Lingua aimará

O aimará[1][2] é a lingua que falan os aimarás dos Andes. Ten o rango de lingua oficial en Perú[3] e Bolivia; conta tamén cuns miles de falantes en Chile e na Arxentina. En total hai entre dous e tres millóns de falantes.

Constitúe a primeira lingua dun terzo da poboación de Bolivia e é o principal idioma amerindio do sur peruano e o norte chileno.[4]

O aimará ten outras dúas linguas irmás: o kawki, que se dá por extinto e o jaqaru, falado no distrito de Tupe (provincia de Yauyos, Lima) por uns poucos millares de persoas.

Aimará
Aymara aru
Falado en: Bolivia, Perú, Chile e Arxentina
Rexións: Andes centrais
Total de falantes: 2.2 millóns
Familia: Linguas aimarás
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Perú e Bolivia
Códigos de lingua
ISO 639-1: ay
ISO 639-2: aym
ISO 639-3: aym
SIL: AYM
Idioma aimara

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aimará.
  2. García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4.
  3. "Constitución Política do Perú, 1993. Art. 48". Consultado o 24 de agosto de 2008. Son idiomas oficiais o castelán e, nas zonas onde predominen, tamén o son o quechua, o aimará e as demais linguas orixinarias do continente, segundo a lei En Perú non se desenvolveu unha lexislación que puxera en práctica a oficialidade do aimara, nin ten uso oficial ningún na administración do Estado, agás cos programas rurais de EBI
  4. (Hardman 2000: p. 1)

Véxase tamén

Outros artigos

  • Linguas de Bolivia
  • Linguas de Chile
  • Linguas do Perú
Chile

Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte por Perú, ó leste por Bolivia e Arxentina, totalizando 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo Océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile.Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas. A primeira delas, situada na costa occidental do Cono Sur e coñecida como Chile continental, comprende unha longa e estreita franxa de terra que se estende, maiormente, entre a ribeira suroriental do océano Pacífico e a cordilleira dos Andes, desde os 17º29'57'S ata os 56º32'S de latitude, ao longo de 4.270 km. O seu ancho máximo alcanza os 445 km no paralelo 52º21'S e o seu ancho mínimo, os 90 km en 31º37'S. A segunda, denominada Chile insular, corresponde aos territorios insulares no océano Pacífico Sur: por unha banda, o arquipélago Juan Fernández e as illas Desventuradas, pertencentes a América do Sur; doutra banda, a illa Sala y Gómez e a illa de Pascua, situadas na Polinesia. Chile continental e Chile insular totalizan unha superficie de 756.096,3 km². A terceira, chamada Territorio Chileno Antártico, comprendida entre os meridianos 90º e 53º oeste, é unha zona da Antártida de 1 250 257,6 km² sobre a cal Chile reclama soberanía, prolongando o seu límite meridional ata o Polo Sur. Esta reclamación está conxelada de acordo ao estipulado polo Tratado Antártico, do que Chile é signatario, sen que a súa firma constitúa unha renuncia. Localízase tamén en Chile a punta sur de América do Sur: o Cabo Horn, que é tamén o punto máis próximo da Antártida. Tamén en Chile está o lugar considerado como o máis seco do planeta: o Deserto de Atacama.

Debido á súa presenza en América, Oceanía e a Antártida, Chile defínese a si mesmo como un país tricontinental.Ademais, Chile exerce dereitos exclusivos, reclamacións de diverso grao e soberanía sobre o seu espazo marítimo, chamado Mar chileno. Este comprende o mar territorial (120.827 km²), a zona contigua (131.669 km²), a zona económica exclusiva ou «mar patrimonial», cunha superficie total de 3 681 989 km², e a correspondente plataforma continental, cunha superficie de 145.194 km², que tamén forman parte do territorio chileno Chile posúe un bordo costeiro de 6.435 km de lonxitude.Os seus máis de 17 millóns de habitantes alcanzan índices de calidade de vida, e porcentaxe de globalización que se atopan entre os máis altos de América Latina.

Historia de Lima

Lima foi fundada por Francisco Pizarro o 18 de xaneiro de 1535, co nome de «Cidade dos reis» (Ciudad de los Reyes). Non obstante, co tempo persistiu o seu nome orixinal que provén da lingua aimará (lima-limaq : flor amarela) ou do quechua (rimaq, falador) polo seu río, o río Rímac (Río Rímac ou Río Falador). Sobre os primeiros mapas de Perú, pódese ver simultaneamente o nome de Lima e o da Cidade dos Reis. Converteuse no principal nucleo do poder hispano en Perú. O urbanismo de Lima serviu de modelo na América do Sur española durante o período colonial.

Lima

Este artigo trata da cidade capital do Perú. Para outros significados, véxase Lima (homónimos).

Lima é a cidade capital do Perú. Tamén o foi do Vicerreinado do Perú. Está situada ás beiras do Océano Pacífico, na costa central deste país.

Lingua mochica

A lingua mochica, yunga ou yunka (muchik) é unha das linguas que se falaban na costa e parte da serra norte do Perú. Foi unha das linguas xerais do país na chegada dos conquistadores españois (século XVI) como o foron tamén o quechua, o aimará, o quingnam, o uru e o puquina.

O mochica amosa moitas características radicalmente diferentes das linguas quechuas e da lingua aimará, as dúas meirandes familias lingüísticas andinas, que si intercambiaron gran cantidade de léxicos. A investigación realizada por Alfredo Torero sobre esta lingua ten como fonte de datos principal a Gramática de la lengua yunga que escribiu en 1644 o sacerdote peruano Fernando de la Carrera Daza. Do mesmo xeito, toma en conta o Rituale seu Manuale Peruanum de Luis Jerónimo de Oré de 1607 con só seis páxinas sobre o mochica escritas por un autor anónimo (este manual recolle oracións e sermóns breves en varias linguas da época). Ademais, considérase tamén a lista de voces mochicas que elaborou o bispo Baltazar Martínez Compañón a finais do século XVIII e a obra de Ernst Middendorf, Das Muchik oder die Chimu-Sprache de 1892.

A comezos do século XXI, algunhas institucións lambayecanas como o capítulo local do INCe algúns colexios de Chiclayo comezaron programas de ensino desta lingua sobre a base da bibliografía rescatada polos investigadores, como a gramática de De la Carrera.

Pedro Humire

Pedro Humire Loredo, nado en Socoroma o 30 de xuño de 1935 é un escritor e músico aimará chileno.

Pobo aimará

Os aimarás (en aimará: aymara listen ) son un pobo indíxena de América do Sur que habita nos Andes e na rexión do Altiplano; arredor dun millón de aimarás viven en Bolivia, o Perú e Chile. Os seus devanceiros viviron na rexión moitos séculos antes de se converter nos principais suxeitos do Imperio Inca a finais do século XV e comezos do XVI, até a conquista española do Imperio Inca. Coas guerras de independencia hispanoamericanas (1810–25), os aimarás convertéronse en cidadáns das nacións de Bolivia e o Perú. Despois da Guerra do Pacífico (1879–83), Chile conseguiu territorios ocupados polos aimarás.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.