Libro de Xosué

O libro de Xosué, sexto dos libros da Biblia, tanto na versión xudía como nas cristiás, narra a chegada á Terra Prometida, a conquista e o asentamento do pobo xudeu no que hoxe é Palestina. Toma o seu nome de Xosué, o caudillo carismático e sucesor de Moisés que guía ao pobo nesta etapa da súa historia.

Bíblia dos Jerónimos, frontispício do volume II, do livro de Josué
Bíblia dos Jerónimos, frontispicio do volume II, do libro de Xosué

Situación dentro do conxunto da Biblia

Na Biblia xudía Xosué é o primeiro libro dos Profetas anteriores. No división cristiá, sitúase como o primeiro dos libros históricos. Relaciónase, polo tanto, cos libros posteriores: Xuíces e Samuel, e é obra, coma estes, da escola deuteronomista.

Non falta, porén, quen faga notar a súa íntima conexión co Pentateuco, tanto porque continúa a historia do Éxodo e dálle remate coa chegada á terra prometida, como polo estilo e a presenza de relatos etiolóxicos, orientados a explica-la orixe de algo, propia do Pentateuco. Así hai incluso autores que falan dun Hexateuco, para marca-la íntima relación cos libros anteriores: "os libros que figuran entre a Xénese e o de Xosué constitúen na súa forma actual unha xigantesca obra narrativa que garda unha concatenación entre as súas partes."[1]

Contido

O libro abrangue desde a confirmación de Xosué como sucesor de Moisés ata a súa morte.

Esteve March, Josué parant el Sol, Ca. 1650-1660
Esteve March, Xosué manda parar o Sol, Ca. 1650-1660

E o seu contido se divide en dúas grandes partes: conquista da terra (preparación da entrada e guerras de conquista) e repartición da terra entre as tribos.

Capítulos Denominación Contido
1 Discurso introdutorio Misión de Xosué
Discurso de Xosúe animando á conquista
2-9 Conquista da Transxordania Conquista de Xericó
Guilgal no Xordán
Celebración da Pascua, circuncisión
Conquista de Ai (ruindade de Acán)
Altar no monte Ebal e lectura de Lei
Pacto cos de Gabaón
10-12 Conquistas de Sur e do Norte Batalla contra unha coalición de cidades baixo o mando de Adonisedec
Batalla das augas de Merom contra Hasor
13-22 As partillas da terra conquistada Deslinde dos territorios tribais
Cidades de refuxio e cidades levíticas
Regreso das tribos orientais
23 Discurso de despedida de Xosué Defensa da obra de Xosué e últimas recomendacións
24 Apéndice Alianza de Xequem
Morte e sepultura de Xosué

Autor e época de composición

O libro presenta materiais, como tradicións orais propias da tribo de Benxamín, cunha antigüidade difícil de datar, sobre estes materiais primitivos fóronse engadindo novas narracións e discursos que foron conformando o texto que coñecemos. Deste xeito, o libro actual é, basicamente, froito do traballo das catro fontes que tamén conforman o Pentateuco, aínda que predominan as tres primeiras sobre a fonte sacerdotal.

A data de composición máis probable rondaría o século VII a.C.

Notas

  1. VON RAD, G. El Libro del Génesis, Ed. Sígueme, Salamanca 1982, pax. 13

Véxase tamén

Bibliografía

  • A Biblia. Santiago de Compostela: SEPT. 1989. ISBN 84-7337-036-8.
  • SCHMIDT, Werner H. (1983). Introducción al Antiguo Testamento. Salamanca: Sígueme. ISBN 84-301-0916-1.

Outros artigos

Ligazóns externas

Texto do libro (en castelán)

Libro anterior:
Deuteronomio
Xosué
(Libros históricos)
Libro seguinte:
Xuíces
Antigo Testamento

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Baalbek

Baalbek (/ˈbɑːlbɛk/), correctamente Baʿalbek (Árabe بعلبك‎, translit. Ba’labakk, Syriac-Aramaic: ܒܥܠܒܟ) e tamén coñecida como Balbec, Baalbec ou Baalbeck, é unha cidade entre as Montañas do Leste do Líbano e as Montañas Occidentais do Líbano. Situado ao leste do río Litani no val de Beqaa, a uns 85 km. ao nordés de Beirut. A capital da Gobernación de Baalbek-Hermel, Baalbek ten unha poboación de aproximadamente 82.608 habitantes,,[Cómpre referencia] principalmente musulmáns Xiís, seguidos polos musulmáns sunnis e cristiáns. Considérase un reduto do movemento xiíta Hezbollah. É a sede do Festival Internacional de Baalbeck.

Libros históricos

Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.

O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presenza de Deus na súa historia.

Noé

Noé, fillo de Lameque, neto de Matusalén, é o personaxe bíblico que tería recibido ordes de Deus para a construción dunha arca, para salvar a Creación do Diluvio.

Prostitución

A prostitución é a venda de servizos sexuais a cambio de cartos ou outro tipo de retribución. Unha persoa que exerce a prostitución recibe o nome de prostituta ou prostituto. No caso da muller tamén se usan coloquialmente diversos nomes como galdrapa, lorcha, pendanga, rameira ou puta, palabras todas elas que comportan unha forte connotación despectiva.

A prostitución é un dos traballos e fenómenos sociais que dá resposta ó desexo sexual do ser humano. Na maioría das culturas a forma aceptada de satisfacer este desexo é no contexto de relacións afectivas. O ser humano empregou e emprega moitas outras formas para saciar o seu apetito sexual, tanto de forma consensuada con outros individuos, como sen consenso: busca de sexo non afectivo con outras persoas, acoso, violación, e outras moitas, entre as que se encontra a oferta pecuniaria. É esa oferta económica o motor que pon en marcha as moi variadas formas de prostitución.

En termos xerais, as tres principais formas de prostitución son (por orde de incidencia):

A trata de brancas e menores, arredor da que xorden sociedades mafiosas que trafican con persoas para obter cartos (o que se considera unha forma moderna de escravitude).

Persoas con condicións sociais e económicas que converten a prostitución nunha das poucas formas posibles de sacar adiante a unha familia ou a si mesmas (prostitución forzada polas condicións socioculturais).

O caso (minoritario numericamente) de prostitución de alto standing, onde a persoa se prostitúe voluntariamente polos elevados ingresos que obtén a cambio (prostitución voluntaria).A postura oficial dos gobernos fronte á prostitución vai da prohibición total á legalización completa, pasando por modelos "mixtos" que penalizan só ó cliente. Socialmente tamén se observa un amplo espectro de respostas, que van desde o rexeitamento público (a máis común) á aceptación.

Sainte-Chapelle

A Sainte-Chapelle (Santa Capela en galego ou co nome completo Capela real da Île de la Cité) é unha capela gótica situada na Île de la Cité (Illa da Cidade) no centro de París (Francia), construída no século XIII por Luís IX (San Luís). Foi proxectada en 1241, iniciada en 1246 e concluída moi axiña, sendo consagrada en abril de 1248. Está considerada unha das obras principais do período radiante da arquitectura gótica. Foi construída para acoller as reliquias adquiridas polo rei Luís IX, polo que foi considerada coma un enorme relicario. As paredes foron remprazadas por grandes fiestras que filtran a luz grazas ás vidreiras polícromas.

Xericó

Xericó (en hebreo: יְרִיחוֹ = Yériho [jeʁiˈχo] ; en grego: Iεριχώ; en árabe: أريحا = Er Riha ou Arīhā [ʔaˈriːħa] ) é unha cidade de Cisxordania, situada sobre terras da beira oeste do Xordán. É aínda a cidade situada a menor altura do mundo, pois fica nunha depresión a -240 baixo o nivel do mar. A poboación da cidade é de 17.000 habitantes, mais o concello conta na actualidade cuns 25.000 habitantes.

O seu nome pode derivar do vocábulo cananita que significa "lúa" e indica que a cidade foi un dos primeiros centros do culto de divindades lunares. A pesar da súa extraordinaria antigüidade, Xericó é mencionado na Biblia por primeira vez no Libro dos Números.

Está considerada como unha das máis antigas cidades habitadas do mundo, senón a máis, tendo sacado a luz os arqueólogos os restos de máis de 20 asentamentos sucesivos, que remontan a 9.000 anos a.C.

Xerusalén

Xerusalén (hebreo: ירושלים, Yerushaláyim; árabe: القدس, al-Quds; grego: Ιεροσόλυμα, Ierossólyma), é a capital de Israel e a súa cidade máis grande e poboada. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicas — xudaísmo, cristianismo e islamismo.

Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións. A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo. A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá. En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX. A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo. Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos.O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional, e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.

Xosué

Joshua ou Yehoshua (hebreo: יְהוֹשֻׁעַ, israelí: Yəhoshúa) foi un xefe israelita que sucedeu a Moisés. A súa historia é narrada na Biblia, en concreto no Libro do Éxodo, no Libro dos Números, e máis no Libro de Xosué. Xosué conduciu os israelitas na conquista de Canaán, a Terra Prometida.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.