Lingua aragonesa

O aragonés[1] é unha lingua románica falada nas zonas máis setentrionais da Comunidade autónoma de Aragón, ao nordeste de España, onde ten o rango de lingua propia.

Actualmente fálase nas comarcas da Jacetania, Alto Gállego, Sobrarbe e na parte occidental da Ribagorza, aínda que se fala tamén, algo castelanizado, noutras comarcas do norte de Aragón.

Aragonés
Pronuncia:[aɾaɣoˈnes]
Falado en: España España
Rexións: Norte de Aragón
Total de falantes: 54.481 (incluíndo falantes vivindo fóra da área nativa); (2011)
Familia: Itálica
 Románica
  Occidental
   Ibero-románica
    Aragonés
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial
Regulado por: Academia de l'Aragonés
Códigos de lingua
ISO 639-1: an
ISO 639-2: arg
ISO 639-3: arg
SIL: ARG
Idioma aragonés

Descrición lingüística

Fonoloxía e escritura

Algúns trazos históricos do aragonés son:

  • Os O e E abertos do romance resultan sistematicamente nos ditongos [we] e [je], por exemplo VET'LA > biella (gal: vella)
  • Perda do -E final non acentuado, exemplo GRANDE > gran (gal: grande)
  • A diferenza do castelán, preservase o F- romance en inicio, exemplo FILIU > fillo (gal: fillo)
  • O iode romance (GE-,GI-,I-) convértese en consoante africada palatal xorda ch [ʧ], exemplo IUVEN > choben (gal: xove), GELARE > chelá(r) (gal: xear)
  • Igual que en occitano os grupos cultos romances /-ult-/ e /-ct-/ pasan a [jt], exemplo FACTU > feito (gal feito, cat fet)
  • Os grupos romance /-x-/, /-ps-/ e /scj-/ convértense en fricativa palatal xorda ix [ʃ], exemplo COXU > coixo (gal coxo, cat coix)
  • A diferenza do castelán, os grupos romances -Lj-, -C'L-, -T'L- convértense en lateral palatal 'll' [ʎ], exemplo MULIERE > mullé(r) (gal: muller, cat: muller), ACUT'LA > agulla (gal: agulla, cat: agulla)
  • A diferenza do castelán, o -B- latino permanece nas terminacións do imperfecto de indicativo na segunda e terceira conxugación: teniba (gal tiña, cat tenia)

Aspectos históricos, sociais e culturais

Historia da lingua

Linguistic map Southwestern Europe-en
Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do suroeste de Europa entre as que aparece o aragonés.

Ten a súa orixe no dialecto latino que se formou nos vales pirenaicos aragoneses durante os séculos VII e VIII sobre un acusado substrato vascón. A lingua tamén recibe, no seu período medieval, a denominación entre lingüistas de navarroaragonés, pola inicial dependencia aragonesa do Reino de Navarra.

A chamada "Reconquista", ou expansión do primitivo Reino de Aragón cara o sur sobre terras musulmás, levaría consigo o idioma por todo o territorio conquistado, sendo os séculos XIII e XIV aqueles nos que abarcaría a súa maior extensión. A unión do Reino de Aragón co Condado de Barcelona no que sería a Coroa de Aragón supuxo unha importante influencia da lingua catalá sobre a aragonesa. A Chancelería Real tería o latín, o catalán e o aragonés por linguas de uso, e ocasionalmente o occitano.

Coa instauración, en 1412, da dinastía castelá dos Trastámara na Coroa de Aragón, o castelán vaise convertendo progresivamente na lingua da corte e da nobreza aragonesa. As clases altas e os núcleos urbanos serán os primeiros focos de castelanización, quedando o aragonés cada vez mais relegado a lingua de ámbito rural ou doméstico, e a sufrir un desprestixio social progresivo. Os séculos posteriores ao Decreto de Nova Planta de Filipe V, mediante o cal se suprimía a independencia política de Aragón, e a presión lingüística a favor do castelán da ditadura franquista no século XX, suporían a implantación case total da lingua castelá en Aragón, onde actualmente é o único idioma oficial.

Nos anos posteriores á ditadura de Franco, o aragonés contou cunha notable revitalización, que levou á creación de asociacións defensoras e promotoras do idioma, a progresivos intentos de estandarización dos dialectos -así como dunhas normas ortográficas consensuadas-, a unha crecente creatividade artística, principalmente literaria, e a unha busca da súa cooficialidade en varios municipios altoaragoneses. Porén, e a pesar do aumento de estudantes de aragonés e da xente concienciada coa salvagarda do idioma, este segue a contar con moi pouca axuda por parte das institucións, e o seu estado de conservación é cada vez mais precario entre os seus falantes nativos, a maioría dos cales fala un híbrido entre ambos idiomas, aragonés e castelán. Hoxe as falas aragonesas mellor conservadas danse nos vales xacetanos de Hecho-Echo chamado Cheso, e Ansó no val de Gistau-Chistau, e as falas da Ribagorza occidental, que son de transición ao catalán, principalmente en Benás-Benasque.

Dezanove persoas integran a primeira "Academia de l'Aragonés" unha entidade que naceu o pasado 15 de xullo, dentro do Segundo Congreso de l'Aragonés, que se celebrou en Zaragoza e Huesca. Por primeira vez, falantes de variedades coma o cheso, o chistabín, o belsetán, o ribagorzano (alto e baixo) ou o semontanés traballarán conxuntamente con estudosos que aprenderon esta pequena lingua de adultos e que escriben e falan na modalidade "común".

Uso e distribución

Distribución xeográfica

Aragon languages

A lingua falase principalmente nos vales do Pireneo aragonés e estendese para o sur até Huesca. Áreas nas que se pode afirmar que se conserva o aragonés (clasificadas de maior a menor vitalidade) son: val de Bielsa, zona de Ayerbe, val de Aragüés, Alto Cinca, Somontano de Barbastro, Alto Gállego e val de Tena, Sobrarbe central, ribeira do Basa, ribeira do Gállego e val de Rasal, Xacetania, ribeira de Fiscal, Somontano de Huesca, val de Broto e val de Canfranc.

O Anteproxecto da Lei de Linguas de Aragón recoñece como municipios que poden ser declarados zonas de utilización predominante da súa respectiva lingua ou modalidade lingüística propia ou zonas de utilización predominante do aragonés normalizado os seguintes municipios: Abiego, Abizanda, Adahuesca, Agüero, Aínsa-Sobrarbe, Aísa, Albero Alto, Albero Bajo, Alberuela de Tubo, Alcalá del Obispo, Alerre, Almudévar de Cinca, Almunia de San Juan, Alquézar, Angüés, Ansó, Antillón, Aragüés del Puerto, Ardisa, Argavieso, Arguis, Ayerbe, Azara, Azlor, Bagüés, Bailo, Banastás, Balbastro-Barbastro, Barbués, Barbuñales, Bárcabo, Benás-Benasque, Berbegal, Biel-Fuencalderas, Bierge, Biescas, Bisaurri, Biscarrués, Blecua-Torres, Boltaña, Borau, Broto, Caldearenas, Campo, Canal de Berdún, Canfranc, Capella, Casbas de Huesca, Castejón de Sos, Castejón del Puente, Castiello de Jaca, Castillazuelo, Colungo, Chía, Chimillas, Estada, Estadilla, Fago, Fanlo, Fiscal, Fonz, Foradada de Toscar, El Frago, La Fueva, Gistaín, El Grado, Graus, Hoz de Jaca, Hoz y Costeán, Huerto, Huesca-Uesca, Ibieca, Igriés, Ilche, Jaca, Jasa, La Sotonera, Labuerda, Longás, Laluenga, La Perdiguera, Lascellas-Ponzano, Laspuña, Loarre, Loporzano, Loscorrales, Lupiñén-Ortilla, Mianos, Monflorite-Lascasas, Monzón, Murillo de Gállego, Naval, Novales, Nueno, Olvena, Palo, Panticosa, Peñas de Riglos, Peraltilla, Perarrúa, Pertusa, Piracés, Plan, Pozán de Vero, La Puebla de Castro, Puente la Reina, Puértolas, El Pueyo de Araguás, Quicena, Robres, Sabiñánigo, Sahún, Salas Altas, Salas Bajas, Salillas, Sallent de Gállego, San Juan de Plan, Sangarrén, Santa Cilia, Santa Cruz de la Serós, Santa Eulalia de Gállego, Santa Liestra, San Quílez, Santa María de Dulcis, Secastilla, Seira, Senés de Alcubierre, Sesa, Sesué, Siétamo, Tardienta, Tella-Sin, Tierz, Torla, Torralba de Aragón, Torres de Alcanadre, Torres de Barbués, Valle de Bardají, Valle de Hecho, Valle de Lierp, Vicién, Villanova, Villanúa, Yebra de Basa e Yésero.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aragonés.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Autores Varios, El aragonés: identidad y problemática de una lengua, 1982 Zaragoza ISBN 84-7078-022-0

Outros artigos

Ligazóns externas

Academia de l'Aragonés

A Academia de l'Aragonés (Academia do Aragonés en lingua aragonesa) é unha asociación cultural creada o 15 de xullo de 2006 polo II Congreso de l'Aragonés co fin de ser a autoridade lingüística do aragonés. Na actualidade carece de recoñecemento explícito polo Goberno de Aragón, sendo a súa forma xurídica a dunha asociación cultural baixo o nome Estudio de Filología Aragonesa, pero é coñecida por todos como 'Academia de l'Aragonés'. Ten a súa sede en Samianigo (Huesca). En novembro de 2010 presentou unha Proposta de Ortografía para a lingua aragonesa.

Bielsa

Bielsa é un municipio da comarca do Sobrarbe, na provincia de Huesca en Aragón. Unha parte do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido pertence a este municipio.

Campo, Huesca

Campo é un concello da provincia de Huesca, situado na comarca da Ribagorza, no extremo nordeste de Aragón. A súa poboación era de 295 habitantes en 2005, nunha superfizie de 23,03 km² e unha densidade de 12,81 hab/km².

Carmina Paraíso

Carmina Paraíso Santolaria, nada en Huesca en 1959, é unha poeta e mestra da escola. Ensina aragonés dende o ano 2002 nalgunhas aldeas do Val de Tena (CRA "Alto Gállego") e Jaca (CEIP "Monte Oroel", CEIP "San Juan de la Peña" e do IES "Pirineos"), e é membro do Consello d'a Fabla Aragonesa. Colaborou no programa en movemento Charramos de Radio Huesca, e nas revistas Siete de Aragón e Fuellas.

É a autora de China chana. Unidad didáctica de acercamiento a la lengua aragonesa, publicado por Edelvives e o concello de Zaragoza (2006). Os dialectos de Aragón central e meridional, falados no val do Garona e na serra de Lobarre, Caballera e Gratal, son a base do aragonés empregado na súa poesía.

Catalanofobia

A catalanofobia ou anticatalanismo é un sentimento de odio cara ao pobo, lingua e cultura catalás. Segundo o dicionario de lingua catalá do Institut d'Estudis Catalans, a catalanofobia é "unha aversión a Cataluña, aos cataláns ou a todo o que é catalán". É o contrario do catalanismo.

Xa na Guerra del Segadors houbo unha conduta catalanofóbica, o poeta Francisco de Quevedo escribiu textos como:

"En tanto en Cataluña quedase un solo catalán, y piedras en los campos desiertos, hemos de tener enemigos y guerra.

"Son los catalanes aborto monstruoso de la política"

"El catalán es la criatura más triste y miserable que Dios crió"

"Son los catalanes el ladrón de tres manos"Na actualidade existen grupos ultradereitistas ou españolistas, como por exemplo, España 2000, que son amplamente catalanófobos. Dende a recente aposta polo independentismo catalán do goberno de Artur Mas (CiU), o sentimento anticatalanista aumentou nas comunidades autónomas de España, especialmente nas exclusivamente castelanfalantes.[Cómpre referencia]En Aragón, o PP e o PAR aplicaron unha nova lei na que se deixaba de chamarlle catalá á lingua catalá na Franxa de Aragón, que dende 2013 pasou a chamarse Lapao (Lingua aragonesa propia da área oriental).

Chusé Inazio Nabarro

Chusé Inazio Nabarro, nado en Tauste en 1962, é un poeta e filólogo en aragonés, licenciado en filoloxía hispánica. Desde o 2004 é o presidente do Consello d'a Fabla Aragonesa.

Consello d'a Fabla Aragonesa

O Consello d'a Fabla Aragonesa, normalmente abreviado en Consello, é unha asociación cultural nacida en 1976 e recoñecida legalmente en 1978, e cuxo ámbito territorial é Aragón.

Os fins desta asociación son a defensa, promoción e extensión da lingua aragonesa en todos os seus aspectos: historia, literatura, gramática, léxico, toponimia, folclore, consideración social e legal, pedagoxía, didáctica etc., con especial fincapé no estudo, protección e desenvolvemento de todas as súas variantes locais e comarcais, as cales son a base do aragonés común ou estándar.

As actividades do Consello baséanse en tres principios:

Actitude respectuosa á realidade trilingüe de Aragón.

Non adscrición colectiva a ningunha asociación política, sindical ou relixiosa.

Liberdade ideolóxica das persoas que o forman.Os órganos de goberno do Consello son a Asemblea Xeral (Asambleya Cheneral) de conselleiros e a Xunta Directiva (Chunta Direutiba), cuxa composición e atribucións están regulados nas Ordinazions de o Consello. O presidente actual (desde 2004) é o escritor Chusé Inazio Nabarro.

Desde a súa creación, o Consello traballou na dignificación do idioma aragonés, contribuíndo a crear un estado de opinión favorable ao redor desta pequena lingua romance e difundindo o seu coñecemento a través de diversas publicacións, como Fuellas e Luenga & fablas. O seu director de publicacións é o filólogo Francho Nagore.

É de feito a asociación de referencia da lingua aragonesa dentro de Aragón, sendo órgano de consulta obrigado por parte das institucións en cuestións de normalización do aragonés.

Domingo Miral y López

Domingo Simón Miral y López, nado en Valle de Hecho, Huesca o 18 de febreiro de 1872 e finado en Zaragoza o 16 de abril de 1942, foi un filólogo, pedagogo e escritor aragonés. Foi catedrático na Universidade de Oñati. Cando esta desapareceu, obtivo unha cátedra de grego na Universidade de Salamanca e cando esta foi suprimida pasou a ser catedrático de Teoría de Literatura e Belas Artes e Grego na Universidade de Zaragoza. Foi tamén decano da Facultade de Filosofía e Letras de 1923 a 1929. Despois foi vicerreitor do 6 de outubro de 1929 ao 10 de marzo de 1931, e reitor do 11 de marzo de 1931 ao 18 de abril de 1931, ano no que foi destituído tras proclamarse a Segunda República Española.

Francho Nagore

Francho Nagore, nado en Zaragoza en 1951, é un filólogo e autor en lingua aragonesa. Como filólogo é en parte responsable do renacemento do aragonés na época moderna.

Fuellas

Fuellas d'informazión d'o Consello d'a Fabla Aragonesa ou Fuellas (follas en aragonés) é a primeira e máis antiga revista realizada completamente en aragonés. É a publicación periódica non diaria máis antiga de Aragón, pois se edita desde 1978. É de publicación bimestral, con aproximadamente entre 20 e 32 páxinas por número. Céntrase na información de actualidade sobre o aragonés e a cultura realizada en aragonés: literatura, mostras, publicacións, política lingüística, textos populares, actividades etc. Admite recensións doutras publicacións, textos curtos de creación literaria e algúns traballos de investigación que se centren no léxico, a gramática ou outros aspectos do aragonés. O seu director é o filólogo Francho Nagore.

Johan Ferrández d'Heredia

Johan Ferrández d'Heredia, nado en Munébrega cara a 1310 e falecido en Avignon en 1396, foi un escritor, mecenas, político e diplomático ao servizo de Pedro IV de Aragón e gran mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén.

Juan Pablo Martínez Cortés

Juan Pablo Martínez Cortés, nado en Zaragoza no ano 1976, é un enxeñeiro e profesor universitario aragonés. Enxeñeiro de Telecomunicacións na especialidade de comunicacións dende 1999 e doutor pola Universidade de Zaragoza dende 2005.

A súa traxectoria profesional desenvolveuse no Centro Politécnico Superior, primeiro, e despois na Escola de Enxeñaría e Arquitectura (EINA). Na actualidade é profesor titular da materia de Teoría do Sinal e Comunicacións no Departamento de Enxeñaría Electrónica e Comunicacións (IEC) da Universidade de Zaragoza. Ademais, é membro e mestre de lingua aragonesa na Asociación Cultural Nogará-Religada.

A área de investigación na que se centrou o seu traballo é o procesamento do sinal, aplicado sobre todo a sinais biomédicos. Pertence ao "Grupo de Tecnologías de las Comunicaciones" do Instituto de Investigación en Enxeñaría de Aragón. No seu curriculum investigador atópanse unha setentena de publicacións en congresos e revistas internacionais dende 1999 até o día de hoxe.

Literatura en aragonés

A lingua aragonesa actualmente resiste nas súas formas dialectais nos vales pirenaicos e entre unhas ducias de neofalantes das cidades e vilas de Aragón, sempre co temor da desaparición que impregnou desde o comezo o xurdimento da literatura contemporánea nesa lingua. Cunha tradición literaria escrita escasa, a literatura actual desenvólvese entre unha literatura dialectal nas diversas variedades do aragonés e nun aragonés común, cunha koiné establecida polo Consello d'a Fabla Aragonesa nos anos 70.

Nieus Luzía Dueso Lascorz

Nieus Luzía Dueso Lascorz, nada en Plan en 1930 e finada en Barbastro o 4 de marzo de 2010, foi unha escritora do Bal de Chistau, en Aragón, que desenvolveu a súa produción literaria en lingua aragonesa.

Nogará

A Asociación Cultural Nogará-Religada ou Nogará, é unha asociación cultural creada no ano 1990 en Zaragoza que traballa a prol da promoción, a defensa e o ensino da lingua aragonesa. Fai cursos de aragonés na comarca de Zaragoza e dende 1996 leva a Escuela d'Aragonés, onde oferta actividades complementarias coa finalidade de fomenta-lo emprego e a socialización da lingua. Publica a revista O Espiello dende 2001 e tódolos anos organiza as Chornadas d'as Luengas d'Aragón.

Severino Pallaruelo

Severino Pallaruelo Campo, nado en Puértolas en 1954, é un escritor e investigador aragonés.

Tauste

Tauste (Taust en lingua aragonesa) é un concello aragonés da provincia de Zaragoza, pertencente á comarca das Cinco Villas e ao partido xudicial de Ejea de los Caballeros. Desde o punto de vista eclesiástico, pertence á diocese e arquidiocese de Zaragoza.

Zésar Biec

Zésar Biec Arbués, nado en Huesca en 1970, é un escritor aragonés, autor de literatura infantil e xuvenil en lingua aragonesa.

Óscar Latas Alegre

Óscar Latas Alegre, nado en Samianigo en 1968, é un historiador e escritor aragonés, especializado na historiografía da lingua aragonesa. É membro do Consello d'a Fabla Aragonesa e traballa como técnico de cultura da comarca do Alto Gállego.

Concellos de fala aragonesa na provincia de Huesca

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.