Limodre, Fene

Santa Eulalia de Limodre é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 468 habitantes (242 mulleres e 226 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes.

Entre 1999 e 2017, na súa pista polideportiva e no parque A Hortiña, celebrouse un festival de música pop chamado Felipop. Limodre tamén ten 4 praias chamadas Río Sandeo, Coido, Almieiras e Río Castro.

Limodre
Igrexa Limodre
Igrexa de Santa Eulalia de Limodre.
ConcelloFene
Poboación468 hab. (2013)
Entidades de poboación14

Lugares e parroquias

Parroquias de Fene

Véxase tamén

Outros artigos

A Fonte, Limodre, Fene

A Fonte é un lugar da parroquia de Limodre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 61 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 31 homes e 30 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 62 habitantes.

A Fraga de Limodre, Limodre, Fene

A Fraga de Limodre é un lugar da parroquia de Limodre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 50 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 24 homes e 26 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 51 habitantes.

Galería de imaxes de Fene

Galería de imaxes do concello de Fene na provincia da Coruña.

Nunca Máis

Nunca Máis é unha plataforma creada en 2003 poucos días despois de se afundir o petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou dende entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables.

Con múltiplas manifestacións de variado carácter esixiu a declaración de Galiza como zona catastrófica e a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e para a saúde provocadas polo sinistro. Tamén reclamou a posta en marcha de mecanismos de prevención que impedisen que feitos coma este se volvan a repetir no futuro.

Xosé María Torné fixo o deseño da súa bandeira.

O Camiño Grande, Limodre, Fene

O Camiño Grande é un lugar da parroquia de Limodre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 200 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 98 homes e 102 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 206 habitantes.

O Campanario, Limodre, Fene

O Campanario é un lugar da parroquia de Limodre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 53 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 33 homes e 20 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 69 habitantes.

O Cotarelo, Limodre, Fene

O Cotarelo é un lugar da parroquia de Limodre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 12 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 7 homes e 5 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 13 habitantes.

O Cotillón, Limodre, Fene

O Cotillón é un lugar da parroquia de Limodre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 82 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 34 homes e 48 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 91 habitantes.

O Souto Vello, Limodre, Fene

O Souto Vello é un lugar da parroquia de Limodre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 10 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 6 homes e 4 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 8 habitantes.

Piñeiro, Mugardos

San Xoán de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mugardos. Segundo o INE en 2016 tiña 458 habitantes (239 mulleres e 219 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 621 habitantes.

Ten unha extensión de 1,28 km², cunha densidade poboacional de 357,81 hab./km². Limita polo leste coa parroquia de Limodre (Fene) polo oeste coa parroquia de Franza, polo norte coa vila do Seixo, e polo sur coa vila de Barracido (Ares).

Rachabordos, Limodre, Fene

Rachabordos é un lugar da parroquia de Limodre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 5 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 3 homes e 2 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 1 habitante.

Roger de Flor (músico)

Rogelio Arias Sanmartín, nado en Limodre (Fene) en 1977, é un músico, cantante, compositor e produtor galego, coñecido artisticamente como Roger de Flor. A súa obra encádrase dentro dunha nova fornada de creadores galegos do s. XXI.

Roxerio

Roxerio, Roxer ou Roxelio, é un antropónimo masculino nas súas variantes en lingua galega, que provén da composición de verbas xermanas hrod (fama) e ger (lanza), co que o seu significado viría a ser «famoso coa lanza». A súa forma latina sería Rogerius e era moi habitual na Idade Media. O feminino é Roxeria ou Roxelia.

Río Castro, Limodre, Fene

Río Castro é un lugar da parroquia de Limodre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 30 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 17 homes e 13 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 23 habitantes. Na zona está o Castro de Río Castro.

Río Sandeu, Limodre, Fene

Río Sandeu é un lugar da parroquia de Limodre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol.

Sindo Seixido

Gumersindo Seijido López, coñecido como Sindo Seixido, nado en Limodre (Fene) en 1922 e finado en 2018, foi un guerrilleiro antifranquista e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.