Licor

O licor é unha bebida alcólica doce, xelmente mesturada con froitas, herbas, condimentos, flores, sementes, raíces, cascas de árbores ou cremas. O termo vén do latín liquifacere, liquefacer, disolver, en referencia ás mesturas que se empregan na fabricación da bebida. Os licores non acostuman a ser envellecidos por moito tempo, aínda que poden quedar algún tempo descansando até que adquiran o sabor ideal. A descrición máis común de licor é a dunha bebida doce, de alto contido alcólico. Servido en pequenas copas, é ideal durante ou despois da sobremesa, aínda que pode tomarse só, ou poden servirse durante un cóctel.

Homemade strawberry liqueur
Licor de framboesa.

Composición

A súa composición leva azucre, xarope, alcol, amais de frutas, plantas, madeiras e herbas, que lle dan o sabor característico de cada bebida.

Algúns licores son preparados por infusión, outros fanse por destilación de axentes aromáticos.

A distinción entre licor e bebida alcólica non é simple, especialmente porque na actualidade moitas bebidas alcólicas están dispoñibles con sabores doces. Con todo as bebidas alcólicas con sabor non se preparan por infusión. O contido de alcol non é unha característica distintiva, a maioría dos licores teñen menos graos alcólicos que as bebidas alcólicas, aínda que algúns licores poden ter ata 55 graos (absintio, por exemplo).

Historia

A destilación da auga con líquidos aromáticos coñécese dende a Antigüidade. Pensadores como Hipócrates, Galeno e Plínio escribiran xa sobre o asunto. No 900 a.C. os árabes inventaran a produción do alcol por medio da fermentación. É improbable, entretanto, que isto ocorrira con cereais fermentados no norte de Europa, pouco despois dos árabes.

A produción de licores aconteceu despois. No inicio, só se adozaban alcoles aos cales, groseiramente, adozaban xaropes e herbas (estas, tanto para dar gusto como para fins terapéuticos).

Na Idade Media, o viño (e máis tarde o alcol) era o principal antiséptico. As plantas, raíces e herbas inxeríanas os monxes para a cura de varias doenzas. Os alquimistas levaron esas pesquisas adiante.

Historicamente os licores derivan das herbas medicinais, xeralmente as preparadas por monxes, como os Beneditinos. Os licores foron elaboados en Italia dende o século XIII.

Clasificación dos licores

  • Licores de chocolate
  • Licores de café
  • Licores de nata
  • Licores de crema
  • Licores de froitas
  • Licores de framboesa, amora
  • Licores de herbas
    • Licores anisados
    • Licores condimentados con outras herbas
    • Licores de noz
  • Outros licores (vainilla, mel, laranxa....)

Lista de Licores

  • Amaretto
  • Licores anisados
  • Benedictine
  • Campari
  • Chambord
  • Chartreuse
  • Cherry Heering
  • Coffee Liqueurs
  • Cointreau
  • Cream liqueurs
    • Amarula
    • Baileys Irish Cream
    • Saint Brendan's
  • Crème liqueurs
    • Creme de Banane
    • Creme de Cacao
    • Creme de cassis
    • Creme de Cerise
    • Creme de Menthe
    • Creme de Noyaux
    • Creme de Rose
    • Creme de Violette
  • Curaçao, xeralmente triple sec
  • Damiana
  • Drambuie
  • Frangelico
  • Glayva
  • Goldschlager
  • Goldwasser
  • Grand Marnier
  • Highland Mist
  • Izarra
  • Jägermeister
  • Kummel
  • Licor 43
  • Limoncello
  • Maraschino
  • Metaxa
  • Midori
  • Pacharán
  • Pernod
  • Pisco
  • Prunelle
  • Punsch
  • Rock and rye
  • Rumplemintz
  • Sabra liqueur
  • Sloe gin
  • Southern Comfort
  • Strega
  • Vermouth
  • Yukon Jack
Abruñeiro

O abruñeiro ou escambrón (Prunus spinosa) é un arbusto espiñento da familia das rosaceae. Nativo de Europa, Asia e norte de África. Chega ata os catro metros de altura e medra formando abruñedos (ou abruñais), chegando a ser ás veces tan densas que impiden o paso. É común en Galicia.

As follas son pequenas (2 a 4 cm), de cor verde apagada, o extremo en forma de punta e as beiras dentadas; son peludas nos nervos do envés.

As flores son hermafroditas e aparecen soas ou en pares, antes que as follas. Son brancas e o cáliz e corola constan de cinco pezas; contan con numerosos estames e un ovario cun estilo.

O froito, denomidado abruño, é unha drupa globosa, azul escura ou negra de 1 a 1,5 cm. Utilízase en marmeladas e fermentado produce o viño da abruñeira; macerado en augardente produce un licor denomidado en Navarra pacharán.

En Galiza é común en zonas de baixa e media altitude, formando sebes e en bosques illados. As especies silvestres reciben tamén o nome de espiño, ameixeira brava e escambroeira. O nome de ameixeira brava tamén se lle dá ao Prunus domestica subsp. insititia, especie coa cal é doado confundir o abruñeiro.

O cerolleiro é unha variedade de abruñeiro que dá o cerollo, un abruño doce.

Anacardio

O anacardio (Anacardium occidentale) é unha árbore tropical da familia Anacardiaceae. Nativa do norte e nordés do Brasil, cultívase agora en moitas zonas de clima tropical, polo seu froito, tamén chamado anacardio.

A árbore mide entre 5 e 10 metros de altura, chegando os exemplares máis altos a 20 metros, a súa copa ben poboada o seu froito ten forma de ril, seco e torrada é a forma máis habitual de consumo. Xunto as súas flores, ben pequenas, fórmase un pedúnculo maior e máis brando que o froito, tamén comestible, de cor laranxa ou vermella.

Os portugueses levaron a árbore ás súas colonias de Asia e África, pero foi na India onde mellor se adaptou a árbore. Hoxe a India, Mozambique e Brasil son os maiores exportadores do anacardio. Do anacardio tamén se procesa un licor; o de Goa, chamado fenny é o máis coñecido. En portugués a árbore coñécese co nome de cajueiro, e o froito como castanha de cajú.

Anís

Este artigo trata sobre a planta, para a bebida véxase: Anís (licor).

O anís (Pimpinella anisum), é unha planta da familia das apiáceas orixinaria de Asia e naturalizada en numerosas rexións.

Augardente

A augardente (composta por auga, do latín aqua, -ae e ardente, do participio latino do verbo ardere) é o nome co que se designa un espectro de bebidas alcólicas destiladas, de entre 40 e 45 graos, que poden ser bebidas, xa sexa puras, engadidas con outras bebidas, aromatizadas ou mesturadas. Obtéñense por destilación do bagazo ou de determinados cereais, froitas ou sementes, como centeo, cebada, bagas de xenebreiro, cereixas, uvas, cana de azucre e o anís, entre outras. O nome deriva do latín aqua ardens, termo co que se chamaba ao alcol obtido por destilación.

Augardente de herbas

A augardente de herbas, é unha bebida de alta graduación (aínda que menor cá da augardente branca), típica de Galiza, e tamén Cantabria e León, que se obtén a partir da destilación do bagazo (residuo da uva despois de espremela e tirarlle o mosto) xunto con herbas aromáticas , obtendo un licor dun ton intenso amarelo averdado característico.

Ten denominación de orixe local amparada na Denominación Xeográfica Augardente de Galicia no que tamén aparece a augardente branca, o licor café e o licor de herbas. Segundo a devandita denominación, o seu contido en azucres debe ser inferior a 100 g/L. As herbas empregadas na súa elaboración adoitan ser menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, flor de laranxeira, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela.

Bananas Foster

O Bananas Foster é unha sobremesa feita con bananas e xeado de vainilla, cunha salsa feita de manteiga, azucre moreno, canela, ron e licor de banana. A manteiga, o azucre e os plátanos cocíñanse e logo engádese o alcol e flaméase.

Bebida alcohólica

As bebidas alcohólicas ou alcólicas son bebidas que conteñen o etanol (coñecido popularmente como alcohol etílico). A dependencia das bebidas alcohólicas denomínase alcoholismo.

Atendendo á elaboración pódese distinguir entre bebidas producidas por fermentación alcohólica (viños, cervexas, hidromel, sake etc.), nas cales o contido en alcohol non pasa de 18-20 graos; e as producidas por destilación, xeralmente a partir dun produto de fermentación (licores, augardentes etc.)

En España celébrase o día sen alcohol o 15 de novembro.

A cantidade de alcohol dun licor ou outra bebida alcohólica exprésase ben polo volume de alcohol que conteña ou ben polos seus graos de alcohol, a porcentaxe da alcohol do total da bebida.

Cava (viticultura)

O cava é un viño escumoso elaborado polo método tradicional fundamentalmente na rexión do Penedès catalán, especialmente na localidade de Sant Sadurní d'Anoia. Tamén se elabora cava con denominación de orixe noutros puntos de España ademais de en Cataluña, como Requena (Valencia), Haro (A Rioxa) ou Viana, Estremadura (comarcas da Prata e Os Barros), O Condado en Galicia e Aragón.

Cóctel

Un cóctel é unha bebida alcohólica mixta que contén tres ou máis ingredientes. Polo menos un dos ingredientes debe ser un licor.

Os cócteles eran orixinalmente unha mestura de alcohois, azucre, auga e bitters. Na actualidade significa case calquera bebida mesturada que conteña alcohol. Un cóctel de hoxe polo xeral contén unha ou máis clases de licores e un ou máis ingredientes non alcohólicos, como soda ou zume de froita. Ingredientes adicionais poden ser o azucre, o mel, o leite, a nata ou algún tipo de herbas.

Denominación de Orixe Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Creouse en 1980, e foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.

Denominacións de Orixe de Galicia

As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Latis

Latis é o nome de dúas divindades celtas adoradas na Britania romana. Un é a deusa Dea Latis e o outro é o deus Deus Latis, e ámbolos dous son coñecidos por unha única inscrición.

Licor café

O licor café (ás veces licor de café) é un licor a base de café, azucre e augardente, que pode ser consumido só ou como ingrediente de sobremesas ou cócteles. Apareceu en Xamaica no século XVII. Moi popular en Galicia, especialmente no sur, faise a partir da augardente de bagazo.

Pode tomarse con xeo, ou quente cunha nube de nata. Existen numerosas variedades, aromatizadas con moitos outros ingredientes, como a vainilla.

Licor de guindas

O licor de guindas é un licor tradicional galego. Elaborado de xeito artesanal nas casas, é o pricipal licor caseiro do norte de Galicia, mentres que o licor café ten máis tradición no sur. Adoita tomarse na sobremesa de xantares especiais.

Co nome de ginjinha é tamén un dos sinais de identidade da capital portuguesa. Foi un galego, Francisco Espiñeira, quen levou a Lisboa o licor de guindas, fundando en 1840 a primeira marca comercial de ginjinha, Espinheira, que continúa producíndose hoxe en día pola quinta xeración de descendentes de Francisco Espiñeira.

Perú

O Perú (en quechua e aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado o norte por Ecuador e por Colombia; o leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e o sur e oeste polo océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variados como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumouse a ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima.

Actualmente o seu presidente é Martín Vizcarra.

Rock Lee

Rock Lee (ロック・リー, Rokku Rī) é un dos personaxes da serie de manga e anime Naruto.

É un genin de Konoha que accede ó exame de Chūnin con Neji Hyūga e Tenten, todos eles discípulos de Maito Gai.

Rock Lee é unha homenaxe a Bruce Lee; non ten Kekkei Genkai, nin pode loitar máis que a base de Taijutsu. O seu soño é demostrar que pode ser un gran ninja dominando soamente o Taijutsu (técnicas de corpo a corpo). Superou a súa inicial inferioridade fronte ós outros ninjas a base da súa gran forza de vontade. É tamén moi formal, sensible, educado e respectuoso, pero cando toma sake (licor xaponés) e se emborracha convértese nun mestre do boxeo borracho (Suiken, en xaponés), un estilo do Kung Fu.

Sacarosa

A sacarosa ou azucre común é un disacárido formado por unha molécula de glicosa e outra de frutosa. Non ten poder redutor sobre o licor de Fehling.

O seu nome químico é alfa-D-glucopiranosil(1->2)-beta-D-fructofuranósido.

A súa fórmula química é: (C12H22O11)

Na natureza está presente nun 20% en peso na cana de azucre e nun 15% do peso na remolacha azucreira, da que se obtén o azucre de mesa. O mel tamén contén gran cantidade de sacarosa parcialmente hidrolizada. O azucre de mesa é o edulcorante máis utilizado para adozar os alimentos.

Unha curiosidade da sacarosa é que presenta triboluminiscencia, que produce luz mediante unha acción mecánica.

Whisky

O whisky (en gaélico uisce beatha ou uisge-beatha, auga de vida) é unha bebida alcohólica obtida a partir dunha mestura de augardente de malte de cebada con alcohois elaborados por destilación doutros cereais fermentados, como trigo, centeo ou millo. O resultado é unha augardente de alta graduación, de 40º ou máis graos. O whisky é un licor estritamente regulado en todo o mundo con moitas clases e tipos. As características típicas das diferentes clases e tipos son a fermentación de grans, destilación e envellecemento en barriles de madeira.

En Irlanda utilízase a grafía whiskey.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.