Lignito

O lignito é un carbón mineral que se forma por compresión da turba, converténdose nunha substancia esnaquizábel na que aínda se poden recoñecer algunhas estruturas vexetais. É de cor negra ou pardo e frecuentemente presenta unha textura similar á da madeira da que procede.

A súa concentración en carbono varía entre o 60% e o 75% e ten moito menor contido en auga que a turba.

É un combustible de mediana calidade, fácil de queimar polo seu alto contido en volátiles, pero cun poder calorífico relativamente baixo (entre 10 e 20 MJ/kg). Ten a característica de non producir coque cando se calcina en vasos pechados.

Mineral Lignito GDFL028
Lignito

Composición Típica

COMPOSICIÓN TÍPICA
Carbono 69 %
Hidróxeno 5,2 %
osíxeno 25 %
Nitróxeno 0,8 %
Materias volátiles 40 %

Xacementos

En España os xacementos máis importantes localízanse en Andorra (Teruel), Mequinenza (Zaragoza) e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Véxase tamén

Outros artigos

Acibeche

O acibeche é unha variedade de lignito, negra e brillante. É un material moi fráxil polo que a súa extracción sempre foi artesanal e a súa talla difícil ó tentar esculpir figuras moi detalladas, pero pola súa gran beleza, emprégase en xoiería na realización de aneis, colares xunto con madeiras nobres e pedras preciosas e está considerado como o talismán do peregrino durante o Camiño de Santiago, ademais empregábase contra o mal de ollo. Tamén se utiliza para o bordado de pezas de gala no traxe tradicional galego.

As Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.

Carbón

O carbón é unha rocha sedimentaria de cór negra ou marrón, con grande contido de carbono. É utilizada en diversos procesos industriais, destacando a produción de enerxía, procesos siderúrxicos e a industria química. A formación de carbón procede da acumulación de materia orgánica eminentemente vexetal durante millóns de anos. En España as minas de carbón son moi abundantes en Asturias, norte de Palencia, O Bierzo, Teruel, Andalucía e Galicia.

Central térmica das Pontes

A Central Térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), pertencente á empresa eléctrica Endesa. Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976. Consta de catro grupos de xeración de enerxía de 350 MW cada un, os cales se agruparon nun só grupo de 1400 MW entre os anos 1976 e 1979.

Orixinalmente deseñada para consumir exclusivamente o lignito local extraído da mina, a central foi adaptada entre os anos 1993 e 1996 para consumir unha mestura de lignito e carbón de importación en proporcións do 50%-50%.

O parque de carbóns da central ocupa unha superficie de 10 Ha, o equivalente a 12 campos de fútbol. A súa capacidade de almaceamento é de 250.000 toneladas.

A cheminea da central ten unha altura de 356 m, cun diámetro na base de 36 m e 18 m no pico, sendo unha infraestrutura única no mundo[Cómpre referencia]. Aparece no Libro Guinness dos Récords como a cheminea de maior volume de todo o mundo, e é a segunda cheminea máis alta de Europa.

A planta de tratamento de efluentes líquidos (Planta T.E.L.) depura a auga procedente da mina, da escombreira, da central e do parque de carbóns. A planta está deseñada para tratar caudais de auga que poden oscilar entre 0,45 e 30 m3/s.

Actualmente[cando?] a central está sufrindo un proceso de adaptación ó maior poder calorífico da hulla debido á fin da extracción do lignito na mina local.

Atópase en fase de probas outra central térmica de ciclo combinado que usa o gas coma combustible e produce de 800 MW de potencia entre as súas tres turbinas: dúas de gas e unha de vapor. O vapor que utiliza esta última prodúcese aproveitando a calor dos gases de escape das turbinas de gas.

Central térmica de Meirama

A central térmica de Meirama é unha central térmica de produción de enerxía eléctrica situada no concello de Cerceda. Pertence ao grupo Gas Natural Fenosa e ten unha capacidade instalada de arredor de cincocentos megavatios (563 MW segundo as últimas informacións da empresa).

A central construíuse aproveitando uns xacementos de lignito xa practicamente esgotados. Este lignito de moi mala calidade, baixo poder calorífico e moitos residuos, entre eles materias sólidas que desgastaban os muíños por atrito e xofre que provocaba moita contaminación, foi sendo paulatinamente substituído por hulla de Wyoming.

A central produce enerxía queimando carbón para producir vapor que fai xirar tres turbinas.

Cerceda

Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Conflito das Encrobas

O conflito das Encrobas foi un conflito social que tivo lugar en 1977, logo de seren expropiadas as terras das Encrobas para a explotación das minas de lignito e para a instalación da central térmica de Meirama.

Cuencas Mineras

As Cuencas Mineras é unha comarca de Aragón, en España, situada no norte da provincia de Teruel. A súa capital administrativa é Utrillas e a histórico-cultural é Montalbán.

Eubea

Eubea (en grego Εύβοια, antiga Negroponte) é unha illa no Mar Exeo ao leste de Grecia que forma unha prefectura. Ten unha superficie de 3900 km², e unha poboación de 210.000 habitantes. A súa capital é Calcis.

Foi coñecida tamén co nome de Negroponte. Xuntamente coa illa de Esciro forma o nomos de Eubea.

Galería de imaxes das Pontes de García Rodríguez

Galería de imaxes do concello das Pontes de García Rodríguez na provincia da Coruña.

Grecia

Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O Mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o Mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.

Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino, e o Imperio Otomán. Así mesmo, Grecia é o berce da democracia, a filosofía occidental, os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidental incluíndo a traxedia e a comedia.

A Grecia actual é un país do primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981, da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961, e da Axencia Espacial Europea dende 2005. Atenas é a súa capital; Salónica e Patras son xunto a capital, as principais cidades do país.

Hulla

A hulla é un tipo de carbón mineral, de tipo bituminoso, e é unha rocha sedimentaria de orixe orgánica.

Lago das Pontes

O lago das Pontes de García Rodríguez, tamén chamado lago das Pontes é un lago artificial de 865 ha de superficie, situado no concello das Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). O lago creouse a raíz dos traballos de recuperación e rexeneración da mina a ceo aberto que ocupaba o lugar do lago, da que se tiraba lignito para fornecer a Central térmica das Pontes de García Rodríguez.

O lago artificial creado por Endesa para encher o foxo da mina das Pontes finalizouse en abril de 2012. Ten unhas dimensións de 5 quilómetros de longo e unha profundidade máxima de 206 metros. Para o seu enchido empregáronse as augas do río Eume, que pasa pola localidade, así como a acumulación das precipitacións.

Lista de minerais

O que a continuación segue é unha lista de minerais, mineraloides e exemplares de orixe natural en orde alfabética.

Seoane, As Pontes de García Rodríguez

San Xoán de Seoane é unha parroquia que se localiza no oeste do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2014 tiña 9 habitantes (3 mulleres e 4 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 10 habitantes.

Transilvania

Transilvania (en romanés Transilvania ou Ardeal; en húngaro Erdély; en alemán Siebenbürgen) é unha rexión composta pola zona occidental e central de Romanía. Foi unha formación estatal quasi independente no século X, e novamente un principado dende 1570 e ata 1699 cando se incorporou oficialmente aos territorios da Coroa Habsburga, si ben mantivo un estatuto separado do Reino de Hungría ata 1867.

Ácido heptacosanoico

O ácido heptacosanoico, tamén chamado ácido heptacosílico ou ácido carbocérico, é un ácido graxo saturado de cadea liñal con 27 átomos de carbono, coa fórmula molecular C27H54O2, que se simboliza como C27:0.

O ácido heptacosanoico a temperatura ambiente é un sólido que funde a 87,6 °C e ten un índice de refracción de 1,4324 a 70 °C. Foi illado da turba en 1932, e tamén en 1933 da cera montana de Bohemia obtida do lignito e a turba.Atopouse no sangue e tecidos de pacientes de diferentes trastornos peroxisómicos de orixe xenética, como a enfermidade de Refsum, a adrenoleucodistrofia X, a adrenoleucodistrofia neonatal ou a síndrome de Zellweger.

Ácido montánico

O ácido montánico ou ácido octacosanoico é un ácido graxo de cadea liñal con 28 átomos de carbono, cuxa fórmula molecular é C28H56O2, que se simboliza como C28:0.

A temperatura ambiente moderada é sólido e funde aos 90,0–90,9 °C. A súa densidde é de 0,8191 g/cm3 entre 4 e 100 °C, e o seu índice de refracción é de 1,4313 a 100 °C.O seu nome común de ácido montánico provén do alemán Montanwachs e esta do latín montanus, ‘relativo á montaña’ e do alemán wachs, 'cera'; xa que se illa da cera montana, extraída do lignito. A cera montana contén aproximadamente un 50 % de ácido montánico.Atópase tamén no cerebro humano e nos órganos viscerais. Pode obterse a partir da cana de azucre (Saccharum officinarum L.). Biosintetíase a partir do octacosanol por medio de β-oxidación. Tamén aparece na cera de abella e na cera chinesa (obtida dos insectos Ceroplastes ceriferus e Ericerus pela). Os ésteres de etilén glicol e de glicerol de ácido montánico utilízanse como capa protectora na pel de froitos e cubertas de alimentos. Demostrouse que inhibe a agregación plaquetaria inducida ex vivo a causa da adición de agonistas no plasma.

Ácido nonacosílico

O ácido nonacosílico ou ácido nonacosanoico é un ácido graxo de cadea liñal con 29 átomos de carbono, coa fórmula molecular C29H58O2, que se simboliza como C29:0.

A temperatura ambiente é un sólido que funde a 90,3–90,5 °C. Atópase na cera montana que se obtén a partir do lignito. É un ácido graxo habitual nos humanos que se atopa en moitos tecidos como substituínte das ceramidas (o compoñente principal do estrato córneo da pel), nos lípidos da substancia branca do cerebro normal e nas glándulas sebáceas. Tamén aparece nalgunhas plantas, como Butea monosperma ou Antenoron filiforme.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.