Liga ACT

A Liga San Miguel ou Liga ACT é a liga de remo creada pola Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) como primeira división do remo no Cantábrico. A Liga ACT naceu o 2 de xullo de 2003 tralo acordo acadado polos Gobernos das Comunidades Autónomas de Galiza, Asturies, Cantabria e Euskadi, para apoiar e impulsar a disciplina deportiva que forma parte da tradición dos pobos do norte de España. No 2006, tras un acordo de patrocinio coa empresa Mahou-San Miguel, a Liga ACT trocou o seu nome polo de Liga San Miguel.

É pois a primeira división das traiñeiras. Baixo ela atópanse a Liga ARC, na que compiten clubs cántabros, vascos e agora tamén asturianos; e a Liga Galega ou Liga Noroeste. Os dous últimos clasificados das 12 que disputan a Liga San Miguel disputan o play-off de ascenso/descenso contra os dous primeiros clasificados dun play-off previo entre os dous mellores da Liga ARC e da Liga Galega. As dúas traiñeiras que mellor queden manterán ou subirán de categoría.

Para evitar a fuga masiva de remeiros a clubs con alto poder económico, e con obxecto de potenciar a canteira, estabelécese un cota de mínimo sete remeiros propios, entendéndose como propios aqueles que estiveron polo menos tres anos nun mesmo club.

Urdaibai portugalete 2007
Equipo de Urdaibai en 2007 co trofeo da Liga San Miguel.

Gañadores

Campións da Liga ACT
Tempadas CAMPIÓN Segundo Terceiro Mellor Galego
Tempada 2016 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Kaiku Tirán (6º)
Tempada 2015 Flag of the Basque Country.svg HONDARRIBIA Flag of the Basque Country.svg Urdaibai Flag of the Basque Country.svg Orio Cabo da Cruz (6º)
Tempada 2014 Flag of the Basque Country.svg HONDARRIBIA Flag of the Basque Country.svg Orio Flag of the Basque Country.svg Kaiku Cabo da Cruz (4º)
Tempada 2013 Flag of the Basque Country.svg KAIKU Flag of the Basque Country.svg Urdaibai Flag of the Basque Country.svg Orio Tirán (5º)
Tempada 2012 Flag of the Basque Country.svg KAIKU Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Urdaibai Tirán (4º)
Tempada 2011 Flag of the Basque Country.svg KAIKU Flag of the Basque Country.svg Urdaibai Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Tirán (5º)
Tempada 2010 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Flag of the Basque Country.svg Orio Flag of the Basque Country.svg Donibane Tirán (7º)
Tempada 2009 Cantabria CASTRO Flag of the Basque Country.svg San Pedro Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Tirán (9º)
Tempada 2008 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Cantabria Castro Flag of the Basque Country.svg Orio Cabo da Cruz (9º)
Tempada 2007 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Flag of the Basque Country.svg Orio Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Cabo da Cruz (10º)
Tempada 2006 Flag of the Basque Country.svg HONDARRIBIA Cantabria Castro Flag of the Basque Country.svg Orio Cabo da Cruz (5º)
Tempada 2005 Cantabria ASTILLERO Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Cantabria Castro Cabo da Cruz (7º)
Tempada 2004 Flag of the Basque Country.svg URDAIBAI Cantabria Astillero Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Cabo da Cruz (6º)
Tempada 2003 Cantabria ASTILLERO Galicia Mecos Flag of the Basque Country.svg Donibane Mecos (2º)

Historia

Iníciase no mes de Santiago de 2003. Nace cos seguintes obxectivos:

  • Facer da Liga unha competición de alto nivel de afeccionados, xestionada profesionalmente, na que participen os doce mellores equipos pertencentes á área xeográfica.
  • Conseguir incrementar notoriamente o número de seguidores, potenciando a atención e cobertura que os medios de comunicación prestaban anteriormente.
  • Deseñar a competición en formato de Liga Regular, para que resultase máis atractiva e comprensible para todos.
  • Garantir a súa estabilidade no tempo, mediante unha fase de ascenso e descenso con clubs provenientes de Ligas Federativas.

O 28 de setembro de 2003 finalizou a primeira Liga ACT. Foi un éxito de competición, avalado polos medios de comunicación e polos afeccionados. Nesta temporada , Astillero realizou unha actuación histórica, gañando a I Liga ACT e obtendo un total de 10 bandeiras.

Durante a III edición instaurouse a Coroa ACT como trofeo ao campión. Esta temporada estivo chea de polémica por temas extradeportivos arredor da SDR Astillero, que se saldou coa exclusión do vencedor, Astillero, para as seguintes edicións.

A partir da IV edición, a competición pasou a denominarse Liga San Miguel. Despois da VI edición a Coroa Act pasa a chamarse Coroa Caja Madrid. Ademais ese mesmo ano instálase o maillot verde para o mellor patrón.

Traiñeiras participantes na primeira edición (2003)

Equipos participantes dende 2003

Equipo Club Nome de traiñeira Concello Provincia Temporadas Títulos Subcampionatos 3º postos Bandeiras
Urdaibai Umpro Avia Urdaibai Arraun Elkartea Solid blue.svgSolid blue.svg "Bou Bizkaia" Bermeo Biscaia 7 (2003-09) 3 (2004,07,08) 0 0 26
Naturhouse Castro Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales Red.svgRed.svg "La Marinera" Castro Urdiales Cantabria 7 (2003-09) 1 (2009) 2 (2006,08) 1 (2005) 30
Hondarribia Hondarribia Arraun Elkartea Solid green.svgSolid white.svg "Ama Guadalupekoa" Hondarribia Guipúscoa 7 (2003-09) 1 (2006) 1 (2005) 3 (2004,07, 09) 16
Grupo Eibar Orio Orio Arraunketa Elkartea Solid yellow.svgSolid yellow.svg "Txiki" (2003-06)/ "San Nikolas" (2007)/ "Mirotza" (2008-09) Orio Guipúscoa 7 (2003-09) 0 1 (2007) 2 (2006,08) 18
Pedreña Sociedad Deportiva de Remo Pedreña Solid white.svgSolid black.svg "Marina de Cudeyo" Marina de Cudeyo Cantabria 7 (2003-09) 0 0 0 2
Cabo da Cruz Club de Remo Cabo da Cruz Red.svgSolid black.svg "Cabo da Cruz" Boiro A Coruña 6 (2003-08)[1] 0 0 0 1
Mecos Mondariz Club de Remo Mecos Solid blue.svgSolid white.svg "Mequiña" O Grove Pontevedra 5 (2003-07) 0 1 (2003) 0 2
Zarautz Inmobiliaria Orio Zarauzko Arraun Elkartea Solid blue.svgSolid blue.svg "Enbata" Zarautz Guipúscoa 5 (2003/06-09) 0 0 0 1
Arkote Arkote Arraun Taldea Solid black.svgSolid yellow.svg "Plentzitarra" Plentzia Biscaia 5 (2005-09) 0 0 0 0
Pasai Donibane Iberdrola Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea Solid pink.svgSolid pink.svg "Erreka" Pasaia Guipúscoa 4 (2003-06) 0 0 1 (2003) 1
Zumaia Altuna y Uría Aita Mari Arraun Elkartea Red.svgRed.svg "Telmo Deun" Zumaia Guipúscoa 4 (2006-09) 0 0 0 0
Tirán Pereira Sociedade Deportiva Tirán Solid blue.svgSolid blue.svg "Pereira" Moaña Pontevedra 4 (2003-04/08-09) 0 0 0 0
Astillero Sociedad Deportiva de Remo Astillero Solid blue.svgSolid blue.svg “San José XII" (2003)/
"San José XIII" (2004-05)
El Astillero Cantabria 3 (2003-05)[2] 2 (2003,05) 1 (2004) 0 29
San Pedro Ecolmare Sanpedrotarra Arraun Elkartea Solid purple.svgSolid purple.svg "Libia" Pasaia Guipúscoa 3 (2007-09) 0 1 (2009) 0 3
Grafilur Isuntza SuperBM Isuntza Arraun Elkartea Solid blue.svgSolid white.svg Solid black.svg "Isuntza" Lequeitio Biscaia 3 (2003-05) 0 0 0 0
Laredo Laredo Remo Club Red.svgSolid black.svg "La Pejinuca" Laredo Cantabria 3 (2006-08) 0 0 0 0
Trintxerpe Carglass Illunbe Kirol Elkartea Solid blue.svgSolid white.svg "Ilunbe" Pasaia Guipúscoa 2 (2004-05) 0 0 0 0
Kaiku Ambilamp Sociedad Deportiva de Remo Kaiku Solid black.svgSolid green.svg “Bizkaitarra" Sestao Biscaia 1 (2009) 0 0 0 0
Samertolameu Sociedade Deportiva Samertolameu Solid green.svgSolid green.svg “Meira Mar” Moaña Pontevedra 1 (2009) 0 0 0 0

Clasificación histórica

Posto Equipo País Puntos Campionatos
1 Hondarribia Flag of the Basque Country.svg Euskadi 2.275 3
2 Urdaibai Flag of the Basque Country.svg Euskadi 2.118 5
3 Orio Flag of the Basque Country.svg Euskadi 1.980 0
4 Castro Flag of Cantabria.svg Cantabria 1.419 1
5 Pedreña Flag of Cantabria.svg Cantabria 1.266 0
6 Kaiku Flag of Cantabria.svg Cantabria 1.264 3
7 Koxtape Flag of the Basque Country.svg Euskadi 1.238 0
8 Astillero Flag of Cantabria.svg Cantabria 1.223 2
9 San Pedro Flag of the Basque Country.svg Euskadi 1.142 0
10 Tirán Galicia Galiza 1.133 0
11 Cabo da Cruz Galicia Galiza 847 0
12 Zumaia Flag of the Basque Country.svg Euskadi 542 0
13 Zarautz Flag of the Basque Country.svg Euskadi 533 0
14 Mecos Galicia Galiza 487 0
15 Portugalete Flag of the Basque Country.svg Euskadi 391 0
16 Arkote Flag of the Basque Country.svg Euskadi 353 0
17 Zierbena Flag of the Basque Country.svg Euskadi 265 0
18 Isuntza Flag of the Basque Country.svg Euskadi 140 0
19 Laredo Flag of Cantabria.svg Cantabria 121 0
20 Trintxerpe Flag of the Basque Country.svg Euskadi 67 0
21 Samertolameu Galicia Galiza 58 0
22 Camargo Flag of Cantabria.svg Cantabria 46 0

Traiñeiras participantes en 2017

Equipo Nome da Traiñeira Localidade Provincia
Club de Remo Ares Solid white.svgSolid blue.svg "Santa Olalla de Lubre" Ares A Coruña Galicia
Club de Remo Cabo da Cruz Red.svgRed.svg "Cabo da Cruz" Cabo de Cruz (Boiro) A Coruña Galicia
Sociedade Deportiva Tirán Solid blue.svgSolid blue.svg “Pereira” Tirán (Moaña) Pontevedra Galicia
Sociedad Deportiva de Remo Astillero Solid blue.svgSolid blue.svg “San José XIV” El Astillero Cantabria Flag of Cantabria.svg
Sociedad Deportiva de Remo Kaiku Solid black.svgSolid green.svg “Bizkaitarra” Sestao Biscaia Flag of the Basque Country.svg
Ondarroa Arraun Elkartea Red.svgRed.svg "Antiguako Ama" Ondarroa Biscaia Flag of the Basque Country.svg
Urdaibai Arraun Elkartea Solid blue.svgSolid blue.svg “Bou Bizkaia” Bermeo Biscaia Flag of the Basque Country.svg
Zierbena Arraun Elkartea Red.svgSolid white.svg "Zierbena" Zierbena Biscaia Flag of the Basque Country.svg
Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea Solid pink.svgSolid pink.svg “Erreka” Pasaia Guipúscoa Flag of the Basque Country.svg
Hondarribia Arraun Elkartea Solid green.svgSolid white.svg “Ama Guadalupekoa” Hondarribia Guipúscoa Flag of the Basque Country.svg
Orio Arraunketa Elkartea Solid yellow.svgSolid yellow.svg “Mirotza” Orio Guipúscoa Flag of the Basque Country.svg
Sanpedrotarra Arraun Elkartea Solid purple.svgSolid purple.svg “Libia” Pasaia Guipúscoa Flag of the Basque Country.svg

Notas

  1. Renunciou á Liga ACT por problemas económicos para afrontar os desprazamentos.
  2. Astillero foi expulsado no 2006 da Liga a causa dun suposto caso de dopaxe acontecido o ano anterior.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Liga ACT 2003

A tempada 2003 da Liga ACT foi a 1ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Nesta tempada se disputaron 15 bandeiras.

Liga ACT 2004

A tempada 2004 da Liga ACT foi a 2ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Nesta tempada disputaronse 14 bandeiras, saldándose coa vitoria de Urdaibai, o descenso de Tiráne o ascenso de Arkote.

Liga ACT 2005

A tempada 2005 da Liga ACT foi a 3ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Nesta tempada se disputaron 18 bandeiras.

Liga ACT 2006

A tempada 2006 da Liga ACT foi a 4ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Nesta tempada se disputaron 18 bandeiras.

Liga ACT 2007

A tempada 2007 da Liga ACT foi a 5ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Nesta tempada se disputaron 18 bandeiras.

Liga ACT 2008

A tempada 2008 da Liga ACT foi a 6ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Nesta tempada se disputaron 19 bandeiras.

Liga ACT 2009

A tempada 2009 da Liga ACT foi a 7ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Nesta tempada se disputaron 17 bandeiras.

Liga ACT 2010

A tempada 2010 da Liga ACT foi a 8ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Nesta tempada se disputaron 18 bandeiras.

Liga ACT 2011

A tempada 2011 da Liga ACT é a 9ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Esta tempada comezou o 18 de xuño do 2011 en Bordeos.

Liga ACT 2012

A tempada 2012 da Liga ACT foi a 10ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Esta tempada comezou o 9 de xuño do 2012 coa "IV Bandeira de Bilbao", e rematou o 15 de setembro en Bermeo.

A liga contou con 18 bandeiras, cada unha das cales repartiu 12 puntos para o gañador, 11 para o segundo, 10 para o terceiro, 9 para o cuarto, 8 para o quinto, 7 para o sesto, 6 para o sétimo, 5 para o oitavo, 4 para o noveno, 3 para o décimo, 2 para o undécimo e 1 para o último.

Unha das novidades máis salientables desta tempada foi a ausencia por vez primeira de Orio na máxima competición, tralo último posto acadado na anterior edición da liga.

Liga ACT 2013

A tempada 2013 da Liga ACT é a 11ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Esta tempada comezou o 16 de xuño do 2013 en Barcelona, e rematará o 15 de setembro en Portugalete.

A liga conta con 19 bandeiras, cada unha das cales repartindo 12 puntos para o gañador, 11 para o segundo, 10 para o terceiro, 9 para o cuarto, 8 para o quinto, 7 para o sesto, 6 para o sétimo, 5 para o oitavo, 4 para o noveno, 3 para o décimo, 2 para o undécimo e 1 para o último.

Liga ACT 2014

A tempada 2014 da Liga ACT foi a 12ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT). Esta tempada comezou o 29 de xuño en Barcelona e rematou o 21 de setembro en Portugalete.

A liga contou con 19 bandeiras, cada unha das cales repartindo 12 puntos para o gañador, 11 para o segundo, 10 para o terceiro, 9 para o cuarto, 8 para o quinto, 7 para o sexto, 6 para o sétimo, 5 para o oitavo, 4 para o noveno, 3 para o décimo, 2 para o décimo primeiro e 1 para o último.

Liga ACT feminina

A Liga ACT feminina, coñecida por motivos de patrocinio por Liga Euskotren, é unha competición de traiñeiras que se disputa anualmente dende 2009.

Liga Galega de Traiñeiras

A Liga Noroeste de Traiñeiras ou Liga Galega de Traiñeiras é unha competición de traiñeiras que se disputa dende 2003 nas provincias de Pontevedra e A Coruña, en Galiza. Esta competición está composta dunha serie de bandeiras ou regatas en diferentes localidades ao longo da tempada estival. A Liga Galega de Traiñeiras está formada actualmente por 14 embarcacións galegas, aínda que nas tempadas 2006 e 2007 incluíuse a embarcación eonaviega do Club de Mar Castropol, da localidade galegofalante de Castropol (Asturias).

Esta competición atópase xusto por debaixo da Liga ACT (chamada Liga San Miguel por razóns publicitarias), a máxima categoría deste deporte en España. Os dous primeiros clasificados da Liga Galega de Traiñeiras compiten contra os dous primeiros clasificados da Liga ARC unha eliminatoria de ascenso á Liga ACT previo a outro cos dous últimos clasificados da mesma.

Liga Galega de Traiñeiras 2007

A edición do ano 2007 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a segunda tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 13 clubs, un menos que a tempada inaugural ao non tomar parte na competición o Club de Remo Vila de Cangas. O campión desta edición foi a Sociedade Deportiva Tirán de Tirán (Moaña), que conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo en banco fixo, a Liga ACT. A Liga constou de 15 regatas que se disputaron entre o 16 de xuño coa disputa da XXI Bandeira de Redondela en Chapela (Redondela), e o 26 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a IV Bandeira Concello de Ferrol na Praia de S. Xurxo, Ferrol.

Liga Galega de Traiñeiras 2008

A tempada 2008 da Liga Galega de Traiñeiras foi a 6ª edición do campionato de traiñeiras de Galicia creado en 2003. Nesta tempada se disputaron 15 bandeiras. Samertolameu, o dominador da competición nesta tempada, non competiu nas 2 derradeiras bandeiras para loitar polo ascenso á Liga ACT (con éxito), o que fixo que Náutico de Vigo e Chapela o adiantasen na clasificación final da liga.

Liga Noroeste de Traiñeiras 2010

A edición do ano 2010 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a quinta tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 17 clubs, tres máis ca na edición anterior pola reincorporación da S.D. As Xubias (competira nas dúas primeiras tempadas), a incorporación do C.R. Robaleira, sumados á S.D. Samertolameu que descendeu da Liga ACT. O campión desta edición foi o Amegrove-Interrias C.R. de O Grove. A Liga constou de 17 regatas que se disputaron entre o 13 de xuño coa disputa da IV Bandeira Concello de Ares en Ares, e o 29 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a XVI Bandeira Concello de Vilagarcía en Vilagarcía.

Real Club Náutico de Vigo

O Real Club Náutico de Vigo é un club náutico da cidade de Vigo. O seu club de remo compite actualmente na Liga Galega de Traiñeiras, competición que gañou no 2008.

Sociedade Deportiva Samertolameu

A Sociedade Deportiva Samertolameu é un club de remo de Meira, concello de Moaña (Pontevedra). En 2010 competía na Liga Noroeste de Traíñas, competición que gañou na tempada 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.