Lingua alemá

O alemán[5] (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein. É tamén unha das tres linguas oficiais de Luxemburgo. As linguas máis semellantes ó alemán son outros membros da póla de linguas xermánicas occidentais: o afrikaans, o neerlandés, o inglés, o frisón, o baixo alemán, o luxemburgués e o yiddish. O alemán é a segunda lingua xermánica máis falada, despois do inglés.

Unha das meirandes linguas do mundo, o alemán é a primeira lingua de arredor de 95 millóns de persoas en todo o mundo e a lingua nativa máis falada da Unión Europea.[2][6] O alemán tamén é a cuarta lingua máis estendida (excluíndo o inglés) nos Estados Unidos de América[7] (despois do castelán, o francés e a lingua de sinais americana) e a terceira da Unión Europea (despois do inglés e o francés; como segunda lingua),[8] a segunda lingua máis común no eido científico[9] así como a cuarta máis empregada nas páxinas web (despois do inglés, do ruso e do xaponés).[10] Os países de fala alemá están clasificados no quinto posto en termos de publicacións anuais de libros, cunha décima parte de tódolos libros (incluíndo libros electrónicos) do mundo sendo publicados en lingua alemá.[11]

A maioría do vocabulario do alemán deriva da antiga póla xermánica da familia lingüística indoeuropea. Unha parte das palabras alemás derivan do latín e do grego, e só unhas poucas proveñen do francés e do inglés. Conta con diferentes variantes estandarizadas (de Alemaña, de Austria e Suíza), e é unha lingua pluricéntrica. Ó igual que o inglés, o alemán salienta polo seu amplo espectro dialectal, con moitas variantes existentes en Europa e tamén noutras partes do mundo.[2] Por mor a limitada intelixibilidade entre certas variedades e o alemán estándar, así como pola falta dunha diferenza científica e sen disputa entre "dialecto" e "lingua",[2] algunhas variedades ou grupos dialectais do alemán (véxase baixo alemán ou plautdietsch[12]) son coñecidas alternativamente como "linguas" e "dialectos".[13]

Legal statuses of German in the world
     (Co-)oficial e lingua maioritaria      Co-oficial, pero non lingua maioritaria      Lingua de minoría cultural estatutaria      Lingua de minoría non estatutaria

Clasificación

O alemán estándar moderno é unha lingua xermánica occidental que descende da póla xermánica de linguas indoeuropeas. As linguas xermánicas están tradicionalmente subdivididas en tres pólas: nórdica, oriental e occidental. A primeira destas pólas sobrevive nas modernas linguas dinamarquesa, sueca, norueguesa, feroesa e islandesa, todas elas descedentes do nórdico antigo. As linguas xermánicas orientais non existen no presente, e o único membro desta póla con textos escritos sobreviventes é o gótico. Porén, as linguas xermánicas occidentais, téñense dividido dialectalmente no que hoxe son os modernos inglés, alemán, neerlandés, yiddish, afrikaans e outros.[14]

Germanic Languages Map Europe
As linguas xermánicas en Europa.

Dentro do continuo dialectal das linguas xermánicas occidentais, as liñas de Benrath e Uerdingen (que discorren a través de Düsseldorf-Benrath e Krefeld-Uerdingen, respectivamente) serven para diferenciar os dialectos xermánicos que foron afectados pola segunda mutación consonántica (sur de Benrath) daquelas que non o foron (norte de Uerdingen). Os diferentes dialectos falados ó sur desas liñas son agrupados como dialectos altoxermánicos (nos. 29-34 on the map), mentres que as que se atopan no norte comprenden o baixo alemán/baixo saxón (nos. 19-24) e baixo fráncico (no. 25). Como membros da familia xermánica occidental, o alto alemán, o baixo alemán e o baixo fráncico poden ser distinguidos historicamente como hermiones, ingvaeónicos e istvaeones, respectivamente. Esta clasificación sinala a súa ascendencia histórica como dialectos falados polos hermiones (tamén coñecido como grupo do Elba), ingvaeones (ou grupo do mar do Norte), e istvaeones (ou grupo Weser-Rin).[14]

O alemán estándar está baseado nos dialetos turinxio-alto saxón (no. 30 no mapa), que son os dialectos do alemán central (nos. 29-31), pertencentes ó grupo dialectal dos hermiones. Por iso, o alemán está máis estreitamente relacionado coas outras linguas baseados nos dialectos do alto alemán, como o luxemburgués (baseado nos dialectos fráncicos centrais – no. 29), e o yiddish. Tamén están estreitamente relacionados co alemán estándar os dialectos alto alemáns no sur dos países xermanófonos, como o alemán de Suíza (dialectos alemánicos – no. 34), e os diversos dialectos falados na rexión francesa de Gran Leste, como o alsaciano (principalmente alemánico, pero tamén central- e alto fráncico (no. 32)) e o fráncico lorenés (fráncico central – no. 29).

Ademais destes dialectos alto alemáns, o alemán estándar está relacionado (menos estreitamente) con linguas baseadas nos dialectos baixo fráncicos (como o neerlandés e o afrikaans) ou baixo alemáns/baixo saxóns (falados no norte de Alemaña e o sur de Dinamarca), ningún dos cales foi sometido ó cambio consonántico alto alemán. Como xa foi sinalado, o primeiro destes tipos dialectais é istvaeónico e o segundo ingvaeónico, e os dialectos alto alemáns son todos hermiones; as diferenzas entre estas linguas e o alemán estándar son neste caso considerables. Tamén están relacionadas co alemán as linguas frisoas, como o frisón setentrional (falado en Schleswig-Holstein no. 28), o frisón de Saterland (falado en Baixa Saxoniano. 27) e o frisón occidental (falada nos Países Baixosno. 26)— así como o inglés e o escocés. Estas linguas anglofrisoas son todos membros da familia ingvaeónica de linguas xermánicas occidentais que non forman parte do cambio consonántico alto alemán.

Situación actual

O alemán pertence á póla occidental das linguas xermánicas, dentro da familia lingüística indoeuropea.

Linguas veciñas

O alemán forma xunto co neerlandés, o seu parente máis próximo, unha zona lingüística cohesionada e ben definida que se separa dos seus veciños por fronteiras lingüísticas. Estes veciños son: no norte o frisón e o dinamarqués; polo leste o polaco, o sorabio, o checo e o húngaro; polo sur o esloveno, o italiano, o friulano, o ladino e o romanche; e polo oeste o francés. Agás o frisón, ningunha destas linguas é xermánica occidental, por iso son claramente distintas do alemán e o neerlandés. Mentres que o frisón é unha lingua xermánica, do mesmo xeito co alemán e o neerlandés, non se considera que sexa mutuamente intelixible con eles.

A situación é máis complexa con respecto á distinción entre alemán e neerlandés. Ata hai pouco existiu un continuum dialectal ao longo de toda o área xermanofalante, sen fronteiras lingüísticas. Nese continuum, os dialectos sempre son mutuamente intelixibles cos seus veciños, pero os dialectos que están afastados non adoitan selo. O continuum alemán-neerlandés préstase a unha clasificación dos dialectos no alto alemán e baixo alemán baseándose na presenza da segunda mutación consonántica. O neerlandés é parte do grupo baixo alemán. Con todo, debido á separación política entre Alemaña e os Países Baixos, os dialectos do baixo alemán de Alemaña e dos Países Baixos diverxeron ao longo do século XX. Ademais, en ambos os dous países moitos dialectos están ao bordo da extinción ao seren substituídos pola lingua estándar. Por isto, a fronteira lingüística entre o neerlandés e o alemán estase comezando a formar.

Mentres que o alemán é gramaticalmente moi similar ao neerlandés, é moi diferente no diálogo. Un falante dun dos idiomas necesita algo de práctica para poder entender a un falante do outro idioma. Compárese, por exemplo:

De kleinste kameleon is volwassen 2 cm groot, de grootste kan wel 80 cm worden. (neerlandés)
Das kleinste Chamäleon ist ausgewachsen 2 cm groß, das größte kann gut 80 cm werden. (alemán)
(en galego: "O camaleón adulto máis pequeno mide 2 cm, o máis longo ben pode acadar os 80 cm.")

Os falantes de neerlandés xeralmente poden ler alemán, e os falantes de alemán que poden falar baixo alemán xeralmente entenden o neerlandés lido, pero teñen problemas para entender o neerlandés falado.

Oficialidade

O alemán é o único idioma oficial en Alemaña, Austria e Liechtenstein. Comparte o seu estado de oficialidade en Bélxica (co francés e o neerlandés), Luxemburgo (co francés e ou luxemburgués), Suíza (co francés, ou italiano e ou rético), en certas rexións de Italia como o Alto Adigio (co italiano).

Lingua estándar

Aínda que se empregue o termo "alemán" para referírmonos ao idioma escrito, no terreo falado existe unha ampla variedade de dialectos ao longo e largo do territorio xermanofalante. O alemán estándar, coñecido como Hochdeutsch, non se orixinou a partir dun dialecto concreto, senón que se creou a partir dos diversos dialectos (sobre todo os centrais e meridionais) como lingua escrita. Xa dende o século XV, esta permitía a comunicación entre os mesmos, pero á hora de falar non existía un patrón unificado. A creación dunha pronunciación estándar fíxose necesaria polo aumento en importancia do teatro no século XIX que levou aos responsables das compañías a atopar unha forma de recitar única que fose entendida en todo o territorio. Así creouse o "Bühnendeutsch" ou "alemán de escenario", que ao final converteuse na pronunciación ideal do idioma alemán, aínda que algún dos seus preceptos como que "-ig" = /ç/; non obedecen a razóns lingüísticas senón acústicas.

Hoxe día, na maior parte das rexións do Norte de Alemaña, a xente abandonou os seus dialectos e falan coloquialmente alemán estándar, sendo os casos máis extremos o val do Ruhr (lugar onde acudiron inmigrantes de toda Alemaña ao longo do século XIX) e o Sur do estado de Brandeburgo, na chamada Saxonia prusiana, onde o dialecto practicamente desapareceu. Isto non ocorre no Sur de Alemaña, Austria e sobre todo Suíza, onde o alemán estándar apenas se fala, só en ocasións contadas, como á hora de falar con alguén que non entende o dialecto suízo. En certas rexións alemás, sobre todo nalgunhas grandes cidades, unha gran parte da poboación só fala a lingua estándar.

A lingua estándar ten diferenzas rexionais, especialmente en vocabulario, aínda que tamén en pronunciación e gramática. Estas diferenzas son moito menores que as que existen entre os dialectos locais. Con todo, o alemán considérase unha lingua pluricéntrica, pois as variedades dos tres maiores países xermanofalantes son consideradas estándar de igual xeito.

Dialectos

German dialectal map
Liñas de Benrath e Speyer.

Xunto á lingua estándar coexisten innumerables variedades dialectais, formando un continuum que se espalla por toda a "Teutonia" (termo co que se fai referencia a aqueles territorios que teñen como lingua oficial o neerlandés, o alto alemán e o luxemburgués). As variacións entre os distintos dialectos son considerables pois os dialectos altoalemáns e os baixoalemáns non son mutuamente intelixibles, e así mesmo os dialectos alemáns non adoitan ser entendidos por alguén que só coñece o alemán estándar.

Podemos dividir os dialectos entre os dialectos do baixo alemán e os do alto alemán.

A separación entre ambas as dúas zonas vén dada pola chamada liña de Benrath. Esta liña separa as zonas que sufriron a segunda mutación consonántica xermánica das que non a sufriron. Esta mutación produciuse ao redor do ano 500 d.C. nos pobos ao sur desta liña; os dialectos destes pobos deron lugar ao alto alemán actual. Os dialectos dos pobos ao norte desta liña deron lugar ao inglés, neerlandés, frisón e os dialectos do baixo alemán.

Karte Weißwurstäquator
Límites da división humorística Weißwurstäquator ("Ecuador da salchicha branca"), case coincidentes coa liña de Speyer.

Outra segunda liña destacable sería a liña de Speyer, marcada case polo río Main, ao sur da cal a segunda mutación dáse totalmente (alemán alto ou Oberdeutsch), e ao norte só parcialmente (alemán medio ou Mitteldeutsch, dos cales derívase o alemán estándar). Un exemplo das variacións fonéticas vese a continuación:

Palabra do baixo alemán Palabra do alto alemán Significado
ik ich eu
maken machen facer
Dorp Dorf vila
tussen zwischen entre
op auf enriba de
Korf Korb cesto
dat das iso
Appel Apfel mazá

O grupo Alto/Medio Alemán subdivídese nos seguintes dialectos:

  • O Bávaro (Bairisch) ou Austrobávaro (Bairisch-Österreichisch), que se espalla polo territorio da Baviera Antiga, a maior parte de Austria coa excepción do Vorarlberg, así como a rexión italiana do Tirol Meridional (en alemán Südtirol e en italiano Alto Adigio). Caracterízase, entre outros trazos, pola asimilación do grupo ei (/ai/), dando como resultado o son /a:/ (Stein > Staan), así como pola presenza do pronome persoal enk (2ª persoa do plural), que foi adoptado con posterioridade polo yiddish. Pero entre os subdialectos bávaros tamén se poden atopar grandes diferenzas, por exemplo co ourizo (alemán: Igel): existen case todas as pronunciacións entre Ü:gü e Igl.
  • O Fráncico renano (Rheinisches Fränkisch), considerado como dialecto de transición entre o Alto e o Baixo Alemán, caracterízase pola súa gran dispersión de isoglosas.
  • O Fráncico do Mosela (Moselfränkisch), falado no Sur de Renania (Tréveris) e en Luxemburgo. Base da lingua estándar luxemburguesa.
  • O Francón (Fränkisch), falado en Franconia (zona setentrional de Baviera). O seu dominio lingüístico comprende as cidades de Würzburg, Núremberg e Bayreuth. É a lingua que empregou Hans Sachs na súa obra e no século XVI era moi próxima lingüisticamente aos dialectos da Alta Saxonia.
  • O Alto Saxón (Sächsisch), que se fala fundamentalmente no estado de Saxonia, así como no Sur de Brandeburgo. Aínda que hoxe está considerado como un dialecto cómico, no século XVIII era considerado como o paradigma do alemán estándar. A lingua da chancelería de Leipzig foi utilizada por Lutero na súa tradución da Biblia e é base do alemán normativo.
  • O Alemán de Pensilvania é unha variante do alemán, falado por aproximadamente 225.000 persoas en Norteamérica (máis especificamente, na provincia canadense de Ontario e nos estados de Indiana, Ohio e Pensilvania).
  • O Alemánico (Allemanisch), falado en case todo Baden-Würtemberg (con excepción da súa franxa setentrional), Alsacia, Suíza, a Suabia Bávara (con capital en Augsburgo), Liechtenstein e o Vorarlberg (o Estado federado máis occidental de Austria). Trátase da lingua empregada por Wolfram von Eschenbach, Walther von der Vogelweide e outros trobadores medievais, así como por autores posteriores como Sebastian Brant (autor da Nave dos Tolos). Durante séculos persistiu neste dominio lingüístico unha variedade estándar propia, que foi gradualmente substituída polo alemán moderno nos séculos XVII e XVIII.

Pola súa banda, o grupo Baixo Alemán artéllase nas seguintes modalidades lingüísticas:

  • O Baixo Saxón (Niedersächsisch) ou Baixo alemán (Plattdeutsch), fálase en toda a zona setentrional de Alemaña, así como no Nordeste de Holanda.
  • O Baixo Fráncico (Niederfränkisch), cuxo dominio lingüístico espállase por case todos os Países Baixos, Flandres, así como aquelas comarcas renanas (Kleve, Emmerich) que lindan con devanditos países. O dialecto de Holanda e Zelandia, o holandés, converteuse en lingua estándar destes territorios no século XVII.

Falantes de alemán no mundo

Alemaña (idioma oficial) 82 300 000

Austria (idioma oficial) 8 100 000

Suíza (idioma cooficial) 4 900 000

Brasil 1 000 000

Estados Unidos 1 382 613[15]

Francia 1 200 000 (Alsacia e Lorena)

Rusia 896.000

Romanía 500.000

Italia 500.000

Casaquistán 359.000

Arxentina 300.000

México 200.000 (Deutsch) e 75.200 (Plattdüütsch)[16]

Chile 200.000 (Hillebrad 2004, S 11),[17] 75.000 Suízo-alemáns.

Polonia 173.000

Australia 150.000

Paraguai 100.000 alemáns, 50.000 Menonitas, 250.000 alemáns do Brasil.

Bélxica 112.000 (Weltalmanach 2003)

Kirguizistán 101.057

Hungría 100.000

República Checa 100.000

Suráfrica 100.000

Perú 25.000

Uzbekistán 40.000

Liechtenstein (idioma oficial) 30.000

Namibia (idioma cooficial) 30.000

Uruguai 28.000

Dinamarca 23.000

Eslovenia 20.000

Eslovaquia 10.000

Luxemburgo (idioma cooficial) 9.200

Moldavia 7.000

Porto Rico 1.453

Emiratos Árabes Unidos 1.300

Notas

  1. Mikael Parkvall, "Världens 100 största språk 2010" (The World's 100 Largest Languages in 2010), in Nationalencyklopedin
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ammon, Ulrich (novembro de 2014). "Die Stellung der deutschen Sprache in der Welt" (en alemán) (1st ed.). Berlín: de Gruyter. ISBN 978-3-11-019298-8. Consultado o 24 de xullo de 2015.
  3. "Special Eurobarometer 386: Europeans and their languages" (PDF) (report). European Commission. xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 de xullo de 2015.
  4. "Rat für deutsche Rechtschreibung – Über den Rat". Rechtschreibrat.ids-mannheim.de. Consultado o 11 de outubro de 2010.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alemán.
  6. The Daily Telegraph, ed. (18 de xuño de 2013). "German 'should be a working language of EU', says Merkel's party".
  7. Modern Language Association, febreiro de 2015, Enrollments in Languages Other Than English in United States Institutions of Higher Education, Fall 2013. Consultado o 7 de xullo de 2015.
  8. Editorial (24 de setembro de 2015). "More than 80% of primary school pupils in the EU were studying a foreign language in 2013" (PDF). Eurostat. Consultado o 3 de maio de 2016.
  9. "Why Learn German?". Goethe Institute. Consultado o 28 de setembro de 2014.
  10. "Usage Statistics of Content Languages for Websites, March 2017".
  11. "Why Learn German?". SDSU – German Studies Department of European Studies. Consultado o 28 de setembro de 2014.
  12. Jan Goossens: Niederdeutsche Sprache: Versuch einer Definition. In: Jan Goossens (Hrsg.): Niederdeutsch: Sprache und Literatur. Karl Wachholtz, 2. Auflage, Neumünster 1983, S. 27; Willy Sanders: Sachsensprache, Hansesprache, Plattdeutsch: sprachgeschichtliche Grundzüge des Niederdeutschen. Vandenhoeck & Ruprecht, Göttingen 1982, ISBN 3-525-01213-6, S. 32 f.; Dieter Stellmacher: Niederdeutsche Sprache. 2. Auflage, Weidler, Berlin 2000, ISBN 3-89693-326-4, S. 92.
  13. Sum of Standard German, Swiss German, and all German dialects not listed under "Standard German" at Ethnologue (18th ed., 2015)
  14. 14,0 14,1 Robinson, Orrin W. (1992). Old English and its closest relatives : a survey of the earliest Germanic languages. Stanford, Calif.: Stanford University Press. p. 16. ISBN 978-0-8047-2221-6. OCLC 22811452.
  15. United States Census 2000
  16. Fonte: CELE UNAM
  17. "Länderanalyse Chile 2005" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de maio de 2006. Consultado o 04 de maio de 2006.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Fausto Cercignani, The Consonants of German: Synchrony and Diachrony, Milán, Cisalpino, 1979.
  • Michael Clyne, The German Language in a Changing Europe (1995) ISBN 0-521-49970-4
  • George O. Curme, A Grammar of the German Language (1904, 1922) – the most complete and authoritative work in English
  • Durrell, M (2006). "Germanic Languages". En Brown, Keith. Encyclopedia of language & linguistics. Elsevier. pp. 53–55. ISBN 978-0-08-044299-0. doi:10.1016/B0-08-044854-2/02189-1. Consultado o 6 de febreiro de 2015. Resumo divulgativo (6 de febreiro de 2015).Modelo:Subscription or libraries
  • Anthony Fox, The Structure of German (2005) ISBN 0-19-927399-5
  • Harbert, Wayne (2007). The Germanic Languages. Cambridge Language Surveys. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-01511-0. doi:10.1017/CBO9780511755071. Consultado o 26 de febreiro de 2015. Resumo divulgativoLanguage (journal of the Linguistic Society of America) (26 de febreiro de 2015).
  • König, Ekkehard; van der Auwera, Johan, eds. (1994). The Germanic Languages. Routledge Language Family Descriptions. Routledge. ISBN 978-0-415-28079-2. Consultado o 26 de febreiro de 2015. Resumo divulgativo (26 de febreiro de 2015). The survey of the Germanic branch languages includes chapters by Winfred P. Lehmann, Ans van Kemenade, John Ole Askedal, Erik Andersson, Neil Jacobs, Silke Van Ness, and Suzanne Romaine.
  • W.B. Lockwood, German Today: The Advanced Learner's Guide (1987) ISBN 0-19-815850-5
  • Ruth H. Sanders. German: Biography of a Language (Oxford University Press; 2010) 240 pages. Combines linguistic, anthropological, and historical perspectives in a "biography" of German in terms of six "signal events" over millennia, including the Battle of Kalkriese, which blocked the spread of Latin-based language north.
A lista de Schindler

A lista de Schindler (en inglés: Schindler's List) é un filme de 1993 baseado no libro Schindler's Art de Thomas Keneally (o libro foi máis tarde renomeado como Schindler's List). Dirixido por Steven Spielberg, relata a historia de Oskar Schindler, un checo que foi instrumento para salvar a vida de máis de mil xudeus polacos durante o Holocausto. O título refírese á lista de 1 200 xudeus que Schindler contratou para traballar na súa fábrica, quitándoos do campo de concentración.

A maior parte do filme foi producido en branco e negro (con cores no prólogo e no epílogo e unha cor vermella en dúas escenas). Está protagonizado por Liam Neeson como Oskar Schindler, Ben Kingsley como Itzhak Stern e Ralph Fiennes como Amon Goeth. O seu subtítulo é "Quen salva unha vida salva o mundo enteiro", unha cita do Talmud. Foi aclamado pola crítica, o filme gañou fama polo seu detalle gráfico da horrible brutalidade do holocausto. Nomeado a doce Oscars, gañou sete, incluíndo o de Mellor Filme e Mellor Director para Steven Spielberg.

Bertha von Suttner

Bertha Felicitas Sophie, nada co nome de Kinsky von Chinic und Tettau en Praga o 9 de xuño de 1843 e finada en Viena o 21 de xuño de 1914, foi unha pacifista e escritora austrohúngara.

Carl Spitteler

Carl Spitteler, nado en Liestal, Suíza, o 24 de abril de 1845 e finado en Lucerna o 29 de decembro de 1924, é un escritor suízo en lingua alemá.

Elfriede Jelinek

Elfriede Jelinek, nada o 20 de outubro de 1946 en Mürzzuschlag (Estiria, Austria), é unha escritora austriaca en lingua alemá. O ano 2004 recibiu o Premio Nobel de Literatura polo "fluír musical de voces e contravoces en novelas e obras dramáticas, que cun apaixonamento verbal característico, desenmascaran o absurdo e a forza coercitiva dos clixés sociais".

Elias Canetti

Elias Canetti, nado en Rustschuk, agora chamada Ruse, na actual Bulgaria, o 25 de xullo de 1905 e finado en Zúric o 14 de agosto de 1994, foi un escritor e pensador en lingua alemá, Premio Nobel de Literatura en 1981.

Friedrich Schiller

Johann Christoph Friedrich von Schiller, nado en Marbach am Neckar o 10 de novembro de 1759 e morto en Weimar o 9 de maio de 1805, foi un poeta, dramaturgo, filósofo e historiador alemán. É considerado un dos autores teatrais máis importantes en lingua alemá. Como poeta tivo tamén unha influencia enorme, e as súas Balladas están entre os poemas máis coñecidos no ámbito de lingua alemá.

É, con Goethe, Wieland e Herder, un dos representantes senlleiros do clasicismo de Weimar.

Gerhart Hauptmann

Gerhart Hauptmann, nado en Obersalzbrunn (actual Szczawno Zdrój, Polonia) o 15 de novembro de 1862 e finado en Agnetendorf o 6 de xuño de 1946, foi un dramaturgo, novelista e poeta alemán.

Günter Grass

Günter Grass ou Günter Graß, nado en Danzig (a actual Gdansk, en Polonia) o 16 de outubro de 1927 e finado en Lübeck o 13 de abril de 2015, foi un autor e intelectual alemán, premio Nobel de Literatura en 1999.

Heinrich Böll

Heinrich Theodor Böll, nado en Colonia o 21 de decembro de 1917 e finado en Langenbroich o 16 de xullo de 1985, foi un escritor alemán, Premio Nobel de Literatura en 1972.

Herta Müller

Herta Müller, nada en Nițchidorf (Timișoara, Romanía) o 17 de agosto de 1953, é unha escritora alemá de orixe romanesa.

Karl Gjellerup

Karl Adolph Gjellerup, nado en Roholte o 2 de xuño de 1857 e finado en Klotzsche o 13 de outubro de 1919, foi un dramaturgo e novelista danés.

Lingua alemá de Suíza

O alemán suízo (Schweizerdeutsch, Schwyzerdütsch, Schwiizerdütsch, Schwyzertütsch) é unha das variedades da lingua alemá falados en Suíza, en Liechtenstein e nas zonas fronteirizas de Austria.

A maioría dos suízos aprenden o alemán suízo na casa e nas rúas. Cada rexión de Suíza ten o súa propia variación do dialecto, chegando a ser difícil a comunicación entre rexións remotas; entre outras razóns, porque a maior parte dos programas de televisión e os debates políticos son sempre en alemán oficial (estándar).

Os alemáns do norte de Alemaña acostuman ter moitas dificultades para comprender calquera dialecto suízo, mais os alemáns do sur, sobre todo os da Suabia bávara, cuxo dialecto tamén pertence ao grupo alemánico, poden entendelos con maior facilidade.

Nelly Sachs

Nelly Sachs, nada en Schöneberg, preto de Berlín, o 10 de decembro de 1891, finada en Estocolmo o 12 de maio de 1970, foi unha escritora e poetisa alemá.

O paciente inglés

O paciente inglés (en inglés: The English Patient) é unha película de cine de 1996 dirixida por Anthony Minghella que está baseada na novela homónima de Michael Ondaatje, sendo un drama ambientado na Segunda Guerra Mundial. Foi a película gañadora na cerimonia dos Oscar de 1996 con 9 estatuíñas de 12 candidaturas.

Patton (filme)

Patton é un filme épico estadounidense sobre o xeneral George S. Patton durante a segunda guerra mundial. Está protagonizado por George C. Scott, Karl Malden, Michael Bates e Karl Michael Vogler. Foi dirixido por Franklin J. Schaffner a partir dun guión de Francis Ford Coppola e Edmund H. North, que se basearon na obra Patton: Ordeal and Triumph de Ladislas Farago e nas memorias de Omar Bradley tituladas A Soldier's Story. Foi rodado en 65 mm polo fotógrafo Fred J. Koenekamp e a banda sonora é obra de Jerry Goldsmith.

Paul von Heyse

Paul Johann Ludwig von Heyse, nado en Berlín o 15 de marzo de 1830 e falecido en Múnic o 2 de abril de 1914, foi un escritor alemán.

Estudou linguas clásicas na Universidade de Berlín coa idea de ser profesor de filoloxía; pero o éxito de L'Arrabbiata 1855, levouno a dedicarse á literatura.

Foille concedido o Premio Nobel de Literatura en 1910. Durante a súa estadía en Berlín foi membro do grupo poético Tunnel über der Spree, e en Múnic forma parte do grupo Krokodil, cidade onde morreu o 2 de abril de 1914.

Pobo alemán

Os alemáns (en alemán: Deutsche) son un pobo xermánico de Europa Central, con trazos culturais e históricos comúns, e que teñen o alemán como lingua propia.

Dos aproximadamente 100 millóns de falantes nativos de alemán do mundo, arredor de 70 millóns considéranse alemáns. Ademais, hai arredor de 80 millóns de persoas de ascendencia alemá en países como os Estados Unidos (alemáns americanos), Brasil (alemáns brasileiros), Arxentina (alemáns arxentinos) e na antiga Unión Soviética (principalemnte alemáns de Rusia e alemáns de Casaquistán).

Coa fundación do estado moderno de Alemaña, que non incluíu todo o territorio de lingua alemá de Europa, o termo "alemáns" pasou tamén a designar aos habitantes deste país. Hoxe, a poboación de países con maiorías falantes de alemán como Austria, Suíza e Liechtenstein, teñen desenvolvido a súa propia identidade nacional, e especialmente dende o final da Segunda Guerra Mundial non se refiren a eles mesmos como "alemáns" nun contexto moderno.

Rudolf Eucken

Rudolf Christoph Eucken, nado en Aurich o 5 de xaneiro de 1846 e finado en Jena o 15 de setembro de 1926, foi un filósofo alemán, premio Nobel de Literatura en 1908.

Theodor Mommsen

Theodor Mommsen, nado en Garding, Schleswig, o 30 de novembro de 1817 e finado en Marchstrasse (Charlottenburg) Berlín, o 1 de novembro de 1903, foi xurista, filólogo e historiador alemán que recibiu o premio Nobel de Literatura en 1902.

Nórdicas
Occidentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.