Lidia Senra

Lidia Senra Rodríguez, nada na Pobra do Brollón o 14 de xuño de 1958, é unha destacada sindicalista do agro galego. Foi membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea (CPE) durante catro anos.

Lidia Senra
Lidia Senra
Nacemento14 de xuño de 1958
 A Pobra do Brollón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica e sindicalista

Traxectoria

Estudou o bacharelato en Monforte, e despois comezou a colaborar cos Comités de Axuda á Loita Labrega a mediados dos anos setenta. En 1984, durante o segundo congreso de Comisións Labregas, foi elixida responsable de organización e finanzas. Cinco anos máis tarde, en 1989, accede á secretaría xeral do Sindicato Labrego Galego durante o transcurso do terceiro congreso.

Lidia Senra participou en diversos encontros internacionais representando a Vía Campesina, movemento labrego mundial que agrupa organizacións de América, Asia, África e Europa. Ademais, interviu activamente nos tres foros sociais europeos celebrados en Florencia, París e Londres.

O padroado da Fundación Pedrón de Ouro escolleu a Lidia Senra como Pedrón de Ouro 2011, na súa 48ª edición.

No 2014 presentouse coma candidata, en representación de Anova[1], a deputada ás eleccións europeas do 25 de maio por Alternativa Galega de Esquerda en Europa: A esquerda plural[2] e foi elixida deputada[3].

Libros

Obras colectivas

Notas

  1. ""Lidia Senra, elixida candidata de Anova ao Parlamento Europeo", TVG, 31 de marzo de 2014". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015.
  2. BOE do 23 de abril de 2014
  3. Ficha no Parlamento Europeo

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ledo Regal, Tareixa (2010). Laiovento, ed. Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable. Brión. ISBN 978-84-8487-191-0.

Ligazóns externas

Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda é unha coalición política galega creada para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 polo partido nacionalista galego Anova - Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida (federación galega de EU), EQUO Galicia (federación galega de EQUO) e Espazo Ecosocialista Galego. Actualmente só segue activa a nivel do Parlamento Europeo, onde está representada pola eurodeputada Lidia Senra, de Anova

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Asemblea Cidadá de Cambre

Asemblea Cidadá de Cambre (ou Asemblea Cidadá de Cambre - SON) é un movemento cidadán e político creado no concello de Cambre que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. No movemento participan partidos políticos, coma Anova ou Esquerda Unida e independentes.

Tras un proceso de primarias foi elixido como candidato a alcalde o policía local Juan Campos Malaxechevarría, membro da Coordinadora Nacional de Anova, e como número dous da lista Olga Santos López, que xa era concelleira por Esquerda Unida. Tras as eleccións de maio de 2015 acadaron o posto de concelleiro ambos os dous.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Pedrón de Ouro

Os premios Pedrón de Ouro, dende 1964, Pedrón de Honra e o Premio Modesto R. Figueiredo son os premios outorgados en Padrón polos membros da Fundación Pedrón de Ouro, fundada por Avelino Abuín de Tembra, Maximino Rodríguez Buján e Octavio Sanmartín Rodríguez, e que ten entre os seus membros a Manuel Caamaño Suárez e David Otero.

O Padrón de Ouro entrégase á personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital. O Premio Pedrón de Honra dáselle a residentes foráneos que destacasen coas súas achegas ao engrandecemento da nación e da cultura.

Semana Galega de Filosofía

A Semana Galega de Filosofía é un encontro organizado en Pontevedra dende 1984.

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

O Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas (SLG - CC.LL) é un sindicato nacionalista galego de agricultores/as e gandeiros/as. A súa sede central está en Santiago de Compostela e, tras a dimisión de Carme Freire na Dirección Nacional do 14 de xuño de 2012, a súa secretaria xeral é Isabel Vilalba Seivane.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.