Lingua francesa

O francés[2] (français) é a terceira das linguas románicas en número de falantes, despois do castelán e do portugués. En 1999, o francés era a 11a lingua máis falada no mundo, con uns 77 millóns de falantes como lingua materna (chamados francófonos) e uns 128 millóns no total, incluíndo os que a usan como segunda lingua.[3][4]

É unha lingua administrativa ou oficial en moitas comunidades e organizacións (como a Unión Europea, ONU, Unión Postal Universal, Unión Africana etc). Antes da Segunda Guerra Mundial o francés era considerado a lingua internacional por excelencia, particularmente na diplomacia, e unha lingua franca no comercio, navegación e transporte.

Francés
Français
Pronuncia:[fʁɑ̃sɛ]
Falado en: Alxeria, Bélxica, Benín, Burkina Faso, Burundi, Camerún, Canadá, Chad, Comores, Costa do Marfil, Francia, Gabón, Guinea, Guinea Ecuatorial, Haití, Líbano, Luxemburgo, Madagascar, Malí, Mauricio, Mauritania, Mónaco, Níxer, República Centroafricana, República Democrática do Congo, República do Congo, Ruanda, Seychelles, Senegal, Suíza, Togo, Vanuatu e Djibuti
Rexións: Europa Occidental, América, África, rexión do Océano Pacífico
Total de falantes: 77 millóns (primeira lingua) 128 millóns (primeira ou segunda lingua)[1]
Posición: 18
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Italo-Occidental
    Galo-Ibérico
     Galo-Románico
      Oïl
       Francés
Estatuto oficial
Lingua oficial de: 31 países
Regulado por: Académie française
Códigos de lingua
ISO 639-1: fr
ISO 639-2: fre (B), fra(T)
SIL: FRA
New-Map-Francophone World

Mapa da Francofonía
Azul escuro: lingua oficial e nativa; azul: lingua oficial; azul claro: lingua da cultura; verde: minoritaria

Escrita e ortografía

O francés escríbese co alfabeto latino. Ten cinco diacríticos (acento agudo, acento circunflexo, acento grave, cedilla e diérese), así como unha ligadura (œ).

A escritura ten pouco que ver coa pronuncia real. Unha característica do francés é o uso de dúas ou tres letras para indicar un fonema, aínda que moitas veces estes fonemas franceses reúnen o carácter de dous fonemas predominando un deles, por exemplo o dígrafo ou no francés parisiense soa practicamente como unha [ou] galega aínda que mantén case átono algo do fonema [ou]. En xeral, a forma escrita é máis conservadora que a forma falada. A pronuncia típica do francés normativo fai recaer case sempre o acento prosódico na última sílaba (agudismo). A pouca correspondencia entre o francés escrito e o falado é un fenómeno bastante frecuente que se debe aos fortes cambios fonéticos que se presentaron desde o período do francés antigo, e que non se corresponderon con cambios na escritura. Con todo, ocorreron algúns cambios conscientes na escritura para restaurar a ortografía latina:

  • Francés antigo doit > francés doigt «dedo» (Latín digitum)
  • Francés antigo pie > francés pied (Latín pedem), galego «pé»

Ás veces os impresores impuxeron a súa propia grafía para evitar ambigüidade:

  • Antes da imprenta: uit (oito)
  • A partir da imprenta: huit, que evitaba a confusión con "vit".

É case imposible predicir a escritura baseándose unicamente na pronuncia. As consoantes finais, en particular p, s, x, z, t e d, adoitan ser mudas; e n e m son perceptibles ata ao final de palabra porque nasalizan á vogal que acompañan. En cambio, c, r, f, e l adoitan pronunciarse ata en posición final. Por exemplo, as seguintes palabras terminan en consoante, pero na súa pronuncia acaban nun son vocálico: nez, doigt, pied, aller, les, lit, beaux.[5][6]

Os diacríticos teñen un significado fonético, semántico e etimolóxico.

Acento grave (à, è, ù): Sobre o 'a', o 'e' ou o 'u', unicamente distingue os homófonos entre si: à («a», «cara a») contra a («ten»), ou («ou») contra («onde»). Sobre un e, indica o son /ε/. Acento agudo (é): Sobre o 'e', indica o son /e/. Ademais, adoita indicar a omisión histórica dunha consoante que seguía ó e (normalmente un s): écouter < escouter. Acento circunflexo (â, ê, î, ô, û): Sobre o 'e', indica o son /ε/. Tamén pode indicar a omisión histórica dunha letra adxacente (normalmente un s): château < chasteau/castel, fête < feste, sûr < seur, dîner < disner. Por extensión, tamén pode marcar a diferenza entre homófonos: du («de o») contra («debido», participio pasado de devoir, «deber»). Diérese ou trema (ë, ï): Indica que unha vogal que normalmente formaría ditongo non o forma: naïve, Noël(«Nadal»). A diérese no y (ÿ) só se presenta nalgúns nomes propios (como l'Haÿ-lles-Roses) e en francés antigo. Cedilla (ç): Indica que o c pronúnciase /s/ onde, de non levala, pronunciaríase /k/. O idioma valón introduciu o å para o son o longo e aberto, o longo e pechado ou a longo, segundo as variedades locais.

A ligadura œ non é máis que unha contracción de oe, e non ten ningún significado especial.

Intentouse reformar a ortografía francesa, pero estes intentos de reforma non tiveron éxito.[7][8]

Estimacións sobre o número de francófonos

Difusión do idioma francés no mundo en 2006, o azul escuro indica un territorio onde o fala máis do 70% da poboación, o celeste indica zonas nas cales entre o 70% e o 25% da poboación fala ou coñece o francés, o verde sinala zonas nas que os francófonos son minoría.

As estimacións sobre o número de francófonos varían dependendo dos criterios considerados polas fontes. As fontes principais e as súas respectivas estimacións son:

  • Alto Consello da Organización Internacional da Francofonía (1998): 190 millóns de francoparlantes, e 110 millóns de "francisants": persoas que falan francés con diferente grao de dominio (A fonte é unha organización intergobernamental cuxos membros son os gobernos dos países cunha presenza significativa da lingua francesa).
  • Linguasphere Observatory (1999): 125 millóns incluíndo persoas translinguais: primeira lingua para 90 millóns de persoas, segunda lingua para 35 millóns (A fonte é unha rede independente de investigación lingüística con bases en Francia, Gales e India).
  • Eurobarómetro[Ligazón morta] (2001): máis de 105 millóns (28% de 376 millóns) falan francés na Unión Europea sen contar outros cidadáns (A fonte é unha enquisa de INRA (Europe) s.a. sobre 16.078 persoas realizada a requirimento da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea).
  • SIL (Ethnologue, 15ª edición): primeira lingua de 65 millóns de persoas (A fonte é unha institución lingüística con status consultivo en UNESCO e a ONU).

O francés é unha das dúas linguas de traballo da ONU, unha das dúas linguas oficiais do Comité Olímpico Internacional, a única lingua oficial da Unión Postal Universal e a lingua principal da Unión Africana.

Notas

  1. Population Reference Bureau. "2012 World Population Data Sheet" (PDF). Consultado o 2012-08-04.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para francés.
  3. La Francophonie dans le monde 2006–2007 publicado pola Organisation internationale de la Francophonie. Nathan, París, 2007 en francés.
  4. "Le français, langue en évolution. Dans beaucoup de pays francophones, surtout sur le continent africain, une proportion importante de la population ne parle pas couramment le français (même s'il est souvent la langue officielle du pays). Ce qui signifie qu'au fur et à mesure que les nouvelles générations vont à l'école, le nombre de francophones augmente : on estime qu'en 2015, ceux-ci seront deux fois plus nombreux qu'aujourd'hui. en francés"
  5. Fonétik.fr writing system proposal en francés.
  6. Ortofasil writing system proposal en ingles.
  7. Alfograf writing system proposal en francés.
  8. Ortograf.net writing system proposal en francés.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A lista de Schindler

A lista de Schindler (en inglés: Schindler's List) é un filme de 1993 baseado no libro Schindler's Art de Thomas Keneally (o libro foi máis tarde renomeado como Schindler's List). Dirixido por Steven Spielberg, relata a historia de Oskar Schindler, un checo que foi instrumento para salvar a vida de máis de mil xudeus polacos durante o Holocausto. O título refírese á lista de 1 200 xudeus que Schindler contratou para traballar na súa fábrica, quitándoos do campo de concentración.

A maior parte do filme foi producido en branco e negro (con cores no prólogo e no epílogo e unha cor vermella en dúas escenas). Está protagonizado por Liam Neeson como Oskar Schindler, Ben Kingsley como Itzhak Stern e Ralph Fiennes como Amon Goeth. O seu subtítulo é "Quen salva unha vida salva o mundo enteiro", unha cita do Talmud. Foi aclamado pola crítica, o filme gañou fama polo seu detalle gráfico da horrible brutalidade do holocausto. Nomeado a doce Óscars, gañou sete, incluíndo o de Mellor Filme e Mellor Director para Steven Spielberg.

Academia Francesa

A Academia Francesa (en francés: Académie française) é unha institución encargada de regular e perfeccionar a lingua francesa. Foi fundada en 1635 polo cardeal Richelieu, durante o reinado de Luís XIII de Francia, feito que a converte nunha das máis antigas institucións do país galo. Está composta por un total de corenta membros, que son elixidos polos seus iguais.

Anatole France

Anatole François Thibault, que adoptou o sobrenome Anatole France, nado o 16 de abril de 1844 en París, e falecido o 12 de outubro de 1924 en Saint-Cyr-sur-Loire, foi un escritor francés. Anatole France é pai do tamén escritor Noël France.

De ton escéptico, as súas publicacións obtiveron grande éxito. O seu primeiro grande éxito foi Le Crime de Sylvestre Bonnard (1981), premiado pola Academia francesa. Outras obras son: Thaïs (1890), Le Lys rouge (1894), Le Puits de Sainte Claire (1895), Les dieux ont soif (1912), La Révolte des anges (1914) etc.

André Gide

André Paul Guillaume Gide, nado en París o 22 de novembro de 1869 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1951, foi un escritor francés, defensor dos dereitos dos homosexuais. Foi recoñecido co Premio Nobel de Literatura en 1947.

Chariots of Fire

Chariots of Fire é un filme británico dirixido por Hugh Hudson que foi estreado en 1981. Conta a historia real de dous atletas nos Xogos Olímpicos de 1924: Eric Liddell, un escocés devoto cristián que corre pola gloria de Deus, e Harold Abrahams, un inglés xudeu que corre para superar os prexuízos.

O filme foi concevido e producido por David Puttnam, escrito por Colin Welland e dirixido por Hugh Hudson. Foi nomeado a sete Premios Oscar na súa 54ª edición, e gañou catro, incluíndo o galardón ó mellor filme e mellor guión. Tamén é lembrado pola súa banda sonora, obra de Vangelis, quen gañou o Oscar á mellor banda sonora.

Denis Diderot

Denis Diderot, nado en Langres o 5 de outubro de 1713 e finado en París o 31 de xullo de 1784, foi un escritor e filósofo francés pertencente ao movemento literario da Ilustración.

François Mauriac

François Mauriac, nado en Bordeos o 11 de outubro de 1885 e finado en París o 1 de setembro de 1970, foi un escritor francés gañador do Premio Nobel de Literatura en 1952.

Gao Xingjian

Gao Xingjian, nado en Ganzhou, China, o 4 de xaneiro de 1940, é un escritor en chinés. Nado en China, na actualidade reside en Francia e é cidadán francés. No ano 2000 obtivo o Premio Nobel de Literatura.

É dramaturgo e novelista. A súa obra máis importante é a novela A Montaña da alma.

Jean-Marie Gustave Le Clézio

Jean-Marie Gustave Le Clézio, ás veces abreviado como J.M.G. Le Clézio, nado o 13 de abril de 1940 en Niza, é un escritor franco-mauricio. Coñece moi pronto o éxito coa súa primeira novela Le Procès-verbal, publicada en 1963. Influído polas súas orixes familiares, polas súas viaxes, e o gusto polas culturas amerindias, J.M.G. Clézio é principalmente coñecido polas súas novelas Désert e Le Chercheur d'or, pero é tamén autor dunha corentena doutras obras de ficción (novelas, contos, noticias) e ensaios. En 2008 foille concedido o Premio Nobel de Literatura, como "escritor de novas saídas, da aventura poética e da éxtase sensual, explorador dunha humanidade máis aló e debaixo da civilización reinante".

Jean-Paul Sartre

Jean-Paul Sartre, nado en París o 21 de xuño de 1905 e finado na mesma cidade o 15 de abril de 1980, foi un escritor e filósofo francés. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1964, mais rexeitouno. Parella sentimental de Simone de Beauvoir.

Jean Le Rond d'Alembert

Jean Le Rond d'Alembert, nado en París en 1717 e finado en París en 1783, foi un matemático e filósofo francés, célebre por ser un dos editores da Encyclopédie con Denis Diderot.

Maurice Maeterlinck

Maurice Maeterlinck, nado en Gante o 29 de agosto de 1862 e finado en Niza, Francia, o 5 de maio de 1949, foi un dramaturgo e ensaísta belga de lingua francesa, principal expoñente do teatro simbolista.

Patrick Modiano

Patrick Modiano, nado en Boulogne-Billancourt o 30 de xullo de 1945, é un novelista francés, gañador do Gran Premio de Novela da Academia Francesa (1972), do Premio Goncourt (1978) e do Premio Nobel de Literatura (2014). Varias das súas novelas foron trasladadas ao cinema, e participou na escritura de guións para películas como Lacombe Lucien, do realizador Louis Malle.

Patton (filme)

Patton é un filme épico estadounidense sobre o xeneral George S. Patton durante a segunda guerra mundial. Está protagonizado por George C. Scott, Karl Malden, Michael Bates e Karl Michael Vogler. Foi dirixido por Franklin J. Schaffner a partir dun guión de Francis Ford Coppola e Edmund H. North, que se basearon na obra Patton: Ordeal and Triumph de Ladislas Farago e nas memorias de Omar Bradley tituladas A Soldier's Story. Foi rodado en 65 mm polo fotógrafo Fred J. Koenekamp e a banda sonora é obra de Jerry Goldsmith.

Pierre Bayle

Pierre Bayle, nado en 1647 e finado en 1706, foi un escritor e filósofo francés.

René Descartes

René Descartes, tamén coñecido como Cartesius, nado en La Haye en Touraine (localidade rebautizada como Descartes máis tarde) o 31 de marzo de 1596 e finado en Estocolmo o 11 de febreiro de 1650, foi un filósofo e matemático francés. Fíxose moi coñecido sobre todo polo seu traballo revolucionario en Filosofía, e mais por ser o inventor do sistema de coordenadas cartesiano, que influenciou o desenvolvemento do Cálculo moderno. Descartes, por veces chamado o fundador da filosofía moderna e o pai da matemática moderna, é considerado un dos pensadores máis importantes e influentes da historia humana. Inspirou aos seus contemporáneos e a xeracións de filósofos. Na opinión dalgúns comentadores, iniciou a formación daquilo que hoxe se chama o Racionalismo continental (supostamente en oposición á escola que predominaba nas illas británicas, o Empirismo), posición filosófica dos séculos XVII e XVIII en Europa.

Outros autores non ven unha grande oposición entre o "Racionalismo continental" do século XVIII e o empirismo. O gran cisma iniciaríase con Hegel, que partiu da posición de Kant onde había xa algúns sinais de Idealismo, mais aínda unha base racional que non se desviaba moito da tradición empírica inglesa. A lectura de Hume foi un punto fulcral na obra de Kant, ata entón sen ningún texto relevante publicado. Kant dixo mesmo que Hume o despertou dun "sono dogmático".

Roger Martin du Gard

Roger Martin Du Gard, nado en Neuilly-sur-Seine o 23 de marzo de 1881, finado en Bellême, Orne o 22 de agosto de 1958, foi un novelista francés.

Samuel Beckett

Samuel Barclay Beckett, nado en Dublín o 13 de abril de 1906 e finado en París o 22 de decembro de 1989, foi un novelista, dramaturgo, crítico e poeta irlandés. Foi un dos máis importantes representantes do experimentalismo literario do século XX, dentro do modernismo anglosaxón. Foi igualmente figura chave do chamado teatro do absurdo. Escribiu os seus libros en inglés e francés, e foi asistente e discípulo do novelista James Joyce. A súa obra máis coñecida é o drama Á espera de Godot.

Beckett foi galardoado en 1969 co Premio Nobel de Literatura. Foi elixido Saoi de Aosdána en 1984.

Sully Prudhomme

René François Armand "Sully" Prudhomme, nado en París o 16 de marzo de 1839 e finado en Châtenay-Malabry o 6 de setembro de 1907, foi un poeta e ensaísta francés. Gañou o primeiro Premio Nobel de Literatura, outorgado en 1901.

Prudhomme orixinalmente estudou para ser un enxeñeiro, pero cambiou a filosofía e posteriormente poesía. Ao escribir poesía, declarou que a súa intención era crear unha poesía científica para os tempos modernos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.