Liga LEB

A Liga Española de Baloncesto (LEB) é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. É a categoría anterior á máxima categoría profesional, a Liga ACB. Disputouse por primeira vez co nome de LEB na tempada 1996-1997. Anteriormente o seu equivalente recibía o nome de Primeira División.

Na actualidade consta de dúas categorías, LEB Ouro e LEB Prata. Os equipos poden contar con dous xogadores extracomunitarios, é dicir, con nacionalidades que non pertenzan a país algún da Unión Europea e con tres "cotonous", xogadores procedentes de países caribeños e africanos cun convenio especial coa UE.

Liga LEB Ouro
Foto dun partido de LEB en Zaragaza.
Fundación1996
RexiónEspaña España
Europa FIBA Europa
Equipos18
Actual campiónBreogán (2º título)
Máis laureadoMurcia (3 títulos)
TelevisiónFEB TV
OrganizadorFederación Española
Sitio webwww.feb.es
Current basketball.svg LEB Ouro 2018-19

LEB Ouro

Formato

Cada equipo de cada categoría xoga contra tódolos demais equipos da súa división en dúas ocasións, unha vez na súa casa e o outro no estadio do opoñente. Isto tradúcese en que na fase regular da Adeeco Ouro cada equipo xogue 34 encontros. As dúas metades da tempada xóganse na mesma orde, é dicir, a orde da primeira metade accesorios de cada equipo repítese na segunda metade da tempada, coa única diferenza das canchas onde se xogan os encontros. Cada vitoria suma un partido gañado ao equipo na clasificación da liga.

Ao final da liga o campión é o equipo que máis partidos gañou durante a fase regular. Os equipos que ocupan as prazas que van dende o segundo posto até o noveno xogan unha rolda de play-offs. Estas eliminatorias compóñense de tres fases, pasando de rolda o mellor a cinco encontros (gaña o primeiro en vencer en tres deles). Os primeiros dous encontros de cada eliminatoria xóganse no pavillón do equipo mellor clasificado na Liga Regular, os dous seguintes (o cuarto se fose preciso) nos dos conxuntos peor clasificados e se fose preciso eo quinto, novamente no campo do equipo mellor clasificado na Liga Regular.

Na metade da liga, os dous equipos mellor clasificados xogan a Copa Príncipe na casa do primeiro clasificado. O Campión da Copa xogará os play-offs como primeiro clasificado se termina a liga entre o segundo e o quinto cualificado. En resumo, o campión da liga na fase regular e o vencedor das eliminatorias ascenden á Liga ACB, o último clasificado descende á Adecco Prata, así como o perdedor do play-off pola permanencia que xogan o penúltimo e o antepenúltimo.

Equipos 2018-2019

Equipo Cidade Pavillón Capacidade
Barça Lassa B Cataluña Sant Joan Despí Ciutat Esportiva Joan Gamper
472
Cáceres Patrimonio de la Humanidad Estremadura Cáceres Multiusos Ciudad de Cáceres
6.500
Carramimbre CBC Valladolid Castela-A Mancha Valladolid Polideportivo Pisuerga
6.800
CB Prat Cataluña El Prat de Llobregat Pavelló Joan Busquets
500
Chocolates Trapa Palencia Castela-A Mancha Palencia Pabellón Municipal
5.000
Club Melilla Baloncesto Melilla Melilla Pabellón Javier Imbroda Ortiz
3.800
Covirán Granada Andalucía Granada Palacio de Deportes
7.242
Força Lleida Cataluña Lleida Pavelló Barris Nord
6.100
Iberojet Palma Illas Baleares Palma de Mallorca Son Moix
3.800
Levitec Huesca Aragón Huesca Palacio Municipal de Huesca
4.900
Leyma Coruña Galicia A Coruña Pazo dos Deportes de Riazor
5.000
Liberbank Oviedo Baloncesto Asturias Oviedo Polideportivo Municipal de Pumarín
1.500
Real Betis Energía Plus Andalucía Sevilla San Pablo
7.626
RETAbet Bilbao Basket Flag of the Basque Country.svg Bilbao Bilbao Arena
10.014
Río Ourense Termal Galicia Ourense Pazo dos Deportes Paco Paz
5.500
Sáenz Horeca Araberri Flag of the Basque Country.svg Vitoria-Gasteiz Polideportivo Mendizorroza
4.000
TAU Castelló Flag of the Valencian Community (2x3).svg Castellón de la Plana Pabellón Ciutat de Castelló
6.000
ZTE Real Canoe NC Comunidade de Madrid Madrid Polideportivo Pez Volador
800

Historia

Finais

Temporada Campión Subcampión MVP da Liga
1996–1997 CB Ciudad de Huelva Caja Cantabria Bob Harstad
1997–1998 Artel Murcia Baloncesto Fuenlabrada Tony Smith
1998–1999 Breogán Universidade Gijón Baloncesto Eric Cuthrell
1999–2000 Lucentum Alicante Club Ourense Baloncesto Joe Bunn
2000–2001 Caprabo Lleida CB Granada Michael Wilson
2001–2002 Lucentum Alicante Minorisa Manresa Larry Lewis
2002–2003 Etosa Murcia Tenerife Club de Baloncesto Jaime Peterson
2003–2004 Bilbao Basket CB Granada Aaron Swinson
2004–2005 Baloncesto Fuenlabrada IBB Hoteles Menorca Ricardo Guillén
2005–2006 Bruesa Gipuzkoa Polaris World Murcia Juanjo Triguero
2006–2007 Ricoh Manresa Climalia León Ricardo Guillén
2007–2008 CAI Zaragoza Bruesa Gipuzkoa Andrew Panko
2008–2009 CB Valladolid Lucentum Alicante Jakim Donaldson
2009–2010 CAI Zaragoza ViveMenorca Eric Coleman
2010–2011 CB Murcia Blu:sens Monbús Ricardo Guillén
2011–2012 Iberostar Canarias Menorca Bàsquet Jakim Donaldson
2012–2013 Ford Burgos Lucentum Alicante Ondřej Starosta
2013–2014 River Andorra MoraBanc Ford Burgos Jordi Trias
2014–2015 Ford Burgos Club Ourense Baloncesto Ricardo Guillén
2015–2016 Quesos Cerrato Palencia Club Melilla Baloncesto Óliver Arteaga
2016–2017 RETAbet.es GBC San Pablo Inmobiliaria Burgos Jordi Trias
2017–2018 Cafés Candelas Breogán ICL Manresa Jordi Trias

Palmarés

Clubs

LEB Prata

Actualmente denominada LEB Prata, anteriomente recibía a denominación de LEB-2.

Equipos 2018–2019

Equipo Cidade Pavillón Capacidade
Grupo Oeste
Aquimisa Laboratorios Queso Zamorano Castela e León Zamora Ángel Nieto
2.200
Ávila Auténtica Carrefour El Bulevar Castela e León Ávila Multiusos Carlos Sastre
1.400
Basket Navarra Navarra Pamplona Arrosadia
1.500
Bodegas Rioja Vega A Rioxa Logroño Palacio de los Deportes
4.500
CB Extremadura Plasencia Estremadura Plasencia Ciudad de Plasencia
2.500
Grupo Eleyco Baskonia Flag of the Basque Country.svg Vitoria-Gasteiz Mendizorrotza
4.000
Igualitorio Cantabria Estela Cantabria Santander Palacio de Deportes
6.000
Juaristi ISB Flag of the Basque Country.svg Azpeitia Municipal
1.000
Marín Ence PeixeGalego Galicia Marín Pavillón da Raña
2.000
Quesería La Antigua CB Tormes Castela e León Salamanca Pabellón de Würzburg
3.500
Zornotza Saskibaloi Taldea Flag of the Basque Country.svg Amorebieta-Etxano Larrea
600
TeslaCard Círculo Gijón Asturias Xixón Palacio de Deportes
5.197
Grupo Leste
Aceitunas Fragata Morón Andalucía Morón de la Frontera Alameda
600
Afanion CB Almansa Castela-A Mancha Almansa Polideportivo Municipal
-
Arcos Albacete Basket Castela-A Mancha Albacete Pabellón del Parque
1.200
Bàsquet Girona Cataluña Girona Pavelló Girona-Fontajau
5.500
CB Vic Universitat de Vic Cataluña Vic Pavelló Municipal d'Esports
2.000
CB Villarrobledo Castela-A Mancha Villarrobledo Los Pintores
-
Hestia Menorca Illas Baleares Maó Pavelló Menorca
5.115
HLA Alicante Flag of the Valencian Community (2x3).svg Alicante Pedro Ferrándiz
3.500
Isover Basket Azuqueca Castela-A Mancha Azuqueca de Henares Polideportivo La Paz
-
JAFEP Fundación Globalcaja La Roda Castela-A Mancha La Roda Juan José Lozano Jareño
500
Real Murcia Baloncesto Murcia Murcia Príncipe de Asturias
3.500
Torrons Vicens CB L'Hospitalet Cataluña L'Hospitalet Nou Pavelló del Centre
700

Véxase tamén

Ligazóns externas

Basket Navarra Club

O Basket Navarra Club, coñecido por motivos de patrocinio como Planasa Navarra é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Pamplona, Navarra. Na tempada 2013-14 xoga na Liga LEB Ouro.

Bilbao Basket

O Club Deportivo Basket Bilbao Berri S.A.D., tamén chamado RETAbet Bilbao Basket por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Bilbao, na provincia de Biscaia (Euskadi), que na actualidade compite na Liga ACB. Foi fundado o 7 de marzo de 2000, substituíndo ao anterior equipo de baloncesto bilbaíno xa desaparecido, o "Caja Bilbao". Xogan os seus partidos coma local no Bilbao Arena, inaugurado no ano 2010.

CB Canarias

O Club Baloncesto 1939 Canarias, coñecido tamén coma Iberostar Tenerife por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional español con sede en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife. Actualmente compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español profesional, e xoga os seus encontros coma local no Pabellón Insular Santiago Martín.

CB Clavijo

O Club Baloncesto Clavijo, tamén coñecido coma Cocinas.com por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto rioxano, que xoga na liga Liga LEB Ouro do baloncesto español e que disputa os seus encontros como local no Palacio de los Deportes de La Rioja.

CB L'Hospitalet

O Club Baloncesto L'Hospitalet é un club de baloncesto profesional catalán con sede en L'Hospitalet de Llobregat, Barcelona. Actualmente (2010) compite na Liga LEB Prata.

CB Lucentum Alicante

O Club Baloncesto Lucentum Alicante, coñecido tamén como HLA Alicante por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto español, da cidade de Alacant na provincia de Alacant, Comunidade Valenciana. Foi fundado en 1994 e xoga na Liga LEB Ouro.

CB Murcia

O Club Baloncesto Murcia, tamén coñecido como Universidad Católica de Murcia ou UCAM Murcia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto español da cidade de Murcia. Foi fundado en 1985 e actualmente compite na liga ACB.

CB Peñas Huesca

O Club Baloncesto Peñas Huesca, tamén coñecido como Levitec Huesca por motivos de patrocinio, é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Uesca, Aragón. Fundado inicialmente como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca en 1977, non se constituíu legalmente até 1981. Competiu na liga ACB un total de 12 tempadas co obxectivo de eludir o descenso. Actualmente participa na Liga LEB Ouro.

Club Baloncesto Rosalía de Castro

O Club Baloncesto Rosalía de Castro ou Beirasar Rosalía por cuestións de patrocinio é un club de baloncesto da cidade de Santiago de Compostela. Xoga na liga LEB Prata do baloncesto español e disputa os seus partidos como local no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro da capital galega.

Club Básquet Coruña

O Club Básquet Coruña, tamén coñecido coma Leyma Coruña por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto galego, que xoga na liga Liga LEB Ouro do baloncesto español e que disputa os seus encontros como local no Pazo dos Deportes de Riazor.

Club Ourense Baloncesto

O Club Ourense Baloncesto, tamén coñecido como Río Ourense Termal por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional da cidade de Ourense (Galicia). Fundado en 1979 como Club Bosco-Salesianos, ascendeu por primeira vez á Liga ACB en 1989. Na actualidade xoga na Liga LEB Ouro.

A súa pista de xogo é o Pazo Paco Paz, que conta con capacidade para 5 500 persoas. O seu actual presidente é Camilo Álvarez, mentres que o seu adestrador é Gonzalo García de Vitoria .

Gijón Baloncesto

O Gijón Baloncesto S.A.D. foi unha sociedade anónima deportiva de baloncesto cidade de Xixón, Asturias (España).

Liga ACB

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Liga LEB Ouro 2010-11

A tempada 2010-11 da LEB Ouro foi a 15ª edición da segunda competición nacional de liga de baloncesto en España coa denominación actual. O torneo estivo composto por 18 equipos, 3 deles galegos: o Obradoiro CAB, o CB Breogán e o C Ourense B.

O obxectivo de moitos dos equipos era acadar o ascenso á Liga ACB 2011-12, rematando a tempada regular na primeira posición da táboa, ou ben rematando entre a 2ª e a 9ª praza e logo gañando as eliminatorias do play offs polo ascenso.

Liga LEB Ouro 2012-13

A tempada 2012-13 da LEB Ouro foi a 17ª edición da segunda competición nacional de liga de baloncesto en España coa denominación actual. O torneo estivo composto por 14 equipos, 3 deles galegos: o CB Breogán, o CB Coruña e o Club Ourense Baloncesto.

Ó remate da tempada regular, o Ford Burgos conseguiu a primeira posición e o ascenso directo á Liga ACB. O Club Melilla Baloncesto, pola contra, rematou na derradeira posición e descendeu á LEB Prata.

Liga LEB Ouro 2013-14

A tempada 2013-14 da LEB Ouro foi a 18ª edición da segunda competición nacional de liga de baloncesto en España coa denominación actual, chamada tamén Adecco Ouro debido a motivos de patrocinio. O campión de liga ascendeu directamente á Liga ACB, mentres que os clasificados do segundo ó noveno posto disputaron un playoff onde o gañador ascendeu tamén á primeira categoría do baloncesto español. O torneo estivo composto por 14 equipos, 3 deles galegos: o CB Breogán, o CB Coruña e o Club Ourense Baloncesto.

Ó remate da tempada regular, o River Andorra MoraBanc conseguiu a primeira posición e o ascenso directo á Liga ACB. O FC Barcelona B e o Planasa Navarra, pola contra, remataron nas dúas últimas posicións e descenderon á LEB Prata.

Palencia Baloncesto

O Club Deportivo Maristas Palencia, coñecido por motivos de patrocinio como Quesos Cerrato Palencia é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Palencia, Castela e León. Na tempada 2013-14 xoga na Liga LEB Ouro.

San Sebastián Gipuzkoa BC

O San Sebastián Gipuzkoa Basket Club S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Delteco GBC, é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Donostia, provincia de Guipúscoa (Euskadi), que na actualidade compite na Liga LEB Ouro.

Foi fundado no ano 2001, por unha iniciativa das institucións públicas guipuscoanas e do representante de deportistas Miguel Santos, co nome de "Donostiako Gipuzkoa Basket", coa intención de substituír ao antigo equipo da cidade, o "Askatuak". Xoga os seus partidos como local no Donostia Arena 2016, un pavillón con capacidade para 11.000 espectadores.

UB La Palma

A Unión Baloncesto La Palma foi un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Santa Cruz de la Palma, Canarias que xogou a súa última tempada, a 2011-12, na liga LEB.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.