Limosa

Limosa é un xénero de aves Charadriiformes da familia Scolopacidae coñecidas vulgarmente como mazaricos. Son un grupo de aves migratorias grandes, co peteiro e pata longos, zancudas. Forman grandes bandadas en costas e en esteiros no inverno.

Distínguense polo seu peteiro curvado e longas patas. A súa plumaxe invernal é suavemente apagada. As femias son apreciablemente maiores aos machos.

Limosa
Limosa limosa

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Limosa
Especies

4, ver texto.

Especies

Coñécense catro especies de Limosa:[1]

Hai unha ou dúas especies fósiles; Limosa vanrossemi é coñecida da Formación Monterrey (Mioceno Tardío, aprox. 6 cron) de Lompoc (Estados Unidos) Limosa gypsorum do Eoceno Tardío (Formación Montmartre, 35 cron) de Francia; colocada no xénero monotípico Montirallus por algúns autores.[2] Certamente, as agullas son bastante antigas e nalgúns aspectos, semellantes a liñaxes primitivas de escolopácidos, sendo complicado asignar en tal caso, formas basais.[3]

Notas

  1. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 27 de Abril de 2009.
  2. Olson, Storrs L. 1985. Section X.D.2.b. Scolopacidae. In: Farner, D.S.; King, J.R. & Parkes, Kenneth C. (eds.): Avian Biology, 8: 174-175. Academic Press, New York.
  3. Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A. & Székely, T. 2004. A supertree approach to shorebird phylogeny. BMC Evol. Biol., 4: 28. doi 10.1186/1471-2148-4-28 PDF fulltext[Ligazón morta] Supplementary Material Arquivado 02 de agosto de 2013 en Archive.is
Abra alba

Abra alba é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos semélidos que está presente no océano Atlántico nororiental e no mar Mediterráneo, onde vive en fondos de augas pouco profundas enterrada en sedimentos brandos.

Atelopus limosus

Atelopus limosus é unha especie de sapo da familia Bufonidae endémica de Panamá, onde lle dan o nome de sapo Limosa. Os seus hábitats naturais son as beiras de regatos en bosques de terras baixas húmidas e ríos da cunca do Chagres, na rexión central de Panamá. É un dos sapos máis pequenos do mundo; os machos miden de 26 a 30 mm e as femias de 36 a 40 mm.

Betanzos - Mandeo

Betanzos-Mandeo é un espazo protexido galego é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue 1.020 ha dos concellos de Aranga, Abegondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Paderne e Oza-Cesuras. Acolle a boa parte do río Mandeo e o río Mendo, rexión onde se conservan as tradicionais fragas de ribeira e as marismas na desembocadura do río, na ría de Betanzos. A importancia da súa conservación reside na súa flora de ribeira e da vexetación da marisma, típica do Cantábrico e do Atlántico meridional. Tamén, por ser un hábitat onde se conserva o salmón atlántico.É tamén unha zona de especial protección dos valores naturais.

Cabo Cod

O cabo Cod (Cape Cod en inglés), coñecido popularmente en inglés como the Cape (o cabo), e denominado cabo de Keel polos antigos exploradores nórdicos, é unha península no extremo oriental do estado de Massachusetts, no nordeste dos Estados Unidos. O seu territorio coincide co condado de Barnstable. Moitas pequenas illas achegadas, incluíndo Monomoy, Monmoscoy, Popponesset e Seconsett, pertecen tamén ao condado, como parte dos municipios do cabo. As pequenas vilas e a extensa fronte marítima atraen masivamente ao turismo durante os meses de verán.

A península de Cabo Cod formouse como a morena terminal dun glaciar, resultando nunha península sobre o océano Atlántico. En 1914, construíuse o canal de Cabo Cod, que cortou o istmo, pero aínda hoxe é definido como península polos xeógrafos, que non cambian de criterio por modificacións artificiais do territorio.

Os vehículos poden cruzar ao cabo polas pontes Sagamore e Borunes, o último situado no extremo suroeste. Ademais, cóntase cunha ponte ferroviaria que permite o transporte de cmercadorías e pasaxeiros.

Carnota - Monte Pindo

Carnota-Monte Pindo é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) que ocupa unha área de 4674 ha. dos Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos.Nel están as praias de Carnota e Caldebarcos entre as cales hai un sistema de marisma-lagoon, a lagoa de Caldebarcos. Na súa parte posterior existe un sistema de dunas móbiles e semimóbiles. Ao fondo do litoral están as penedas do macizo granítico que é o Monte Pindo. As marismas teñen especies como as xunqueiras Juncus maritimus e a Scirpus maritimus e son un lugar onde se crían aves como Charadrius alexandrinus, dándolle valor de conservación. Ademais do sistema costeiro e vexetación holítica, ou as dunas, destacan especialmente as turbeiras altas e activas que ten este espazo natural. No espazo están a a fervenza do Ézaro e as illas de Lobeira grande e Lobeira chica e as augas que as rodean.

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un parque natural galego que ampara ao sistema dunar, as marismas e as lagoas do vértice occidental da costa da península do Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia.

O complexo de Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) (Complexo húmido de Corrubedo), unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) (Complexo litoral de Corrubedo), un zona húmida protexida galega (Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo) e un zona húmida de importancia internacional Ramsar (Complexo de Corrubedo). O arquipélago de Sálvora, e o seu mar, así como parte do litoral de Porto do Son atópanse dentro do ZEC do Complexo húmido de Corrubedo, co que se amplía a súa área a 9.264,64 ha. Así é que a costa entre o cabo de Corrubedo e o Castro de Baroña, o mar arredor das illas de Sálvora e as lagoas de Carregal e Vixán quedan baixo a protección do parque natural e a ZEC.

Costa da Mariña Occidental

A Costa da Mariña occidental é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA) que inclúe a costa da mariña lucense entre O Vicedo e Cervo e que está destinada a conservar o seu eulitoral, parte do seu supralitoral e varios illotes. A área de conservación do ZEC ocupa 491,24 ha., dos cales un 5% son mariños, dos concellos lucense de Cervo, O Vicedo, Viveiro, Xove. A área da ZEPA exclúe algún treito lo litoral no interior das rías pero inclúe máis augas abertas, chegando ás 2168.82 ha. e das cales o 83 % son en zona mariña.

Escolopácidos

Os escolopácidos (Scolopacidae) son unha familia de aves Charadriiformes.

Lista das aves de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa pesenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN. Unha ave pouco común pode ter un status pouco preocupante se as súas poboacións son estables, e mesmo pode estar en expansión. Móstrase unha soa imaxe de cada ave, aínda que en moitas delas o macho e a femia e os inmaturos teñen plumaxes diferentes ou presentan plumaxes de inverno e verán ou de tempada reprodutora.

Mazarico

Mazarico é o nome de varias especies de aves limícolas caracterizadas polo seu longo peteiro:

Mazarico real (Numenius arquata).

Mazarico chiador, ou mazarico chiador (Numenius phaeopus).

Mazarico rabinegro (Limosa limosa).

Mazarico rubio, ou mazarico rabipinto (Limosa lapponica).Amais, o nome de mazarico tamén designa outras aves:

Peto real (Dendrocopos major) .Pico pico, mazarico,

¿quén che deu tamaño pico?

Deume Dios este traballo

pra picar neste carballo.Martiño peixeiro ou picapeixe (Alcedo atthis) .

Mazarico escolopáceo

O mazarico escolopáceo ou becacina escolopácea (Limnodromus scolopaceus) é unha especie de ave limícola de mediano tamaño. O nome do xénero Limnodromus procede do grego antigo limne, 'marisma' e dromos, 'corredor'. O nome específico, scolopaceus, é de orixe neolatina, que significa 'similar á becacina', de scolopax, scolopacis.Os adultos teñen patas amareladas e un peteiro longo e escuro. O seu corpo é marrón escuro na parte superior e avermellado na inferior coa gorxa e peito con pintas e barras nos flancos. A cola ten un patrón barrado negro e branco. A plumaxe de inverno de adultos e xuvenís é predominantemente gris.

O seu hábitat reprodutor é a tundra húmida do norte distante de Norteamérica e do leste de Siberia. Aniñan no chan, xeralmente preto da auga.

Migran ao sur de Estados Unidos e chegan polo sur ata América Central. O mazarico escolopáceo é un raro visitante de Europa occidental, e algúns individuos permanecen en Europa durante longos períodos. Pode verse en Galicia como ave accidental moi rara.

Aliméntanse sondando co peteiro en augas pouco profundas e na lama. Comen principalmente insectos, molusocs, crustáceos e vermes mariños e algúns vexetais.

É máis probable velo preto de zonas de auga doce que o seu conxénere o mazarico cincento.

Mazarico rabinegro

O mazarico rabinegro (Limosa limosa) é unha ave limícola. Os adultos teñen as patas azul grisallas e un longo peteiro. As plumas do peito son castañas, a cola negra cunha banda negra no remate; no verán as plumas do peito vólvense grisallas. Miden 41 cm (un pouco máis grande que o mazarico rubio, ó que se asemella). Aniña no chan en pradeiras húmidas e en illós de Europa e Asia. Pon de 3 a 6 ovos. Aliméntase de insectos, crustáceos e plantas acuáticas.

Emigra en bandadas a Europa, sur de Asia, África e Australia.

En Galicia pódese ver a finais de agosto, permanecendo ata a primavera, abondosas na enseada do Vao, O Grove, e no esteiro do Miño.

Mazarico rabipinto

O mazarico rabipinto ou mazarico rubio (Limosa lapponica) é unha ave limícola.

Migración das aves

A migración das aves é o movemento regular estacional que fan moitas especies de aves, xeralmente na dirección norte-sur/sur-norte seguindo unha ruta de voo, entre os seus territorios de cría e os de invernada. Moitas especies de aves migran, o que lles supón un custo en predación e mortalidade, incluíndo a caza polos humanos. A migración está impulsada principalmente pola dispoñibilidade de comida, aínda que tamén inflúen outros factores. Ocorre principalmente no hemisferio norte, onde as aves canalizan a súa migración por rutas específicas determinadas por barreiras naturais como o mar Mediterráneo ou o Caribe.

A migración de especies como cegoñas, rulas, e andoriñas foi rexistrada desde hai máis de 3 000 anos por autores da Antiga Grecia, como Homero e Aristóteles e no Libro de Xob da Biblia. Máis recentemente, Johannes Leche empezou a rexistrar os datos das chegadas de migrantes primaverais en Finlandia en 1749, e os modernos estudos científicos utilizan técnicas como o anelado de aves e o rastreo por satélite para coñecer o movemento das aves migrantes. As ameazas que afrontan as aves migratorias aumentaron coa destrución de hábitats especialmente nos sitios de parada e de invernada, e coa proliferación de estruturas como liñas de alta tensión e muíños para producir enerxía eólica.

O carrán ártico ten a mellor marca de migración a longa distancia, xa que viaxa entre os seus territorios de cría no Ártico e Antártico todos os anos. Algunhas especies de aves con tubos nasais (Procellariiformes) como os albatros circundan a Terrra, voando sobre os océanos do sur, mentres que outras como as pardelas furabuchos migran 14 000 km entre os seus territorios de cría do norte e os océanos do sur. As migracións máis curtas son moi comúns, entre elas están as migracións altitudinais en montañas como os Andes e os Himalaias.

O momento en que se produce a migración parece que está controlado principalmente polos cambios na duración do día. As aves migrantes navegan usando pistas celestes como a posición do Sol e as estrelas, e tamén usan o campo magnético terrestre e mapas mentais.

Mimosa

Este artigo trata sobre a especie de acacia, para o xénero de plantas véxase: Mimosa (xénero).

A mimosa ou acacia de Australia (Acacia dealbata) é unha árbore de entre 10-12 metros de altura, perenne, usada en xardinaría como ornamental, de crecemento rápido se ben é raro que exceden dos 30 anos de idade.

Considérase unha especie altamente invasora en terreos degradados. Aparece en Cantabria, Cataluña, oeste de Castela e León, Estremadura, Andalucía occidental, Valencia e as Canarias orientais. Porén é en Galiza onde está máis estendida, considerándose invasora.

Oscillatoria

Oscillatoria é un xénero de cianobacterias filamentosas que foi nomeado polo seu movemento oscilatorio. Os filamentos das súas colonias poden escorregar adiante e atrás un contra outro ata que toda a masa queda reorientada cara á súa fonte de luz. Atópanse comunmente en augas de depósitos de rego, e é principalmente de cor verde azulado ou verde acastañado. Oscillatoria é un organismo que se reproduce por fragmentación. Oscillatoria forma longos filamentos de células que poden romper en fragmentos chamados hormogonios. Os hormogonios poden crecer formando novos filamentos máis longos. A rotura nos filamentos xeralmente ocorre onde hai células mortas (necridios). Oscillatoria usa a fotosíntese para sobrevivir e reproducirse. Cada filamento de oscilatoria consta dun tricoma que está feito de ringleiras de células. O extremo do tricoma oscila como un péndulo.

Investígase en Oscillatoria sp. a produción natural de hidroxitolueno butilado (BHT), que é un antioxidante, aditivo alimentario e composto químico industrial.

Oscillatoria contén as seguintes especies:

Oscillatoria amoena (Kützing) Gomont

Oscillatoria anguiformis (P. González Guerrero) Anagnostidis

Oscillatoria anguina Bory ex Gomont

Oscillatoria annae van Goor

Oscillatoria bonnemaisonii (P. L. Crouan & H. M. Crouan) P. L. Crouan & H. M. Crouan ex Gomont

Ocillatoria chalybea

Oscillatoria chilkensis Biswas

Oscillatoria crassa (Rao) Anagnostidis

Oscillatoria croasdaleae Kamat

Oscillatoria curviceps C. Agardh ex Gomont

Oscillatoria depauperata (Copeland) Anagnostidis

Oscillatoria engelmanniana Gaidukov

Oscillatoria euboeica Anagnostidis

Oscillatoria fischeri Corda ex Forti

Oscillatoria fracta Carlson

Oscillatoria froelichii Kützing ex Gomont

Oscillatoria funiformis (Vouk) Komárek

Oscillatoria indica P. C. Silva

Oscillatoria jenensis G. Schmid

Oscillatoria levis (Gardner) Anagnostidis

Oscillatoria limosa C. Agardh ex Gomont

Oscillatoria mahabaleshwarensis Kamat

Oscillatoria major Vaucher ex Hansgirg

Oscillatoria margaritifera Kützing ex Gomont

Oscillatoria miniata (Zanardini) Hauck ex Gomont

Oscillatoria minutissima P. González

Oscillatoria muralis (Dillwyn) C. Agardh

Oscillatoria nitida Schkorbatov

Oscillatoria nylstromica Claassen

Oscillatoria obscura Brühl & Biswas

Oscillatoria olivaceobrunnea L. Hoffmann & V. Demoulin

Oscillatoria princeps Vaucher ex Gomont

Oscillatoria proboscidea Gomont

Oscillatoria pulchra Lindstedt

Oscillatoria rhamphoidea Anagnostidis

Oscillatoria ribeyi F. E. Drouet

Oscillatoria sancta Kützing ex Gomont

Oscillatoria subbrevis Schmidle

Oscillatoria subcapitata Ponomarev

Oscillatoria tapetiformis Zenker ex Gomont

Oscillatoria tenioides (Bory de Saint-Vincent) Bory de Saint-Vincent ex Gomont

Oscillatoria trichoides Szafer

Oscillatoria versicolor G. Martens ex Prain

Rálidos

Os rálidos (Rallidae) son unha gran familia de aves de mediano a pequeno tamaño que viven no chan de distribución cosmopolita. A familia comprende, entre outros as galiñolas, galiñas/pitas de auga/río, poliñas, camóns, rascóns ou guións de paspallás, con varias especies que viven en Galicia pertencentes aos xéneros Fulica, Gallinula, Porzana, Porphyrio, Rallus e Crex. Moitas especies están asociadas con zonas húmidas, aínda que a familia ten especies que poden encontrarse en todos os hábitats terrestrres excepto os desertos secos, rexións polares e áreas alpinas por riba da liña das neves. O hábitat máis común dos rálidos son as marismas e os bosques densos. Gústalles especialmente a vexetación densa. Os rálidos poden encontrarse en todos os continentes agás na Antártida. Hai numerosas especies propias de illas.

Tapadeira

A tapadeira ou ambroíño de río (Nymphaea alba, tamén chamada ninfea branca europea ou rosa de Venus) é unha planta acuática da familia das ninfáceas, que medra nos regueiros quedos e nos encoros das rexións temperadas de Europa, tolerando incluso augas poluídas. Florea entre xuño e setembro, sendo a recolla da flor polo verán e polo outono. Común nas augas quedas de toda Galiza.

Zona especial de conservación As Catedrais

As Catedrais é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC), coa praia das Catedrais declarado como monumento natural e que forma parte da reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Atópase na costa setentrional de Galicia, entre a praia de San Miguel de Reinante (ao oeste) e a praia de Olga (ao leste) entre Barreiros e Ribadeo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.