Linares, España

Linares é unha localidade e municipio situada na provincia de Xaén (Andalucía). Segundo o INE, en 2008 tiña 61.340 habitantes.

Localízase nas estribaciones de Serra Morena e ten unha situación privilexiada por ser encrucillada de camiños e pola súa riqueza agrícola, pecuaria e mineira.

Actualmente Linares é unha cidade moderna, vangardista e ben comunicada en pleno proceso de crecemento que se caracterizou por ser un dos municipios máis importantes de Andalucía debido á súa pioneira e florecente industria. Cos seus 61.340 habitantes é a segunda cidade máis poboada da provincia logo de Xaén capital.

Linares, España
Bandera de Linares
Coat of Arms of Linares (Spain)
Hospital de los Marqueses de Linares (Linares)
Fachada do Hospital dos Marqueses de Linares.
Localización
Linares en Provincia de Xaén

Linares
Linares
Linares en España

Linares
Linares
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía Andalucía
ProvinciaBandera de la provincia de Jaén.svg Xaén
ComarcaSierra Morena
Xeografía
Altitude419 msnm
Superficie197,5 km²
Demografía
Poboación59 737 (2015)
Densidade305,27
Xentiliciolinarense
Outros datos
Código postal23700
AlcaldeJuan Fernández Gutiérrez (PSOE-A)
ciudaddelinares.es

Historia

IAPH Pozo San Vicente
Ruínas do pozo San Vicente na mina de San Miguel.

O asentamento existía desde moitos séculos antes da reconquista co nome de Cástulo, se ben foi no século XI cando unha emigración masiva de poboación para asentarse nos arredores do castelo deu lugar á poboación actual.

O poboado naceu coma un emprazamento estratéxico de Cástulo sobre unha elevación do terreo para vixiar os arredores. Cando a zona foi conquistada polos musulmáns, asentáronse sobre o emprazamento estratéxico romano.

En 1227 Fernando III de Castela conquistou o castelo de Linares, sitio utilizado polos cristiáns durante a conquista de Andalucía, séndolle concedidos durante este tempo privilexios ao poboado respectados polos sucesivos reis de Castela, quedando incluída Linares dentro do territorio de reguengo que formaba a vila de Baeza.

No século XVI Linares pasou por unha etapa de gran crecemento demográfico e económico debido ao pulo agrícola e gandeiro, o que se materializou na obtención de título de Vila de mans de Filipe II.

Nos séculos XVII e XVIII, paralelamente á agricultura e á gandería, comezou a desenvolverse con forza a explotación de miñas de chumbo no municipio. Non obstante, consérvanse no arquivo de Simancas datos sobre a achega de chumbo de Linares xa na construción de El Escorial no século XVI. Dito pulo na minería traduciuse nunha produción de duascentas mil a trescentas mil arrobas anuais, con destino principal como material bélico. Esta bonanza e o seu consecuente crecemento demográfico converten a Linares nun importante núcleo económico en Andalucía durante o século XIX e inicios do XX.

En 1875 o rei Afonso XII, mediante Real Decreto, concede a Linares o título de Cidade.

O desenvolvemento de Linares durante o século XIX e XX non tería lugar sen a existencia do ferrocarril, que permitiu a unión do municipio coa práctica totalidade do territorio nacional, e o investimento de capital estranxeiro, principalmente desde o Reino Unido, o cal modernizou a extracción e deu lugar á existencia de consulados na cidade.

Xa mediado o século XX, compróbase que o chumbo é un material tóxico para algúns dos seus principais usos, coma a fabricación de tubaxes, o que provoca unha caída moi importante do seu valor no mercado, e o paulatino peche das minas en Linares, sendo a mina de La Cruz a última en pechar en 1991, o que puxo punto final a unha importante etapa da cidade e a necesaria conversión da súa economía.

Véxase tamén

Ligazóns externas

2007

2007 (MMVII) foi designado:

O Ano do porco, segundo o horóscopo chinés.

O Ano Iternacional da Heliofísica.

O Ano Polar Internacional.

O Centenario do Movemento Scout, tamén coñecido como escultismo.

Carmen Linares

Carmen Pacheco Rodríguez, coñecida como Carmen Linares, nada en Linares (provincia de Xaén) en 1951, é unha cantaora de flamenco e intérprete tamén de canción española. Así mesmo, ten traballado en teatro e zarzuela.

Castres, Tarn

Castres (en occitano Castras) é un concello francés situado no departamento do Tarn e na rexión de Mediodía-Pireneos. Aquí naceu o líder socialista Jean Jaurès, e a cidade acolle un importante museo dedicado a Goya.

Francisco Marín Muñoz

Francisco Marín Muñoz, nado en Linares (Xaén) en 1960, é un funcionario galego, político vinculado ao PPdeG e presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Juan Antonio Anquela

Juan Antonio Albacete Anquela, nado en Linares (Xaén) o 11 de setembro de 1957, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro.

Linares Club de Fútbol

O Linares Club de Fútbol foi un equipo de fútbol español da cidade de Linares, na provincia de Xaén. Foi fundado en 1960 e desapareceu en 1990.

Linares Deportivo

O Linares Deportivo é un club de fútbol español da cidade de Linares, na provincia de Xaén. Foi fundado en 1909 e refundado en 2009 despois da desaparición do Club Deportivo Linares, e actualmente xoga no grupo IX da Terceira División Española.

Miguel Blesa

Miguel Blesa de la Parra, nado en Linares (Xaén) o 8 de agosto de 1947, e finado en Villanueva del Rey (Córdoba) o 19 de xullo de 2017, foi un funcionario e home de negocios español.

Foi presidente do consello de administración de Caja Madrid entre os anos 1996 e 2009, e dende 2013 foi investigado xudicialmente por irregularidades durante a súa xestión. O seu nome foi un dos que se revelaron na filtración dos chamados papeis de Panamá.

Premio da Crítica de poesía castelá

O Premio da Crítica Española foi creado no ano 1956 e concédese ós mellores libros de narrativa e poesía publicados en España ó longo do ano anterior nas catro linguas do Estado (castelán, catalán, éuscaro e galego). O xurado está formado normalmente por 22 membros da Asociación Española de Críticos Literarios. É un galardón sen dotación económica.

Raphael

Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.

Virginia Maestro

Virginia Maestro Díaz, nada o 29 de setembro de 1982 en Linares (Xaén), é unha cantante e cantautora andaluza. Deuse a coñecer no programa de televisión Operación Triunfo (2008). Arestora pertence ó grupo Labuat que ven sendo a voz cantante.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.