Lingua asturiana

O asturiano[1] (asturianu) é unha lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés, e derivada directamente do latín. É a lingua tradicional do Principado de Asturias[2]. É unha lingua próxima filoxeneticamente ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F inicial latino.

Outro dos nomes utilizados tradicionalmente para esta lingua é o de bable[3][4], pero en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". A normalización da lingua lévase a cabo na Academia de la Llingua Asturiana.

Academia Llingua Asturiana
Academia de la Llingua Asturiana, Oviedo.
Asturiano
'Asturianu'
Falado en: Flag of Asturias.svg Asturias
Total de falantes: 550.000 (100.000 de lingua materna)
Posición: Non está entre as 100 primeiras
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Ibero-románica
       Asturleonés
        Asturiano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial. Recoñecido en Asturias.
Regulado por: Academia de la Llingua Asturiana
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ast
SIL: ast
Mapa de la estensión de la llingua asturiana-lleonesa

Clasificación

Forma parte do subgrupo ibero-románico nomeado asturleonés, formado polo asturiano, o leonés e o mirandés. Segundo a clasificación, é unha lingua indoeuropea, itálica, romance e iberorromance.

Falantes

Segundo o estudo Los Asturianos y la Lengua Asturiana. Estudio Sociolingüístico para el Principado de Asturias (Oviedo, 1994), do profesor da Universidade do País Vasco Francisco Llera Ramo, en Asturias habería 100.000 falantes nativos, ós cales hai que engadir 450.000 máis que usan o asturiano como segunda lingua, podendo falalo e entendelo. Nese estudo cóntanse uns 50.000 falantes de asturiano central, 30.000 de occidental e 20.000 de oriental.

Extensión

Asturian linguistic areas
Áreas lingüísticas de Asturias atendendo a criterios exclusivamente científicos.

O dominio do asturiano esténdese por todo o territorio, se ben na franxa máis occidental de Asturias se fala galego de Asturias, aínda que o goberno asturiano e a Academia de la Llingua Asturiana prefire denominalo galego-asturiano.

Vogais

O sistema vocálico do asturiano distingue cinco fonemas, con tres graos de abertura (mínima, media e máxima) e tres posicións de articulación (central, anterior e posterior).

anteriores (palatais) centrais posteriores (velares)
vogais pechadas (apertura mínima) i - u
vogais medias (apertura media) e - o
vogais abertas (apertura máxima) - a -

Consoantes

labiais dentais alveolares palatais velares
oclusivas xordas p t - t͡ʃ k
oclusivas sonoras b d - ʝ g
fricativas f θ s ʃ -
nasais m - n ɲ -
laterais - - l ʎ -
vibrantes - - ɾ / r - -

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para asturiano.
  2. O artigo 1 da Lei de Promoción e Uso do Asturiano dispon: "O asturiano, como lingua tradicional de Asturias, gozará de protección. O Principado de Asturias promoverá o seu uso, difusión e ensino"
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bable.
  4. "Bable" é un termo acuñado no século XVIII nos ambientes cultos, para denominar á lingua vernácula de Asturias e que na actualidade adquiriu un significado despectivo ao ser usado por sectores sociais contrarios á normalización do idioma.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Academia de la Llingua Asturiana

A Academia de la Llingua Asturiana é unha institución do Goberno de Asturias cuxo fin é o estudo, a promoción e a defensa do asturiano.

Xosé Lluis García Arias foi o presidente desde a súa fundación o 15 de decembro de 1980 até o ano 2001. A súa sucesora no cargo foi ata o ano 2017 Ana Cano. O presidente é dende xuño de 2017 Xosé Antón González Riaño.

Alfredo García Dóriga

Alfredo García López-Dóriga, coñecido como Alfredo García Dóriga, nado en Viveiro o 13 de abril de 1849 e finado na mesma vila o 14 de decembro de 1911, foi un xornalista e escritor galego en lingua castelá, galega e asturiana.

Andrés Solar

Andrés Manuel Solar Santurio, nado en Xixón o 25 de agosto de 1955 e finado o 27 de decembro de 1984, foi un escritor en lingua asturiana e militante de esquerda nacionalista. Está considerado un dos mellores escritores do Surdimientu malia a súa pronta morte ós 29 anos.

Asturiano central

O asturiano central é considerado o modelo de lingua escrita e, teoricamente, é o que posúe maioría de falantes da lingua asturiana, aínda que outros lingüistas afirman que é o asturiano occidental o que ten máis falantes, ademais de maior extensión e, que en Asturias, é o que permaneceu máis invariable ao longo do tempo.

Asturiano oriental

O asturiano oriental é unha variante da lingua asturiana que comparte algunhas características co montañés de Cantabria, constituíndo este un estadio máis próximo ao castelán, con características que antigamente se deron nesta última lingua. Segundo os lingüistas este dialecto fálase entre o río Sella e a fronteira con Cantabria mesmo internándose nesta comunidade.

Conceyu Bable

Conceyu Bable foi unha asociación asturiana legalizada en 1976, cuxo obxectivo era a recuperación e dignificación da lingua asturiana.

Dixebra

Dixebra é un grupo de rock asturiano creado en 1987 en Avilés, baixo a idea de crear un grupo de rock que empregase a lingua asturiana e fixese unha música comprometida coa realidade social e a problemática de Asturies. Contaron con letras feitas por algúns dos escritores contemporáneos asturianos, en ocasións feitas especificamente para o grupo, entre os que destaca Xandru Fernández.

No ano 2007 participan no recompilatorio 120 capadores, de homenaxe ós Diplomáticos de Monte-Alto, cunha versión en asturiano do tema "Gaiteiro".

Enriqueta González Rubín

Enriqueta González Rubín, nada en Ribeseya o 17 de abril de 1832 e finada en L'Infiestu (Piloña), foi unha escritora e xornalista asturiana. Foi unha das primeiras mulleres en cultivar a narrativa en lingua asturiana. En 2009 adicóuselle a XXX Selmana de les Lletres Asturianes.

Ignaciu Llope

Xuan Ignaciu Llope Fernande, nado en 1962 en Cuideiru, é un político, escritor en lingua asturiana e médico psiquiatra asturiano.

Inaciu Galán

Inaciu Galán y González, nado en Xixón en 1986, é escritor, xornalista e activista en defensa do asturiano. Traballou desde o ano 2003 na SER, TeleGijón e na TPA desenvolvendo a súa actividade xornalística sempre en asturiano. Fundou e dirixe a revista literaria Formientu. Desde febreiro de 2012 é presidente de Iniciativa pol Asturianu. É un dos modernizadores e difusores do xénero do monólogo en asturiano , e publicou en 2008 a primeira escolma do monólogo moderno, Antoloxía de monólogu modernu ¡Pa echar unes rises!, seguida en 2011 de Más monólogos… ¡Pa echar unes rises! .

Ismael González Arias

Ismael María González Arias, nado en Oviedo en 1958, é un escritor e xornalista en lingua asturiana.

Lingua leonesa

O leonés (llionés) é unha lingua románica desenvolvida a partir do latín vulgar e que forma parte do dominio lingüístico asturleonés xunto co mirandés e o asturiano, o dominio tradicionalmente tamén recibe simplemente o nome de leonés . Non hai conciencia entre os falantes das tres modalidades lingüísticas de constituíren unha única lingua, así e todo a Academia de la Llingua Asturiana procura fomentar unha converxencia entre os diferentes estándares do dominio , e tamén unha parte importante dos escritores leoneses que escriben nos seus dialectos propios adaptando as normas ortográficas da lingua asturiana, así o fan Eva González, Roberto González-Quevedo, Hector Xil ou Xosepe Vega pero non existe unha norma común leonesa. O leonés é a lingua patrimonial de gran parte das provincias españolas de León e Zamora.

Raquel Fernández Menéndez

Raquel Fernández Menéndez , nada en Salas en 1993, é unha escritora asturiana que escribe en lingua asturiana.

Subgrupo lingüístico asturleonés

O asturleonés é un grupo lingüístico Romance pertencente ao grupo Iberooccidental, falado nas provincias españolas de Asturias (Lingua asturiana), e nalgunhas aldeas de León, Zamora e Salamanca (Lingua leonesa) e nalgunhas aldeas dos concellos de Braganza e Miranda do Douro, en Portugal, onde é chamado Mirandés.

Os dialectos do Asturleonés (altamente mesturados co castelán) son tamén falados en Estremadura (chamado alí Estremeño) e en Cantabria (chamado Cántabro ou Montañés). Hoxe en día hai aberto un debate sobre se estas falas son dialectos do castelán, ou ben unha variedade do asturleonés.

A lingua leonesa foi considerada como un dialecto informal do castelán, mais, no 1906, Ramón Menéndez Pidal demostrou que naceu do resultado da evolución do latín vulgar no Reino de León, considerándose agora unha lingua separada. En Portugal o Mirandés acadou un recoñecemento de lingua oficial.

Surdimientu

O Surdimientu (nome asturiano que significa Xurdimento) é unha época de renacemento da cultura en lingua asturiana. A aparición de Conceyu Bable na Asturias de 1974, o movemento prolingua que ao termo da ditadura e durante toda a transición vívese en Asturias e de maneira moi especial no ámbito universitario, así como o xurdimento nos anos setenta do Nuevu Canciu Astur propicia unha etapa de apoxeo e de rupturismo total, renovando temas por completo, tocando a política, o amor, o erotismo na poesía, e adquirindo gran relevancia a novela e os contos así como ampliándos de maneira notable o volume das traducións doutras linguas.

No que se refire a literatura, a riqueza deste movemento é tal que o número dos seus escritores en activo iguala en número a todos os seus predecesores desde o século XVII. Deste xeito, co fin de ordenar a enorme produción e o gran número de autores, como tamén o período do seu desenvolvemento, os crícos falan de tres períodos: o primeiro Surdimientu, o segundu Surdimientu e o post-Surdimientu.

Xandru Fernández

Xandru Fernández, nado en Turón, Mieres en 1970, é un escritor asturiano en lingua asturiana.

Xosefa Xovellanos

Xosefa de Xovellanos y Xove Ramírez, nada en Xixón o 4 de xuño de 1745 e finada na mesma cidade o 7 de xuño de 1807,foi unha poeta en lingua asturiana. Era seguidora do movemento da Ilustración, e usou os pseudónimos de L'Argandona, La Reclusa e La Esbelta.

Xuan Bello

Xuan Bello Fernán, nado en Paniceiros (Tinéu) en 1965 é un escritor asturiano.

É un dos autores máis destacados da literatura en lingua asturiana contemporánea, grazas ás súas traducións, especialmente de autores portugueses, ou ás súas colaboracións en revistas como Clarín, Adréi e Zimbru, sendo cofundador das dúas últimas con Berta Piñán e Esther Prieto respectivamente. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura Asturiana.

Xuan Xosé Sánchez Vicente

Xuan Xosé Sánchez Vicente, nado o 1 de febreiro de 1949 en Xixón, é un escritor, ensaista e político asturiano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.