Lingua francoprovenzal

A lingua francoprovenzal[1] ou arpitano (arpitan ou patouès) é unha lingua románica que se fala nalgunhas partes de Francia, Italia e Suíza. A súa zona de distribución autóctona é coñecida como Arpitania.

Ethnologue estima que o seu número de falantes rolda os 77.000. Non ten status oficial en ningún país, máis é lingua protexida en Italia, especialmente no Val de Aosta. A Unesco declarouno lingua en perigo.

Francoprovenzal
'Arpitan'
Outros nomes:Patouès
Falado en: Italia, Suíza e Francia
Rexións: Europa
Total de falantes: aproximadamente 77.000
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Románico
   Ítalo-occidental
    Galo-Ibérico
     Galo-Románico
      Francoprovenzal
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Protexido en:
Italia Italia
Flag of the Aosta Valley.png Val de Aosta.
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: frp
FRP-Map4

Territorio

O territorio de fala francoprovenzal é coñecido como Independist flag of Aosta Valley.svg Arpitania, cuxo territorio a abrangue en parte ou totalmente os seguintes estados e rexións:

Comparación entre o francoprovenzal e outras linguas románicas

Latín Galego Franco-Provenzal Francés Catalán Occitano Italiano
clave(m) chave cllâf clef / clé clau clau chiave
cantare cantar chantar chanter cantar cantar cantare
capra cabra chiévra chèvre cabra cabra capra
lingua lingua lengoua langue llengua lenga / lengua lingua
nocte(m) noite nuet nuit nit nuèit / nuèch notte
sapis xabón savon savon sabó sabon sapone
sudare suar suar suer suar susar sudare
vita vida via vie vida vida vita
pendere pagar payer payer pagar pagar pagare
platea praza place place plaça plaça piazza
ecclesia igrexa églése église església glèisa chiesa
caseo (formaticum) queixo tôma / fromâjo fromage formatge formatge formaggio

Clasificación

Indoeuropeo > Itálico > Grupo Romance > Romance > Linguas Romances Ítalo-Occidentais > Grupo Ítalo-Occidental - Subgrupo Occidental > Grupo Galo-Ibérico > Grupo Galo-Romance > Grupo Galo-Rético > Subgrupo Oïl > Grupo Sueste

Notas

  1. Definición de francoprovenzal no Dicionario de Galego.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Amélie Gex

Amélie Rose Françoise Gex, nada o 24 de outubro de 1835 en La Chapelle-Blanche e finada o 16 de xuño de 1883 en Chambèry, foi unha escritora savoiana de lingua francoprovenzal.

Lingua borgoñoa

A lingua borgoñoa ou borgoñón é unha lingua romance de Oïl falada en Borgoña, particularmente na rexión de Morvan. A chegada dos borgoñóns levou elementos xermánicos ás falas galo-romance dos habitantes zona e posteriormente a ocupación dos Países Baixos polos duques de Borgoña tamén trouxo influencias neerlandesas.

Os dialectos do sur ao longo do río Saona foron influenciados pola lingua francoprovenzal. Eugène de Chambure publicou un Glossaire du Morvan en 1878.

Roger Viret

Roger Viret nado en Ansigny o 18 de marzo de 1940, é un escritor savoiano de lingua francoprovenzal.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.