Debate in Paraguayan Bilingual Education" Working Papers in Educational Linguistics 21/2: 45-71, 2006
  4. Romero, Simon (12 de marzo de 2012). "In Paraguay, Indigenous Language With Unique Staying Power". The New York Times.
  5. Ley 5598 del Estado de Corrientes Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
  6. Incorporación do Guaraní como Lingua de Mercosur Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine. MERCOSUR official page (en castelán)

Véxase tamén

Ligazóns externas

7 cajas

7 cajas é unha película paraguaia do ano 2012, dirixida por Juan Carlos Maneglia e Tana Schémbori. É a película con maior número de espectadores de Paraguai, con 270.835. Tamén rexistrou 70.000 espectadores na Arxentina.Nun comezo a película debía ser lanzada en xuño do 2011, pero a estrea foi adiada cando a película foi aceptada como competidora no Festival Internacional de Cine de San Sebastián en España, onde gañou o premio "Cine en Construción".A película foi candidata na XXVII edición dos Premios Goya na categoría de Mellor película estranxeira de fala hispana representando a Paraguai. Está rodada en español e guaraní.

Apiaguaiki Tumpa

Apiaguaiki Tumpa (c. 1863 – 29 de marzo de 1892) foi un dirixente dos guaranís bolivianos (chiriguanos). É considerado por moitos guaranís como un heroe nacional, coñecido pola súa loita para defender a terra e a liberdade do seu pobo do intereses do goberno boliviano, dos gandeiros e dos misioneiros. Foi executado após a súa derrota e o fracaso da súa revolta. A súa morte é conmemorada anualmente por moitos guaranís, e unha universidade de lingua guaraní na comunidade de Kuruyuki, en Bolivia, leva o seu nome.

Capoeira

A capoeira é unha expresión cultural afrobrasileira orixinada en Brasil, que engloba diversas facetas. A máis coñecida é a da arte marcial ou loita, aínda que o resto son igual de importantes: a vertente musical, de expresión corporal, a faceta oral e lingüística, e a faceta tradicional. A capoeira é unha forma de expresarse.

Chamamé

O chamamé é un xénero musical de carácter folclórico orixinario da Arxentina. É moi común na provincia de Corrientes, norte da provincia de Entre Ríos, centro-leste de Formosa, nordés de Santa Fe, leste da provincia de Chaco e en toda a provincia de Misiones, rexión denominada Litoral arxentino. A palabra chamamé provén da frase en lingua guaraní "ñe'ẽ mbo'e jeroky", que quere dicir "cantos danzas".

Curitiba

Curitiba é unha cidade brasileira, capital do estado do Paraná. Sitúase a 934,6 metros por riba do nivel do mar, na primeira altiplano paranaense. A súa poboación é de 1 587 315 habitantes, segundo o censo de 2000, sendo a máis grande cidade da Rexión Sur de Brasil.

Considerada por moitos a metrópole brasileira que ofrece a mellor calidade de vida e unha das mellores cidades brasileiras para facer negocios, Curitiba fundouse en 1654 e elevouse á categoría de vila e de municipio o 29 de marzo de 1693, co nome de Nosa Señora da Luz dos Pinhais. Pasou en 1721 a chamarse Curitiba (en lingua guaraní, Kurit = piñeiro, e Ybá = gran cantidade) que debe o seu nome aos milleiros de piñeiros que cubrían o seu territorio. Nas mediadas do século XIX, a entón Provincia do Paraná sepárase do entón Provincia de São Paulo e Curitiba convértese na súa capital. Durante a súa histaria, Curitiba recibiu un gran fluxo de inmigrantes europeos, especialmente italianos, polacos, alemáns e ucranianos.

Emiliano R. Fernández

Emiliano R. Fernández, nado como Emiliano Fernández Rivarola en Yvysunu o 8 de agosto de 1894 e finado en Asunción o 15 de setembro de 1949 , foi un dos máis prolíficos expoñentes da poesía popular do Paraguai e da polca paraguaia.

Guaraní (moeda)

O guaraní (plural: guaranís) é a moeda oficial de Paraguai. Cada guaraní está dividido en 100 céntimos, porén, debido á inflación os céntimos xa non se empregan. O código ISO da moeda é PYG.

Pobo guaraní

Os guaranís son un pobo indíxena de América do Sur. Distínguense do pobo relacionado tupí polo emprego da lingua guaraní. A distribución tradicional do pobo guaraní é o estado actual de Paraguai, entre os ríos Uruguai e Paraguai, a Provincia de Misiones da Arxentina, o sur do Brasil, outrora até Río de Xaneiro, e partes do Uruguai e Bolivia. Malia o seu dominio demográfico da rexión, foi reducido pola colonización europea e o crecemento do número de mestizos, pero aínda existe unha importante poboación nesas áreas. Ademais, a lingua guaraní aínda é amplamente falada nas terras tradicionais guaranís, e é unha das dúas linguas oficiais de Paraguai, sendo a outra o castelán.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.